You are on page 1of 58

A LAGOA

XUÑO 2023
REVISTA ESCOLAR DO CPI VIRXE DO MONTE COSPEITO ANO 2023

COSPEITO
QUE FIXEMOS
ESTE CURSO?

Seguindo a... CPI VIRXE DO MONTE

FDEZ. DEL RIEGO


No curso en que se lle adican as Letras Galegas a Francisco
Fernández del Riego, no CPI Virxe de Monte foron moitas e moi
variadas as actividades realizadas. Invitámosvos a velas.
CONTIDO
A LAGOA. XUÑO 2023

0
MANIFESTO POLO GALEGO
3 14
ENTROIDO
26
OS DEREITOS DAS MULLERES
4 5
AVES NO VERAL
0 4 16
DÍA DE ROSALÍA
28
LETRAS GALEGAS E MAIOS
46
ACTIVIDADES DEPORTIVAS
VISITA Á LAGOA DE COSPEITO

0 5
FORMACIÓN DA BIBLIO
1 8
DÍA DA PAZ
3 1
DIGICRAFT
4 8
OUTROS PROXECTOS

06 19 3 2 51
POR SANTIAGO DÍA DA POESÍA VIVA A CIENCIA! MÚSICA CON ANIMAIS

0 7 20 34 52
FIN DE CURSO
MAGOSTO ENCONTROS LITERARIOS PROXECTO DINOSAURIOS

0 8
A CIENCIA EN GALEGO
2 1
OBRADOIRO LA LETRA
39 53
CONEXIÓN COSPEITO-VALDOVIÑO PASATEMPOS
09 2 2
ILÚSTRAME
40
OBXECTIVO: SAÚDE EXCURSIÓN A BARCELONA

1 0
O SAMAÍN
23 4 2
DÍA DO LIBRO 6º EN MADRID

1 2 2 4 4 4
EXCURSIÓN Á MARIÑA
O NADAL CLUB DE LECTURA

A LAGOA | 02 Xuño 2023


MANIFESTO POLO
GALEGO Por Sergio Díaz, alumno de 4º da ESO

Hoxe é un día especial, un día para recordar a nosa lingua, aquela que
un día nos prohibiron pero que hoxe celebramos que continúa viva.
Porque, que une máis que unha lingua? Que conecta máis a unha
mesma nación que ter unha mesma fala?; unha propia, unha con
dereitos pero tamén con deberes, unha, sobre todo, viva, moi viva;
unha que, coma un tesouro, nos foi arrebatada, quizais por ser
demasiado prezada. Pero ese tesouro pertencíanos, a nós, aos
galegos, que como feroces piratas sucamos os mares que fixeron
falta cun único obxectivo: recuperar o que era noso. E isto fixémolo
varias veces, ilustrando unha nova vida e rexurdindo de entre as
cinzas, xa que alá polo século XIX se dicía:
Como que Rosalía?
Esa rapariga dixo que escribía?
Unha muller, e en galego?
Vaia parvada!!
Por isto e por moito máis, estamos aquí hoxe, por todos aqueles que
se foron como aves migratorias, a maioría para non volver. Pero
tamén polos que quedaron en terra, por aqueles pais, nais, irmáns e
namorados, que agardaban día e noite polos seus, sen saber se
seguían alí, ao outro lado do mar, esperando que os que marcharan
volvesen ao seu lar.
Aínda así, para moitas persoas, todo aquilo que pelexaron os nosos
antepasados foi en van. Foi un feito secundario, sen importancia, sen
ningún valor.
Pero, malia todo, moita mais xente é a que o aprecia, a que o valora.
A que hoxe está aquí, e a que con orgullo pode dicir:
“Nós temos unha lingua á que moito lle queda por vivir”

A LAGOA | 03 Xuño 2023


VISITA Á
A Lagoa Cospeito é un dos humidais
máis importantes de Galicia. Foi
declarado pola UNESCO como Reserva

LAGOA DE
da Biosfera Terras do Miño e é un dos
maiores tesouros do noso concello.

Aproveitando o bo tempo que nos deixou o

COSPEITO
inicio do outono, o alumnado de 5º e 6º de
infantil e 1º de primaria fixo unha pequena
ruta ata a Lagoa de Cospeito, de quen recibe
o nome a nosa querida revista.
Alí, ademais de visitar un dos seus
miradores e intentar ver toda a fauna e flora
propia da zona, tiveron a oportunidade de
pasar un moi bo rato xogando xuntas a un
montón de xogos.

A LAGOA | 04 Xuño 2023


FORMACIÓN
O lema deste ano foi "Escribir a
biblioteca escolar", querendo poñer o
foco na escrita como medio de

DA
comunicación, información, creación e
coñecemento.

Nos primeiro días do curso, aproveitando o

BIBLIOTECA
contexto do día das bibliotecas, formáronse
todos os usuarios da biblio no novo
programa Koha, recolleron o seu novo carné
e recordaron cales eran as normas deste
espazo.
Para coñecer este espazo polo miúdo,
fixeron un xogo de cacería de libros e os
máis peques un teatriño moi especial.
Tamén se empezou a falar de voluntarios e
clubes de lectura, tan importantes no día a
día da biblioteca, así como das mochilas
viaxeiras.

A LAGOA | 05 Xuño 2023


POR SANTIAGO
O 11 de novembro de 2022 subimos ao bus que nos levaría a Santiago de Compostela.
O traxecto xunto a 5º de primaria fíxosenos moi curto xa que o pasamos xenial.
A nosa primeira parada foi na “Cidade da Cultura”, onde nos estaba esperando Esther
Estévez, presentadora do “Dígocho eu”. Logo, dirixímonos ás nosas butacas para
unha charla de ciberseguridade. Estivemos moi atentos xa que un hácker de
sombreiro branco nos fixo demostracións en directo sobre privacidade nas nosas
aplicación e seguridade na rede. A continuación, deleitáronnos coa interpretación
dunha obra que contaba a historia dunha muller que se atopou cunha serie de fotos
en internet sen o seu consentimento. Finalmente, os finalistas do concurso de
seguridade competiron en directo nun Kahoot; os gañadores levaron grandes premios
pero, por desgraza, nós non levamos nada, aínda que o pasamos ben.
Logo, visitamos o Museo do Pobo Galego, onde descubrimos costumes e traxes
tradicionais. Por certo, tiña unha escaleira tremendamente bonita feita en espiral.
Despois, fomos comer e prepararnos para ir ao Museo Pedagóxico de Galicia, onde
fixemos un percorrido pola historia das escolas galegas.
Para finalizar a nosa visita a Santiago fomos ao centro comercial Área Central, onde
había figuras feitas con material de refugallo colgadas do teito. Sen dúbida, unha
excursión que nos gustou moito.
Por: Dafne, Carla Muinelo, Desi e María (6º de Primaria)

A LAGOA | 06 Xuño 2023


MAGOSTO
As tradicións son para cumprilas. Tal e
como marca o noso calendario
tradicional, no mes de novembro
puxemos rumbo a celebrar todos
xuntos o Magosto.

Unha andaina, unha comida e moitos xogos


tradicionais marcaron o devir desta
xornada de celebración na Carballeira de
Sistallo á que asistiu todo o alumnado e
profesorado do centro. Foi un marabilloso
día!

A LAGOA | 07 Xuño 2023


A CIENCIA
"A ciencia está chea de momentos épicos
coma este. Coñecelos e transmitilos é un
deber no que todos, non soamente os que
somos científicos, debemos participar".

EN GALEGO
José Tubío

Co gallo da semana da ciencia, a biblioteca


foi o epicentro de moitos experimentos
científicos para todo o alumnado.
Traballamos con tinta invisible, circuítos
eléctricos, microscopio, magnetismo, xogos
visuais e ilusións ópticas, a ciencia en 3D e
moito máis!
Ademais, nas clases de física e química
tamén traballaron activamente, estudando o
efecto do iodo na vitamina C. Así mesmo, o
alumnado da ESO participou nunha
conferencia de Igaciencia sobre o cambio
climático.

A LAGOA | 08 Xuño 2023


OBXECTIVO:
Cando pensamos no máis importante
para a vida, todo acabamos pensando
na saúde.

SAÚDE
Para non esquecer isto e alcanzar a saúde
en todos os ámbitos da nosa vida, este
curso tivemos a sorte de poder recibir no
cole a catro persoas adicadas ao ámbito
sanitario.
Helena e Sonia, matronas do HULA,
faláronnos sobre a área afectivo-sexual
desde moitos enfoques.
Inés, médica de urxencias no HULA,
explicounos nocións básicas de primeiros
auxilios.
E, por último Javier, nutricionista, deunos
consellos para manter unha alimentación
sana e saudable.

A LAGOA | 09 Xuño 2023


O SAMAÍN
E xa ía avanzando o curso cando chegou unha
semana de celebración moi especial, cargada de
sorpresas... Unha semana MOI TERRORÍFICA !

A última semana de outubro


celebramos o Samaín, celebración
celta que marcaba o inicio do
inverno. Estivo cargada de moitas
actividades arrepiantes, pero MOI
DIVERTIDAS!

Infantil e primaria fixeron unha


impresionante exposición de
lanternas horripilantes que
prendemos o venres.

Os de secundaria, pola súa banda,


tiveron a oportunidade de
participar nun concurso de
historias de terror e de
decoración de portas.

A LAGOA | 10 Xuño 2023


Pero aí non quedou a cousa... na
biblioteca esperábanos unha bruxa
de fala inglesa que nos axudou a
prepara un conxuro. Resultado deu,
pero que noxo!

Non podíamos deixar só no colexio


esta experiencia tan terrorífica, así
que o alumnado de 4º e 5º foron ao
centro de día a compartila. Alí
tiveron a oportunidade de facer unha
manualidade e pasar un bo rato cos
usuarios e usuarias.

E o venres... todo o mundo se convertiu


en seres espeluznantes paseando
polas aulas. Que medo!

A LAGOA | 11 Xuño 2023


O NADAL
O final de ano son unhas datas que levan consigo
moitísimas celebracións, momentos para compartir e
ocasións para disfrutar.

Unha das primeiras actividades que tivemos nestas datas


foi unha obra de teatro representada por Ubú Teatro, "O
vídeo da celebración
vixiante dos soños".

Ao longo de todo o mes, o alumnado púxose mans á obra.


Obxectivo: ter a decoración de aula máis bonita de todas!

A LAGOA | 12 Xuño 2023


Os pequenos do primeiro ciclo de primaria fixeron unha
pequena visita ao centro de día para deixar as súas cartas
para os Reis Magos.

Finalizamos o trimestre cunha grande celebración, onde


houbo de todo: xogos, bailes, actuacións musicais, concursos
e, incluso, badaladas!

A LAGOA | 13 Xuño 2023


ENTROIDO
Febreiro chegou e con el unhas das datas máis
divertidas do curso: o Entroido. Comezando co Meco e
rematando co desfile, puidemos disfrutar dunha
semana enteira de festa.

Tivemos a oportunidade, unha vez


máis, de disfrutar dun ratiño cos nosos
veciños e veciñas do centro do día, que
nos mostraron as súas creacións
"entroidís". Sempre é un pracer.

O Meco apareceu o venres antes de entroido para


anunciarnos os mandados deste curso: que se a bata, os
calcetíns e zapatos desparellados, un mandil... foi unha
semana tremendamente tola para vestir! O alumnado
cumpriu co Meco e cada día sorprendían máis.

| 03

A LAGOA | 14 Xuño 2023


O venres foi o día do desfile. Este ano a temática eran títulos
da literatura infantil e xuvenil, polo que puidemos atopar de
todo: dinosaurios, dálmatas, ratiños co flautista, pitufos,
Pinochos con Gepeto, as personaxes que acompañan a Alicia,
Mickey, ...
Todo rematou queimando o Meco, tal e como manda a
tradición.

A LAGOA | 15 Xuño 2023


DÍA DE
ROSALÍA
O 23 de febreiro celebramos o día de Rosalía de
Castro, a escritora por excelencia da nosa
comunidade.

Para recordar a Rosalía de Castro, este curso o alumnado


máis maior leu os seus versos e os máis pequenos
adicáronse a ilustralos. Quedou un mural moi fermoso coa
colaboración e participación de cada un dos alumnos e
alumnas.

A LAGOA | 16 Xuño 2023


Ademais, o alumnado da ESO seguiu traballando para
coñecer máis sobre ela. Na materia de Física e Química,
analizaron os seus versos na busca de elementos químicos
e fixeron uns murais moi orixinais.

E, pola súa banda, en francés, afondaron tamén no seu


traballo facendo traducións, ben artísticas.

A LAGOA | 17 Xuño 2023


DÍA DA PAZ
Cada 30 de xaneiro celebramos o día
escolar da paz e a non violencia,
conmemorando a morte de Mahatma
Gandhi.

Esta celebración foi celebrada polas


diferentes clases de xeitos moi variados.
Por exemplo, nas aulas de educación infantil
fixeron un mural cooperativo xigante
inspirado en Hervé Tullet.
Na aula de 4º de primaria, pola súa banda,
fixeron pequenas pombas de papiroflexia
baixo a frase de Gandhi: "Non hai camiño
para a paz: a paz é o camiño".
E, ademais, ao longo de toda a semana os
diferentes cursos tiveron a oportunidade de
ver nos recreos curtas que defenden valores
pacifistas.

A LAGOA | 18 Xuño 2023


DÍA DA
Este ano, o día da Poesía cadrou co día
que comezaba a primavera, polo que foi
xenial poder unir estes dous grandes
eventos do ano.

POESÍA
Durante a semana previa, o alumnado nos
recreos fixo unhas bonitas flores. Para que
serían? Non o sabían, era unha sopresa!

Estas flores, xunto cun pequeno poema, foi o


agasallo que se lle daría ao alumnado e
profesorado que o propio día 21 de marzo lera
poesía na biblioteca para os demais.

Foron moitos os que se animaron, que pracer


poder oír poesía na voz de tanta xente.

A LAGOA | 19 Xuño 2023


ENCONTROS
Durante este curso visitáronnos no
centro Antía Yáñez, Lois Pérez e Anxo
Fariña.

LITERARIOS
Foron varias as lecturas recomendadas ao
longo do curso, tanto para as aulas como
para os clubes de lectura. O misterio do
torque de Burela de Antía, A gruta da torre
de Lois e Os Megatoxos de Anxo, só foron un
exemplo delas.
Ademais, tivemos a oportunidade de
compartir con eles un anaco e comentar as
súas obras e as súas experiencias laborais e
persoais, entre outras moitas cousas.
Sempre é un pracer recibir no centro
persoas que nos fan viaxar a outros lugares
cos seus libros.

A LAGOA | 20 Xuño 2023


Cando queremos dicir algo a través da

OBRADOIRO
escrita pensamos moito en que poñer,
pero por que esquecer o como?

DA LETRA
Ao longo do curso, alumnado e profesorado
puideron participar nun obradoiro sobre a
letra e escritura creativa durante os recreos
dos luns da man do profesor Jesús.
Aprendimos a importancia da precisión, do
gusto e de pensar o que queremos
transmitir coa nosa escrita. Tivemos a
oportunidade de aprender diferentes estilos
e a empregar distintos instrumentos, como
a cana.

A LAGOA | 21 Xuño 2023


Cando pensamos nunha historia,

ILÚSTRAME
pensamos en texto, pero que sería
del sen unha boa ilustración? Este
ano tivemos a sorte de disfrutar de
dous ilustradores marabillosos.

Veu Benxa, contador de historias e


ilustrador. Con el fomos capaces de
vivir historias creadas no propio
momento.
Tamén veu Isabel, quen nos axudou a
ilustrar o libro Bruxa e familia. Entre
todo o alumnado de 3º e 4º fixeron un
grande traballo!

A LAGOA | 22 Xuño 2023


DÍA DO
Como todos os anos, o día do libro é un
día moi especial. Este ano cent rámolo
´
no feito de compartir lecturas.

LIBRO
Algunha das actividades que realizamos o
día do libro foron as de ilustrar as portadas
dalgún libro tendo en conta a letra inicial do
seu título.
Pero, sobre todo, compartimos momentos de
lectura entre nós, co centro de maiores e a
escola de educación infantil. Compartimos
os nosos libros tamén coa biblioteca de
Pino. Sen dúbida, foron experiencias para
non esquecer en unha boa tempada.

A LAGOA | 23 Xuño 2023


CLUB DE
A biblio non parou en todo o curso e,
con ela, o alumnado que forma parte do
Club de Lectura.

LECTURA
O alumnado a partir de 4º de primaria puido
participar nunha nova edición deste club.
Este curso leron moitísimas obras: O
misterio do torque de Burela, Megatoxos, A
gruta da torre, Usha e La Mansión de los
Pampín.
Todas elas foron traballadas de moi
diferentes maneiras, desde murais ata
actividades dixitais como as que vos imos
ensinar a continuación, pasando por
pasatempos (que se poden ver na última
sección da revista).

A LAGOA | 24 Xuño 2023


Os de 5º viaxaron á India con Usha. Coñeceron costumes,
tradicións, lugares... Foi unha maneira diferente de
aprender sobre un lugar.

E, como non? Os Megatoxos calaron tan fondo que


fixeron a súa propia versión, "Os Megafentos e a clase de
bioloxía", nos que cada un dos alumnos e alumnas de 5º
presentaron os seus poderes.

O alumnado de 6º, despois de ler os libros de Anxo Fariña


tamén fixeron uns murais sobre o autor e a súa obra.

A LAGOA | 25 Xuño 2023


OS DEREITOS
DAS MULLERES
Todos os días defendemos os dereitos das mulleres e
buscamos a igualdade cos nosos actos, pero dúas
foron as datas nas que conmemoramos esta loita
incansable, o 25N e o 8M.

Polo 25N, entre todo o alumnado


do centro creamos a árbore do
respecto. Entendemos que o
respecto é a base da igualdade, da
convivencia e do benestar nunha
sociedade. É del de onde radica
todo o demais.

O 8M puidemos participar nunha


iniciativa da Rede Museística da
Provincia de Lugo co CEIPP Virxe
do Corpiño de Begonte. Nesta
quixemos poñer en valor ás
mulleres do rural que
consideramos que deben ser
coñecidas e recordadas por todos
e todas.
Logo, todo isto expúxose en San
Paio de Narla.

A LAGOA | 26 Xuño 2023


Ademais, nas clases tamén traballaron esta
temáticas de moi diferentes maneiras, tanto no 8M,
como o día da muller na ciencia.

O alumnado de 3º da ESO na materia


de bioloxía e xeoloxía, polo día da
Muller e a nena na ciencia, fixeron
unha exposición moi interesante
sobre mulleres que foron e son
importantes no mundo da ciencia e,
polo tanto, para a nosa sociedade.

Na materia de Educación Física, o alumnado da ESO fixo


un seguimento das mulleres que fixeron historia no
mundo do deporte.

A LAGOA | 27 Xuño 2023


LETRAS GALEGAS
E MAIOS
Como cada 17 de maio, foi o tempo de celebrar o día
das Letras Galegas, este ano adicadas a Francisco
Fernández del Riego. Aproveitamos esta ocasión para
facer un 2x1 e tamén celebrar os Maios, a benvida da
primavera.

A semana previa ás Letras Galegas, o alumnado tivo un


labor moi importante. Tiveron que salvar este día duns
malvados que nolo querían arrebatar a través dun Escape
Room. Pero non vos preocupedes, está todo baixo control.
O traballo en equipo, o compañeirismo e un grande inxenio
fixeron que se salvase.

A LAGOA | 28 Xuño 2023


Xa polo mes de outubro, o alumnado de 3º e 4º da ESO
se unira ás actividades organizadas polo Correlingua en
Lugo, onde ademais de outras cousas puideron disfrutar
dun concerto de Pauliña.

Ao mesmo tempo tomamos un tempo de reflexión. Por


que falamos galego? Chegando a moitas e moi
diferentes conclusións, que logo plasmamos nun mural
e nun vídeo.

A LAGOA | 29 Xuño 2023


E xa o día 16 de maio, celebramos este día, xunto cos
Maios, por todo o alto. Entre todos fixemos un Maio,
cantamos e tocamos todos xuntos unha peza, falamos de
Fernández del Riego e lemos un manifesto a prol do uso
da nosa lingua. Despois gozamos dun bo anaco de baile a
cargo dos Asubíos da Chaira

A LAGOA | 30 Xuño 2023


DIGICRAFT
DigiCraft é un proxecto polo que se busca incluír a
tecnoloxía no proceso de ensino-aprendizaxe.

O alumnado de 6º participou no proxecto DigiCraft no teu


cole. A temática deste curso 2022-2023 foi a programación
en scratch.
Como proxecto final para o concurso do súper reto 2023 ,
creamos o "DIgicode". máquina de videoxogos interactiva na
que nos sumerximos nunha historia fantástica onde a nosa
nave espacial se estrela nun planeta descoñecido. O
obxectivo deste xogo era a limpeza da basura dixital, a
través das 3R.

A LAGOA | 31 Xuño 2023


VIVA A CIENCIA!
Experimentar é una boa maneira de aprender. Esta
ano gozamos un montón investigando e xogando coa
ciencia.

En 1º ESO estudamos o movemento das plantas coa nosa


“caixa de fototropismo”. Tamén fomos quen de desenvolver
por grupos o tema dos microorganismos cuns murais ben
chulos.

A LAGOA | 32 Xuño 2023


En 2º ESO realizamos prácticas de laboratorio que nos
fixeron sentir magos e artistas! A maxia da química!

En 3º ESO experimentamos cos nosos sentidos e


observamos o que nos pode facer o tabaco nos pulmóns
coa nosa “botella fumadora”.

En 4º ESO probamos reaccións químicas ben vistosas no


laboratorio. Tamén nos convertemos en moradores das
cavernas facendo un impresionante mural ao “estilo
prehistórico”.

A LAGOA | 33 Xuño 2023


PROXECTO
DINOSAURIOS
Durante este curso os alumnos e alumnas de infantil
estudaron a fondo todo o referido ao mundo dos
dinosaurios a través de moitísimas actividades sobre
o tema.

Unha das actividades que fixeron, moi movida, foi unha


grande busca do tesouro todos xuntos pola escola. Tiveron
que agudizar o seu inxenio e a rapidez.

Como todos sabemos, unha investigación iníciase


cunha busca de información exhaustiva. Os rapaces e
rapazas de infantil pasaron moito tempo mirando
kibros sobre o tema.

A LAGOA | 34 Xuño 2023


Pero despois xa se puxeron mans á obra.
Convertéronse en auténticos arqueólogos buscando
fósiles.

O mundo dos ósos é incrible, así que se centraron no


esqueleto do plesiosaurio intentando facer unha
pequena réplica. Despois dunha observación inicial,
pintaron o esqueleto, buscaron posibles materiais
para os ósos e logo pegáronos.

A LAGOA | 35 Xuño 2023


Remataron a actividade cunha visión incríble
empregando "luz máxica".

Que sería a historia da paleontoloxía sen Mary


Anning? Estiveron traballando moito sobre ela, quen
era, que facía, por que era tan importante... Así o
plasmaron a semana da prensa.

Dela tamén fixeron unha manualidade


moi bonita.

A LAGOA | 36 Xuño 2023


É complicado atopar fósiles por Cospeito, así que
fixeron os seus propios.

Aproveitando todo o que saben de xeometría,


imaxinaron os seus propios dinosaurios xeométricos.
Vaia creatividade!

A LAGOA | 37 Xuño 2023


Para poñer punto final a este proxecto, visitaron
Avifauna. Alí identificaron as aves que evolucionaron
desde diferentes dinosaurios. Foi unha experiencia
xenial!

E o máis incrible de todo? Visitounos un dinosaurio!

A LAGOA | 38 Xuño 2023


CONEXIÓN
COSPEITO-VALDOVIÑO
A realidade socio-lingüística de Galicia é moi
diferente e variada. Somos conscientes, pero fomos
algo máis alá, fixemos unha conexión co CPI Atios.

Durante este curso escolar o alumnado de 3ºESO tivo a


oportunidade de coñecer alumnado do CPI de Valdoviño. O
primeiro contacto foi a través dunha relación epistolar,
pero posteriormente tivemos a oportunidade de ir a
Valdoviño, e que eles viñeran a Cospeito, para coñcernos un
pouco mellor.
Días de praia, lagoa, xogos e moitas (moitas) conversas.

A LAGOA | 39 Xuño 2023


EXCURSIÓN A
BARCELONA
O alumnado de 3º e 4º da ESO disfrutaron dunha
marabillosa viaxe a Cataluña: Sagrada Familia, Port
Aventura e amenceres son só unhas poucas das
palabras chave da mesma.

A excursión de fin de curso da rapazada de terceiro e cuarto


de ESO foi ás terras da nosa directora, que nos organizou a
ruta con moita ilusión, así que o vintecatro de marzo
subimos a un avión con rumbo á viaxe que o cambiaría todo.
Na nosa viaxe disfrutamos da cidade mediante unha ruta
guiada, fomos a Port Aventura e tamén coñecemos a cidade
de Tarragona.

A LAGOA | 40 Xuño 2023


Alí aprenderon a apartar dos coches, a estar flechita para
arriba e readys para a rumba sin casi dormir, a confundir
mosaico con cubismo, a gritar en cada looping e a ir en fila
india. Aprenderon que os romanos sabían de disfrutar da
vida casi máis ca nós, que no bus cantamos moito mellor
do que pensamos e que aínda que imitar acentos se nos da
xenial, non hai nada mellor que ter un idioma propio e que
en Cospeito sempre sabe mellor un bico que un beso.

Pero se algo aprenderon, e tamén aprendín eu é que catro


días en Barcelona unen moito máis que seis meses diante
dunha pizarra e que o tempo pasa voando cando se
disfruta.
Profe Noe

A LAGOA | 41 Xuño 2023


6º EN MADRID
Ao acabar unha etapa hai que despedila, reflexionar
sobre o aprendido e recoller (e crear) recordos de
todo o vivido. Os de 6º fixérono en Madrid nunha
pedazo excursión de tres días.

A pesar de que a saída fose a horas intempestivas (ás tres


da mañá saiu o bus de Cospeito!), o primeiro día na capital
estivo cargado de actividades.

vídeo resumo Ao chegar, visitamos a churrería San Ginés onde cargamos a


batería para poder aguantar todo o día.
Despois, paseamos pola Gran Vía ata chegar ao Hotel Riu,
onde nos namoramos de Madrid e disfrutamos desas
marabillosas vistas.
Comimos un bocata de calamares en plena Praza Maior (que
hai máis madrileño que iso?). E despois visitamos o Palacio
Real e camiñamos ata o Tempo de Debod.
Acabou o día en Sol, vendo o "km 0".

A LAGOA | 42 Xuño 2023


E isto só era o principio. o segundo día, xa medio
recuperados, visitamos a desexada Warner (con viaxe
en metro incluída). Isto si que foi un día de non parar!

Aproveitamos ata o último momento para disfrutar da


cidade. O Bernabeu (aínda que en obras) e o Museo
das Ilusións foron os destinos previos á viaxe de
volta.

A LAGOA | 43 Xuño 2023


EXCURSIÓN Á MARIÑA
O 6 de xuño o alumnado de 3º, 4º e 5º puxeron rumbo
á Mariña para realizar un conxunto de actividades do
máis variado.

O primeiro lugar de destino para os rapaces e rapazas, foi a


vila de San Cibrao. Alí tiveron a oportunidade de visitar o
Museo Provincial do Mar e a Carpintería de Ribeira. Isto
axudoulles a integrarse no mundo mar, coñecendo moitas
curiosidades da vida mariña e as embarcacións tradicionais
e a súa construción.
Logo, foron ata o monte San Roque de Viveiro. Comeron,
xogaron e disfrutaron dunha marabillosa tarde de
actividades multiaventura. Foi unha experiencia nova para
moitos que lles permitiu poñerse a proba.

A LAGOA | 44 Xuño 2023


AVES NO VERAL
O día 2 de xuño os nenos e nenas de 1º e 2º de
educación primaria visitamos a Aula da Natureza do
Veral.

Primeiro, aprendemos moitas cousas sobre as aves e logo,


por grupos, fixemos xogos para demostrar todo o
aprendido (emparellamento de plumas e ás coas aves,
memory de machos e femias, recoñecemento de niños,
observación de aves con prismáticos...).
Cando rematamos, fixemos a Ruta das Chousas onde vimos
un muíño, un forno e unha antiga canteira. Despois de
comer aínda nos quedou tempo libre para xogar.

Pasámolo xenial!

A LAGOA | 45 Xuño 2023


ACTIVIDADES
DEPORTIVAS
A actividade física é algo esencial para o benestar
das persoas. Ao longo do curso, foron varias as
actividades que se realizaron en relación ao deporte.

Este curso visitáronnos xogadores e


xogadoras de fútbol sala de Castro.
Puideron compartir un momento de
conversa e xogo. Foi un gustazo
recibilos!

O alumnado de secundaria, no mes de maio, visitaron o


Castro de Viladonga. Aproveitaron a ocasión para facer
unha ruta de sendeirismo polo río Azúmara.

A LAGOA | 46 Xuño 2023


Despois de que nos viñeran presentar o deporte
estrela do Miño, o piragüismo, o alumnado de 5º, 6º e
ESO foron ata Lugo a practicalo. Aínda que o tempo
non acompañou moito, foi unha experiencia xenial!

Xa casi co curso acabado, os rapaces e rapazas de 3º e


4º de ESO viaxaron ata Barreiros para practicar o
deporte de moda, o surf.

A LAGOA | 47 Xuño 2023


OUTROS
PROXECTOS
Ademais de todo o exposto ata o de agora, o
alumnado fixo innumerables actividades, traballos e
investigacións que sería imposible recoller nunha
sola revista. Aquí vos mostramos só algúns deles.

O alumnado de 4º de primaria fixo, entre outros, dous


proxectos moi interesantes. Un é dos sistemas do corpo
humano, mentres que outro é sobre os animais,
empregando para o produto final a papiroflexia.

O alumnado de 3° fixo unha gran investigación sobre os ríos


de Cospeito, os que tiñan máis achegados ás súas casas ou
os que máis lles gustaban.

A LAGOA | 48 Xuño 2023


Pola súa banda, o alumnado de 6º fixo varios
proxectos nas ciencias: os aparellosdo corpo humano,
o relevo de España e Europa e o reino das plantas,
entre outros.

En proxecto competencial de 1º e 3º de ESO fixeron


este mural xigante con material de refugallo para a
concienciación da necesidade de reciclar.

A LAGOA | 49 Xuño 2023


Os alumnos e alumnas de Proxecto Competencial de 5º
fixeron un grande proxecto sobre a Prehistoria.

Ademais, todo o alumnado de 5º de primaria fixo un


proxecto sobre os ecosistemas moi interesante.

A LAGOA | 50 Xuño 2023


MÚSICA CON ANIMAIS
Susa Herrera chegou ao centro para poñer un broche
final musical ao curso.

Xa nos últimos días de curso, Susa Herrera trouxo ao centro


moitos dos seus animais a través das súas cancións e puxo
a bailar a todo o alumnado desde 3 anos ata 4º de primaria.
Parece que aínda resoa en nós o yak, o cangrexo, o gorila, a
xirafa e, sobre todo, o elefante.
Aprendemos moito, cantamos moito e, sobre todo,
disfrutamos moito con esa visita tan especial.

A LAGOA | 51 Xuño 2023


FIN DE CURSO
E coma quen non quere a cousa... o curso 2022-2023
chegou ao seu fin.

O último día foi unha xornada chea de xogos, bailes e, sobre


todo, moita emoción. Emocións de xente que marcha, profes
que deixan aos seus nenos e nenas despois de varios anos,
alumnado que cambia de profesorado... As cousas cambian,
pero a esencia do cole irá en todos e todas nós. Agora toca
descansar...

Vémonos o curso que vén!

A LAGOA | 52 Xuño 2023


PASATEMPOS
ONDEESTÁOTORQUEDEBURELA?
actividaderealizadapor5ºEP

A LAGOA | 53 Xuño 2023


A LAGOA | 54 Xuño 2023
DEQUENOSDISFRAMOSESTECURSO?

A LAGOA | 55 Xuño 2023


HORIZONTAIS VERTICAIS
3. Vila onde se atopa o CPI Atios 1. Espazo natural emblemático de Cospeito.
5. Celebración que se realiza no 2. Festividade de primeiros de ano na que adoitamos
outono na que a castaña é a a nos disfrazar.
protagonista. 4. O último día do ano comemos as uvas ao son das...
8. O 8M celebramo o día da ... 6. Nos Estados Unidos celebran Halloween, en Galicia
12. A segunda cidade máis grande de o ...
España é... 7. Cal era o nome de pila do homenaxeado polas
Letras Galegas?
9. Lois Pérez escribiu "A gruta da torre", que escribiu
Anxo Fariña?
10. Persoa á que se lle adica o día da Paz cada ano.
11. "Adiós ríos, adiós fontes" é un poema de...
A LAGOA | 56 Xuño 2023
AXUDAAOSMEGATOXOSACHEGARAO"TOXO"

DESCUBREAMENSAXESEGREDA.

A LAGOA | 47 Xuño 2023

You might also like