0% found this document useful (0 votes)
23 views16 pages

Proxecto Prospección

Neste documento preséntase un modelo de Prospección Arqueolóxica no Castro de Pedra Moura, Gondomar (Pontevedra, España).

Uploaded by

anton.9vr7
Copyright
© © All Rights Reserved
We take content rights seriously. If you suspect this is your content, claim it here.
Available Formats
Download as PDF, TXT or read online on Scribd
0% found this document useful (0 votes)
23 views16 pages

Proxecto Prospección

Neste documento preséntase un modelo de Prospección Arqueolóxica no Castro de Pedra Moura, Gondomar (Pontevedra, España).

Uploaded by

anton.9vr7
Copyright
© © All Rights Reserved
We take content rights seriously. If you suspect this is your content, claim it here.
Available Formats
Download as PDF, TXT or read online on Scribd

Prospección Arqueolóxica Antón Veloso Rodríguez

Proxecto de prospección arqueolóxica sobre o Monte de As


Pinceiras e o Castro de Pedra Moura, Gondomar.

Introdución

Neste documento preséntase un proxecto de prospección arqueolóxica no castro


de Pedra Moura con código GA36021055 e coordenadas UTM29 ETRS89 516.645 ;
4.660.654, concello de Gondomar (Figura 1 e 3). O obxectivo é a posta en valor do
xacemento que, actualmente, atópase en estado de abandono dende a última
intervención que se levou a cabo no ano 2008. Para isto proponse unha prospección no
propio xacemento e nos terreos circundantes coa finalidade de completar e delimitar o
xacemento, analizar a distribución de materiais en superficie, valorar o potencial destes,
analizar a articulación do territorio e recoñecer e identificar espazos de interacción do
castro. Dentro do propio xacemento agárdase poder documentar estruturas domésticas e
material diagnóstico. A prospección das zonas circundantes ao xacemento ten por
obxectivo identificar zonas agrícolas ou de traballo relacionadas co castro. Segundo os
resultados, valorarase tamén a posibilidade dunha nova escavación no castro, coa
finalidade de profundar nos procesos de fundación e das fases dos seus elementos
defensivos e domésticos, podendo integralo así no conxunto da Idade do Ferro da
Galicia meridional.

1. Situación xeográfica

A área de estudo está situada no linde entre as parroquias de San Martiño de


Borreiros e Santa Baia de Donas, no Concello de Gondomar, Pontevedra . Borreiros é a
última parroquia do concello limitando no oeste co concello de Baiona, polo sur co
concello de Tomiño e polo norte co concello de Nigrán. No leste temos as conseguintes
parroquias de Gondomar, que chegan a lindar cos concellos de Vigo, Porriño, Tui e
Tomiño. Estas son: Donas, Mañufe, Gondomar, Vilaza, Chain, Couso, Peiteiros,
Morgadáns e Vincios (Figs. 1 e 2). En canto ao patrimonio no Concello de Gondomar,
podemos destacar a presenza duns oito castros a maiores do de Pedra Moura, o
importante xacemento do paleolítico inferior do Chan do Cereixo, no que se atoparon
máis de 200 achados líticos, un gran número de dolmenes como o de Chaín ou as
mámoas de Os Bermús, así coma un gran número de petróglifos como os de Auga da

1
Prospección Arqueolóxica Antón Veloso Rodríguez

Laxe, no Monte Galiñeiro ou os de Donín. No propio monte no que se sitúa o castro de


Pedra Moura, temos tamén un petróglifo denominado Petróglifo do Monte As Pinceiras,
con coordenadas ETRS89 UTM29: 516.645; 4.660.654 e con código BIC: 000.208 (Fig.
4 e 8).

En canto á orografía de Gondomar, atopámonos con dous perfís predominantes,


unha grande cunca hidrográfica ao redor do río Miñor, que conforma gran parte do
denominado “Val Miñor”, e outro perfil montañoso suave que aumenta conforme nos
afastamos da cunca do río, especialmente cara o leste, onde se atopa a serra do Galiñeiro
e cara o oeste e suroeste, onde nos atopamos coa Serra da Groba. A serra do Galiñeiro
rodea o concello dende o noroeste e continúa cara o sueste rematando no denominado
Monte Aloia, no Concello de Tui. Así mesmo, se nos desprazamos dende o río cara o
sur, este perfil montañoso que ven dende a mencionada serra, continúa de xeito máis ou
menos paralelo ao río cunha serie de altos e montañas non tan elevadas e que configuran
unha especie fronteira entre o sur do Concello de Gondomar e o Concello de Tomiño.
Se continuamos nesta liña, este perfil que poderíamos definir como montañoso suave,
vese cortado polo Val do Río da Groba, que sube dende o sur cara o norte a través do
Concello de Baiona. De forma paralela a este sube a Serra da Groba, que pecharía por
completo toda esta enorme cunca hidrográfica formada ao redor dos ríos Miñor e Groba.
Por último, na zona norte do río, atopámonos coa continuación da cunca hidrográfica xa
no Concello de Nigrán, pois o río Miñor fai de fronteira natural entre os dous concellos.
Unicamente atopamos perfiles montañosos cara o nordeste, onde se atopa o Monte do
Castelo e, posteriormente, a xa mencionada Serra do Galiñeiro. Cara a zona noroeste
atopámonos xa co esteiro do río e a liña de costa que continúa cara as praias do
Concello de Baiona e cara o norte coas praias de Nigrán (Información Xeográfica de
Galicia, 2023)(Fig. 5).

Centrándonos agora no monte de As Pinceiras onde se localiza o castro, este está


situado ao sur do río Miñor, nesta zona de orografía montañosa máis suave que
mencionábamos anteriormente, entre as parroquias de San Martiño de Borreiros e Santa
Baia de Donas, no barrio coñecido como Barcalla. O monte de As Pinceiras, que recibe
tamén o nome de Monte de Pedra Moura, é das primeiras elevacións considerables que
atopamos cando baixamos dende o río Miñor no seu lado máis occidental do Concello,
cara o sur, case en contacto coa fronteira administrativa co Concello de Baiona.
Predomina sobre o val do río da Groba que se atopa inmediatamente no seu lado oeste e
2
Prospección Arqueolóxica Antón Veloso Rodríguez

que separa este mesmo monte da Serra da Groba, atopándose no medio da fronteira
administrativa Gondomar-Baiona. Cara o norte e o noroeste atopámonos cun relevo
aplanado que continúa ata dar co río Miñor e o seu esteiro, coñecido como Esteiro da
Foz, que se localiza xa entre os concellos de Baiona e Nigrán. Unicamente polo sur e
sueste do monte hai cumes elevadas que, como mencionábamos, seguen a liña
montañosa que veñen dende o nordeste coa serra do Galiñeiro e que ramifica cara o
oeste xuntándose coa serra da Groba (Fig. 6). O castro de Pedra Moura atópase nun dos
altos do monte situado a 198m de altura sobre o nivel do mar. Dende o castro hai grande
dominio visual do val do Río Miñor, do mencionado Val do Río da Groba e incluso da
Ría de Vigo (Fig. 7).

En canto á xeoloxía, podemos dicir que consiste nun solo ácido cun pH inferior a
7, polo que a conservación de materiais arqueolóxicos é complexa. Así mesmo, falamos
dun solo composto especialmente por granitos e gneises, destacando dúas facies: unha
de dúas micas predominantemente biotíticas de grao medio xunto a unha facies moito
menos representativas de esquistos, talcoesquistos e cloroesquistos, predominantes
unicamente na cunca hidrográfica do Río da Groba (Instituto Minero y Geológico de
España, 2023). De forma xeral, esta xeografía é o resultado de diversos factores entre os
que a erosión é o máis significativo.

2. O castro de Pedra Moura

En canto ao contexto histórico do castro, carecemos de estudos previos sobre o


mesmo, polo que teremos que englobar o castro na xeneralidade do suroeste galego e
facer un macro-análise. En primeiro lugar, debemos mencionar a existencia de
vintedous castros no denominado Val Miñor, repartidos entre os concellos de Vigo,
Gondomar, Baiona e Nigrán (Labra e Vidal, 2008, p. 57). Por mencionar soamente
algúns deles, teríamos o castro de Estea, en San Xurxo de Saiáns, no Concello de Vigo;
os castros de Monterreal (Santa María de Baiona) ou o castro da Carabela (Santa María
de Baíña) no Concello de Baiona; os castros de Monte do Castro e da Matanza, en Santa
Mariña de Vincios, o Monte o Castro e o castro de Pedra Moura, en San Martiño de
Borreiros ou o Coto Teixugueira en Santa María de Chaín, no Concello de Gondomar; e
O Castro, en San Mamede de Priegue, o castro de Tarela en San Fiz de Nigrán e O

3
Prospección Arqueolóxica Antón Veloso Rodríguez

Crasto en San Xosé de Chandebrito, no Concello de Nigrán (Labra e Vidal, 2008, p. 58-
59).

Este gran número de xacementos, adscritos á Idade do Ferro e á “Cultura


castrexa”, encaixan neste crisol cultural que comeza a darse xa dende finais do II
milenio a.n.e., e onde comezamos a ver cambios significativos nos emprazamentos dos
poboados, así como un salientable aumento das actividades produtivas (González, 2006,
p. 73). Como se sinala en Labra e Vidal (2008) para o castro de Chandebrito (Nigrán) os
novos emprazamentos parecen atender a unha cuestión defensiva, na que os terreos
elevados, ademais da propia defensa natural, outorgaban un claro dominio visual das
contornas, podendo controlar o movemento de persoas e obxectos, en detrimento do
acceso fácil aos diversos nichos ecolóxicos necesarios para a subsistencia. Como sinala
tamén González Ruibal, os cambios na tecnoloxía, especialmente a relacionada coa
agricultura, como os silos ou as numerosas ferramentas metálicas, poderían estar
falando do inicio dun proceso de concentración de capital por parte de grupos
dominantes, cuestión que podería terse materializado a través destes poboados
fortificados tan característicos da Idade do Ferro (González, 2006-2007, p. 83). Neste
sentido, como ten apuntado Ruiz Zapatero (2003 pp. 17-20), as obras defensivas que
representan os castros parecen ser un indicador claro de sociedades organizadas e
estables, nas que existe unha grande mobilización de recursos e mao de obra e que
tiveron que implicar algún tipo de autoridade.

Sexa como for, podemos observar un cambio na elección dos espazos de


asentamento, así como certas transformacións socio-económicas que se consolidarán ao
longo da Idade do Ferro. Non obstante, fóra destes elementos comúns compartidos
polos poboamentos da denominada “cultura castrexa”, debemos ter en conta que
estamos falando dunha importante variedade cultural e temporal, con distintos ritmos no
norte e no sur e entre o litoral e o interior, así como entre os propios castros (Berrocal e
Moret, 2007, p. 16; Castro, 2010, p. 13).

No que se refire á periodización, parece conveniente sinalar as cronoloxías


propostas para a liña de costa do suroeste galego, no que podemos encadrar o castro de
Pedra Moura. En primeiro lugar, sinalar rapidamente as tres fases que se propoñen en
base á cultura material, especialmente a cerámica: unha Fase inicial ([Link]-IV a.n.e)
cunha aparente unidade estilística; a Fase media (ss. IV-II/I a.n.e.) onde se perciben xa

4
Prospección Arqueolóxica Antón Veloso Rodríguez

áreas con tradicións oleiras estandarizadas e un salto cualitativo nos procesos de


fabricación e de decoración, así como un importante aumento de bronces, ourivaría e
esculturas en pedra; e unha Fase final ([Link]/I a.n.e. – I e.c.) na que se aprecia certo
continuísmo con algúns cambios nos motivos e composicións (Castro, 2010, p. 15).
Nesta liña, estudos como o de Rey Castiñeira (1999) teñen sinalado a importancia do
comercio ibero-púnico para os castros do suroeste galego, que parece ter continuado sen
ruptura ata o comercio de época imperial romana, o que nos pode estar falando da
consolidación de grandes poboamentos como é o caso do castro de Santa Trega, que
priorizan o control das vías de paso sobre a proximidade aos recursos de subsistencia.

3. Estratexia de prospección

En primeiro lugar, e referente á información catastral, sinalar que as parcelas que


van ser prospectadas son as seguintes: a parcela 230 do polígono 84 de 25.982 m2 , a
parcela 188 do polígono 84 de 130.226 m2 e a parcela 67 do polígono 85 de 538.389 m2,
todas parte da comunidade de montes de Borreiros, concello de Gondomar (Fig. 9).
Tratase de parcelas de uso agrario, concretamente de monte madereiro, polo que é un
espazo de orografía elevada que, non obstante, conta con pistas, o que facilita o
desprazamento ata o xacemento. Aínda así, o traballo de prospección non é o máis
doado polo mencionado carácter orográfico e a espesa vexetación.

En canto á estratexia de prospección que se vai a levar a cabo, sinalar que o


primeiro será facer un traballo previo de documentación da toponimia, de tal xeito que
poida aportarnos información relevante para á investigación e a realización dunha
mostraxe crítica. Así mesmo, farase unha consulta ás fontes orais do entorno,
especialmente á mancomunidade de montes de Borreiros que xestionan o espazo, co fin
de obter información relevante de cara á estratexia e a delimitación de unidades de
prospección. A posibilidade de identificar outros lugares que poidan ser de interese e
garden relación co xacemento, aínda que estean fora da área de estudo, tamén estará
entre os obxectivos desta documentación, co fin de valorar futuras intervencións. Así
pois, sabemos que nos arredores do castro, pola súa parte sur-oriental, atopámonos cun
cume coñecido como Pinar do Rei, polo que sería interesante profundar nestes aspectos
de cara a afinar máis os espazos imbricados do castro. Por suposto, o feito de non contar
coa información das intervencións previas, a pesares de que coñecemos da existencia de
5
Prospección Arqueolóxica Antón Veloso Rodríguez

dúas (Teira-Brión e Abad-Vidal, 2012, p.83), suporá un claro esforzo extra para a
realización deste proxecto.

Por outra banda, o emprego da teledetección tamén vai a estar presente. Si ben
sería ideal un estudo xeofísico sobre a propia zona do xacemento, os condicionantes do
espazo limítannos a unha estratexia de teledetección para identificar posibles estruturas,
así como para identificar marcas antrópicas nos arredores, que nos permitan, dentro das
limitacións existentes, unha mostraxe crítica do espazo de análise. Para isto
empregaranse o visor SIX da Xunta de Galicia do Plan Autonómico Básico, coas
distintas capas que ofrece, especialmente as PNOA. Así mesmo, o uso de mapas
históricos tamén será necesario para unha maior énfase no análise da zona, polo que o
Voo Americano de 1956-1957, así como as ortofotos de 2002-2003 e as PNOA máis
antigas, serán empregadas para atopar sinais non perceptibles nas capas máis recentes.
Ademais, o uso da capa do LiDAR ofertado polo visor Iberprix tamén será importante
para recoñecer marcas de estruturas e sinais do rexistro perceptibles a través deste visor,
de novo co fin de poder facer mostraxes críticas das zonas de prospección extensiva.
Por último, será preciso a teledetección con dron no propio campo de estudo, xa que os
visores xeográficos non contan cunhas imaxes PNOA completamente actuais, o que
supón un problema que se pode paliar con fotografía aérea e fotogrametría da zona.

Pasando agora ao traballo de campo, este estará dividido en dúas partes: unha
prospección in site e outra off site. En primeiro lugar, realizarase na parcela 230 unha
prospección pedestre intensiva e sistemática nunha área que, calculado co SIX da Xunta
de Galicia, abarca unhas 3ha aproximadamente. Esta será a prospección in site en si
mesma, xa que as unidades de prospección seleccionadas están dentro do xacemento, na
parcela afectada por patrimonio (Fig. 10). Tratase dunha prospección de cobertura total
na que se pretende cubrir a totalidade do recinto do castro, tal e como está actualmente
delimitado. Para esta área dividimos a superficie en tres Unidades de Prospección (Fig.
11)

En canto á prospección off site, esta estará condicionada pola vexetación, polo
que haberá unha prospección intensiva e outra extensiva. Así pois, na parcela 67,
coincidindo coa parte máis próxima ao castro, hai unha superficie de aproximadamente
3,5ha nas que as árbores foron cortadas recentemente. Nesta superficie aplicarase de
novo unha prospección pedestre intensiva de cobertura total, que dividimos en tres
Unidades de Prospección principais (Fig. 12). Non obstante, neste caso a planificación
6
Prospección Arqueolóxica Antón Veloso Rodríguez

podería verse modificada por outros factores como pode ser a existencia dunha
vexetación máis intensa do esperado ou de outros espazos baleiros de árbores que
descoñezamos actualmente.

Como comentábamos, falamos dunha zona de carácter industrial madeireiro,


cunha superficie cuberta por moita vexetación, polo que a prospección intensiva temos
que limitala a eses espazos nos que a corta de árbores nos permitan esta metodoloxía.
Non obstante, no presente proxecto planeamos tamén unha prospección extensiva non
sistemática nestas zonas de arboredos, cuxas unidades de mostraxe serán seleccionadas
en base aos resultados obtidos do estudo toponímico, da consulta das fontes orais e do
traballo de teledetección mencionado previamente. O obxectivo é poder facer unha
mostraxe crítica en base aos resultados anteriores, xa que falamos dunha área dunhas
50ha aproximadamente e priorizaremos aqueles espazos proclives á prospección
intensiva.

No caso das prospeccións intensivas, aínda que falamos tamén dunha área
considerable, a intensidade será de dous metros de separación para paliar a baixa
visibilidade esperable e a pouca perceptibilidade dos obxectos que se agardan atopar.
No que respecta á visibilidade, o máis interesante sería facer a prospección en inverno,
que adoita ser o momento no que se cortan as árbores, o que podería deixar máis
espazos proclives a ser prospectados de forma intensiva. En base a esta situación,
confirmaremos e/ou corrixiremos as UP decididas no traballo previo

En canto ao que se agarda a atopar son, sobre todo, materiais desprazados, aínda
que non se descarta a posibilidade de estruturas in situ, especialmente no recinto
arqueolóxico. Todos os materiais atopados serán documentados fotográfica e
planimétricamente e serán xeolocalizados a través de GPS (WGS 84) cuxos datos
incluiranse nun sistema de SIX. En canto á recollida de materiais, para as zonas de
prospección intensiva recollerase todo o material que apareza para o seu procesado e
análise posterior en laboratorio. Por outra banda, para as zonas de prospección
extensiva, soamente será recollido o material diagnóstico, aínda que todo o material
atopado será documentado como mencionamos previamente. Para a súa recollida,
empregaranse bolsas individuais co seu respectivo código para manter o material
localizado e ordenado en todo momento. Xa dentro do propio traballo de gabinete, os
materiais serán lavados, siglados e estudados no laboratorio da Universidade de

7
Prospección Arqueolóxica Antón Veloso Rodríguez

Santiago, sendo posteriormente depositados, como corresponde á normativa vixente, no


Museo Arqueolóxico de Pontevedra.

4. Recursos

En canto aos recursos que se van a empregar nesta prospección, debemos falar
primeiramente dos recursos cartográficos, xa que serán a primeira ferramenta para esta
prospección. En primeiro lugar, será preciso un ordenador laptop ASUS M515UA para
todo o procesado de datos, o acceso aos visores de mapas e o baleirado posterior nos
programas SIX correspondentes, así como para o traballo en campo e as xestións
administrativas pertinentes.

Para o traballo de campo serán precisos os seguintes materiais: unha cámara


fotográfica NIKON D3500 para a documentación de todo o proceso e do material; GPS
de montaña de marca Garmin modelo Gpsmap 65 cos que se localizarán os materiais e
se delimitarán as UP e o novo recinto do xacemento de ser preciso; un dron modelo DJI
Air 3 para os traballos de fotografía aérea e fotogrametría, e un teléfono móbil
compatible como podería ser un Samsung Galaxy S23 ou similar.

Así mesmo, empregaranse dous balices, bolsas e etiquetas para o rexistro do


material e precisaranse tamén mapas e planos impresos das distintas parcelas a
prospectar, unha referencia métrica e fichas para a documentación do proceso e dos
materiais.

O equipo técnico estará conformado por nove persoas xa que falamos dun
proxecto considerable. Serán precisos prospectores con certa experiencia así como unha
persoa con licencia para voar drons e que sexa especialista en fotografía aérea e
fotogrametría. O tempo estimado de campaña é duns 13-15 días dos cales dous serán
dedicados á preparación previa ao campo, sete días serán dedicados ás prospeccións
intensivas e catro ás extensivas, deixando dous días para ratificacións de ser necesario.

5. Conclusións

En primeiro lugar, cabe resaltar que un dos problemas que nos podemos atopar,
principalmente, son as características do espazo a prospectar. Se ben na estratexia
8
Prospección Arqueolóxica Antón Veloso Rodríguez

propoñiamos a forma máis viable para un desenvolvemento óptimo do traballo,


consideramos que a densa vexetación e a irregular orografía poden ser grandes
obstáculos a salvar. Non obstante, creemos que co tempo e a preparación suficiente,
poderemos paliar estas dificultades de cara a conseguir uns resultados satisfactorios.

Por outra banda, sinalar tamén que a importante proximidade de espazos


domésticos, que se atopan na ladeira norte do xacemento, obríganos descartar unha área
de relevancia arqueolóxica importante, máis que non se pode salvar. Por último,
consideramos que a climatoloxía pode dificultar o traballo tanto a nivel pedestre como
de fotografía aérea, polo que as datas poden ter que ser ratificadas. No referente ao
traballo con dron, pode ser tamén un inconveniente atopar á unha persoa coas licencias
precisas segundo a normativa vixente, aínda que consideramos que é un problema
menor e fácil de paliar.

A pesares dos anteriores problemas mencionados, consideramos que os


obxectivos propostos son completamente abarcables, polo que creemos que non haberá
problemas en acadar os mínimos previstos. Así pois, consideramos que será posible
determinar espazos de relevancia arqueolóxica relacionados co castro no que respecta á
prospección off site, especialmente se temos en conta o escaso traballo de investigación
que se realizou na zona, o que nos leva a un traballo quase pioneiro. Ademais,
consideramos que esta investigación pode abrir as portas a futuras intervencións nos
arredores do xacemento. Por outra banda, no que respecta á prospección in site,
consideramos máis complicado a identificación de novas estruturas, aínda que non
imposible. Sexa como for, os datos obtidos desta prospección poderán axudarnos a
limitar mellor o xacemento -atravesado por un pista- así como propoñer novas
intervencións de cara a profundar nos procesos de ocupación do mesmo e co obxectivo
de integralo no conxunto de castros do entorno.

A importancia deste traballo radica no profundo baleiro de información que


existe, non solo neste castro, se non case na totalidade dos castros da zona do Val Miñor
e que, sen embargo, son de gran relevancia de cara a entender e definir a Idade do Ferro
na costa sur galega. Se conseguimos definir secuencias para cando menos a metade de
castros que nos atopamos dispersos pola zona, poderemos obter unha imaxe moito máis
completa deste período, unha imaxe que, actualmente, basease nas interpretacións feitas
a partires dun número reducido de castros como o de Santa Trega, o que nos deixa
cunha visión claramente reducida da realidade histórica.
9
Prospección Arqueolóxica Antón Veloso Rodríguez

Bibliografía

Castro Pérez, L, (2010). Veinte años de investigaciones sobre la cultura castrexa (1988-
2008). Minius, 18, 9-36.

González Ruibal, A. (2006-2007). Poder y comunidad en el noroeste de la Península


Ibérica (1200 a.C. – 50 d.C.) (Vol. 18). Museo Arqueolóxico e Histórico.

Ladra, L. e Vidal Ibáñez, X. (2008). Contributo para unha análise espacial do castro de
Chandebrito. Anuario Brigantino, 31, 55-70.

Rey Castiñeira, J. (1999). Secuencia cronológica para el castreño meridional galaico: los
castros de Torroso, Forca y Trega. Gallaecia: revista de Arqueoloxía e
antiüidade, 18, 157-178.

Teira Brión, A.M. e Abad Vidal, E. (2012). O necesario emerxer da información


silenciada. A biografía dos escavacións en xacementos da Idade do Ferro en
Galicia como exemplo. Gallaecia: revista de Arqueoloxía e Antigüidade, 31, 83-
105.

Recursos Web

Información Xeográfica de Galicia (2023). Plan Básico Autonómico. [Link].


Recuperado 05/11/2023, de [Link]

Instituto Minero y Geológico de Galicia (2023). Mapa geológico continuo de España a


escala 1/50.000. ArcGis. Recuperado 11/2023, de
[Link]
6241b59edb596f54388ae7

Sede Electrónica del Catastro (n.d.). Buscador de inmuebles y visor cartográfico.


Www1. [Link]. Recuperado 03/12/2023, de
[Link]

10
Prospección Arqueolóxica Antón Veloso Rodríguez

Anexo fotográfico

Figura 1: Mapa de área do” Val Miñor”. Recuperado 02/12/2023 de [Link]

Figura 2: Parroquias do Concello de Gondomar. Recuperado 02/12/2023 de


[Link]
11
Prospección Arqueolóxica Antón Veloso Rodríguez

Figura 3: Ficha do Catálogo de Bens de Interese Cultural do Concello de Gondomar. Recuperado 12/11/2023 de
[Link]

Figura 4: Ficha do Catálogo de Bens de Interese Cultural do Concello de Gondomar. Recuperado 12/11/2023
de [Link]

12
Prospección Arqueolóxica Antón Veloso Rodríguez

Figura 5: Mapa topográfico da área do “Val Miñor”. Recuperado 02/12/2023 de [Link]


[Link]/map-wbqgp/Gondomar/?center=42.11075%2C-8.76185

Figura 6: Mapa topográfico ampliado da área próxima ao castro de Pedra Moura. Recuperado 02/12/2023 de
[Link]

13
Prospección Arqueolóxica Antón Veloso Rodríguez

Figura 7: Imaxes da vista do Castro de Pedra Moura no ano 2016. Recuperado 06/12/2023 de
[Link]
painceira/

Figura 8: Petróglifo do Monte As Pinceiras. Recuperado 06/12/2023 de


[Link]
painceira/

14
Prospección Arqueolóxica Antón Veloso Rodríguez

Figura 9: Parcelas Monte de As Pinceiras. Recuperado 15/11/2023 de


[Link]

Figura 10: PNOA 2020 do Monte de As Pinceiras, con filtro de afección patrimonial. Recuperado 07/12/2023 de
[Link]

15
Prospección Arqueolóxica Antón Veloso Rodríguez

Figura 11: Unidades de Prospección in site. Elaborado a partir do PNOA 2020,


recuperado 07/12/2023 de [Link]

Figura 12: Unidades de Prospección off site. Elaborado a partir do PNOA 2020,
recuperado 07/12/2023 de [Link]

16

You might also like