You are on page 1of 2

LINGUA E LITERATURA GALEGA. 4º ESO. 2ª AVALIACIÓN.

Comentario dun poema

O cartafol do vento

...O vento perdeu as follas


do seu cartafol
...-esas que os chuvascos
.................................mecanógrafos
...teclean no manual dos mastros?
...As gavotas non teñen quitasol
...pero fan raudos equilibrios
polo aramio transparente
de todalas ortodrómicas do ceo
O pailebote sin velas
...-Serán esas que o vento
levou no seu cartafol?
...Tamén fai equilibrios no ronsel
...Coa boca aberta
...-cáelle a baba-
...está mirándonos o babión do Sol.

De catro a catro. Manuel Antonio


...........................................................................................................
Claves para a interpretación
O poema está formado por imaxes sorprendentes que crean unha realidade
nova: o vento ten un cartafol, as gaivotas son equilibristas, o sol é un parvo.

Na web Ogalego.eu tes a explicación do significado do poema, verso a verso:


https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/de4a4/11.htm

Glosario

-Babión: torpe, parvo.


-Ortodromía: Arco de círculo máximo común a dous puntos que representa o
camiño máis curto que pode seguirse na navegación. Os navíos e os avións
buscan a navegación ortodrómica porque en xeral é máis económica.

-Pailebote: embarcación antiga de vela

You might also like