0% found this document useful (0 votes)
42 views3 pages

Literatura Séculos Escuros

Literatura en los séculos oscuros

Uploaded by

novasmellapaula
Copyright
© © All Rights Reserved
We take content rights seriously. If you suspect this is your content, claim it here.
Available Formats
Download as PDF, TXT or read online on Scribd
0% found this document useful (0 votes)
42 views3 pages

Literatura Séculos Escuros

Literatura en los séculos oscuros

Uploaded by

novasmellapaula
Copyright
© © All Rights Reserved
We take content rights seriously. If you suspect this is your content, claim it here.
Available Formats
Download as PDF, TXT or read online on Scribd

LITERATURA

Entre os séculos XV e XVIII, os usos escritos da lingua galega practicamente


desapareceron. Debido a isto, as mostras da nosa literatura culta (escrita) neste período
son case inexistentes. Así e todo, si se cultivou a literatura popular oral.

Imos ver, deseguido, as manifestacións literarias nestes séculos agrupadas nos tres
xéneros fundamentais: lírica, narrativa e teatro.

A lírica
Dentro da lírica, distinguimos entre poesía popular e tradicional e poesía culta.

Poesía popular e tradicional


a) A poesía anónima de circunstancias. Son composicións, en forma de romance
ou coplas populares, feitas por algún poeta anónimo sobre feitos históricos e sociais
(mortes, guerras...), que causaron grande impresión na sociedade do momento.
Destacan:

▪ A morte do Mariscal Pedro Pardo de Cela. A composición que


trata este feito titúlase «O pranto da Frouseira», nome do Castelo
do mariscal que foi traizoado e decapitado no século XV.

▪ O saqueo de Cangas polos turcos. Deste acontecemento hai un


relato poético que describe a crueldade dos piratas turcos na
destrución da vila de Cangas do Morrazo no ano 1617, que
causou a morte duns cen veciños e a catividade doutros
douscentos.

b) As cantigas populares. Son cancións tamén de carácter anónimo: neste caso, o autor
é colectivo, o propio pobo que as transmite e conserva de forma oral de xeración en
xeración. Trátase dos cantares ou romances de cego, as regueifas e os desafíos, os
maios, as cantigas de berce, as cantigas amorosas ou as cantigas de traballo (arada,
seitura, vendima, muiñada...). Empregan un léxico corrente e unha sintaxe sinxela,soen
ir acompañadas de música e baile.

c) Os vilancicos. Tratan do nacemento de Xesús, da adoración dos pastores ou dos


Reis... Malia que moitos dos vilancicos son anónimos, tamén os hai de autor. Entre eles,
destacan Carlos Patiño e Frei Francisco de Santiago. Hoxe sábese que o vilancico en
galego gozou dunha gran popularidade, non só na nosa terra, senón tamén no resto da
Península Ibérica. De feito, chegaron a ser cantados nas catedrais de Coímbra, Lisboa,
Toledo...

Poesía culta
Como xa dixemos, a poesía culta en galego practicamente desapareceu cos últimos
trobadores, porén, conservamos:
o Un soneto renacentista de Isabel de Castro e Andrade ( Condesa de
Altamira), adicado ao escritor Alonso de Ercilla, autor de La Araucana.
o Dous sonetos barrocos compostos na honra dunha raíña morta, a raíña
Margarita de Austria.

o Décimas ó apóstolo Santiago do crego Martín Torrado, ateigadas dun


humor irónico do máis puro estilo popular galego.

Posúe un léxico culto,foi pensada para ser lida e coñécense os seus autores. Demostra a
resistencia dalgunhas persoas de sectores cultos ante a imposición do castelán ao
mantérense no cultivo escrito do galego.

A narrativa
A única mostra de narrativa escrita que se conserva é a Relazón da carta
xecutoria (1615), que narra a execución de Pedro Pardo de Cela. A maioría das
manifestacións narrativas son de carácter popular e oral: contos e lendas.

• O conto é un relato feito xeralmente co fin de divertir ou entreter. A súa


temática é moi variada: a vida da xente (cregos, xastres, vellas, cegos,
estudantes...), animais (a lebre, o raposo, o galo...) etc.
• A lenda é un relato de aparencia histórica no que participan seres con
poderes sobrenaturais e ten unha localización espacial e temporal
determinada. Pode tratar sobre a orixe dalgún feito ou cousa, unha
intervención da Virxe, un acontecemento histórico...

O teatro
De seguro que existiu, durante esta época, unha tradición teatral popular (farsas,
entremeses, autos...). Delas subsisten aínda hoxe algunhas mostras no noso folclore:
farsas do Entroido, diálogos de Nadal...

Con todo, só conservamos dous textos dramáticos:

• O Entremés da Bancroft Library (1593), anónimo. Tamén se coñece como


Entremés da “Comedia de la sortija” porque é un breve entremés que apareceu
no medio da obra La comedia de la sortija.

• O Entremés famoso sobre a pesca no río Miño (1671), de Gabriel Feixoo de


Araúxo, que trata as disputas entre galegos e portugueses pola pesca da troita.

O século XVIII e os ilustrados


O século XVIII é o chamado da Ilustración, un movemento que se desenvolveu en Europa
e América ao longo dese século. Entre as súas características estaban: a exaltación da
razón, o cultivo das ciencias, a preocupación polas linguas modernas e pola educación...
Galicia, malia estar aínda nun período de marxinación baixo a monarquía borbónica,
coñeceu o interese dos ilustrados galegos polos seus problemas.

Estes homes, a maioría relixiosos, preocupáronse pola situación de Galicia, sobre todo,
pola súa historia, a súa cultura e a súa lingua. Foron así sentando as bases para o
Rexurdimento literario que se ía producir no século XIX. Destacan dous nomes: Padre
Martín Sarmiento e Padre Bieito Xerónimo Feixoo.

Padre Martín Sarmiento


Traballou e escribiu sen descanso sobre os máis variados temas e disciplinas: historia,
etimoloxía, pedagoxía, arte, botánica, física, arqueoloxía, medicina...

Ademais compuxo en galego un conxunto de cuartetas coñecidas co nome de Coplas


galegas ou Coloquio de 24 rústicos.

Unha das ideas máis innovadoras do Padre Sarmiento foi a da necesidade de ensinar os
nenos en galego e non noutra lingua que non entenden, o castelán, empregada nese
momento. Tamén aconsella a predicación e a confesión na lingua propia do país.

Padre Bieito Xerónimo Feixoo


A súa obra pódese cualificar como pedagóxica, divulgativa e enciclopédica.

Destaca o estudo da lingua e da realidade galegas. Así, dignifica o galego, afirmando


que non é ningún dialecto, senón unha lingua irmá do portugués, do castelán, do
francés... produto da evolución do latín, é dicir, unha lingua románica.

You might also like