You are on page 1of 6

1. A que chamamos topoloxía lóxica?

a.
A maneira en que os ordenadores manexan a multidifusión
b.
A maneira en que os nodos están conectados uns cos outros
c.
A maneira na que a información volve do destinatario ao orixe
d.
A forma na que se transmiten os sinais polo cable

2. A transmisión semi-dúplex ten lugar…


Seleccione unha:
a.
En ambos sentidos, pero non á vez
b.
Nun só sentido de cada vez
c.
Nun só sentido
d.
En ambos sentidos á vez

3. As redes Bluetooth diferéncianse das redes wifi en que...


a.
As WiFi son para distancias máis curtas e non requiren puntos de acceso
b.
As Bluetooth pódense usar sempre e as WiFi só cando funciona o Bluetooth
c.
As Bluetooth usan puntos de acceso máis xerais
d.
As Bluetooth son para distancias máis curtas e non requiren puntos de acceso

4.Cal das seguintes NON é unha vantaxe das redes de datos?


a.
A administración e o soporte técnico están centralizados
b.
Permiten compartir recursos hardware
c.
Permiten o procesamento distribuído
d.
A información está almacenada nun recurso compartido

5.Cal son os elementos lóxicos dunha rede?


a.
Sistema de rede centralizado e drivers da pantalla de rede
b.
Sistema operativo de rede, software de aplicación e drivers das tarxetas de rede
c.
Linguaxe de programación centralizado e sistema de rede
d.
Linguaxe de programación de rede e compilador centralizado

6.Cando facemos unha chamada por un móbil...


a.
O aparato de destino ten que estar na mesma célula que o de orixe
b.
O aparato de destino non pode estar en ningunha célula
c.
A central de conmutación é a encargada de buscar onde está o destinatario
d.
Ten que agardar a que o destinatario avise onde está

7.Cando transmitimos varias comunicacións á vez por un canal, dicimos que é un canal de
Seleccione unha:
a.
Banda ancha
b.
Banda WiFi
c.
Banda múltiple
d.
Banda base

8.Como é posible que varias persoas se comuniquen á vez polo seu móbil?
a.
Porque se hai dous móbiles usando a mesma frecuencia, un deles cambia de celda
b.
Porque cada persoa vai usar sempre unha mesma frecuencia
c.
Porque cada antena pode emitir en varias frecuencias diferentes
d.
Porque nunca hai dous móbiles na mesma celda

9.Como se chama a conmutación na que os paquetes poden ir por camiños diferentes?


a.
Ese caso non se pode dar nunca
b.
Conmutación de circuitos
c.
Conmutación de paquetes
d.
Conmutación de difusión

10.En cal destas topoloxías físicas nunca hai colisións?


a.
Bus
b.
Sempre pode haber colisións
c.
Estrela
d.
Anel

11.En que consiste a atenuación?


Seleccione unha:
a.
Na disminución de frecuencia a medida que aumenta a distancia de transmisión
b.
Na pérdida de amplitude a medida que aumenta o tempo de transmisión
c.
Na pérdida de amplitude a medida que aumenta a distancia de transmisión
d.
Na disminución de frecuencia a medida que aumenta o tempo de transmisión

12.En que tipo de comunicación é necesario usar un "bit start"?


Seleccione unha:
a.
Na comunicación asíncrona
b.
Na comunicación síncrona
c.
Non se usa en ningún tipo de comunicación
d.
Úsase nos dous tipos de comunicación

13.En que tipo de transmisión se usa sinal de reloxo?


Seleccione unha:
a.
Na comunicación asíncrona
b.
Non se usa en ningún tipo de comunicación
c.
Na comunicación síncrona
d.
Úsase nos dous tipos de comunicación

14.Na transmisión asíncrona


Seleccione unha:
a.
Só se utiliza un sinal de reloxo se non se pode usar un bit start
b.
Utilízase un bit start para indicar cando comeza a transmisión
c.
Utilízase un bit start para indicar cando comeza o envío de cada bit
d.
Utilízase un sinal de reloxo para controlar a transmisión

15.Na transmisión en serie…


Seleccione unha:
a.
Os bits transmítense por varios cables ao mesmo tempo
b.
Os bits transmítense por un único cable todos ao mesmo tempo
c.
Os bits transmítense por varios cables, pero non ao mesmo tempo
d.
Os bits transmítense un a un por un único cable

16.Nas redes cliente/servidor...


a.
Todos os nodos funcionan como clientes e como servidores
b.
Os clientes limítanse a acceder aos recursos que os servidores poñen á súa disposición
c.
Cada nodo pon a disposición da rede todos os seus recursos
d.
Os servidores só poden acceder aos recursos que os clientes poñen á súa disposición

17.Nas redes de difusión ou multipunto...


a.
Todos os paquetes enviados polo canal tardan o mesmo en chegar a todas as máquinas da rede
b.
Todos os paquetes enviados polo canal volven ao equipo que os enviou
c.
Todos os paquetes enviados polo canal son recibidos por todas as máquinas da rede
d.
Todos os paquetes enviados polo canal teñen o mesmo tamaño

18.O sistema de navegación por satélite Galileo…


a.
É o máis antigo de todos
b.
Ten máis precisión que o GPS americano
c.
Só funciona asociado co sistema ruso
d.
Púxoo en órbita o exercito español en colaboración coa ONU

19.Os diferentes fenómenos físicos que fan que o sinal que chega ao receptor sexa distinto do enviado
polo emisor chámanse
Seleccione unha:
a.
Ruídos
b.
Distorsións
c.
Perturbacións
d.
Atenuacións

20.Por que a telefonía móbil tamén é coñecida como telefonía celular?


a.
Porque cada operadora reparte a área en varios espazos chamados células
b.
Pola forma que tiñan os primeiros teléfonos móbiles
c.
Porque utiliza células fotoeléctricas para acender/apagar a rede
d.
Porque non se inicia a transmisión ata que a célula base o permite

21.Que diferencia hai entre medios de transmisión guiados e non guiados?


a.
Nos guiados as ondas van por cables de pares e nos non guiados por fibra óptica
b.
Nos guiados as ondas van a través do aire e nos guiados van polos cables
c.
Nos guiados as ondas van a través de fibra óptica e nos non guiados por cables de cobre
d.
Nos guiados as ondas van a través de cables e nos non guiados van polo aire

22.Que elementos necesitamos (desde o punto de vista do nivel físico) para poder montar unha rede?
Seleccione unha:
a.
Cables, concentradores e hubs
b.
Tarxetas de rede, concentradores de cableado e cableado
c.
Tarxetas de rede, concentradores de cableado e hubs
d.
Tarxetas de rede, cables e repetidores

23.Que grupos de elementos físicos forman parte das redes?


a.
Equipos finais, medios de transmisión e nodos intermedios
b.
Dispositivos de interconexión, outros elementos de conexión e medios guiados de transmisión
c.
Nodos de interconexión, medios de transmisión e drivers da tarxeta de rede
d.
Equipos finais, dispositivos de interconexión, medios de transmisión e elementos de conexión

24.Que pasa cando nun acceso a un medio de transmisión se produce unha colisión?
a.
Que o segundo elemento ten que esperar a que o primeiro lle ceda o turno
b.
Pérdense paquetes e hai que retransmitilos
c.
Que os paquetes máis grandes teñen prioridade sobre os máis pequenos
d.
Nunca se pode dar ese caso pola forma de control de acceso

25.Que quere dicir que os satélites de comunicacións son xeoestacionarios?


a.
Que xiran arredor da terra nun só sentido
b.
Que non se poden cruzar con outros
c.
Que só se ven cando na terra é día
d.
Que xiran nunha órbita á mesma velocidade de rotación que a terra
26.Que quere dicir que un móbil está fora de cobertura?
a.
Que a célula da zona onde se atopa o botou da súa base de datos
b.
Que o usuario configurou o móbil para que non recibira chamadas
c.
Que está no alcance de dúas células e non sabe con cal traballar
d.
Que o móbil se move a unha zona onde non atopa ningunha célula

27.Que tipo de acceso se basea no uso de quendas para poder acceder ao medio?
a.
Acceso por fibra óptica
b.
Acceso controlado
c.
Acceso mediante cables eléctricos
d.
Acceso por contenda
28.Que tipos de conmutación existen?
a.
Conmutación de circuítos e conmutación punto a punto
b.
Conmutación de circuítos e conmutación de paquetes
c.
Conmutación punto a punto e conmutación de paquetes
d.
A conmutación sempre é conmutación de difusión

29.Quen indica a frecuencia de transmisión á que deben comezar a transmisión dous móbiles?
a.
A central de conmutación da estación base á que pertence o móbil receptor
b.
Escollen unha ao chou das que teñen predefinidas
c.
A central de conmutación da estación base á que pertence o móbil emisor
d.
A frecuencia sempre é a mesma para todos os móbiles

30.Un sinal dixital...


Seleccione unha:
a.
Pode tomar calquera valor dentro dun rango determinado
b.
Só pode tomar certos valores dentro dun rango determinado
c.
Só pode tomar certos valores entre 0 e 5
d.
Pode tomar calquera valor sen ningún tipo de límite

You might also like