You are on page 1of 1

Actividades

1. Porqué é util coñecer a estrutura da poboación?


Coñocer a poboación dunha zona ou un país é moi importante, xa que permite ás
administracións planificar as políticas económicas, educativas, sanitarias… e prever
posibles tendencias, problemas e solucións.

2. Cales son os tres grandes criterios que se empregan para estudar a estrutura
da poboación?
O sexo, a idade e a actividade económica.

3. Que tendencias se observan na poboación segundo o nivel de desenvolvemento


económico e social dos países?
Segundo o nivel de desnvolvemento económico e social dos países, obsérvanse dúas
tendencias:
- Países subdesenvolvidos e en vías de desenvolvemento, a mortalidade das mulleres é
máis alta polo que a esperanza de vida dos homes é maior.
- Países desenvolvidos. A tendencia é a inversa, morren máis homes que mulleres, polo
que estas teñen unha maior esperanza de vida.

4. Porque cres que a poboación mundial tende, globalmente ao envellecemento?


Xustifica a túa resposta.
A poboación actual tende ao envellecemento, debido a que mellora a calidade de vida
das persoas xa que aumentan o número de hospitais , melloran os recursos sanitarios,
mellora a alimentación…, e polo tanto aumenta a esperanza de vida, aínda así a pobreza
e a fame seguen sendo un dos maiores problemas a nivel mundial sobre todo nos países
subdesenvolvidos.

5. Fai un esquema que explique en que grupos se divide a poboación en función da


actividade económica.
Segundo este criterio, a poboación divídese en dous grandes grupos:
- Activa: poboación ocupada (teñen traballo)
poboación desocupada (desempregados, están en paro).
- Inactiva: Formado por
 pensionistas
 estudantes
 parte das persoas con discapacidade
 persoas ao cuidado do fogar…
é decir persoas que non realizan traballos remunerados

6. Explica os tres sectores produtivos.


-Primario: agricultura, gandería, pesca, minería e explotación forestal.
-Secundario: industria, construción e produción de enerxía.
-Terciario: sanidade, educación, transporte, comercio…

You might also like