You are on page 1of 7

UNIDADE 5.OS TRÁMITES PARA CONSTITUIR A EMPRESA.

Unha vez elixida a forma xurídica,teremos que cumprimentar unha serie de modelos e presentalos
en diferentes organismos públicos para que rexistren a empresa e podamos exercer a nosa
actividade empresarial a partir dese momento.
As dúas formas xurídicas maioritarias e que supoñen un 87% das empresas existentes en España
son :o empresario individual e a sociedade limitada.

5.1.FORMA XURÍDICA de EMPRESARIO INDIVIDUAL.-


E a forma xurídica máis sinxela en canto a trámites á hora de constituila. Os pasos a realizar son:

5.1.1.Alta no censo de empresarios.-


Primeiro debe solicitar a alta no NIF co modelo 036, no que se inclúe a alta no IAE.O IAE e
un imposto municipal que grava o mero exercicio de actividades económicas no territorio
nacional .Están exentas deste imposto as persoas físicas que teñan un importe neto da cifra
de negocios inferior a 1000000 € e as enpresas de nova creación durante os dous primeiros
anos.
O empresario individual terá que comunicar á AEAT antes de iniciar a
actividade, a súa intención de constituir unha empresa. Deberá inscribirse no censo
de empresas empregando o modelo 037(declaración censal simplificada) que se
pode cumprimentar desde a px.web da AEAT ,imprimilo e presentalo persoalmente na
admon. da AEAT correspondente ao domicilio fiscal donde queremos establecer a empresa.
Os requisitos son :ter NIF, domicilio fiscal que é o domicilio de xestión administrativa, non
estar incluido no rexime especial de IVE e non figurar no rexistro de devolución mensual ,
no de operadores intracomunitarios ou no de grandes empresas.

5.1.2.Alta do traballador autónomo.-O empresario debe darse de alta na S.Social


comunicando que se vai a establecer como empresario individual e polo tanto debe acollerse
ao rexime especial de traballadores autónomos(RETA).Este trámite faise na admon. da
TGSS correspondente ao domicilio fiscal donde queremos establecer a empresa levando
unha copia do modelo 037. O prazo é dun mes despois de comezar a traballar e o modelo
o TA.0521/1:Solicitud simplificada de alta ,baixa ou variación de datos no rexime especial
de autónomos.

5.1.3.Inscripción da empresa na S.Social que é obrigatoria para todo empresario que vaia a
efectuar contratacións de carácter laboral.Modelo TA6

5.1.4.Se vai contratar traballadores debe afilialos(modelo TA1) e dalos de alta (modelo
TA2)na S.Social e formalizar os contratos de traballo no SEPE.Os contratos de
traballo deberán formalizarse no prazo non superior a 10 días desde a sinatura do contrato.A
tramitación online da alta dos contratos de traballo realízase a través do portal contrat@
previamente autorizados polo servizo público de empleo autonómico.

*A Lei 20/2007 de 11 de xullo , do estatuto do traballador autónomo , regula a figura do


traballador autónomo económicamente dependente, que é aquel que realiza unha actividade
económica ou profesional a título lucrativo e de forma habitual persoal directa e
predominante para unha persoa física ou xurídica denominada cliente, do que dependen
economicamente polo menos nun 75% dos seus ingresos. Para dotalo de personalidade
xurídica non é necesario ningún proceso de constitución, inda que de forma voluntaria pode
inscribirse no Rexistro Mercantil.
5.1.5.Obtención da licenza de apertura.-Para poder exercer a actividade temos que pedirlle
permiso ao Concello donde quremos establecer a empresa antes do inicio da actividade.
Preséntanse copias de: modelo 037 e informe técnico do local donde se vai a desenvolver a
actividade que pode variar desde un informe donde tan só figurarán os planos do local e
pouco máis, ata un dossier donde se incluirán informes urbanísticos,
medioambientais....Pode ser :
-Licencia de actividades e instalacións e obras
-Licencia de funcionamiento.
O modelo que se emprega e a instancia de solicitude de licenza de apertura.

5.1.6.Licenza municipal de obras.-Esta licenza é necesaria para a realización de obras en


locais, naves, edificios.....

5.1.7.Legalización do libro de visitas e calendario laboral.-O empresario individual debe


ter un libro donde en caso de ter unha inspección de traballo ,o inspector anote a súa
actuación coas incidencias a sinalar.
O orixinal queda no libro de visitas e a copia lévaa o inspector.Este trámite realízase na
Inspección Provincial de Traballo e S.Social da provincia donde esté ubicado o centro de
traballo ,despois de realizar os trámites anteriores .O libro de visitas está a venda en librerías

Exercicios .Caso Práctico 7,McGraw Hill px. 42

5.2.FORMA XURÍDICA de SOCIEDADE LIMITADA.-

5.3.1.Certificación negativa do nome da S.L.-


O primeiro paso que hai que dar no caso de que constituamos unha sociedade limitada .No
caso do empresario individual o nome legal da empresa coincide co noso nome e
apelidos,indepedentemente do nome comercial que nosoutros queramos darlle a empresa.No
caso da sociedade limitada a nosa empresa vai ter personalidade xurídica propia e non
poderá ter o nome doutra sociedade existente.Ao cumprimentar o impreso de solicitude do
nome poderiamos solicitar ata 5 denominacións diferentes por orde, o Rexistro asignaranos e
reservará para a nosa empresa a primeira delas respecto á que vexa que non hai coincidencia
con outra xa existente.
A certificación negativa tén que ser solicitada por un dos socios fundadores da S.L.Cando o
Rexistro nos conceda dita certificación terá unha validez de 3 meses con reserva de 6 meses
e iso significa que temos 3 meses para ir ao notario a otorgar a escritura de constitución da
S.L. Se nesos 3 meses non temos feito ese trámite iso non implica que perdamos a
certificación negativa, pero sí teremos que volver a solicitar dito certificado,todavía teremos
3 meses máis de reserva de certificación.O trámite faise na sección de Denominacións do
Rexistro Mercantil central de Madrid antes de iniciar a actividade no modelo de
SOLICITUDE de CERTIFICACIÓN.Se o Rexistro Mercantil central o considera convinte ,
enviaranos a certificación oportuna,

5.3.2Apertura de conta bancaria a nome da sociedade.-


Cando teñamos a denominación social xa podemos acudir a calquera entidade bancaria a
abrir unha conta. O persoal da entidade bancaria pediranos a certificación negativa do
Rexistro Mercantil central para comprobar que realmente estamos nun proceso de creación
da sociedade. Desta forma poderemos ingresar en dita conta as aportacións de cada un dos
socios.
Os socios deberán reunir como mínimo 3000€ e unha vez feitos os ingresos solicitaremos á
entidade bancaria un xustificante de ingreso en dita conta de cada un dos socios.
O trámite fáise en calquera entidade bancaria no momento en que teñamos a certificación
negativa presentando ésta e o DNI dos socios fundadores.
*A partir da Lei 2/1995 os socios teñen a obrigación de entregarlle ao notario o certificado
bancario de ingreso do diñeiro correspondente ao seu capital nunha conta bancaria
aberta a nome da empresa.

5.3.3.Escritura de constitución e estatutos.-


A escritura de constitución é unha escritura confeccionada polo notario (por iso é unha
escritura pública)na que se manifesta a vontade dos socios de consituir a sociedade.
Nela débese indicar:
-a identidade do socio/s da sociedade
-a vontade de constituir unha sociedade
-o importe total do capital da sociedade e a asignación inicial das participacións entre os
diferentes socios.
-as persoas que inicialmente van a encargarse da administración e da representación da
sociedade.
*Ao inscribir a escritura de constitución no Rexistro Mercantil a sociedade tén personalidade
xurídica.
Á vez que o notario nos confecciona a escritura de constitución , tamén nos confecciona os
estatutos sociais, que son as normas de funcionamento da sociedade.
Os socios fundadores poderían redactar ditos estatutos e levalos á notaría para aprobalos ,
pero debido á dificultade de confeccionalos o máis cómodo para eles é que o Notario lles
entregue uns "estatutos tipo" para que os socios os aproben.
Estos estatutos deben ter un contido mínimo:
-a denominación da sociedade(a da certificación negativa)
-o domicilio social, ou sexa, dónde se ubicará a sociedade
-o obxecto social, ou sexa, a qué se vai a dedicar a sociedade
-o importe total do capital social, en cántas participacións se divide e o valor nominal
de cada participación.
-cómo se poden transmitir as participacións da sociedade
-En canto aos órganos da sociedade:
-o modo de organizar a administración da sociedade, con indicación do
número de administradores e o prazo de duración do cargo.
-o modo de deliberar e tomar acordos nas xuntas que se podan celebrar.

Para cumprir con este trámite terán que estar presentes todos os socios e asinar os anteriores
documentos.
Da notaría saímos coa nosa escritura de constitución e cos estatutos sociais da nosa
sociedade.
O notario tamén nos entregará o modelo 600 , co que máis tarde debemos cumprir con outro
trámite
*É valida calquera notaría e presentarase a certficación negativa de denominación social, os
certificados bancarios de cada un dos socios do ingreso na conta bancaria aberta a nome da
sociedade e o DNI de todos os socios.
En Internet podedes entrar en moits páxinas donde teredes modelos de escrituras de constitución
e estatutos sociais.

5.3.4.Solicitude do CIF "provisional" para a S.L.


A empresa necesita dun CIF para que se poda identificar e para poder exercer a actividade.
Así que teremos que ir a Facenda para conseguir ese CIF.O CIF está formado por unha letra
e 8 números .A letra depende da forma xurídica da sociedade: B para sociedades limitadas, A
para anónimas ,F para cooperativas.Os dous primeiros números seguintes á letra indicarán a
provincia donde está ubicada a sociedade.
Ata que a sociedade teña personalidade xurídica obteremos un CIF provisional que nos
permitirá continuar co noso camiño ata a creación e nacemento da nosa sociedade limitada.
O trámite realízase na administración da AEAT correspondente ao domicilio fiscal donde
queramos establecer a empresa e faise despois de ter a escritura de constitución e os
estatutos sociais no modelo 036 Declaración Censal e levando unha copia da escritura de
constitución e os estatutos sociais.

5.3.5.Pago do Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos


documentados(ITP e AJD):Imposto sobre operacións societarias.
Con este imposto a sociedade pagará unha porcentaxe sobre o capital inicial co que se
constitúa. A porcentaxe é variable en función da comunidade autónoma donde radique a
sociedade, pero en xeral, é un 1%.Sen embargo en Galicia :a norma do imposto establece
determinadas exenciones no art. 45, que implican a non tributación por este imposto, pero
que non evitan a obrigación de presentar declaración. Merece ser destacada a exención do
artgo 45.I.B. 11. relativa a constitución de sociedades, o aumento de capital, as
aportaciones que efectúen os socios que non supoñan aumento de capital . .O notario dará o
impreso deste imposto, xa cumprimentado, no momento de entregarnos a escritura de
constitución e os estatutos.

Calquera entidade bancaria que permita o pago do imposto servirá como lugar de
tramitación e farase despois de realizar os trámites anteriores sen necesidade de presentar
documentación adicional e no modelo 600 ITP y AJD.

5.3.6.Oficina Liquidadora da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia


Este trámite consiste simplemente en presentar o anterior modelo 600 na oficina
independentemente de que teñamos que pagar o imposto no banco ou non.Na oficina
comunicarán á Consellería que o imposto está liquidado e poñerán un selo na escritura de
constitución para indicar que se cumpriu con ese trámite.A oficina é a oficina liquidadora do
Rexistro da Propiedade do domicilio social da sociedade e presentarase a escritura de
constitución e os estatutos sociais e o modelo 600.

5.3.7.Presentación da escritura de constitución no Rexistro Mercantil.-


Existe un Rexistro Mercantil en cada provincia ubicado na capital desta, e alí o rexistrador
comprobará o contido da escritura así como os estatutos sociais , para verificar que todo o
contido é correcto e non hai ningún defectos nestos documentos, xa que se iso ocorrese non
podería inscribirse a escritura neste Rexistro. Se todo vai ben e non xorde ningún
contratempo o rexistrador inscribirá a escritura no Rexistro Mercantil e nese momento a
sociedade terá personalidade xurídica propia independente de cada unha das personalidades
físicas ou xurídicas dos socios que constituiron a sociedade. A constitución da nova
sociedade publicarase no Boletin Oficial do Rexistro Mercantil(BORME). Como
documentación para cumprimentar o trámite esíxese a escritura de constitución e estatutos
sociais, o modelo 600 e o modelo 036 donde figura o CIF provisional.

5.3.8.Obtención do CIF definitivo


O CIF que temos no noso poder de momento é provisional e o único xustificante que temos
é a copia do modelo 036 que presentamos no seu momento na administración da Axencia
Tributaria correspondente ao domicilio fiscal donde vamos a establecer a empresa.
Agora volvemos á AEAT para obter o CIF definitivo e dar de alta a empresa. Teremos que
cumprimentar de novo o modelo 036 pero se antes foi para solicitar o CIF provisional agora
será para dar de alta a empresa. Así pois, o modelo será o mesmo pero as casillas que
cumprimentar serán diferentes , indicando que queremos dar de alta a empresa. O trámite
fáise na administración da Axencia Tributaria correspondente ao domicilio fiscal donde
queramos establecer a empresa levando copia do modelo 036 , fotocopia do DNI da persoa
que solicita a alta da empresa e a escritura de constitución. O modelo é o xa indicado:o 036
Declaración Censal.

5.3.9 Imposto sobre actividades económicas(IAE).-


Este imposto págase polo simple feito de exercer unha actividade económica ou sexa, ter
unha empresa.Abónase anualmente inda que para as empresas de nova creación existe unha
exención nos 2 primeiros anos.O lugar é a administración da AEAT correspondente ao
domicilio fiscal donde queramos establecer a empresa e fáise antes de iniciar a actividade no
modelo 840.Imposto sobre actividades económicas.

5.3.10.Obtención da licenza de apertura.-


Como xa vimos co empresario individual , a sociedade limitada debe solicitar no concello
correspondente ao domicilio donde queramos establecer a empresa e antes de iniciar a
actividade a licenza de apertura presentando copia do modelo 036, informe técnico sobre o
local donde se vai a desenvolver a actividade e un dossier donde se incluirán informes
urbanísticos, medioambientais....
O modelo é unha instancia de solicitude de licencia de apertura.

5.3.11.Inscripción da empresa na S.Social


Daremos de alta á sociedade na administración da TGSS correspondente ao domicilio donde
queramos establecer a empresa antes de iniciar a actividade levando copia do modelo 036
,fotocopia do DNI da persoa que solicita a alta da empresa e escritura de constitución. O
modelo é o TA.6.Solicitude de inscripción no sistema da S.Social.
Asignarase á empresa un número para a súa identificación que se chama código cuenta
cotización

5.3.12.Alta dos traballadores que vaiamos contratar.-


A sociedade tén que comunicar á TGSS e antes de que empecen a traballar ,os traballadores
que vai a contratar para exercer a súa actividade. Para elo deberá cumprimentar o modelo
TA2/5 Solicitude de alta ,baixa ou variación de datos do traballador por conta allea ou
asimilado coas fotocopias do DNI das persoas que imos a dar de alta.
O rexime ao cal estarán acollidos os traballadores será o xeral. Pode darse o caso de que
varios socios constitúan unha sociedade para traballar todos nela. Pois ben, se un deles fora
o administrador da sociedade , polo mero feito de selo tería que darse de alta no rexime
especial de traballadores autónomos (RETA) e o resto de socios traballadores daríanse de
alta dentro do rexime xeral , como calquera outro traballador que contratásemos para a
sociedade que non fora socio.

5.3.13.Legalización do libro de visitas.-


A sociedade limitada debe ter tamén un libro de visitas donde o inspector anotará a súa
actuación inspectora, coas incidencias que estime oportunas.As follas dese libro teñen
orixinal e copia ;unha quedarase no libro de visitas e a outra levaraa o inspector.
O lugar como se indicou no caso do empresario individual é a inspección provincial de
Traballo e S.Social da provincia donde esté ubicado o centro de traballo. Pódese comprar en
librerías.

5.3.14.Comunicación de apertura do centro de traballo.-


A sociedade terá que comunicar á consellería de traballo da comunidade autónoma na que
se vai a abrir un centro de traballo novo, para que esta leve un control en dito centro de
traballo en canto as condicións de seguridade e saúde laboral.O prazo é de 30 días seguintes
á apertura do centro de traballo empregando como modelo o formulario decomunicación
de apertura do centro de traballo.

5.3.15.Alta dos contratos de traballo.-


A sociedade tén a obriga de comunicar ao Servizo Público de Emprego estatal ou ao das
C,Autónomas os contratos asinados cos traballadores por conta allea nun prazo máximo de
10 días desde a sinatura do contrato.

6.OUTROS TRÁMITES.-(tanto para S.L como para empresarios individuais)

6.1.Inscripción de ficheiros de carácter persoal.-A empresa vai a traballar con datos


persoais de todas aquelas persoas coas que se relacione(provedores, clientes,
traballadores,...).A Lei Orgánica de Protección de Datos obriga ás empresas a inscribir esos
datos persoais no Rexistro Xeral de Protección de Datos.

6.2.Obtención das follas de reclamación.-Todas as empresas que comercialicen bens ou


presten servizos teñen a obrigación de ter follas de reclamación .Así pois, a nosa empresa
debe ter a disposición dos clientes estas follas .Ademais das follas deberemos ter un cartel
ben visible no establecemento que indique que a empresa tén ditas follas a disposición do
cliente que quera facer uso delas. Obtéñense na Oficina Municipal de Información ao
Consumidor.

6.3.Trámites específicos segundo o tipo de actividade.-


Por exemplo:Bares, cafeterías, restaurantes e establecementos hosteleros precisan
autorización de apertura que se obtén na Dirección Xeral de Turismo da Xunta de
Galicia.
As industrias e establecementos alimentarios (non detallistas, supermercados ou
hipermercados ) deben rexistrarse no Serivzo Rexional de Saúde.......

7.CREACIÓN TELEMÁTICA DA EMPRESA.-


A creación de empresas por Internet é o coñecido sistema CIRCE (Centro de Información y Red de
Creación de Empresas) que nos permite realizar os trámites de constitución e posta en marcha de
forma telemática.
O primeiro que debemos saber é a forma xurídica que pode adoptar a empresa.O segundo e
cumprimentar o DUE(Documento único electrónico) que contén gran parte dos documentos vistos
anteriormente .O sistema CIRCE os enviará e comunicará telemáticamente aos organismos
correspondentes. O terceiro é que este documento único electrónico pode ser cumprimentado de
dúas formas diferentes:
- Podemos facelo nós mesmos a través do portal CIRCE
-Podemos acudir a organismos donde nos van a axudar a crear a nosa empresa a través deste
sistema. Son os chamados PAIT (Puntos de Asesoramento e Iniciación de Tramitación) ou PAE
(Punto de atención ao emprendedor). Alí nos asesorarán sobre a nos futura empresa e tamén nos
cumplimentarán o DUE.*No 2013 o total de empresas creadas polo sistema CIRCE foi de 16195.

EXERCICIOS

EDITEX

1. px. 120 Actividades finales

2.Evalúa tus conocimientos. px.121.

3.Práctica profesional. px.122

PARANINFO

1.de comprobación

2.de aplicación

3.de ampliación

4.actividades finais.

You might also like