You are on page 1of 5

COMUNICACIÓN SERIE ENTRE

PLC S7200 E LABVIEW

MÓDULO: COMUNICACIÓNS INDUSTRIAIS


CICLO SUPERIOR SISTEMAS DE REGULACIÓN
E CONTROL AUTOMÁTICOS

IES FERMÍN BOUZA BREY


PROFESORA: UXIA CASAL REI

www.fp-arousa.org
Exemplos de comunicación entre S7200 e PC con LabView

ENVIAPLC.mwp: Aplicación para S72xx que envia polo Port0 tres bytes cada 100ms.
Emprégase a interrupción temporizada 0 e como buffer de envio a zona de variabeis, a partir de
VB100.
Emprégase o modo de comunicación FreePort do autómata S7200 para a comunicación co porto
RS232 do PC, mediante o cable PC/PPI.

OB1

INT0

www.fp-arousa.org Uxia Casal Rei


Exemplos de comunicación entre S7200 e PC con LabView

PCRECIBE.vi: Aplicación para PC realizada co LabView, que recibe os bytes enviados do PLC
polo porto serie COM1. O primeiro byte contén os estados de 8 electroválvulas, o segundo contén
un valor que se corresponde co nivel dun depósito e o terceiro contén a tensión de saída dun
transductor.
O PLC envia periodicamente información actualizada e o PC consulta de forma continua o buffer
de recepción e se hai bytes, recólleos e manda a información aos indicadores no panel.
A recepción remata cando se preme o botón de “stop”.

A secuencia 0 do bucle máis externo non figura na imaxe. Nela realízase a configuración do porto
serie COM1.
Cando a condición asociada á estructura condicional é “false” non se executa nada.(está en branco)

www.fp-arousa.org Uxia Casal Rei


Exemplos de comunicación entre S7200 e PC con LabView

PLCRECIBE.mwp: Aplicación para S72xx que recibe bytes polo Port0 de forma continua,
utilizando o carácter ‘A’ para determinar fin de mensaxe (SMB89). Emprégase o evento 23 de
“Recepción de mensaxe finalizada”. Cando ten lugar esta interrupción se consulta o byte SMB86
para comprobar se finalizou por recepción de carácter de finalización e se é así modifícanse saídas
dixitais en función dos bytes recibidos. Tanto se se recibiron os bytes esperados coma se non,
lánzase unha nova recepción.
Emprégase o modo de comunicación FreePort do autómata S7200 para a comunicación co porto
RS232 do PC, mediante o cable PC/PPI.

OB1

INT0

www.fp-arousa.org Uxia Casal Rei


Exemplos de comunicación entre S7200 e PC con LabView

PCENVIA: Aplicación para PC que envia tres bytes por COM1 cada vez que se preme o botón
“enviar”. O proceso repítese mentres non se prema o botón “stop”. Os dous primeiros bytes son
valores introducidos desde controis numéricos e o terceiro byte constrúese a partir de 8 controis
booleanos.

A secuencia 0 do bucle máis externo non figura na imaxe. Nela realízase a configuración do porto
serie COM1.
Cando a condición asociada á estructura condicional é “false” non se executa nada.(está en branco)

www.fp-arousa.org Uxia Casal Rei

You might also like