You are on page 1of 3

INFORME DE SUPERVISIÓN DO PROXECTO DE AMPLIACIÓN DO REFUXIO DE ANIMAIS DE MOUGÁ

(SETEMBRO DE 2018) E ANEXO NÚM. 1 AO PROXECTO (FEBREIRO DE 2019) .

Por esixencia do trámite administrativo e á vista da solicitude de data 04/09/2019 da Xerencia


da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, emítese o presente informe de supervisión
do Proxecto de Ampliación do Refuxio de Animais de Mougá (Setembro de 2018) e anexo núm. 1 ao
proxecto (Febreiro de 2019), redactado e asinado con data 19/09/2018 polo enxeñeiro agrónomo Don
Juan Manuel González López e visado co núm. 13905 con data 21/09/2018, así como o Anexo núm.
1 asinado con data 13/02/2019.

PRIMEIRO
Por encargo da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, encárgase a redacción do
Proxecto de Ampliación do Refuxio de Animais de Mougá, para dar resposta á necesidade de maior
espazo para tal fin.
A Lei 4/2017 de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia, no seu artigo 15.4 recolle
a imposibilidade de darlle morte aos animais recollidos nun fogar de acollida con independencia do
Pode verificar a integridade de este documento en: https://www.ferrol.gal menú Sede electrónica - Verificación de documentos, co código de verificación:7BCG1AP8HNKZBSVY

tempo da súa estadía, polo que para darlle cumprimento á lei, é preciso loxicamente a ampliación das
instalacións con que para tal fin conta a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol en
Mougá.

SEGUNDO
A intervención proposta contempla fundamentalmente as seguintes actuacións nas instalacións
existentes do Refuxio de Animais de Mougá.

- Demolición de caniles ao marxe da ampliación, co correspondente picado de pavimentos.


- Explanación dos terreos necesarios e execución das escolleras precisas.
- Execución dun módulo específico e cuberto para a ubicación de cans (13 caniles para cans adultos
e 12 caniles para cachorros), cunha superficie de 230m2 e unha altura de 4m.
- Execución de dun módulo específico para ao aloxamento de gatos cunha superfice de 60m 2 e unha
altura de 4m.
- Recolocación do panel de policarbonato da cuberta de tres dos caniles existentes.
- Saneamento de augas pluviais.
- Abastecemento de auga potable.
- Alumeado mediante proxectores LED.
- Execución de solo radiante en 4 caniles e nunha gateira.
- Execución de pavimentación mediante pavimento pulido antideslizante de formigón armado.

En aplicación do artigo 233 da Lei de contratos do sector público Lei 9/2017 “contido dos proxectos e
responsabilidade derivada da súa elaboración”, infórmase o seguinte:

a) Unha memoria na que se describa o obxecto das obras, que recollerá os antecedentes e situación
previa ás mesmas, as necesidades a satisfacer e a xustificación da solución adoptada, detallándose
os factores de todo orde a ter en conta.

Informe de Supervisión do Proxecto de Ampliación do Refuxio de Animais de Mougá 1


CUMPRE
b) Os planos de conxunto e de detalle necesarios para que a obra quede perfectamente definida, así
como os que delimiten a ocupación de terreos e a restitución de servidumes e demais dereitos reais,
no seu caso, e servizos afectados pola súa execución.
CUMPRE

c) O prego de prescricións técnicas particulares, onde se fará a descrición das obras e se regulará a
súa execución, con expresión da forma que esta se levará a cabo , as obrigacións de orde técnico
que correspondan ó contratista, e a maneira en que se levará a cabo a medición das unidades
executadas e o control de calidade dos materiais empregados e do proceso de execución.
CUMPRE

d) Un orzamento, integrando ou non por varios parciais, con expresión dos prezos unitarios e dos
descompostos, no seu caso, estado de medicións e os detalles precisos para a súa valoración.
CUMPRE
Pode verificar a integridade de este documento en: https://www.ferrol.gal menú Sede electrónica - Verificación de documentos, co código de verificación:7BCG1AP8HNKZBSVY

e) Un programa de desenvolvemento dos traballos o plan de obra de carácter indicativo, con


previsión, no seu caso, do tempo e do custe.
CUMPRE

f) As referencias de todo tipo en que se fundamentará o replanteo da obra.


CUMPRE

g) O estudio de seguridade e saúde ou, no seu caso, o estudio básico de seguridade e saúde, nos
termos previstos nas normas de seguridade e saúde nas obras.
CUMPRE

h) Canta documentación veña prevista en normas de carácter legal o regramentario.


CUMPRE

TERCEIRO
Inspeccionado o proxecto e o anexo núm. 1, aos efectos do artigo 231 da Lei de contratos do sector
público, indico que se trata dunha obra completa susceptible de ser entregada ao uso xeral ou servizo
correspondente e comprende todos os elementos precisos para a súa utilización.
Aos efectos do artigo 235 da lei de contratos do sector público (Supervisión de Proxectos), o
documento é suficiente para a execución das obras descritas, e se tiveron en conta as disposicións
xerais de carácter legal ou regulamentario, así como a normativa técnica de aplicación e o RD
1627/97 polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de
construción.
Infórmase que o proxecto se axusta á lexislación urbanística e sectorial, así como ao planeamento
urbanístico en vigor (PXOM do Concello de Ferrol). Obra no expediente sendos informes técnicos
favorables dos servizos técnicos municipais do Concello de Ferrol (arquitecta técnica municipal de
data 27/03/2019 e da técnico de medio ambiente de data 26/04/2019).

Informe de Supervisión do Proxecto de Ampliación do Refuxio de Animais de Mougá 2


O orzamento de execución material do proxecto é de 87.176,48€ € e o orzamento total de licitación é
de 125.525,41€ (IVE do 21% incluído).

CONCLUSIÓN, emítese informe favorable de supervisión do proxecto.

CUARTO
Unha vez revisado o proxecto básico e de execución de “ AMPLIACIÓN DO REFUXIO DE ANIMAIS DE
MOUGÁ (SETEMBRO DE 2018) E ANEXO NÚM. 1 AO PROXECTO (FEBREIRO DE 2019) ”, comprobouse a
súa realidade xeométrica. Existindo, polo tanto dispoñibilidade dos terreos precisos para a execución
da obra.

O que se informa aos efectos oportunos.


Pode verificar a integridade de este documento en: https://www.ferrol.gal menú Sede electrónica - Verificación de documentos, co código de verificación:7BCG1AP8HNKZBSVY

O ARQUITECTO MUNICIPAL

Informe de Supervisión do Proxecto de Ampliación do Refuxio de Animais de Mougá 3

Asinado por: FELIPE COTOVAD MARTÍNEZ


Cargo: Arquitecto municipal
Selo de tempo: 04/09/2019
Este documento foi asinado electrónicamente conforme á lei 59/2003 de 19 de decembro, de sinatura electrónica.

You might also like