You are on page 1of 19

Unidade 2

Topoloxía da rede de
Distribución
Tema 2. Topoloxía da rede de distribución

Índice
1. Conexión á rede de distribución. ........................................................................ 3
1.1 Topoloxías das redes de distribución .................................................................. 3
1.1.1 Rede en baixa tensión ....................................................................................... 3
1.1.2 Red en alta tensión ............................................................................................ 4
1.1.2.1 Rede aérea de AT ...................................................................................... 4
1.1.2.1 Rede soterrada de AT ................................................................................ 5
2. Normas de seguridade para traballos en tensión ................................................. 7

Páxina 2
Tema 2. Topoloxía da rede de distribución

1. Conexión a la Red de Distribución


Cando un abonado se conecta á rede de distribución, pode facelo:
 En B.T. A conexión faise á rede de B.T., que parte dun centro de transformación
propiedade da compañía eléctrica.
 En A.T. O abonado debe instalar o seu propio Centro de Transformación (C.T.),
que se incorporará á red de A.T. Este tipo de rede pode presentar diferentes
topoloxías que condicionan a forma de conectarse ao centro de transformación e as
características que debe reunir.

1.1. Topoloxías de Redes de Distribución

1.1.1. Rede en B.T.

Tamén chamada rede radial ramificada ou rede en árbore e pode executarse tanto en redes
aéreas como soterradas. Está formada por unha ou varias liñas de distribución exclusivamente
en B.T. que parten dun centro de transformación existente na zona.
Esta topoloxía é a máis vulnerable ás avarías, xa que un fallo en calquera punto da rede
deixaría sen servizo a todos os usuarios agás abaixo do primeiro punto de protección que
actúe, normalmente os fusibles de B.T. de cabeceira da liña.

As súas características son as seguintes:


- A potencia máxima demandada é a do centro de
transformación.

Páxina 3
Tema 2. Topoloxía da rede de distribución

1.1.2. Rede de A.T.

Comprende as distintas configuracións adoptadas polas liñas de distribución de 3ª


categoría. As topoloxías dependen do sistema de instalación, diferenciándose entre
configuracións propias de redes aéreas e soterradas.
1.1.2.1. Rede aérea de A.T.

Trátase dunha rede radial ramificada en árbore que se alimenta dende un único punto. A
ela conéctanse os trasformadores sobre poste formando racimos, xa que con este tipo de
centros de transformación non existe a posibilidade de conectalos. Esta configuración é típica
no medio rural.

Páxina 4
Tema 2. Topoloxía da rede de distribución

1.1.2.2. Rede soterrada de A.T.

Empregado en zonas urbanas, caracterizada porque os CT están en paso (dispón de


conexión de entrada e saída), podendo alimentarse nun ou noutro sentido, ampliando as
posibilidades de conexión respecto á configuración en árbore. Segundo se van unindo os
centros entre si e si se dispoñen de puntos de socorro, téñense as seguintes topoloxías:

Rede lineal.
É o caso dunha liña de distribución en AT con 10 CT como máximo interconectados entre
si. Aliméntanse polos dous extremos de AT, mellorando a continuidade do servizo respecto a
unha configuración en árbore.
As súas características son las seguintes:
- A alimentación é dobre
- Máximo 10 CT.
- Potencia máxima 8.000 kW.

Rede en anel.
Este tipo de rede caracterízase por ter dous dos seus extremos alimentados dende o mesmo
punto, quedando todos os CT intercalados en anel ou bucle. A vantaxe e que en caso de
avaría/interrupción nun punto, pódese subministrar enerxía eléctrica dende o outro extremo.
Ocurre cuando non hai posibilidade de alimentar dende dous puntos diferentes ao CT.
As súas características son as seguintes:
- A alimentación é única
- Máximo 10 CT.
- Potencia máxima 8.000 kW.

Rede en aneis múltiples.


Se a zona para a que está deseñada a
rede de distribución está prevista para un
gran número de consumos e só é posible a alimentación dende un punto, a configuración en
anel non é moi axeitada xa que, para que sexan operativos, cada anel debe estar formado
como máximo por 10 CT, cunha potencia máxima de 8000 kW. Neste caso recórrese a formar
varios aneis que parten todos eles dunha única
subestación.
As súas características son as seguintes:
- A alimentación é única
- Máximo 10 CT. por anel
- O nº de aneis será:
o 5 aneis conectados a subestación, con
Pmáx 40 MW
o 3 aneis conectados a centro de reparto,
con Pmáx 24 MW

Páxina 5
Tema 2. Topoloxía da rede de distribución

Rede en huso normal.


Esta Configuración mellora a continuidade do suministro, respecto ás distintas variantes
de conexión en anel. Emprégase en zonas con alta densidade de demanda eléctrica na que a
conexión á rede se fai dende un único punto que normalmente é unha subestación. Os
transformadores agrúpanse nunha liña, que se conectan nun extremo a subestación e po0lo
outro ao centro de reflexión. Ambos extremos están unidos polo circuíto cero (soamente
conducirá corrente en caso de avaría). O sistema ten continuidade completa aínda cando hai
avaría en cada una das liñas dos centros de transformación.
As súas características son as
seguintes:
- A alimentación é única
- Máximo 10 CT’s. por anel
- Nº de liñas máximas é de 6
- Potencia máxima de 48 MW

Rede en huso múltiple.


É unha variante do caso anterior, onde se quere dar maior fortaleza á rede, instalando 2 ou
máis centros de reflexión. Cada un deles conéctase á subestación co seu correspondente
circuíto cero.
As súas características son as seguintes:
- A alimentación é única
- Máximo 10 CT’s. por liña
- Nº de liñas máximas é de 6
- Potencia máx. de cada huso de 48 MW

Rede en huso apoyado.


A rede en huso normal pode mellorar a súa sensibilidade ás avarías conectándose á rede
de distribución en dous puntos diferentes, cada un constituído por unha subestación. Ambas
uniranse por un circuíto cero que entrará en funcionamento en caso de fallo dalgunha rede.
As súas características son as seguintes:
- A alimentación é dobre
- Máximo 10 CT’s. por liña
- Nº de líñas máximas é de 6
- Potencia máx. de 48 MW

Páxina 6
Tema 2. Topoloxía da rede de distribución

Rede en espiga.
O punto de alimentación está unido a varios puntos de socorro a través dun circuíto cero
capaz de transportar toda a potencia en caso de avaría. A existencia de varios puntos de
socorro débese a que en cada un deles auxiliaría a liñass de centros de transformación
diferentes. A continuidade de
suministro proporcionada por esta
configuración e análoga á da
estrutura en huso.
As súas características son as
seguintes:
- A alimentación é única
- Máximo 10 CT’s. por liña
- Nº de liñas máximas é de 6
- Potencia máx. de 48 MW

Rede en espiga apoiada.


A diferenza coa topoloxía anterior radica en que existen dous puntos de alimentación,
cada un deles nun extremo da espiga.
As súas características son as seguintes:
- A alimentación é dobre
- Máximo 10 CT’s. por liña
- Nº de liñas máximas é de 6
- Potencia máx. de 48 MW

2. Normas de seguridade para traballos en tensión.


Unha vez identificados a zona e os elementos da instalación onde se vai a realizar o
traballo, e salvo que existan razóns esenciais para facelo doutra forma, seguirase o proceso
que se describe a continuación, que se desenvolve en cinco etapas:
1. Apertura con corte visible de todas as posibles fontes de tensión.
2. Enclavamento ou bloqueo de todos os aparatos de corte.
3. Verificación de ausencia de tensión.
4. Posta a terra e en curtocircuíto.
5. Sinalización da zona de traballo. Protexer fronte a elementos próximos en tensión, no
seu caso, e establecer unha sinalización de seguridade para delimitar a zona de traballo.

Páxina 7
Tema 2. Topoloxía da rede de distribución

Ata que non se completen as cinco regras non se poderá autorizarse o inicio do traballo.
Porén, para establecer a sinalización de seguridade indicada na quinta etapa poderá
considerarse que a instalación está sen tensión si se completaron as catro etapas anteriores e
non poden invadirse zonas de perigo de elementos próximos en tensión.

Primeira Regra - Apertura con corte visible das posibles fontes de tensión.

Páxina 8
Tema 2. Topoloxía da rede de distribución

Páxina 9
Tema 2. Topoloxía da rede de distribución

Páxina 10
Tema 2. Topoloxía da rede de distribución

Segunda Regra - Enclavamento ou bloqueo dos aparatos de corte.

Páxina 11
Tema 2. Topoloxía da rede de distribución

Terceira Regra - Verificación da ausencia de tensión.

Páxina 12
Tema 2. Topoloxía da rede de distribución

Páxina 13
Tema 2. Topoloxía da rede de distribución

Páxina 14
Tema 2. Topoloxía da rede de distribución

Páxina 15
Tema 2. Topoloxía da rede de distribución

Páxina 16
Tema 2. Topoloxía da rede de distribución

Cuarta Regra - Por a terra e en curtocircuíto.

Páxina 17
Tema 2. Topoloxía da rede de distribución

Páxina 18
Tema 2. Topoloxía da rede de distribución

Quinta Regra - Sinalización da zona de traballo.

Páxina 19

You might also like