You are on page 1of 11

ELECTRÓNICA

ANALÓXICA
Electrónica analóxica
A electrónica analóxica baséase na utilización dun tipo de
materiais chamados semiconductores. Un semiconductor
pode funcionar como condutor eléctrico ou como illante,
dependendo das condicións de funcionamento.
aspecto
Grazas a iso, os compoñentes semicondutores poden
usarse como interruptores en circuítos, pero sen
necesidade de partes móbiles e con tamaños moi
reducidos.
símbolo
A imaxe representa o aspecto e o símbolo dun LED, un
tipo de compoñente semiconductor
Exemplo de circuíto electrónico
Un circuíto electrónico moi simple LED
Pulsador
pode ser o formado por unha pila,
un pulsador, unha resistencia e un
diodo LED.

O pulsador permítenos encender e


apagar o led

A resistencia protexe o led cando a


voltaxe da pila é superior á voltaxe
Resistencia
que o led pode soportar
Representación simbólica do circuíto
Compoñentes electrónicos: o LED
Un LED ten dúas patas chamadas símbolo pulsador símbolo resistencia
ÁNODO (+) e CÁTODO (-). Soamente
deixa pasar corrente en sentido Ánodo →
O led alumea
Cátodo. Se a corrente debe circular en
sentido contrario, o LED impide o seu
paso. símbolo led

No circuíto de arriba, o LED permite o


O led non
paso da corrente. No de abaixo non, alumea

porque está conectado ao revés.


Compoñentes electrónicos: as resistencias
Unha resistencia é un condutor eléctrico:
dá igual como a conectemos, conduce
sempre a corrente. Pero dependendo do
seu valor conduce mellor ou peor.

Canto maior sexa o valor dunha


resistencia, máis enerxía consumen as
cargas eléctricas para atravesala: dise que
se produce unha caída de tensión.

O valor dunha resistencia mídese en As franxas de cor serven para saber o valor de
cada resistencia
ohmios
Compoñentes electrónicos: as resistencias
Podemos calcular a caída de tensión nunha resistencia a partir do seu valor e da
intensidade que a percorre, grazas á lei de Ohm:
V= I·R
Exemplo: se nun circuíto temos unha intensidade
de 0.1 Amperios (a intensidade mídese en
amperios), circulando por unha resistencia de 70
ohmios, cal será a caída de tensión na
resistencia?
V=I·R
V = 0.1 · 70 = 7 V (voltios)

Nesa resistencia de 70 ohmios producirase unha


caída de tensión de 7 V
Compoñentes electrónicos: resistencias variables
Hai resistencias que poden cambiar de valor, e por eso se usan como sensores:

● Potenciómetro. Ten un mando para regular o seu valor


● LDR. Cando lle dá a luz ten menos resistencia
● NTC. Se sobe a temperatura ten menos resistencia

Símbolo →

Aspecto →

Potenciómetro LDR NTC


Compoñentes electrónicos: o transistor

O transistor é un compoñente moi importante nos


circuítos electrónicos. Pode usarse como un
interruptor ou como un amplificador de corrente.
Símbolo
Un transistor ten tres patas, chamadas BASE,
COLECTOR e EMISOR. Soamente deixa pasar
corrente entre o COLECTOR e o EMISOR se lle
chega corrente á BASE.

Aspecto
Compoñentes electrónicos: o transistor
Compoñentes electrónicos: o condensador
Un condensador pode almacenar e liberar
pequenas cantidades de carga eléctrica nun
circuíto.

A cantidade de carga eléctrica que pode almacenar


chámase CAPACIDADE, e mídese en Faradios.

Nos circuítos electrónicos, os condensadores


funcionan como temporizadores: mentres aspecto

acumulan ou descargan carga eléctrica, o circuíto


funciona.
símbolo
Circuítos integrados ou chips
Un circuíto integrado é un circuíto
electrónico de tamaño moi reducido, tanto
que cabe dentro dunha pequena pastilla de
plástico chamada CHIP. Dentro dun chip
podemos atopar semiconductores como
diodos, transistores, resistencias…. Para
conectar estes compoñentes co exterior, o
chip conta con varias patillas metálicas ou
pins.
A invención dos chips permitiu reducir moito o tamaño dos equipos electrónicos. Sen eles non serían
posibles os ordenadores persoais ou os teléfonos móbiles

You might also like