SIGAP-DU-v.01.15-Cita Previa Guia Rapida

You might also like

You are on page 1of 41

Cita

Previa
Guía Rápida
Cita Previa
Guía Rápida

01. Xestión de Cita en SIGAP. 05. Outras Xestións de Cita.


Busca de Citas dun Paciente.
02. Procura de Pacientes. Imprimir Xustificante.
03. Selección de Profesional e Axenda. Modificar ou Anular unha Cita.
Anular unha Cita desde Procura Citas.
04. Opcións de Cita Previa. Forzar Cita.
Modo Cita. Auditoría de Citas.
Modo Cita Rápida. Citación de XPE.
Modo Multi Cita.
Xestión de Dietario. 06. Impresión de Listados.
Cita Dobre. 07. Impresión de Quendas.
Última Cita Dada.
Cita Especializada. 08. Altas Rápidas.
Cita Concertada PAC.
09. Alta persoa de Fóra da Comunidade.
10. Alta Estranxeiro
Xestión de Cita en SIGAP
01 Acceso a SIGAP

Introduces os datos de usuario e


contrasinal que te identifican.
Este usuario e contrasinal é o mesmo que
empregas para o acceso a Windows e ten
un mínimo de 6 caracteres.

A aplicación comproba que os datos


introducidos son correctos. Se os datos non
son correctos, aparecerá un erro.

3/41
Xestión de Cita en SIGAP
01 Acceso a Cita Previa

2
1
3

1. Seleccionas no menú principal “Cita previa”.


2. No menú secundario seleccionas “Xestión de cita”.
3. Por último seleccionas “Nova cita”.

4/41
Xestión de Cita en SIGAP
01 Acceso a Cita Previa Na pantalla de cita previa, podes ver
varias zonas definidas.

Zona de paciente.

Zona de profesional.

Zona de calendario.

Opcións e zona de avisos.

5/41
Xestión de Cita en SIGAP
01 Acceso a Cita Previa

Busca convencional de profesionais.


Procura avanzada de pacientes.
Medicina Xeral dos centros que teña asociado o usuario validado en
Acceso ao módulo de Tarxeta Sanitaria. SIGAP.
Simboliza o profesional médico titular do cupo ao que o paciente está asociado. Pediatría dos centros que teña asociado o usuario validado en SIGAP.
. Profesional médico do cupo de desprazados ao que o paciente está asociado
Enfermaría dos centros que teña asociado o usuario validado en SIGAP.
Búsqueda de citas do paciente seleccionado.
Imprime os recordatorios das citas do paciente . Salas dos centros que teña asociado o usuario validado en SIGAP .
Imprime as etiquetas do paciente. Odontoloxía dos centros que teña asociado o usuario validado en
SIGAP.
Técnicos especialistas asociados ao cupo do paciente.
Fisioterapeutas dos centros que teña asociado o usuario validado en
Pediatras asociados ao cupo do paciente. SIGAP.
Enfermaría asociado ao cupo de paciente.
Matronas dos centros que teña asociado o usuario validado en SIGAP.
Salas do centro ás que pertence o paciente.
Permite seleccionar a axenda dunha unidade de apoio en lugar da
Odontólogos asociados ao cupo do paciente. axenda do médico asignado.
Farmacéuticos do cupo do paciente.
Matronas do cupo do paciente .
Traballadores sociais do cupo do paciente.
Icona que permite bloquear ao paciente ou ao profesional seleccionado.
Fisioterapeutas do cupo do paciente.
Observacións sobre o paciente.
Procura de información sobre citas do paciente.
Instrucións da citación.
Impresión das Quendas do paciente.
Peticións XPE pendentes. Alerta para verificar datos do paciente (p.ex. data de nacemento e DNI).

Identificar a os pacientes AA (con necesidades especiais de accesibilidade e


acompañamento) e os pacientes DA (cunha discapacidade sensorial auditiva).
6/41
Xestión de Cita en SIGAP
01 Acceso a Cita Previa

Neste apartado, seleccionas a opción que


queres en cada caso para xestionar a cita
do paciente.

No apartado avisos , podes realizar dúas accións:


1. Obtés as citas pendentes de reasignar para os
profesionais do centro e podes pechalo premendo
sobre a .
2. Inserir observacións sobre o paciente que teñas 2
seleccionado, premendo previamente na icona.

Premendo na icona obtés a lista de citas sen reasignar do servizo.


Premendo na icona realizas unha reasignación múltiple das citas neste estado.
Premendo na icona mostra unha pantalla coas citas pendentes de reasignar do servizo que
1 podes imprimir.

7/41
Procura de Pacientes
02
Premes sobre a icona e aparece a zona de
procura do paciente.

Se premes sobre a icona podes


acceder á busca detallada.

Para realizar a busca avanzada,


introduces apelido1, apelido2 e
nome, CIP ou DNI do paciente
buscado. Marcas o recadro de
“Busca en toda a comunidade“
para que non restrinxa a busca ao
teu centro de referencia ou
asociados.
Se realizas a busca detallada, poderás facelo por
nome, apelidos, CIP, DNI ou NASS.
Para facer a procura detallada do paciente
precisas cubrir como mínimo dous campos.
Se marcas a casiña de “Busca en toda a
comunidade”, a procura do paciente realizarase
en toda a comunidade galega.
8/41
Selección de Profesional e Axenda
03
Premes sobre a icona e aparece a
zona de busca de profesionais

Introduces os apelidos e nome do


profesional que buscas.

9/41
Selección de Profesional e Axenda
03

Unha vez buscado os


datos do paciente e
cargados os datos do
profesional, aparece no
modo cita o seu
dietario, amosando os
ocos libres para citar.

10/41
Opcións de Cita Previa
04
No Modo Cita a aplicación móstrache os
ocos de cita xerados, e non asignados, na
Modo Cita axenda do profesional elixido e para o día
que seleccionas (día actual por defecto).
Para a data actual mostraranse os ocos libres
posteriores á hora actual.

Para asignar unha cita a


un paciente xa
seleccionado premes
sobre un dos ocos libres

Se o paciente ten citas


pendentes en Atención
Primaria, aparecen no
recadro

11/41
Opcións de Cita Previa
04 Modo Cita

Unha vez seleccionado un oco dispoñible, aparecerá un cadro de diálogo que permitirá establecer os parámetros da cita, que serán:

“Duración”, para modificar a duración da cita premes na icona.


“Modo Cita”, para seleccionar TELÉFONO, MOSTRADOR ou CONSULTA segundo corresponda.
“Tipo de actividade”, que establece o acto co que vas asignar a cita e podes escoller da lista despregable.
“Modo de Atención”, varía en función do “Tipo de Actividade” e pode ser CENTRO, DOMICILIO, TELÉFONO, VÍA PÚBLICA ou AUSENTE.
“DCT”, “061” ou “Urxente” que sinalas para indicar se a cita utilizou o 061, é urxente ou DCT (a cita procede doutra cita que tiña atención
telefónica pero non se puido resolver por teléfono).
“Prestación”, a actividade CAPNOR (Catálogo de Procedementos Normalizado) da cita.
“Recordatorio” se queres entregarlle ao paciente un recordatorio en papel da cita.
“Facturable” que marcas no caso de que a cita sexa facturable ao paciente.
“Observacións” por se queres realizar algunha anotación.
12/41
Opcións de Cita Previa
04 Modo Cita Rápida

Móstrache o primeiro oco de Demanda que hai libre a partir da data seleccionada e debes completar os datos da cita ou citas que vas asignar:

• “Duración”, para modificar a duración da cita premes na icona.


• “Tipo de actividade”, que establece o acto co que vas asignar a cita e podes escoller da lista despregable.
• “Modo de Atención”, varía en función do “”Tipo de Actividade” e pode ser CENTRO, DOMICILIO, TELÉFONO, VIA PÚBLICA ou AUSENTE.
• “Prestación”, a actividade CAPNOR (CAtálogo de Procedementos NORmalizado) da cita.
• “Modo Cita”, para seleccionar TELÉFONO, MOSTRADOR ou CONSULTA segundo corresponda.
• “Facturable” que marcas no caso de que a cita sexa facturable ao paciente.
• “Recordatorio” se queres entregarlle ao paciente un recordatorio en papel da cita.

13/41
Opcións de Cita Previa
04
Utilizas este modo para asignar unha ou
mais citas ao paciente nun intervalo de días
Modo Multi Cita especificado.
Debes completar os datos das citas que vas
asignar:
• A data e a hora da primeira cita.
• Modo da cita.
• “Tipo de Actividade”, “Tipo de
Atención” e “Prestación” asociada.
• Número de citas que vas dar e a
O “Modo Cita”, o “Tipo de Actividade”, o frecuencia diaria.
“Tipo de Atención” e a “Prestación” aparecen • Impresión do recordatorio da cita.
por defecto, só os modificas se é necesario.

14/41
Opcións de Cita Previa
04 Xestión de Dietario
Neste modo podes ver os ocos libres, as
citas asignadas e tamén o modo polo
que foi dada a cita para a data
seleccionada no calendario.
Para asignar unha nova cita a un paciente
previamente seleccionado, debes premer
sobre un oco libre.
No caso de que queiras dar unha cita de
domicilio, premes nun oco con modo de
atención a domicilio.

Prememos sobre un dos ocos


libres para asignar unha cita.

Citas Pendentes. Permíteche ver as citas


pendentes de Atención Primaria do paciente
seleccionado.
Forzar Cita. Permíteche engadir un novo oco á
axenda para cubrir unha urxencia, solicitude…
15/41
Opcións de Cita Previa
04 Cita Dobre
Podes asignar dúas citas ao mesmo tempo
para un paciente en dúas axendas distintas.
Dás unha cita dobre desde o Modo Cita,
Modo Cita Rápida e desde Xestión de
Dietario.
Ten en conta que a cita dobre só está
dispoñible para determinados tipos de actos.

Premes Aceptar despois de marcar a


opción Cita dobre e comprobar o
acto asociado.

16/41
Opcións de Cita Previa
04 Cita Dobre

Ao asignar a cita asociada mostrarase o profesional e o servizo


asignado por defecto. Mostraranse só as horas válidas segundo o
tipo de actividade escollido. En caso de non encontrar oco nun día,
podes cambiar de data de forma manual.
Podes modificar calquera das dúas citas pertencentes a unha cita
dobre. Se tes intención de modificar as dúas, debes facelo de forma
separada.
Cando anulas unha cita principal, anúlase tamén a asociada. Se
anulas unha cita asociada non se anula a principal a menos que
estea así establecido por configuración.

17/41
Opcións de Cita Previa
04 Última Cita Dada

Se non deches ningunha cita, recibes a mensaxe “Hoxe aínda


non se rexistrou ningunha cita”.

Móstrache a última cita que deches. Aparecen o paciente


ao que lle deches a cita, a data, a hora e o tipo de
actividade.

18/41
Opcións de Cita Previa
04 Cita Especializada
A través desta opción podes dar cita a un
paciente para Atención Especializada. Para
iso é preciso que o médico a través do que
se realiza a derivación pertenza ao teu
centro de referencia.
Se o médico seleccionado pertence a varias
unidades funcionais, debes escoller unha.
Se o médico ten máis dun hospital asignado
para realizar as derivacións escolles unha
das posibilidades.

Ao premer en ‘Aceptar’ o sistema


abre a aplicación do hospital no que
vas dar cita ao paciente.

19/41
Opcións de Cita Previa
04 Cita Concertada PAC
A través desta opción
podes dar cita a un
paciente en PAC.

Debes revisar os datos da cita que vas


asignar:

• “Unidade Urx.”, Unidade de


urxencia onde se vai rexistrar a cita
concertada.
• “Lugar”, que poderá ser PAC
Presencial, PAC por Teléfono ou
PAC no domicilio.
• “Motivo”, que permite escoller
entre Enfermidade Común ou
Coidados de Enfermaría.
• “Financiamento”, tipo de
financiamento.
• “Data”, data da cita.
Completa o resto de datos:
• “Hora” , hora da cita.
• “Recordatorio”, si se imprime o
recordatorio.
• “Facultativo”, profesional
facultativo que atenderá a cita.
e/ou
• “Enfermaría”, profesional de
enfermaría que atenderá a cita. Por medio desta icona poderemos consultar, unha vez
seleccionada a unidade de urxencias e a data, a listaxe de tódalas
horas ocupadas cos correspondientes tipos de profesionais
asociados a elas.

20/41
Outras Xestións de Cita
05 Busca de citas dun paciente

Premendo na icona accedes á


busca de citas para o paciente
seleccionado.

Por defecto, cárganse as citas do paciente para o día actual.


Se queres facer a busca noutras datas nun centro
determinado indicas eses datos.
Podes consultar as citas de Atención Primaria e Atención
Hospitalaria.

21/41
Outras Xestións de Cita
05 Imprimir Xustificante

Premendo na icona dunha das citas xa atendidas, podes


imprimir o xustificante, aínda que non teña pasado a
súa hora sempre que o paciente acudira.

22/41
Outras Xestións de Cita
05 Modificar ou Anular unha Cita

Na opción de Xestión de Dietario, se


premes sobre unha cita dada a un
paciente, aparece o cadro de diálogo
que ves á esquerda, que che permite
modificar os parámetros da cita (menos
a hora), ou ben anular a cita dada.

Desde o Modo Cita, podes ver as citas


asignadas a un paciente. Se premes
sobre unha de elas, aparece o cadro de
diálogo que ves á esquerda, e podes
anular a cita.

23/41
Outras Xestións de Cita
05
Tamén é posible anular unha cita desde
o botón de Consulta de Citas.
Modificar ou Anular unha Cita desde Búsqueda Desde esta opción tamén se permite
anular as citas dun paciente falecido.

Logo de premer na icona de anulación,


é necesario confirmar a acción
premendo en “Aceptar”.

24/41
Outras Xestións de Cita
05 Forzar Cita

Podes forzar unha cita cando non haxa ocos


dispoñibles (nas axendas do profesional so
para o día actual). Accedes desde o Modo Cita
ou desde Xestión de dietario.

Debes indicar a hora de


cita. Os demais parámetros
da cita configúralos coma
nos outros modos.

25/41
Outras Xestións de Cita
05 Auditoría de Citas

Esta icona permite buscar todas as citas As citas activas móstranse coa icona  , e as
asignadas a ese paciente (tanto as activas como
citas inactivas coa icona .
as inactivas).

Ao seleccionar calquera das citas, ábrese unha xanela con toda a


información atopada para esa cita.
Os enlaces “Cita de procedencia” e “Cita reasignada” permítennos
visualizar os datos de outra cita que está relacionada con esa sen
necesidade de pechar a xanela e ter que buscala e seleccionala.

26/41
Outras Xestións de Cita
05 Citación de XPE
Esta funcionalidade permite xestionar o
buzón que almacena as peticións pendentes
procedentes do IANUS-XPE.

1
2

Podemos consultar as
peticións pendentes desde
distintas opcións da
aplicación.

27/41
Outras Xestións de Cita
05 Citación de XPE

1
A icona móstrase en amarelo cando
hai polo menos unha petición
pendente.

28/41
Outras Xestións de Cita
05
2
A través da opción “Xestión de
Citación de XPE Peticións” do menú lateral
esquerdo, desde onde se poderán
tratar por separado as peticións
para A. Primaria e A. Hospitalaria.

29/41
Outras Xestións de Cita
05 Citación de XPE
3
Desde Cita Especializada amosarase
esta xanela cando temos peticións
pendentes de XPE para o paciente
seleccionado.

30/41
Impresión de Listados
06 Esta opción permíteche imprimir as axendas
dos profesionais con datos específicos das
citas asignadas.
A aplicación móstrache todos os
profesionais do centro de saúde de
referencia que tes establecido na aplicación.

Podes imprimir as listaxes dos


profesionais con axendas
distribuídas.

Podes acceder a tres tipos


de listaxe: profesional, salas
e outros.

31/41
Impresión de Quendas
07
Permite imprimir as quendas do paciente
seleccionado para o día actual. Esta
funcionalidade só está dispoñible para os
centros onde estea implantado Quendas.
Unha vez que se pulsa na icona, ábrese
unha pequena xanela na que se cargan
todas as citas con quenda que ten o
paciente no día actual.

No caso de que o paciente non


Ao pulsar o botón teña ningunha cita que cumpra as
Imprimir pecharase condicións, mostrarase un aviso.
a xanela e xerarase
un ticket coa
información de hora,
quenda, sala, planta
e sala de espera de
todas e cada unha
das citas
seleccionadas.

32/41
Altas Rápidas
08
Mecanizas con alta rápida os datos de
cidadáns que se atopen nalgunha destas
situacións:
• Cidadán sen Tarxeta Sanitaria con dereito á
asistencia do Servizo Galego de Saúde que aínda
non está rexistrado no SIPGA e que non vai
Premes na icona de tarxeta sanitaria
solicitar tarxeta sanitaria ou vai solicitala e non
para poder dar unha alta rápida. aporta toda a documentación necesaria.
• Cidadán sen Tarxeta Sanitaria que, residindo na
Comunidade Autónoma, non ten dereito á
asistencia sanitaria do Servizo Galego de Saúde
pero que é necesario rexistralo no sistema.
• Un cidadán residente na comunidade autónoma
de Galicia sen Tarxeta Sanitaria e pertencente a
Mutualidades con convenios co Servizo Galego de
Saúde (MUFACE, MUGEJU, ISFAS) que solicite
asistencia.
• Un cidadán residente na comunidade autónoma
de Galicia sen Tarxeta Sanitaria e con seguro
privado que solicite asistencia.
En cada caso, a aplicación solicita un
documento que acredite o dereito á
asistencia sanitaria.
É moi importante buscar
Este documento debemos seleccionalo dunha
primeiro ao paciente, por se xa
lista predefinida.
foi dado de alta nalgún outro
centro da rede do SERGAS. No
caso de que non apareza, fas a
alta rápida.

33/41
Altas Rápidas
08
A opción a seleccionar é a de
Alta Rápida.

Despois de seleccionar Alta


Rápida, teremos que seleccionar
a residencia habitual Galicia.

Se cobres todos os datos da pantalla de solicitude é tramitada


como Alta Completa.

34/41
Altas Rápidas
08

No apartado “Datos persoais”


debes cubrir o primeiro apelido,
nome, DNI/NIE ou outro
documento identificativo a partir
dos 14 anos (incluídos), data de
nacemento, idade e sexo.

No apartado “Enderezo”, o único


dato obrigatorio é o teléfono.

No apartado “Datos
administrativos” debes indicar o
Documento Acreditativo
Asistencial, cando non indicas o
número de afiliación.
E o Documento identificativo a
partir dos 14 anos (incluídos),
cando non proporcionaches o
«NIF/NIE»

35/41
Alta Persoa de Fóra da Comunidade
09 As altas de fóra da comunidade autónoma
mecanízanse para aqueles usuarios que
non residen na comunidade autónoma de
Galicia e solicitan asistencia nun centro de
saúde. O contacto destes cidadáns coa
Premes na icona de tarxeta
sanidade galega vai ser temporal. Pode
sanitaria para poder dar unha
tratarse de:
alta de fóra da comunidade
autónoma. • Transeúntes, se acoden de forma ocasional ao
centro de saúde. Non teñen dereito a un
médico de desprazado.
• Desprazados, se van permanecer por tempo
superior a 1 mes e inferior a 6 meses na
comunidade autónoma de Galicia. Neste caso,
si teñen dereito a un médico de desprazado.
En cada caso, a aplicación solicitará un
documento que acredite o dereito á
asistencia sanitaria. Este documento
deberá ser seleccionado dunha lista
predefinida.

É moi importante buscar


primeiro ao paciente, por se xa
foi dado de alta nalgún outro
centro da rede do SERGAS. No
caso de que non apareza, fas a
alta rápida.

36/41
Alta Persoa de Fóra da Comunidade
09
Seleccionas a opción “Outra
Comunidade Autónoma”.

Esta Xanela permíteche realizar unha


consulta no Sistema Nacional de
Salud para intentar localizar ao
cidadán e obter os seus datos antes
de realizar a Alta de fóra da
comunidade.

37/41
Alta Persoa de Fóra da Comunidade
09

No apartado “Datos persoais” debes


cubrir o primeiro apelido, nome,
DNI/NIE ou outro documento
identificativo a partir dos 14 anos
(incluídos), data de nacemento, idade e
sexo.

No apartado “Enderezo”, o único dato


obrigatorio é o teléfono.

No apartado “Datos administrativos”


debes seleccionar a “C.A. de
procedencia” e un “Documento
acreditativo asistencial”.
Indicas o Período de estancia na
Comunidade.

38/41
Alta Estranxeiro
10
Seleccionas a opción “Estranxeiro”.

Nas Altas de Estranxeiros non se


realiza consulta no Sistema Nacional
de Salud.

39/41
Alta Estranxeiro
10

No apartado “Datos persoais” debes


cubrir o primeiro apelido, nome, data
de nacemento, idade e sexo. Se non
dispón de DNI/NIE, na parte de datos
administrativos indicaremos un
Documento Identificativo a partir de 14
anos (incluídos).

No apartado “Enderezo”, o único dato


obrigatorio é o teléfono.

No apartado “Datos administrativos”


debes indicar o Pais de procedencia e
a Nacionalidade.
Seleccionas o Documento
acreditativo de Asistencia.
Indicas o Período de estancia na
Comunidade.

40/41

You might also like