You are on page 1of 1

O meu nome e Guzmán Gutierrez, teño 40 anos e vivo en Gallaecia.

Somos unha familia humilde e


vivo coa miña muller e os nosos tres fillos. Como cada mañan levantome moi cedo e vistome con
uns pantalons marróns rotos, unha camiseta desfiada e uns zapatos vellos. Despois almorzo xunto
coa miña familia. Almorzamos pan e queixo.

Cando acabamos de almorzar poñemonos coas tarefas do fogar. Eu doulle de comer as galiñas e o
porco e os meus fillos encarganse de buscar leña para facer lume para a noite. Cando os meus fillos
chegan coa leña preparamos os bois para tirar co arado. Despois de camiñar certo tempo, chegamos
ao manso os meus fillos encarganse de poñerlle o xugo aos bois e comezan co arado, para osixeñar
a terra. Eles traballan nunha metade do manso e eu comeza a plantar trigo.

Estando traballando a un dous meus fillos picoulle unha víbora. Empezou a quiexarse de que lle
picara unha víbora. Acerqueime correndo e efectivamente era unha vibora. Ao vela mateina o mais
rápido que puiden co sacho. Entre eu e o meu fillo levamolo para casa, alí empezoulle a subir a
febre. Eu desesperadamente marchei a buscar un curandeiro para axudarnos, fun correndo xa que
non vivía preto de nos. Can do cheguei a súa casa non estaba, xa que marchara a atender un parto.
Enton marchei a buscalo a outro pobo. Cheguei a casa onde se encontraba e conteille o sucedido.
Cando rematou de antender o parto acompañoume ata miña casa pero polo camiño tivemos que
coller corteza, raices de follas de varias plantas medicinais. Despois de un bo rato camiñando
chegamos a miña casa. Meu fillo xa tiña moita febre e escalofríos. O curandeiro ao velo así dixonos
que a esperanza de que se salvara era moi pouca pero el iba a intentalo. Fixo un unguento coas
raíces, a corteza e as follas que colleramos no camiño. Fixo un pequeno corte cun coitelo onde tiña
a picadura da serpe, a continuación puxo o unguento no corte.

Pasadas as horas foise notando a melloría xa que lle baixou a febre e xa non tiña escalofríos.
Demoslle de comer un caldo feito pola miña muller. Mentres el se recuperaba nos marchamos a
seguir co noso traballo. Chegada a noite levamos o ganada para a casa e arranxamos os animais.
Meu fillo encontrabase moito mellor. Despois de un día de moitas emocións marchamos para cama
cedo porque mañan temos que madrugar

You might also like