You are on page 1of 2

5/10/21 2:09 SFME03 | Xunta de Galicia

Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional

SFME03 - Deseño en fabricación mecánica

Ciclo formativo
Familia: Fabricación mecánica
Sistema educativo: LOE (/fp/familias-profesionais?familia=FME)
Grao: superior Volver á relación de ciclos formativos (/fp/familias-profesionais?familia=FME)
Horas: 2000
Código: SFME03
Documentación: (http://www.boe.es/boe/dias/2009/12/01/pdfs/BOE-A-2009-19147.pdf) (http://www.xunta.es/dog/Publicados/2010/20101122/Anuncio3CA66_gl.pdf)
(http://www.edu.xunta.gal/fp/sites/fp/files/fp/Curr%C3%ADculos/LOE/Fabricaci%C3%B3n%20mec%C3%A1nica/cs_deseno_fabricacion_mecanica.pdf)

Que se aprende a facer?


Deseñar produtos de fabricación mecánica, utensilios de procesamento de chapa, moldes e modelos para polímeros, fundición, forxa, estampación ou
pulvimetalurxia, asegurando a calidade, e cumprindo a normativa de prevención de riscos laborais e de protección ambiental.

En que ámbitos se traballa?


En industrias transformadoras de metais, polímeros, elastómeros e materiais compostos relacionadas cos subsectores de construción de maquinaria e
equipamento mecánico, de material e equipamento eléctrico, electrónico e óptico, e de material de transporte encadrado no sector industrial.

Que ocupacións se desempeñan?


Delineante proxectista, técnico/a en CAD, técnico/a en desenvolvemento de produtos, técnico/a en desenvolvemento de matrices, técnico/a en
desenvolvemento de utensilios, técnico/a en desenvolvemento de moldes, técnico/a de desenvolvemento de produtos e moldes.

Cales son os módulos?

Períodos
Curso Código Módulo profesional Horas
semanais

1º MP0429 Deseño de moldes e modelos de fundición 133 5

1º MP0427 Deseño de produtos mecánicos 320 12

1º MP0434 Formación e orientación laboral 107 4

1º MP0245 Representación gráfica en fabricación mecánica 213 8

1º MP0432 Técnicas de fabricación mecánica 187 7

2º MP0431 Automatización da fabricación 210 12

2º MP0430 Deseño de moldes para produtos poliméricos 140 8

2º MP0428 Deseño de utensilios de procesamento de chapa e estampación 227 13

2º MP0435 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3

2º MP0436 Formación en centros de traballo 384

2º MP0433 Proxecto de deseño de produtos mecánicos 26

Nota. Os módulos en negra están asociados a algunha unidade de competencia.

Que título ou acreditación se obtén?


Título de Técnico superior en Deseño en fabricación mecánica.

A que outros estudos se pode acceder?


Este título permite o acceso directo a calquera ciclo formativo de grao medio ou superior. Tamén é posible obter o título de bacharelato
matriculándose e superando unicamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elixida, e a materia de
Lingua Galega e Literatura. Así mesmo, é posible acceder a calquera ensinanza universitaria de grao, de modo directo, sen necesidade de proba. Se
o título universitario tivese limitación de prazas o acceso farase tendo en conta a nota media do ciclo formativo.

www.edu.xunta.gal/fp/ciclo%252FSFME03 1/2
5/10/21 2:09 SFME03 | Xunta de Galicia

Oferta
Pode consultar os ficheiros pdf coa oferta para o curso 2021/2022 de ciclos formativos polo réxime ordinario —grao profesional básico, grao medio
e grao superior—, a oferta modular polo réxime de persoas adultas nas modalidades presencial e a distancia, a oferta de prazas da formación
profesional dual, a oferta de cursos de especialización e a oferta de programas formativos de formación profesional básica, na seguinte ligazón (
http://www.edu.xunta.gal/fp/oferta-fp) .

Curso 2021-2022. Oferta de SFME03 - Deseño en fabricación mecánica en centros sostidos con fondos públicos, no réxime ordinario, no réxime de
persoas adultas, tanto en modalidade presencial como a distacia, e en FP Dual.
Importante: se algún réxime e/ou modalidade non aparece a continuación deste parágrafo, significa que non hai oferta nese réxime e/ou
modalidade de SFME03 - Deseño en fabricación mecánica, en centros sostidos con fondos públicos, para o curso académico 2021-2022.

Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2021-2022.

A Coruña

Concello Código Centro educativo Teléfono

Ferrol 15006754 CIFP Ferrolterra (/fp/cifp-ferrolterra) 981333107

Pontevedra

Concello Código Centro educativo Teléfono

Vigo 36014568 CIFP Valentín Paz Andrade (/fp/cifp-valentin-paz-andrade) 886110857

Modalidade de formación profesional dual


Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2021-
2022.

A Coruña

Concello Código Centro educativo Teléfono

Ferrol 15006754 CIFP Ferrolterra (/fp/cifp-ferrolterra) 981333107

Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da
normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos
(http://www.edu.xunta.es/fp/oferta) ).

www.edu.xunta.gal/fp/ciclo%252FSFME03 2/2

You might also like