You are on page 1of 15

Química aplicada Formulación Inorgánica

“FORMULACIÓN DE QUÍMICA INORGÁNICA”

A nomenclatura química é a lista de nomes das sustancias químicas.

A formulación é a expresión escrita das especies químicas, mediante símbolos ou agrupacións de


símbolos.

Cada especie química ten, polo tanto, un nome e unha fórmula propia.

O NÚMERO DE OXIDACIÓN é un número, positivo ou negativo, que nos indica o número de


electróns que gaña, perde ou comparte un átomo con outro átomo ou átomos.

O número de oxidación é positivo se o átomo perde electróns, ou os comparte cun átomo que
teña tendencia a captalos. E será negativo cando o átomo gañe electróns, ou os comparta cun
átomo que teña tendencia a cedelos.

Nos ións monoatómicos a carga eléctrica coincide co número de oxidación. Cando nos refiramos
ao número de oxidación o signo + ou – escribirémolo á esquerda do número, como nos números
enteiros. Por outra parte a carga dos ións, ou número de carga, débese escribir co signo á
dereita do díxito: Ca2+ ión calcio (2+), CO32- ión carbonato (2-).

NÚMERO DE OXIDACIÓN 1 NÚMERO DE OXIDACIÓN 2 NÚMERO DE OXIDACIÓN 3


(Hidróxeno) H Berilio Be Aluminio Al
Litio Li Magnesio Mg Boro B
Sodio Na Calcio Ca Bismuto Bi
Potasio K Estroncio Sr
Rubidio Rb Bario Ba
Cesio Cs Radio Ra
Francio Fr Zinc Zn
Prata Ag Cadmio Cd
Ion amonio NH4+
NÚMERO DE OXIDACIÓN 1,2 NÚMERO DE OXIDACIÓN 1,3 NÚMERO DE OXIDACIÓN 2,3
Cobre Cu Ouro Au Níquel Ni
Mercurio Hg Talio Tl Cobalto Co
Ferro Fe
NÚMERO DE OXIDACIÓN 2,4 NÚMERO DE OXIDACIÓN 2,3,6 NÚMERO DE OXIDACIÓN
2,3,4,6,7
Platino Pt Cromo Cr Manganeso Mn
Chumbo Pb
Estaño Sn

1
Química aplicada Formulación Inorgánica

NÚMERO DE OXIDACIÓN -1 NÚMERO DE OXIDACIÓN +/- NÚMERO DE OXIDACIÓN -2


1,3,5,7
Flúor F Cloro Cl Osíxeno O
Ion cianuro CN- Bromo Br
Iodo I
NÚMERO DE OXIDACIÓN +/- NÚMERO DE OXIDACIÓN 2,+/- NÚMERO DE OXIDACIÓN +/-3,5
2,4,6 3,4,5
Xofre S Nitróxeno N Fósforo P
Selenio Se Arsénico As
Teluro Te Antimonio Sb

NÚMERO DE OXIDACIÓN +/-2,4 NÚMERO DE OXIDACIÓN 4 NÚMERO DE OXIDACIÓN 3


Carbono C Silicio Si Boro B

Para nomear os compostos químicos inorgánicos séguense as normas da IUPAC (Unión


Internacional de química pura e aplicada). Acéptanse tres tipos de nomenclaturas para os
compostos inorgánicos, a sistemática, a nomenclatura de Stock e a nomenclatura tradicional.

Para nomear compostos químicos segundo esta nomenclatura utilízanse os prefixos:


MONO_, DI_, TRI_, TETRA_, PENTA_, HEXA_, HEPTA_....... para indicar o número
de átomos de cada elemento no composto.

O3Cl2: Trióxido de dicloro


OI2 : Monóxido de diodo

Neste tipo de nomenclatura, cando o elemento que forma o composto ten máis dunha
número de oxidación, esta indícase ao final, en números romanos e entre paréntese.
Fe(OH)2: Hidróxido de ferro (II)
Fe(OH)3: Hidróxido de ferro (III)

Nesta nomenclatura para poder distinguir con que número de oxidación funcionan os
elementos neste composto utilízanse unha serie de prefixos e sufixos.

Hipo_ _oso Número de


oxidación menor
_oso
1 número de 2 número de 3 número de 4 número de _ico
oxidación oxidacións oxidacións oxidacións
Per_ _ico Número de
oxidación maior

2
Química aplicada Formulación Inorgánica

Chámanse sustancias simples a aquelas que están constituídas por átomos dun só elementos.

En xeral noméanse co nome do elemento constituínte, e a súa fórmula será o símbolo químico do
elemento (Fe, Na, Cu, C, etc), agás as seguintes moléculas gasosas (H2, N2, O2, O3) e as dos
halóxenos (F2, Cl2, Br2, I2) que se presentan en forma diatómica ou triatómica, e se nomean
segundo a IUPAC cos prefixos di- ou tri-, anque é frecuente que aparezan sen prefixos.

Composto Sistemática Tradicional


H2 Dihidróxeno Hidróxeno
F2 Diflúor Flúor
Cl2 Dicloro Cloro
Br2 Dibromo Bromo
I2 Diiodo Iodo
O2 Diosíxeno Osíxeno
O3 Triosíxeno Ozono
S8 Octaxofre Xofre
P4 Tetrafósforo Fósforo branco
H Monohidróxeno Hidróxeno atómico
N Mononitróxeno Nitróxeno atómico
N2 Dinitróxeno Nitróxeno

Son compostos binarios formados pola combinación dun elemento e osíxeno. Hai dúas clases de
óxidos que son os óxidos básicos e os óxidos ácidos.

Son compostos binarios formados pola combinación dun metal e o osíxeno. A súa fórmula
xeral é:

M2Ox

Onde M é un metal e x o número de oxidación do metal (o 2 corresponde ao número de oxidación


do osíxeno).

OS NÚMERO DE OXIDACIÓNS DOS ELEMENTOS INTERCÁMBIANSE ENTRE ELES E


PÓÑENSE COMO SUBÍNDICES (Se o número de oxidación é par simplifícase).

Número de Fórmula N. sistemática N. Stock


oxidación (a máis frecuente)
1 Na2O Óxido de sodio Óxido de sodio
2 Ca2O2 Ξ CaO Óxido de calcio Óxido de calcio
Fe2O2 Ξ FeO Monóxido de ferro Óxido de ferro (II)
3 Fe2O3 Trióxido de diferro Óxido de ferro (III)
4 Pb2O4 Ξ PbO2 Dióxido de chumbo Óxido de chumbo (IV)

3
Química aplicada Formulación Inorgánica

Son compostos binarios formados por un non metal e osíxeno. A súa fórmula xeral é:

m2Ox

Onde m é un non metal e x o número de oxidación do non metal (o 2 corresponde ao número de


oxidación do osíxeno).

OS NÚMEROS DE OXIDACIÓNS DOS ELEMENTOS INTERCÁMBIANSE ENTRE ELES E


PÓÑENSE COMO SUBÍNDICES (se a número de oxidación é par simplifícase).

Número de Fórmula N. Sistemática N. Stock


oxidación (a máis frecuente)
2 S2O2ΞSO Monóxido de xofre Óxido de xofre (II)
4 Se2O4ΞSeO2 Dióxido de selenio Óxido de selenio (IV)
6 S2O6ΞSO3 Trióxido de xofre Óxido de xofre (VI)

Coas novas recomendacións da IUPAC do ano 2005, as combinacións de osíxeno e halóxenos,


cambiou tanto na formulación como na súa nomenclatura. Debido a que se nomearon como óxidos
durante moito tempo, seguiranse atopando dese modo, ata que se vaian impoñendo as novas
recomendacións.

Antes Recomendacións 2005


Fórmula N. Sistemática (a máis Fórmula Nome
frecuente)
F2O Monóxido de diflúor OF2 Difluoruro de osíxeno
Cl2O Monóxido de dicloro OCl2 Dicloruro de osíxeno
Cl2O3 Trióxido de diodo O3Cl2 Dicloruro de triosíxeno
Br2O5 Pentaóxido de dibromo O5Br2 Dibromuro de pentaosíxeno
I2O7 Heptaóxido de diodo O7I2 Diioduro de heptaosíxeno

EXERCICIO 1. Completa a táboa:

Fórmula N. Sistemática N. Stock


OF2
O5I2
As2O5
CaO
Fe2O3
PbO2
Au2O3
SnO
N2O5
Au2O
TeO2
Óxido de selenio (II)
HgO
Dióxido de estaño
SO
4
Química aplicada Formulación Inorgánica

Dióxido de xofre
Óxido de xofre (VI)

Son compostos binarios formados por un metal e Hidróxeno. A súa fórmula xeral é:
MHx

Onde M é un metal e a x a número de oxidación do metal.

OS NÚMEROS DE OXIDACIÓN DOS ELEMENTOS INTERCÁMBIANSE ENTRE ELES E


PÓÑENSE COMO SUBÍNDICES. O HIDRÓXENO SEMPRE TEN NÚMERO DE OXIDACIÓN
-1.

Número Fórmula N.sistemática N. Stock N. tradicional


de
oxidación
1 NaH Hidruro de sodio Hidruro de sodio Hidruro sódico

2 FeH2 Dihidruro de ferro Hidruro de ferro (II) Hidruro ferroso

3 FeH3 Trihidruro de ferro Hidruro de ferro (III) Hidruro férrico

4 SnH4 Tetrahidruro de estaño Hidruro de estaño (IV) Hidruro estánnico

Os hidruros dos elementos dos grupos 13, 14 e 15 reciben nomes especiais. Nitróxeno,
fósforo, arsénico, antimonio e boro funcionan co número de oxidación 3 mentres que o
carbono e o silicio fano con número de oxidación 4.

Número Fórmula N. sistemática


de
oxidación
3 BH3 Hidruro de boro
3 NH3 Trihidruro de nitróxeno
3 PH3 Trihidruro de fósforo
3 AsH3 Trihidruro de arsénico
3 SbH3 Trihidruro de antimonio
4 CH4 Tetrahidruro de carbono
4 SiH4 Hidruro de silicio

EXERCICIO 2. Completa a táboa:

Fórmula N. sistemática N. Stock


AuH3
LiH

5
Química aplicada Formulación Inorgánica

Hidruro de chumbo (II)


Hidruro de prata

Trihidruro de arsénico
N2O3
NO
Pentaóxido de dihidróxeno
Trióxido de xofre

PbO2
Óxido de bromo (VII)
Hidruro de calcio
CuH
Tetrahidruro de chumbo
Hidruro de ouro (III)

Son compostos binarios formados por un non metal e hidróxeno. Os non metais que forman
estes ácidos son os seguintes:

 Flúor, cloro, bromo, iodo (todos eles funcionan co número de oxidación -1)
 Xofre, selenio, teluro (funcionan co número de oxidación -2)

A súa fórmula xeral é:


H xm

Onde m é o non metal e x é o número de oxidación do non metal. O hidróxeno funciona co


número de oxidación 1.

Número de oxidación Fórmula N. tradicional N. sistemática


(en disolución acuosa) (cando está en estado puro)
1 HF Ácido fluorhídrico Fluoruro de hidróxeno
1 HCl Ácido clorhídrico Cloruro de hidróxeno
1 HBr Ácido bromhídrico Bromuro de hidróxeno
1 HI Ácido iodhídrico Ioduro de hidróxeno
2 H 2S Ácido sulfhídrico Sulfuro de hidróxeno
2 H2Se Ácido selenhídrico Seleniuro de hidróxeno
2 H2Te Ácido telurhídrico Telururo de hidróxeno
1 HCN Ácido cianhídrico Cianuro de hidróxeno

OBSERVA:
Nas últimas recomendacións da IUPAC 2005, recóllese o sistema de nomenclatura
sustitutiva. Desta forma, a nomenclatura sistemática de sustitución, baséase nos
chamados “hidruros padres ou proxenitores” (recomendacións IUPAC 2005). Os nomes
recóllense na táboa seguinte:

6
Química aplicada Formulación Inorgánica

Grupo 13 Grupo 14 Grupo 15 Grupo 16 Grupo 17


BH3 borano CH4 metano NH3 azano H 2O oxidano HF fluorano
AlH3 alumano SiH4 silano PH3 fosfano H 2S sulfano HCl clorano
GaH3 galano GeH4 xermano AsH3 arsano H2Se selano HBr bromano
InH3 indigano SnH4 estannano SbH3 estibano H2Te telano HI iodano
TlH3 talano PbH4 plumbano BiH3 bismutano H2Po polano HAt astatano

-Ademais acéptase os nomes amoníaco para o NH3 e a auga para o H2O.

Trátase da combinación de non metais e metais (ou só de non metais). Obtéñense


substituíndo os hidróxenos do ácido hidrácido correspondente por un metal.

A súa fórmula xeral é:


Mxmy

onde M é o metal e m o non metal, y é o número de oxidación do metal e x o do non metal.


A IUPAC establece que nas combinacións entre non metais, ao igual que nos demais compostos
binarios, escribirase primeiro na fórmula o elemento menos electronegativo (con estado de
oxidación positivo) seguido do máis electronegativo (estado de oxidación negativo).

Desta forma colócanse de esquerda a dereita segundo a seguinte ordenación:

B, Si, C, Sb, As, P, N, Te, Se, S, I, Br, Cl, F

Noméanse co nome do non metal (situado á dereita) terminado en –uro seguido do nome do
metal ou non metal (situado á esquerda).

Fórmula N. Stock N. Sistemática


(a máis común)
CaF2 Fluoruro de calcio Fluoruro de calcio
FeCl2 Cloruro de ferro (II) Dicloruro de ferro
CdBr2 Bromuro de cadmio Bromuro de cadmio
CrI2 Ioduro de cromo (II) Diioduro de cromo
Pt2S4ΞPtS2 Sulfuro de platino (IV) Disulfuro de platino
Au2Te3 Telururo de ouro (III) Tritelururo de ouro
CCl4 Cloruro de fósforo (III) Tetracloruro de carbono

7
Química aplicada Formulación Inorgánica

PCl3 Cloruro de fósforo (V) Tricloruro de fósforo

EXERCICIO 3. Completa a táboa:

Fórmula N. Stock N. Sistemática


Cloruro de estaño (IV)
Cloruro de sodio
Ioduro de prata
Bromuro de cobalto (III)
Sulfuro de chumbo (IV)
Seleniuro de cobre (II)
Telururo de mercurio (I)

Os peróxidos son compostos binarios formados por un metal (ou o hidróxeno) e o ión peroxo
(O22-).

A fórmula xeral dos peróxidos é:

M/HaO2b

onde M/H representa a un metal ou ao hidróxeno, O e osíxeno e os subíndices a e b son


números naturais.

O ion peroxo actúa con número de oxidación -2 e o metal cun dos seus números de
oxidación, que son positivos. Se en lugar de ter un metal tense o hidróxeno, este actúa con
número de oxidación +1. Os valores dos subíndices son aqueles que fan que o composto sexa
neutro, é dicir, deben facer que a carga negativa do ion peroxo se compense coa carga positiva
do metal ou do hidróxeno.

Noméanse coa palabra “peróxido” seguida do nome do metal.

Fórmula N. Tradicional N. Stock


Na2O2 Peróxido de sodio Peróxido de sodio
Li2O2 Peróxido de litio Peróxido de litio
H2O2 Auga osixenada Peróxido de hidróxeno
Cu2O2 Peróxido cuproso Peróxido de cobre (I)
CuO2 Peróxido cúprico Peróxido de cobre (II)

Son compostos formados por un metal e o grupo hidroxilo (OH)-, que sempre actúa co
número de oxidación -1.

Formúlanse poñendo primeiro o catión e logo o anión hidróxido e intercámbianse as valencias. A


súa fórmula xeral é:

M(OH)x

8
Química aplicada Formulación Inorgánica

onde M é o metal e x o número de oxidación do metal.

Noméase coa palabra “hidróxido”, seguida do nome do metal.

Número Fórmula N. sistemática N. Stock N. tradicional


de
oxidación
1 NaOH Hidróxido de sodio Hidróxido de sodio Hidróxido sódico
2 Ca(OH)2 Hidróxido de calcio Hidróxido de calcio Hidróxido cálcico
2 Ni(OH)2 Dihidróxido de níquel Hidróxido de níquel (II) Hidróxido niqueloso
3 Al(OH)3 Hidróxido de aluminio Hidróxido de aluminio Hidróxido alumínico
4 Pb(OH)4 Tetrahidróxido de Hidróxido de chumbo Hidróxido plúmbico
chumbo (IV)

EXERCICIO 4. Completa a táboa:

Fórmula N. sistemática N. Stock N. tradicional


Fe(OH)2
Au (OH)
Cr(OH)2
Hidróxido de Mercurio (II)
Hidróxido de cadmio
Hidróxido estannoso
K(OH)
Hidróxido estánnico
Óxido de chumbo (II)
Anhídrido carbónico
Óxido de platino (IV)
Pt(OH)4
Hidróxido de magnesio
Hidróxido de aluminio

Son compostos ternarios formados por un non metal, osíxeno e hidróxeno. Obtéñense a
partir do óxido ácido ou básico correspondente sumándolle unha molécula de auga (H 2O).

A súa fórmula xeral é:

m2Ox + H2O → HambOc

Onde H é o hidróxeno, m case sempre é un non metal aínda que pode ser un metal de transición
(Cr, Mn, etc) e O o osíxeno.

Número de Fórmula N. tradicional


oxidación
1 F2O + H2O → H2F2O2 Ξ HFO Ácido hipofluoroso
2 SO + H2O → HSO2 Ácido hiposulfuroso
3 Cl2O3 + H2O → H2Cl2O4 ΞHClO2 Ácido cloroso
4 SO2 + H2O → H2SO3 Ácido sulfuroso
9
Química aplicada Formulación Inorgánica

5 Cl2O5 + H2O → H2Cl2O6ΞHClO3 Ácido clórico


6 SO3 + H2O → H2SO4 Ácido sulfúrico
7 Cl2O7 + H2O →H2Cl2O8ΞHClO4 Ácido perclórico
Nomenclatura tradicional

Para formulalos e nomealos, na nomenclatura tradicional, memorizaremos 3 ácidos


representativos e a partir deles razoaremos os demais, tendo en conta que nun grupo
unicamente cambia o número de átomos de osíxeno que aumenta de 1 en 1 desde o ácido
hipo---oso ata o per---ico.

Usaremos como representativos:

HClO3 ácido clórico (=Cl, Br, I)

H2SO4 ácido sulfúrico (=S, Se, Te)

H3PO4 ácido fosfórico (=P, As, Sb)

Ademais da nomenclatura tradicional hai varias nomenclaturas sistemáticas e funcionais para


compostos, que por ser longas non se utilizan practicamente. Así para os exemplos mencionados,
os nomes serían:

Fórmula Nome sistemático Nomenclatura de Stock (funcional)

HClO3 Trioxoclorato (V) de hidróxeno Ácido Trioxoclórico (V)


H2SO4 Tetraoxosulfato (VI) de hidróxeno Ácido Tetroxaosulfúrico (VI)
H3PO4 Tetraoxofosfato (V) de hidróxeno Ácido Tetraoxofosfórico (V)
A nomenclatura tradicional dos oxoácidos, está aceptada pola IUPAC, e utilízase case de forma
exclusiva, aínda que existen outras nomenclaturas recomendadas pola IUPAC-2005:

Sistemática:

Utilíza os prefixos mono-, di-, tri-, etc. para indicar o nº de átomos de osíxeno, seguido do
termo –oxo e o nome do non metal (ou metal de transición) terminado en –ato. Con números
romanos entre paréntese indícase a valencia coa que actúa o metal. O nome sistemático
remata engadindo a expresión de hidróxeno.

Stock:

A nomenclatura ácida (do tipo ácido tetraoxosulfúrico (VI)) tense abandonado.

Sen embargo, recoméndase:

Nomenclatura sistemática de adicción, que considera a estructura do ácido do modo seguinte:


H2SO4 = [SO2(OH)2]: dihidróxidodióxidoazufre.
Nomenclatura sistemática de composición
Noméase primeiro o hidróxeno, utilizando “hidróxeno” e a continuación, entre paréntese
noméase o osíxeno, utilizando “óxido” e o nome do elemento principal, coa terminación “-ato”.

10
Química aplicada Formulación Inorgánica

O nitróxeno só forma ácidos oxoácidos co número de oxidación 3 e 5.

Número Fórmula N. Tradicional N. Sistemática N. Stock


de
oxidación
3 HNO2 Ácido nitroso Dioxonitrato (III) Ácido dioxonítrico (III)
de hidróxeno
5 HNO3 Ácido nítrico Trioxonitrato (V) de Acido trioxonítrico (V)
hidróxeno

INTERÉSACHE SABER:

Os elementos fósforo, arsénico, antimonio e boro poden dar lugar a outros ácidos con diferente
número de hidróxenos, que van precedidos dos prefixos meta-, piro- e orto-, e se forman
segundo se sumen ao óxido correspondente unha, dúas ou tres moléculas de auga.

Se aos óxidos correspondentes se lles suma unha molécula de auga temos os ácidos META:

Número de Fórmula N. Tradicional


oxidación
3 P2O3+H2O→H2P2O4ΞHPO2 Ácido metafosforoso

5 P2O5+H2O→H2P2O6ΞHPO3 Ácido metafosfórico

Se se lles une dúas moléculas de auga obtéñense os ácidos PIRO:

Número Fórmula N. Tradicional Nombre Sistemático


de (Stock)
oxidación

3 P2O3+2H2O→H4P2O5 Ácido pirofosforoso Dioxofosfato (III) de


hidrógeno
5 P2O5+2H2O→H4P2O7 Ácido pirofosfórico Trioxofosfato (V) de
hidrógeno

O fósforo, arsénico e antimonio forman os ácidos ORTO cando se lle suman 3 moléculas de
auga aos óxidos correspondentes.

Valencia Fórmula N. Tradicional Nombre Sistemático


(Stock)
3 P2O3+3H2O→H6P2O6ΞH3PO3 Ácido Trioxofosfato (III)
ortofosforoso de hidrógeno
5 P2O5+3H2O→H6P2O8ΞH3PO4 Ácido Tetraoxofosfato (V)
ortofosfórico de hidrógeno

*Normalmente aparecerá o prefixo orto-, excepto nos ácidos dos elementos P, As e B. Mentres
que nos ácidos normais non se pon o prefixo meta-.

11
Química aplicada Formulación Inorgánica

No caso do Silicio, no caso do ácido orto, súmanselle ao óxido dúas moléculas de auga.

Hai algúns metais que tamén forman ácidos como o cromo e o manganeso:

Valencia Fórmula N. Tradicional Nombre Sistemático


(Stock)
6 Cr2O6Ξ CrO3+H2O→H2CrO4 Ácido crómico Tetraoxocromato (VI) de
hidrógeno
6 Cr2O6+H2O→H2Cr2O7 Ácido dicrómico Heptaoxocromato (VI) de
hidrógeno.

Valencia Fórmula N. Tradicional Nombre Sistemático


(Stock)
6 MnO3+H2O→H2MnO4 Ácido Tetraoxomanganato (VI)
mangánico de hidrógeno
7 Mn2O7+H2O→H2Mn2O8Ξ HMnO4 Ácido Tetraoxomanganato (VII)
permangánico de hidrógeno.

Outros ácidos de interés son os seguintes:

Fórmula N. Tradicional Fórmula N. Tradicional Fórmula N. Tradicional


HMnO4 Ácido permangánico H3BO3 Ácido bórico H2S2O3 Ácido tiosulfúrico

EJERCICIO 5. Completa a táboa:

Fórmula N. Sistemática N. Stock N. Tradicional


Ácido crómico
Ácido dicrómico
Ácido carbónico
HPO2
H2SO4
HClO4
HBrO3
HIO
HBr
PH3
SbH3
HBrO2
H2SeO2
HI
H2SeO3
Hidróxido de berilio
Hidróxido de níquel (III)
Hidróxido de plomo (II)
HIO4
Ácido sulfuroso
H2SeO4

12
Química aplicada Formulación Inorgánica

Ácido hipoteluroso
Ácido hipobromoso
HNO2
Ácido fluórico
H2SO2
Ácido hipofosforoso
H3AsO3
Ácido Antimónico
H2CO3
Ácido (meta)silícico

Son compostos ternarios formados por un metal, un no metal e un osíxeno.

Obtéñense a partir dos ácidos oxácidos sustituíndo os hidróxenos destes por un metal.

Vamos a estudar dous tipos de sales de ácidos oxácidos, as sales neutras e as sales ácidas.

Obtéñense sustituindo todos os hidróxenos dun ácido oxácido por un metal.


O número de oxidación do metal pónselle como subíndice ao resto do ácido sen os
hidróxenos. O número de hidróxenos que se lle quiten ao ácido pónselle como subíndice ao
metal.

Noméanse sustituíndo os sufixos que utilizábamos no ácido (-oso e –ico) polos sufixos (-ito
e –ato) respectivamente.
Prefixos e sufixos utilizados nos ácidos Prefixos e sufixos utilizados nas sales
HIPO -OSO HIPO -ITO
-OSO -ITO
-ICO -ATO
PER -ICO PER -ATO
Pode axudarche a lembrar a equivalenciaa frase:
Cuando el OSO toca el pITO, perico toca el silbATO.

Nomenclatura de Stock
Sustitúese a palabra hidróxeno polo nome do metal e se o metal ten máis dun número de
oxidación indícase entre paréntese.

Nomenclatura sistemática
Nela substitúese a palabra hidróxeno polo nome do metal e se o metal ten máis dun
número de oxidación engádese entre paréntese o número de oxidación co que actúa o
metal.

13
Química aplicada Formulación Inorgánica

Ácido Sal N. Tradicional N. Sistemática


HClO (ácido hipocloroso) Ca(ClO)2 Hipoclorito de calcio Monoxoclorato (I) de calcio
HClO2 (ácido cloroso) Ca(ClO2)2 Clorito de calcio Dioxoclorato (III) de calcio
HClO3 (ácido clórico) Sn(ClO3)4 Clorato de estaño (IV) Trioxoclorato (V) de estaño (IV)
HClO4 (ácido perclórico) Li(ClO4) Perclorato de litio Tetraoxoclorato (VII) de litio
H2SO2(ácido Ca2(SO2)2ΞCa(SO2) Hiposulfito de calcio Dioxosulfato (II) de calcio
hiposulfuroso)
H2SO3 (ácido sulfuroso) Pb2(SO3)4ΞPb(SO3)2 Sulfito de chumbo (IV) Trioxosulfato (IV) de chumbo(IV)
H2SO4 (ácido sulfúrico) Al2(SO4)3 Sulfato de aluminio Tetraoxosulfato (VI) de aluminio

OBSERVA (Recomendacións IUPAC 2005)


Nomenclatura estequiométrica (de composición)
Noméase en primeiro lugar o anión oxoácido e, trala palabra “de”, o nome do catión. A
proporción de ambos constituíntes indícase mediante prefixos multiplicativos.
Cando o nome dun constituínte comeza por un prefixo multiplicativo ou para evitar
ambigüedades, úsanse os prefixos de cantidade alternativos (bis, tris, tetrakis,
pentakis...), isto é o habitual co anión derivado do oxoácido e irían entre corchetes.

Sal N. Sistemática
Ca(ClO)2 Bis(monooxidoclorato) de calcio
Ca(ClO2)2 Bis(dioxidoclorato) de calcio
Sn(ClO3)4 Tetrakis(trioxidoclorato) de estaño
LiClO4 Tetraoxidoclorato de litio
Ca2(SO2)2ΞCaSO2 Dioxidosulfato de calcio

Pb2(SO3)4ΞPb(SO3)2 Bis (trioxidosulfato) de chumbo

Al2(SO4)3 Tris(tetraoxidosulfato) de dialuminio

EXERCICIO 6. Completa a táboa:

Fórmula N. Tradicional N. Sistemática


Clorato de potasio
Hipobromito de calcio
Bromato de estaño (IV)
Perclorato de mercurio (II)
Sulfato de calcio
CsFO
Cd3(PO4)2
K3AsO3
HgBrO4
MnTeO2
CaCO3
AgClO
Trioxonitrato (V) de ferro (III)
Tetraoxosulfato (VI) de ouro (III)
Tetraoxosulfato (V) de chumbo (II)
Fe4(P2O7)3 Pirofosfato de ferro (III) Heptaoxofosfato (V) de ferro (III)
14
Química aplicada Formulación Inorgánica

K3(AsO3) Ortoarsenito de potasio Trioxoarseniato (III) de potasio

Son compostos que se obteñen sustituíndo PARTE DOS HIDRÓXENOS dun ácido
oxácido por un metal.

O número de hidróxenos que se lle quitan ao ácido pónsenlle como subíndice ao metal e
o número de oxidación do metal se lle pon como subíndice ao resto do ácido.

Na nomenclatura común ou tradicional:


Noménase coa palabra hidróxeno precedida dos prefixos di- (H2), tri (H3), segundo o
número de hidróxenos que conteña a sal, seguido do nome da sal correspondente.

Forman sales ácidas os non metais seguintes: S, Se, Te e os ácidos piro e orto do P, As
e Sb.

Na nomenclatura sistemática noméanse:


Prefixo (mono, di, tri) Hidróxeno+prefixo (mono, dei, tri…)+oxo+ (nome do non metal
acabado en –ATO)+ número de oxidación do non metal, entre paréntese + de + nome
do metal+ número de oxidación do metal, entre paréntese.
NaHCO3: Hidróxenotrioxocarbonato(IV) de sodio
Fe(H2PO3)2: Dihidróxenotrioxofosfato (III) de ferro (II)

Ácido Sal N. común o tradicional N. Sistemática


H2SO2(Ácido Ca(HSO2)2 Hidróxenohiposulfito de Hidróxenodioxosulfato(II)
hiposulfuroso) calcio de calcio
H2SO3 (Ácido sulfuroso) Pb(HSO4)4 Hidróxenosulfato de Hidroxenotetraoxosulfato
plomo (IV) (VI) de chumbo (IV)
H2CO3 (Ácido carbónico) NaHCO3 Hidróxenocarbonato de Hidróxenotetraoxocarbonato
sodio (IV) de sodio

OBSERVA (Recomendacións IUPAC 2005)

Nomenclatura estequiométrica (de composición)


Mesmo sistema que para as sales dos oxoácidos, simplemente incopora a palabra hidróxeno.

Sal N. Estequiométrica de composición


Ca(HSO2)2 Bis[hidróxeno(dioxidosulfato)] de calcio
Pb(HSO4)4 Tetrakis[hidroxeno(tetraoxidosulfato)] de chumbo

NaHCO3 Hidróxeno(tetraoxidocarbonato) de sodio

15

You might also like