You are on page 1of 9

O balonmán

Un pouco de historia
Foron numerosos os xogos de pelota que utilizaron as mans ao longo da historia. O balonmán modernoé
relativamente recente.

A normalización do regulamento fíxose ao redor do ano 1926. ano en que se uniformaron as regras. No
comezo o xogo era entre equipos de once xogadores e ao aire libre, o denominado balonmán a 11. Dita
modalidade chegou a participar nos Xogos Olímpicos de Berlín 1936, pero co paso dos anos, o balonmán
comezou a practicarse en pista cuberta, o que fixo que o número de xogadores se reducise a sete. A pesar
de que durante un tempo conviviron o balonmán a once e a sete, só este último continuou, debutando
como deporte olímpico nos Xogos Olímpicos de Múnic 1972.

España obtivo moitos éxitos a nivel internacional neste deporte, tanto as seleccións nacionais femininae
masculina como os clubs de balonmán.

O xogo
Obxectivos
En ataque:
 Manter a posesión do balón
 Progresar transportando o balón hacia a portería superando a oposición do equipo contrario
 Conseguir unha boa zona de lanzamento para algún xogador e pasarlle o balón
 Lanzar a portería para conseguir gol
 Desmarque

En defensa:
 Recuperar o balón canto antes
 Evitar a progresión do equipo contrario dificultando ao máximo as súas accións
 Ocupar e pechar os espazos posibles de lanzamentos aos atacantes
 Impedir o lanzamento a portería e que nos metan gol
 Marcaxe

Terreo de xogo
As dimensións dun campo de balonmán son de 40x20 metros. Hai unha serie de liñas que debemos
coñecer para orientarnos e comprender mellor a dinámica do xogo.

As liñas que delimitan o campo pola súa banda lateral denomínanse Liñas de Banda. Aquelas situadas nos
fondos chámanse Liñas de Portería. A liña que divide o campo en dúas metades chámase Liña Central.

A liña situada a 6 metros de distancia da portería serve para delimitar a área de portería dentro da cal só
pode situarse o porteiro.

A liña descontinua situada a 9 metros da portería indícanos o lugar desde onde se efectuará o saque de
faltas ou “golpe franco” se son cometidas entre 9m. e 6m.

A liña de 7 metros indica o punto desde onde se lanzarán os penaltis.

Ao segmento da liña de portería situada entre os dous postes chamarémoslle Liña de Gol.
Duración: Dous partes de 30 minutos, con 10 minutos de descanso.
Xogadores: Un equipo pode estar integrado por 14 xogadores ou xogadoras. Seis xogadores de
campo, un porteiro (ou sete de campo) e sete reservas. Poden xogar, como máximo, sete
xogadores por equipoá vez.

Cambios: Cada equipo pode realizar os cambios que queira, sempre que se realice pola zona
correspondente, zona de cambios, e deben saír antes os substituídos de que entren na cancha os
seus compañeiros. En competición os xogadores especialízanse en defensores e atacantes,
saíndo a xogar uns ou outros dependendo de se o equipo ten que atacar ou defender.
REGRAS QUE DEBEMOS RESPECTAR.
Pasos: Co balón nas mans só podemos dar 3 pasos, facer tres apoios, se damos 4 ou máis cometemos falta.

Dobres: Se un xogador bota e deixa de facelo (colle o balón) pode pasar, tirar ou dar outros 3 pasos, pero non
volver botar (se o fai comete dobres).

3 segundos: O xogador que ten o balón non pode estar todo o tempo que queira co balón na man sen facer
nada. Antes de que pasen 3 segundos, debe pasar, botar ou lanzar.

Pé: O balón pode xogarse con calquera parte do corpo de xeonllos para arriba. Se o facemos coa parte inferior
da perna ou os pés cometemos falta.

O porteiro: Dentro da área pode facer pasos, dobres, parar co pé... que non será sancionado. Pode saír da
área, pero se sae terá que cumprir as mesmas normas que o resto dos xogadores (non cometer dobres,
pasos…) e non poderá meterse ou saír da área de 6 metros co balón.

A área de portería: Os xogadores de campo non poden entrar na área de portería; nin sequera poden pisar a
liña da área. Un xogador pode caer dentro da área cando realiza un lanzamento a condición de que saltase
fose da área e lance a pelota no aire, antes de caer ao chan.

As faltas ou golpes francos:


Cométese falta ou golpe franco:

• Ao arrincar o balón ao contrario ou golpealo cando se atopa entre as súas mans.


• Ao bloquear ou empuxar ao contrario cos brazos, mans ou pernas.
• Ao reter, suxeitar ou empuxar ao contrario, ou lanzarse contra el en carreira ou en salto.
• Ao poñer en perigo ao contrario (con ou sen balón).

Todas as faltas sácanse desde o mesmo lugar onde se fixeron agás se a falta se comete entre as
liñas de 6 e 9 metros, neste caso a falta (ou golpe franco) sácase desde a liña de 9 metros
(descontinua).

Pasivo: Falta sancionada polo árbitro cando o equipo atacante non mostra unha intención de
atacar a portería contraria (perda de tempo) ou non é capaz de lanzar a portería.

Cando o equipo atacante comete falta, debe de deixar inmediatamente o balón no chan. Se o
xogador non o fai pode ser sancionado cunha exclusión de 2 minutos.

Lanzamento de 7 metros: Cando se impide antirreglamentariamente unha clara ocasión de gol


en calquera parte do terreo de xogo por parte dun xogador ou oficial de equipo do equipo
contrario indícase lanzamento de 7 metros ou penalti.

ELEMENTOS TÉCNICOS

Pase:

É a forma habitual de intercambiar o balón entre dous xogadores. Realízase cunha man. Hai
diferentes tipos:
 Clásico ou Frontal
 De pronación
 Con bote ou picado
 En suspensión
 Rectificado
 Por detrás, etc.

Os pases básicos e máis habituais son:

- Directo, frontal ou clásico: frontal ao compañeiro, con ou sin bote e dende o


hombreiro.

- De pronación: é un pase lateral, executado mediante a


acción de“pronar” a muñeca.

- Rectificado: pasar flexionando o tronco lateralmente.

- Deixada: o compañeiro está moi preto por detrás de nos. Estiramos o


brazo cara atrás coa palma cara arriba e deixamos o balón para que o
reciba o compañeiro.

Recepción: Realízase preferentemente coas dúas mans. Os brazos e mans preparados para
amortecer o impacto do balón.

Bote: Lanzamento do balón ao chan sen perder o seu control. Debemos ter en conta que o medio
máis rápido e seguro de achegarse á área do equipo contrario é o pase. O bote permítenos
avanzar polo campo de forma rápida cando non temos a un compañeiro preto.

Lanzamento: Acción de impulsar o balón cara á portería contraria co obxectivo de conseguir un


gol. Tamén os hai de varios tipos, a continuación expóñense algúns:

• En apoio: cando se realiza cun ou ambos os pés apoiados no


chan. É unlanzamento rápido para sorprender aos defensores.

• En suspensión: cando se salta e realiza o lanzamento en salto. Pódese realizar lonxe da portería
para superar por arriba aos defensores.

• Rectificado: É moi difícil de executar, faise para sorprender aos defensas, consiste en que o
atacante tenta evitar ao defensor através da flexión lateral do tronco.

• Lanzamento de cadeira: É un
lanzamento que se realiza sacando o brazo
baixo a liña da cadeira. Este movemento faise
por baixo dos brazos do defensa

• En caída frontal: execútase cando o xogador que recibe a pelota atópase na liña de seis metros (a
área), deixándose caer cara adiante para achegarse á portería e lanzar antes de tocar o chan. Moi utilizado
polos pivotes.

Fintas: É unha acción que, por medio de movementos do corpo, pretende enganar ao adversario, superando
a súa oposición. Pode ser de ataque ou de defensa. As máis comúns son:

- Fintas de pase: o atacante fai crer ao defensa que pasará a pelota a un compañeiro, para logo
desprazarse ou lanzar a portería.
- Fintas de lanzamento: amaga un lanzamento e fai outro tipo de lanzamento ou pasa a un compañeiro
para que teña mellor opción de lanzamento.
- Fintas de desmarque: desequilibran ao defensa facéndolle crer que se desprazan cara a un lado e
rapidamente cambian de lado para superar ao defensor e poder recibir.

O desmarque: É unha acción individual cuxo obxectivo é superar ao defensor ocupando zonas eficacespara o
xogo.

A marcaxe: Son as accións que realiza un xogador defensor ao seu opoñente co obxectivo de impedir que
reciba o balón ou realice algunha xogada co seu equipo.
SANCIÓNS DISCIPLINARIAS

Amoestación: Tarxeta amarela a un xogador ou xogadora despois de actuar de forma antirreglamentaria


cunha conduta antideportiva.

Exclusión: Se o xogador continúa mantendo a mesma actitude, o árbitro pode sancionalo excluíndoo do xogo
durante 2 minutos.

Descualificación: Un xogador pode ser descualificado por unha conduta antideportiva grave. Tamén será
descualificado a terceira exclusión de dous minutos. O xogador non poderá volver xogar, pero serásubstituído
por outro cando pasen os dous minutos.

A TÁCTICA
Enténdese por táctica, como o conxunto de accións individuais ou colectivas que se utilizan para lograr
un beneficio do equipo. Poden ser:
- Ofensivas: se estamos en posesión do balón, o obxectivo é conseguir gol.
- Defensivas se non estamos en posesión do balón, o obxectivo é evitar os goles do contrario e recuperar
a posesión do balón.

Accións Tácticas ofensivas:


• Desmarcarse: Tentar quedar libre da marcaxe do defensor
• Pase e vai: Pasar e desmarcarse para tentar volver recibir.
• Penetracións sucesivas: Consisten en atacar sucesivamente ao espazo libre entre o opoñente directo
e o lindeiro co fin de atraer a súa atención ata gañar unha superioridade.
• Cruces: Crúzanse as traxectorias de dous atacantes e o que ten o balón faille unha deixada ao
compañeiro que recibe pasando por detrás.
• Bloqueos: O bloqueo é unha axuda corporal directa en beneficio dun compañeiro obstaculizando ao
defensor que lle marca. Trátase de interpoñer o corpo na traxectoria que tenta seguir o defensor para que o
compañeiro consiga penetrar, lanzar ou unha situación de superioridade numérica.

SISTEMAS DE ATAQUE

Para examinar os sistemas, debemos coñecer primeiro a colocación dos xogadores no campo, e dicir;
os seus postos específicos:

B- central A- lateral dereito C- lateral esquerdo D- extremo dereito F- extremo esquerdo E-


pivote

Sistema de ataque 3:3 con un pivote.

E a forma máis utilizada habitualmente.


Sistema de ataque 3:3 con dous pivotes.

A veces colocase un extremo na posición de pivote. Este


sistema parte, a maioría das veces, do anterior, producíndose cando
un extremo abandona a súa zona e convírtese nun pivote,

Sistema de ataque 2:4.

Neste sistema xogamos con dous xogadores en primeira línea e


catro en segunda, normalmente 2 laterales, 2 pivotes e 2
extremos.

DEFENSA

POSICIÓNS DE BASE defensivas

Debemos adoptar a “posición defensiva”, na que o


defensor flexiona as pernas, ten unha lixeiramente
adiantada e posibilitalle desprazamentos rápidos.

 Defensa ao xogador con balón:


o defensa sitúase na línea entre
o atacante e a portería. A súa
principal función e dificultar os
pases e, sobre todo o
lanzamento.

 Defensa ao xogador sin balón:


o defensa debe controlar ao
seu adversario e ao balón,
intentando dificultar os pases
que poidan recibir e os
movementos que realice para
desmarcarse.

BLOCAXES
É a técnica que permite a interceptación do balón na
súa traxectoria cara a portería.
O PORTEIRO
A principal función do gardameta é a de evitar os goles do equipo contrario. Trátase de xogadores cun perfil
xeralmente áxil, flexible, con bos reflexos e moi valentes. Dentro da súa área pode tocar o balón con calquera parte
do corpo. Pode saír ou entrar na súa área se non está en posesión do balón. Fóra é un xogador máis e ten as mesmas
regras que os demais.

Accións Tácticas defensivas:

• Balance defensivo. Recuperar a posición defensiva canto antes ao perder o balón.


• Cambios de opoñentes. Cambiar ao opoñente que se realiza en defensa #ate un cruzamento, por exemplo.
• Contrabloqueos. Cambio de opoñente #ante un bloqueo.

SISTEMAS DE DEFENSA

 Individual: cada xogador defende a un atacante.

 En zona: repártese unha zona do campo a cada un dos defensas, de xeito que
cada un deles procurará defender a todo atacante que ocupe ou pase polo seu
espazo.

Sistema defensivo 6:0

E un sistema defensivo no que os 6


xogadores colócanse na liña de 6 metros
formando a primera e única línea
defensiva.

Disposición e nome que reciben os


xogadores en función do lugar que
ocupan:

2 y 7 Exteriores / 3 y 6 Laterais / 4 y 5 Centrais

Sistema defensivo 5:1

Fórmase en dúas liñas, cinco xogadores en


primera línea e un en segunda.

Igual que no sistema 6:0, o funcionamento


dependerá do grao de profundidade dos xogadores
(neste caso só os laterais “saen” ademáis do
avanzado).
Sistema defensivo 3:2:1

Fórmase en tres liñas, tres


xogadores en primeira liña, dous en
segunda e un en terceira.

Sistema defensivo 3:3

Caracterízase por distribuir


equitativamente aos xogadores en duss liñas
de xogo. Trátese dunha con moita presión per
deixa bastantes ocos.

Sistemas defensivos mixtos

Son sistemas que combinan a defensa en zona e o home a home.

Exemplo: Sistema defensivo 5:1 mixto. Combina a actuación de 5 defensores formando


unha primeira liña e un xogador que fai unha defensa individual sobre un primeira liña
contrario.

You might also like