You are on page 1of 7

TIPOS DE ESPAZOS DEPORTIVOS

ESPAZOS DEPORTIVOS:

 Campos polideportivos: campos polideportivos e espazos de atletismo.


 Piscinas: piscinas ao aire libre e cubertas.
 Pistas polideportivas: pistas ao aire libre e en pavillóns.
 Pistas especializadas: pistas de tenis e pádel.
 Outros espazos deportivos convencionais: salas, pistas de squash,
frontóns, espazos de petanca e outros espazos convencionais non incluídos
nos tipos anteriores.
 Espazos deportivos singulares: hípica, golf, circuítos e espazos de motor,
rocódromos e outros espazos singulares non incluídos nos tipos anteriores.

ÁREAS DE ACTIVIDADE DEPORTIVA:

 Zona urbana: zonas de actividades na contorna urbana.


 Zona natural: zonas de actividades na contorna natural.
 Itinerarios: itinerarios para andar ou correr.
 Circuitos bicicleta: itinerarios e carrís para bicicleta.
CLASIFICACIÓN ESPAZOS DEPORTIVOS (CSD)

- Áreas de Actividade Acuática.

Establécese a seguinte clasificación.:

1. Zona acuática de vela: Práctica de vela de distintas modalidades.

2. Zona de barrancos: Pódense practicar actividades a motor.

3. Zona de actividades a motor: Pódense desenvolver en lagos, presas, encoros,


ríos e mar.

Hai diferentes zonas:

Zona de pesca submarina

Zona de inmersión

Outras zonas de actividades subacuáticas

4. Zona de surf

5. Zona de esquí acuático

6. Zona de remo e piragüismo: Diferéncianse segundo se é en augas tranquilas


ou augas bravas.

7. Outras zonas acuáticas

- Áreas de Actividade Terrestre

Clasifícanse nos seguintes tipos:

1. Zona de escalada: Aproveita espazos rochosos e naturais para a escalada.


2. Vías ferratas: Percorridos por espazosos rochosos naturais equipados con
elementos de progresión (chanzos metálicos artificiais) para poder rubir, e cable
lateral para asegurarse.

3. Roteiro ecuestre: Percorrido dacabalo balizado e sinalizado.

4. Campo de percorrido de tiro e de caza

5. Cavidades: Simas e covas, nos que no desnivel e a lonxitude céntrase a súa


dificultade

6. Vías verdes e camiños naturais:

- Vía verde: Antigas vías de ferrocarril adaptadas para o novo uso, como para
bicicletas e camiñantes.

- Camiño de sirga: Camiños laterais de servizo de canles e navegación e de rega.

- Outros camiños naturais: históricos, cañadas, rural, etc.

 Sendas:

- Sendas de gran percorrido ( GR)

- Sendas de pequeno percorrido ( PR)

- Senda local (SL)

- Senda Urbana (SU)

7. Zona de actividade físico-deportiva en praias e ríos

8. Zonas con itinerarios de BTT (bicicleta de montaña)

9. Outras áreas terrestres

Birlos, petanca…

Inclúe:
1. Pistas de birlos: Dispostas de forma paralela, cunha zona de lanzamento para
os birlos, que están separadas por un canellón lateral (canlón). Cada unha mide
18 m de longo por 1 m de ancho.

2. Pistas de petanca

Campos de fútbol

Campos de golf

Establécense 4 diferentes tipoloxías de campo de golf:

1. Campo de golf: campo de golf con polo menos 9 foxos, de par 3, 4 ou 5.

2. Pitch and putt: Adoitan estar deseñados para xogadores con pouco tempo e
para o lecer. Ao redor de 20 hectáreas (mínimo de 5 hectáreas)

3. Campos de golf rústico: Campo que aproveita o estado natural do terreo.


Adaptación do deporte á natureza.

4.Outros campos de golf.

Campos de Tiro

Dependendo da modalidade deportiva que se desenvolve clasifícanse en:

1.Tiro con arco: Un branco fixo situado a diferentes distancias (30, 50, 60, 70 e 90
metros). En sala (Tiro Indoor), ao aire libre e en campo (Tiro Field).

2. Tiro ao prato: As modalidades de tiro ao prato son Foso Olímpico, Foso


Universal, Dobre Trap e Skeet Olímpico.

3. Tiro ao voo: Campos e canchas para tiro de pichón ou Hélices.

4. Tiro de precisión: As diferentes disciplinas que se poden practicar son Arma


longa e Arma curta. Tamén se atopa en auxe a modalidade de alta precisión.

5. Outros campos de tiro


Carrís de bicicleta

Poden circular exclusivamente bicicletas e vehículos sen motor. Normalmente


distínguense por imprimir ao pavimento unha cor diferente ao da vía pola que
circulan os vehículos de motor, e con sinalización especial.

Circuítos de motor

Construídos especificamente para a práctica de actividades relacionadas co


motor, que empezan e acaban no mesmo punto. Hai 4 tipos:

1. Circuítos de velocidade: Probas de motociclismo e automobilismo. Mínimo de


100 hectáreas de superficie.

2. Circuítos de Karts: múltiples actividades como minimotos, scooters, etc.,


ademais das propias de karting.

3. Circuítos de Motocross: xeralmente sen asfaltar. Controlar a moto ante


irregularidades naturais.

4. Outros circuítos de motor

Espazos pequenos e non regulamentados

Frontóns e pavillóns con frontón

Xogos tradicionais e populares

Zonas de xogos populares e/ou tradicionais, aínda que non se especifica nos
indicadores, a que tipo de espazos refírese.

Outros campos

Outros espazos deportivos

Inclúe a categoría doutros espazos singulares, nos que se clasifican:


1. Campos de mini-golf: non existe campo en si, senón foxos soltos. Normalmente
son 18 foxos nun “ mini-percorrido” en cemento, terra ou céspede. 2. Campo de
casting

3. Remo en banco fixo (con balsa)

4. Outros espazos singulares

Piscina

Pistas de atletismo

Pistas de padel tenis

Pistas de tenis

Pistas polideportivas

Pistas de xeo

Pistas de hípica As pistas de hípica clasifícanse en:

1. Pista de carreiras hípicas: circuíto pechado onde se realizan carreiras de


cabalos.

2. Pista de doma, picadero: Consiste en executar unha serie de movementos


nunha determinada sucesión, indicada nun texto chamado reprise.

3. Campo de polo

4. Pista de saltos: Franquear a cabalo un percorrido de varios obstáculos


construídos con barras.

Pistas de squash

Pistas e pavillóns polideportivos

Rocódromos e espazos de escalada

Os rocódromos son estruturas artificiais construídas para a práctica de deportes


de montaña e escalada, sen necesidade de desprazarte á montaña para escalar.
Clasifícanse en:
1. Rocódromos

2. Rocódromos “ boulder”: Altura menor a 3 metros. Serve para a escalada sen


cordas (xa que a altura é moi pouca). Especial para nenos ou para principiantes.
Salas
Velódromos

You might also like