You are on page 1of 1

SR.

XERENTE DE PERSOAS E RELACIÓNS LABORAIS


CORREOS – ÁREA NOROESTE

Galiza 10 de xulio de 2023

Asunto: Contratación Eleccións Xerais 23 de Xullo.

A CIG denuncia a falta de previsión e de contratación de cara a estas eleccións


xerais do 23 de xullo.

Se están a cometer os mesmos erros pola falta de antelación na contratación


que nas pasadas eleccións municipais onde se colapsaron unidades. Esta
mesma semana se están a realizar contratos “de reforzo por campaña electoral
a persoal fóra de bolsa con escasa ou nula experiencia”.

Así mesmo denunciamos que se está a utilizar fraudulentamente por parte da


xerencia que vostede dirixe a figura de contratos de reforzo de campaña
electoral para cubrir vacacións e prazas que se estaban a recargar. Esta
practica, como xa lle advertimos na reunión celebrada co Director de RRHH,
non é reforzar unha unidade. Reforzar unha unidade é contratar por enriba do
cen por cen do cadro de persoal. No caso contrario é enganarnos a nós
mesmos e a opinión pública.

A unica realidade é que en Galiza non estamos a ver esa contratación sen
precedentes tan anunciada polo presidente, máis ben todo o contrario.

Polo exposto Instámoslle que á brevidade posible se realice toda a


contratación sen máis dilación e se efectúen os contratos de reforzo que tanta
falta fan nas unidades, se realmente pretenden sacar adiante estas eleccións
en Galiza.

Sen outro particular;

Firmado por VIVANCO


VIVANCO, JOHN GILBERT
(AUTENTICACIÓN) el día
10/07/2023 con un
certificado emitido por AC
DNIE 004

Secretario Nacional Correos

You might also like