You are on page 1of 2

DOG Núm.

176 Xoves, 15 de setembro de 2022 Páx. 48683

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria


e Innovación

ANUNCIO do 2 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo


que se notifica a convocatoria para o pagamento dos prezos xustos acordados
polo Xurado de Expropiación de Galicia para os bens e dereitos afectados pola
instalación eléctrica denominada Reforma DC BAL702-GON806 e derivación
GON806 a CT Canido II, no concello de Vigo.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do


procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publi-
cación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun proce-
demento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non
se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio comunícaselles a todas as persoas
interesadas nos pagamentos dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados pola ins-
talación eléctrica denominada Reforma DC BAL702-GON806 e derivación GON806 a CT
Canido II, que se realizarán na Casa do Concello de Vigo, segundo o calendario e horario
que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os


bens afectados por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, e exhibirán o
seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
CVE-DOG: c97w2o91-l9u0-zz20-mmk9-xtx2aqbnuc27

Vigo, 2 de setembro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto


Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2020/199-4.


Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Reforma DC BAL702-GON806 e derivación GON806 a CT
Canido II.
Concello: Vigo.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 176 Xoves, 15 de setembro de 2022 Páx. 48684

Predio Ref. catastral Lugar Titularidade Data Hora

1 54057A151000890000BZ Cepos Hdros. de José Lino Fernández Alonso 3 de novembro de 2022 12.00

3 54057A150000410000BR Sistro Descoñecida 3 de novembro de 2022 12.00


CVE-DOG: c97w2o91-l9u0-zz20-mmk9-xtx2aqbnuc27

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like