You are on page 1of 2

DOG Núm.

176 Xoves, 15 de setembro de 2022 Páx. 48652

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2022 pola que se publica a modificación do


plan de estudos do máster universitario en Finanzas.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo de infor-


me favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a
autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título
polo Acordo do Consello de Ministros do 22 de xaneiro de 2010 (publicado no Boletín Ofi-
cial del Estado do 26 de febreiro pola Resolución do secretario xeral de Universidades do 9
de febreiro de 2010).

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, de


universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, resolve publicar o plan de
estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Finanzas pola
Universidade de Vigo.

Vigo, 6 de setembro de 2022

Manuel Joaquín Reigosa Roger


Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Finanzas pola Universidade de Vigo
CVE-DOG: hk10msw9-n4b6-qsr3-rmp2-emr0p9swq1n3

Código RUCT: 4310392.


Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.
Universidades participantes: Universidade de Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia Créditos ECTS


Obrigatorias 40,5
Optativas 0
Prácticas externas 9
Traballo fin de máster 10,5
Créditos totais 60

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 176 Xoves, 15 de setembro de 2022 Páx. 48653

Cadro 2. Contido do plan de estudos.

Materia ECTS Carácter


O Sistema de Información na Empresa. Diagnóstico Financeiro 6 OB
Fundamentos Matemáticos das Finanzas 4,5 OB
Viabilidade de Proxectos 6 OB
Xestión de Investimento e Financiamento 4,5 OB
Xestión de Circulante 6 OB
Estratexia e Política Financeira 3 OB
Mercados Financeiros 4,5 OB
Xestión Financeira Internacional 3 OB
Xestión de Riscos 3 OB
Prácticas en Empresas 9 OB
Traballo de Fin de Máster 10,5 OB

Para obter o título de máster universitario en Finanzas, o alumnado deberá superar os


60 créditos ECTS de que consta o máster: é indispensable cursar e superar as 9 materias
obrigatorias, as prácticas externas e o traballo fin de máster.
CVE-DOG: hk10msw9-n4b6-qsr3-rmp2-emr0p9swq1n3

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like