0% found this document useful (0 votes)
162 views29 pages

As Ferreñas

Un texto de teatro que tamén é radio, poesía e moitas outras cousas. Esta é a historia que nos presenta Paula Carballeira, con ilustracións de Nuria Díaz, para coñecermos as cantareiras que protagonizan o Día das Letras Galegas 2025. Preparádevos para cantar, improvisar e non parar de botar piques e aturuxos!

Uploaded by

profesorlalin
Copyright
© © All Rights Reserved
We take content rights seriously. If you suspect this is your content, claim it here.
Available Formats
Download as PDF, TXT or read online on Scribd
0% found this document useful (0 votes)
162 views29 pages

As Ferreñas

Un texto de teatro que tamén é radio, poesía e moitas outras cousas. Esta é a historia que nos presenta Paula Carballeira, con ilustracións de Nuria Díaz, para coñecermos as cantareiras que protagonizan o Día das Letras Galegas 2025. Preparádevos para cantar, improvisar e non parar de botar piques e aturuxos!

Uploaded by

profesorlalin
Copyright
© © All Rights Reserved
We take content rights seriously. If you suspect this is your content, claim it here.
Available Formats
Download as PDF, TXT or read online on Scribd

E R RE Ñ

ASFFERREÑAS
AS (Ene vivo
(En vivo e
en directo)

A
en directo)

S
Texto de Paula
Carballeira

Ilustracións
de Nuria Díaz
Aviso da autora:

Este texto é teatro, pero


tamén é radio, e poesía,
moitas outras cousas. Im e
os representar un progra
radio con música en direc ma de
to, cancións, improvisac
piques e aturuxos. ión s,

Un programa de radio es
tá pensado para ser esco
DOI: [Link]

que esta autora recomen itado, así


da ler o texto en voz alt
ou en compañía. Se se a, en soidade
fai en soidade, debemos
porque a xente asústase ter coidado,
con facilidade cando ve
en alto cun público imax alguén falando
inario. Se se fai en comp
máis divertido, cada perso añ ía, alén de ser
naxe ten a súa voz propia
importante, ter unha voz , e iso é moi
propia coa que dicir o qu
cantando. e pensas, tamén

Un programa de radio en
vivo e en directo quere dic
persoas vivas que o están ir que hai
facendo diante dun públi
importan as idades de nin co vivo. Non
guén, nin de onde veñe
nin se chove, trona, vente n nin onde van,
a ou vai sol. O importante
lugar, nese momento, tod é que nese
o é posible, porque se vo
no teatro podemos conv lve teatro, e só
ersar con Adolfina, Rosa
Asunción, Manuela e Te , Eva, Prudencia,
resa, que xa non teñen
mundo, pero gardámolas os pés neste
na memoria, igual que ela
coplas, músicas e cantiga s gardaron as
s doutros tempos.

As palabras viaxan no ve
nto, métense por calquera
calquera lugar, entran po oco en
las orellas e fannos imax
inar.
Comecemos.

2
ESCENA 1:
PRESÉNTANSE
AS FERREÑAS
ESCENA 1:
PRESÉNTANSE AS FERREÑAS

Un escenario con seis micrófonos.


Entran AS FERREÑAS.
Cantan sobre unha base de música
tradicional con arranxos contemporáneos.

AS FERREÑAS:
Hei voar coma as palabras,
hei voar coma as cantigas.
Non hai gaiolas que pechen
a voz das miñas amigas.
Libre son e libre serei,
ferreña sen pandeireta,
vento que salta valados,
porta que está sempre aberta.
Xa non ten, non ten,
xa non ten, non ten,
ferreñas non ten,
ferreñas non ten,
xa non ten ferreñas
e mais toca ben.
Aplausos.
AS FERREÑAS saúdan.

4
FERREÑA DE SEXTO:
Moitas grazas, querido público. Somos As FERREÑA DE SEXTO:
Ferreñas! Cantamos o que nos cantaron, pero Xa estamos. O teu nome artístico é Ferreprín.
tamén o que inventamos. Eu son a Ferreña de FERREÑA DE PRIMEIRO:
Sexto, pero podedes chamarme Ferresés. Non me gusta.
FERREÑA DE SEGUNDO:
FERREÑA DE QUINTO: Se ela pode chamarse Metálica, eu tamén
Eu son a Ferreña de Quinto, pero quero cambiar.
podedes chamarme Ferrequín.
FERREÑA DE SEXTO:
Non se cambia nada. Quen somos?
FERREÑA DE CUARTO: Silencio.
Eu son a Ferreña de Cuarto, pero
podedes chamarme Ferrecar. FERRESÉS:
As Ferreñas! Acabamos de presentarnos!
Outra vez: Quen somos?

FERREÑA DE TERCEIRO: FERREÑAS:


Eu son a Ferreña de Terceiro, pero As Ferreñas!
podedes chamarme Ferreter. FERRESÉS:
E por que?
Silencio.
FERREÑA DE SEGUNDO:
Eu son a Ferreña de Segundo, FERRESÉS:
pero podedes chamarme Ferresegun. Por que nos chamamos así?
Silencio.

FERREÑA DE PRIMEIRO:
Eu son a Ferreña de Primeiro, pero
podedes chamarme Metálica.

5
FERREQUÍN: FERREQUÍN:
(Timidamente) Porque somos duras Si, pero dámoslles un aire novo.
coma o ferro?
FERRECAR:
FERRESÉS: Somos ferreñas do século XXI.
Tamén, pero non.
FERRESÉS:
FERRECAR: E que cantamos?
Porque somos pesadas coma o
ferro? FERRETER:
Isto parece un exame.
FERRESÉS:
Tamén, pero non. FERRESÉS:
(Insiste) Que cantamos?
FERRETER:
Porque somos fortes coma FERRESEGUN:
o ferro? Cancións?

FERRESÉS: FERRESÉS:
Tamén, pero non. Que cancións?

FERRESEGUN: FERREPRÍN:
Porque somos de ferro? Cancións bonitas?

FERRESÉS: FERRESÉS:
Non, non, non! Cancións que nos cantaron!
Cancións que escoitamos!
FERREPRÍN: Cancións que levan cantándose
Eu quero chamarme Metálica. moitos, moitos anos!
FERRESÉS:
(Desesperada) Non podes
chamarte Metálica, porque as fe-
rreñas son as que están na pandei-
reta, as que soan cando baten entre
elas. Chámanse así, ferreñas, e nós
chamámonos As Ferreñas porque cantamos
as cantigas que acompañan as pandeiretas.

6
FERREQUÍN: FERREQUÍN:
Tamén inventamos algunhas... Mellor, as cantigas
FERRESÉS: viaxan polo vento.
E por que cantamos? FERREPRÍN:
FERRECAR: Eu quero voar.
Estoume poñendo dos nervios con FERRESEGUN:
tanta pregunta. Ti vaste esnafrar.
FERRETER: FERRESÉS:
Cantamos porque si. Imos co programa?
FERRESEGUN: FERREÑAS:
Porque nos peta. Veña, vai!
FERREPRÍN: AS FERREÑAS van colocando a
Porque queremos. escena coma un estudio
de radio: mesas,
FERRESÉS:
cadeiras,
E para que non se esquezan as letras
micrófonos,
das cantigas, que non desapareza
auriculares, mesa
a poesía que levamos
de son...
aquí dentro.
FERRECAR:
Iso! Que ben o dis!
FERRETER:
A miña nai di que
na miña cabeza
só hai aire.

7
ESCENA 2:
CANTIGAS PARA
ESCORRENTAR O FRÍO
DO INVERNO
ESCENA 2:
CANTIGAS PARA ESCORRENTAR O FRÍO DO INVERNO FERRESÉS:
Nas noites longas e escuras do
Na mesa, están FERRESÉS, FERRECAR e FERRESEGUN inverno, cando non había luz eléctrica,
sentadas diante dos micros, cos auriculares postos. xuntábanse familias enteiras ao redor
No apartado técnico, FERREQUÍN encárgase de poñer da lareira.
música.
FERRECAR: FERREPRÍN:
FERRETER ten unha chea de obxectos para facer os
Fóra, caía a choiva. (Con menos forza) Auuuu...
sons e FERREPRÍN colabora.
Sintonía do programa. FERRETER fai o son da choiva. FERRESÉS:
FERRESEGUN: Era o momento dos contos...
FERRESÉS:
Dámosvos a benvida ao noso programa especial de Ao lonxe, ouveaban os lobos. FERRECAR:
“As Ferreñas”. FERREPRÍN: Contos de medo para arrepiar.
FERRECAR: (Con forza) Auuuuu! FERRESEGUN:
Imos escoitar cantigas de antes, cantigas de agora... FERRESEGUN: Contos de medo para berrar.
FERRESEGUN: (Dá un salto co susto. Mira a FERREPRÍN:
Cantigas que levamos na memoria... Ferreprín) Ao lonxe! Aaaaah!
Música misteriosa.
Ambiente de inverno:
rumores, renxeres...

9
FERRESÉS:
Os aturuxos chegan tan lonxe que ata
poderían escoitalos as Cantareiras das Letras.
FERRECAR:
FERRESEGUN: Quen?
(Volve dar un salto co susto) Vasme
FERRESÉS:
deixar xorda. É que non sabes berrar
As mulleres ás que se lles dedican as
baixiño?
Letras Galegas.
FERREPRÍN:
FERRESEGUN:
Eu son máis de aturuxar. (Aturuxa) Ieeeeeeeiii!!!!
Por cantar?
FERRESEGUN érguese, ameazante, e vai onda
FERRESÉS:
FERREPRÍN, que pecha a boca e fai xestos de
Por cantar con tanto xeito. Por transmitir
poñerlle unha cremalleira, por se acaso.
a poesía das cantigas.
De súpeto, FERRETER tamén aturuxa.
FERRECAR:
FERRETER:
(A FERRESÉS, con admiración)
Ieeeaaaaeiii!!!
Pero que ben falas!
FERRESEGUN:
FERRESÉS:
Que fas?
Moitas grazas.
FERRETER:
A min tamén me gusta aturuxar.
FERRECAR:
Os aturuxos afastan o medo.
FERRESÉS:
Os aturuxos chaman pola festa.
FERRESEGUN:
Moi ben. Imos quedar xordas, pero non
pasa nada, é o que nos presta.
Aturuxan.
Rin.

10
FERREPRÍN: FERRESÉS:
Cantamos nós? Tanto ten.
FERREQUÍN: FERREPRÍN:
Mellor que canten elas. Nós imos aturuxar.
FERRESEGUN: FERRESEGUN:
Pero... non están mortas? Por que?
FERRETER: FERRECAR:
Facemos un conxuro radiofónico para Para que nos escoiten ben.
traelas de volta?
FERRESEGUN:
FERREQUÍN: Ai, ai, ai, ai, ai...
Non fai falta.
FERREQUÍN pon o disco.
FERREQUÍN amosa uns discos de vinilo. Aturuxan.
Rin.
FERREQUÍN:
Vou poñer un disco destes e así podemos escoitalas.
FERRETER:
Pono de atrás para adiante. Así é como se contacta co
outro mundo.
FERRECAR:
(A FERRETER, con admiración) Canto sabes!
FERRESEGUN:
A min estame entrando un chisco de medo.
FERREPRÍN:
A min non.
FERRETER:
Pon o disco.
FERREQUÍN:
De atrás para adiante ou de
diante para atrás?

11
FERRESÉS: FERRESEGUN: Soa un aturuxo, pero tan lonxe que parece
E agora... Silencio! Aínda menos mal. vir doutro lugar, dun lugar afastado.
Miran cara a onde soou o aturuxo.
Calan. FERREQUÍN: Séntese música de pandeiretas.
FERREQUÍN quita o disco. Se cadra puxen mal o disco. E así, como traídas dun Outro Mundo, van
Escoitan. entrando AS CANTAREIRAS DAS LETRAS.
Nada. FERREPRÍN:
Pono outra vez!
FERRETER:
Boh! Non funcionou. FERRESÉS:
Escoitade!
FERRECAR:
Xa me parecía a min.

12
ESCENA 3:
AS CANTAREIRAS
MÁIS FAMOSAS
DO SEU TEMPO
ESCENA 3:
AS CANTAREIRAS MÁIS
FAMOSAS DO SEU TEMPO

Como na radio e no teatro


todo o pode a imaxinación, as
CANTAREIRAS DAS LETRAS
aparecen diante dos ollos do
público.
Preséntanse.

CANTAREIRAS:
Aquí vin, aquí cheguei,
aquí me mandaron vir.
Aquí está o meu corazón
se o queres recibir.
Son Manuela desde Mens,
veño ben acompañada
por Asunción e Teresa
para facer a foliada.
Somos Adolfina e Rosa,
chegamos desde Cerceda.
Tía e sobriña famosas
e aínda moito nos queda.
Eu son Eva Castiñeira
e fun nacer en Muxía.
Xa cantaba de pequena
no baile e na romaría.
Aquí estamos nós as sete
de entre toda a veciñanza,
no nome de moitas outras
que vivimos na lembranza.
Acaban de cantar.

14
CANTAREIRAS:
Bótalle un baile, Teresa!
Tocan a pandeireta e Teresa baila.
FERRESÉS, FERREQUÍN, FERRETER e FERREPRÍN
aplauden entusiasmadas. FERRECAR e FERRESEGUN
fican abraiadas.
FERREQUÍN:
Funcionou! Trouxémolas de volta.
FERRETER:
Xa o sabía eu.
FERRESEGUN:
Ai, ai, ai, ai!
FERRECAR:
E dixeron que estaban vivas!
FERRESÉS:
Dixeron que estaban vivas na lembranza.
Nós lembrámonos delas e apareceron.
FERRETER:
Puxemos as súas voces e viñeron…
FERRECAR:
…desde o Outro Mundo!
FERRESEGUN:
Ai, mimadriña!
FERRESEGUN E FERRECAR
buscan un lugar onde agocharse.
FERREPRÍN achégase ás
CANTAREIRAS.

15
FERREPRÍN: FERRESEGUN:
Ola! Eu son a Ferreña de Primeiro, Vedes? Son pantasmas!
encantada de coñecelas. Poden
chamarme Metálica. MANUELA:
Temos corpo e temos voz. No teatro todo
PRUDENCIA: é posible.
Eu son Prudencia, tanto gusto, que
non me presentei na cantiga. EVA:
Seguimos coa foliada?
EVA:
Perdoa, dixeches que eras unha TERESA:
ferreña? Para iso nos chamaron, non?

FERRESÉS: FERRESÉS:
Chamámonos así, As Ferreñas. Tiñamos moitas ganas de coñecelas e de
Facemos música, radio e poesía. que soubesen de nós.

ROSA: ADOLFINA:
Mira, tía, coma nós. E quen sodes vós?

ADOLFINA: ROSA:
Si, nena, pero elas son máis novas. As Ferreñas, tía, xa nolo dixeron.

FERREQUÍN: ROSA:
Moito máis novas. Poderiamos ser as Pero as ferreñas están nas pandeiretas,
súas bisnetas. e aquí hai moita xente e pouca pandeireta.

FERRETER: FERREQUÍN:
Ou tataranetas. Ou tataratataranetas. Porque somos cantareiras do século XXI.

FERREQUÍN: ASUNCIÓN:
Non te pases. E iso que ten que ver?

ASUNCIÓN: FERRETER:
E aturuxades ben forte! Que lle damos á tradición outro xeito,
Escoitámosvos desde o Máis Alá. outro aire.

16
MANUELA: FERRESÉS:
A nosa maneira de cantar e de bailar gustaba Nós tamén que?
moito, eh?
FERREPRÍN:
TERESA: Nós cantamos, improvisamos e de todo.
Sobre todo a miña. (Ri, pillabana)
ASUNCIÓN:
EVA: Se non o vemos, non o cremos.
Eu fun a primeira pandeireteira que subín a un
escenario cun grupo folk galego famosísimo FERRETER:
na época. Dálle aí.

PRUDENCIA: FERREPRÍN:
As Pandeireteiras de Mens viaxamos por Dálle ti.
Europa e por América. FERREQUÍN:
ROSA: (A FERRECAR e FERRESEGUN) Non sexades
E a miña tía e mais eu improvisamos que caguiñas e vide axudar.
dá xenio. Verdade, tía? FERRESEGUN:
ADOLFINA: Ai, ai, ai, ai, ai!
Verdade, sobriña. FERRESÉS:
FERREPRÍN: (Agarrando a FERRESEGUN) Vamos!
Pois nós tamén. Mortas ou vivas vannos escoitar.

17
ESCENA 4:
O PIQUE
ESCENA 4: O PIQUE
FERREÑAS:
AS FERREÑAS e as CANTAREIRAS DAS LETRAS Tiñan que estar moi contentas
pícanse. É un pique entre o presente e o pasado, de que falemos galego.
que sempre acaba en futuro. FERREQUÍN pon unha Hai quen prefire o inglés
base musical de percusión, acompañado por algunha e canta que mete medo.
pandeireta. CANTAREIRAS:
E contentas nós por que?
FERREÑAS: Non estades nesta terra?
Benvidas sexan, señoras, Logo que ides falar?
que non lles pareza mal. Ou non hai quen vos entenda.
Somos as ferreñas novas,
tamén sabemos tocar. FERREÑAS:
Somos novas coma os tempos,
CANTAREIRAS: hai que pensar no porvir.
Mal non nos vai parecer, Seguimos facendo versos
sempre que toquedes ben, vós non estades aquí.
porque por moito falar
non nos ides convencer. CANTAREIRAS:
Como que aquí non estamos?
Nunca deixamos de estar.
Sobre todo neste ano
que a xente nos vai
honrar.

AS FERREÑAS quedan
caladas. Non se lles
ocorre nada.

19
FERRESÉS: FERRETER: FERRETER: FERRETER:
Veña! Dicide algo! Hai que replicarlles! A ver: “Vós seredes Sigue ti! Eu non sei que máis dicir. Iso non rima.
FERREQUÍN: moi honradas... FERREPRÍN: FERREPRÍN:
A min non me vén nada á cabeza. FERRESEGUN: Sigo eu: “Quero ir rematando xa, Pero é así, róxenme
FERRECAR: Moi ben! Sigue! que teño fame.” as tripas.
A min tampouco.

AS CANTAREIRAS sorrín.

PRUDENCIA: FERRESEGUN: FERRESEGUN: ASUNCIÓN:


Seguídenos a nós e ...aí! Foi o primeiro que se Se imos despedirnos,
acabamos xuntas. me ocorreu. imos botar a última copla,
EVA: non?
CANTAREIRAS: “Esta vai por aí”? Paréceche ADOLFINA:
Esta vai por despedida que lle cadra ben? Pois pensa máis. FERREÑAS:
Esta vai por... Si.

MANUELA: FERRETER: TERESA: FERRETER: MANUELA: FERRECAR:


E como se chama Maruxa? Como se vai chamar Eu que sei! Se é a última copla, ...mellor!
a última copla? Maruxa unha copla? é a...
20
ADOLFINA: PRUDENCIA: CANTAREIRAS:
Non hai maneira, están aparvadas! Esta vai por despedida Acabouse o chocolate
Esta vai por de... Rompeu a...
ROSA:
Dálles unha oportunidade, tía. EVA: AS CANTAREIRAS miran AS FERREÑAS.
...rra... AS FERREÑAS míranse entre elas.

ASUNCIÓN: FERRESEGUN:
...dei... Que pasa?

FERREÑAS: FERRESÉS:
...RA! Temos que acabar a frase.

Aplauden. FERRETER:
AS FERREÑAS brincan Por que? A frase é súa.
de contento.
FERREQUÍN:
ADOLFINA: Para axudarlles coa cantiga.
Derradeira, si, derradeira.
FERRECAR:
Nin que fose tan difícil!
Porque van maiores, claro.
ROSA:
Fácil, fácil, tampouco era. FERREPRÍN:
Van vellas.
EVA:
A cantar, que para iso viñemos. AS CANTAREIRAS indígnanse.

Cantan todas. CANTAREIRAS:


Eh! Un respecto!
FERREÑAS E CANTAREIRAS:
Esta vai por despedida ADOLFINA:
Esta vai por derradeira Estas vellas sabemos máis ca vós.

21
ROSA: FERRECAR:
Tranquila, tía, non te enfades. A cantiga.
EVA: FERREQUÍN:
Normal que se enfade. Se a teñen gravada, búscoa nun momento.
ASUNCIÓN: FERRESÉS:
Vimos aprenderlles e mira Non vos lembrades de nada do que dicía?
como nos tratan.
FERREPRÍN:
PRUDENCIA: Dicía algo de que se acabara o chocolate...
Só nos chamaron vellas, Coa fame que teño
e vellas somos.
AS FERREÑAS cantan.
TERESA:
Tampouco tanto... FERREÑAS:
Esta vai por despedida,
MANUELA: esta vai por derradeira.
Pois que acaben elas a cantiga Acabouse o chocolate
sen nós. rompeu a...
AS CANTAREIRAS calan FERREQUÍN:
e miran desafiantes AS ...cafeteira!
FERREÑAS.
AS CANTAREIRAS rin.
FERRESEGUN: AS FERREÑAS calan.
Teño medo. Mírannos mal.
EVA:
FERRETER: Unha cafeteira, di!
Esas mulleres poden facer
calquera cousa. TERESA:
Éche ben simpática a ferreña.
FERRECAR:
Nós tamén. Como era? PRUDENCIA:
Onde levas o chocolate para beber?
FERRETER:
O que?

22
FERRECAR: ADOLFINA:
Nunha cunca. Por fin! Seredes novas, pero
ASUNCIÓN: tedes o cerebro atrofiado.
Máis grande. Agora son AS FERREÑAS
FERRETER: quen se indignan.
Nunha xerra. FERREÑAS:
MANUELA: Eh! Un respecto!
Ten que ser algo cun nome que acabe ROSA:
en “...eira”, para que rime, para que lle Tía!
acaia á cantiga.
ADOLFINA:
FERRESEGUN: Sobriña!
Nunha “xarreira”.
PRUDENCIA:
ROSA: Novas ou vellas, imos cantar
Iso non existe. todas xuntas.
FERREPRÍN: ASUNCIÓN:
Nunha ensaladeira! Que non se diga!
EVA:
Como vas levar o chocolate nunha
ensaladeira? A ensaladeira é para a
ensalada.
FERREPRÍN:
Eu levo o chocolate en calquera sitio:
nunha cunca, nunha xerra, nunha
ensaladeira, enriba dunha torta ou
dunha galleta.
ROSA:
Se a ensalada vai nunha ensaladeira,
o chocolate irá nunha...
FERREÑAS:
Chocolateira!

23
TERESA: FERREÑAS E CANTAREIRAS:
Toca a pandeireta, Eva, e nós imos Esta vai por despedida,
detrás. esta vai por derradeira.
Acabouse o chocolate,
EVA comeza a tocar a pandeireta. Rompeu a chocolateira.
Despois, súmanse as outras.
Cantan todas xuntas, FERREÑAS
e CANTAREIRAS.

24
C E N A 5:
ES
P E DI DA
A DES
ESCENA 5: ASUNCIÓN:
A DESPEDIDA Agora somos aire, somos vento,
somos lembranza.
Como adoita acontecer no teatro, acaban
os piques en festa, resólvense os conflitos e FERRECAR:
levántase o ánimo. Que bonito lle quedou!
Ilusión e esperanza, que nos fai boa falta.
ASUNCIÓN:
Moitas grazas!
EVA:
Veña, mozas, que aquí xa estivemos. PRUDENCIA:
Grazas a todas vós, por traernos de volta.
FERREPRÍN:
Fálanos a nós? FERREQUÍN:
(Facéndose a interesante) Cantan
FERRESEGUN:
vostedes moi ben, e eu diso sei.
Non creo.
FERRETER:
Pois elas mozas, mozas, o que se di mozas...
MANUELA:
Que?
FERRETER:
Nada, nada...
ADOLFINA:
Acaba a frase, non sexas mexericas.
ROSA:
Acouga, tía. Razón non lle falta. Mozas fomos,
pero xa non somos.
TERESA:
Vellas tampouco.

26
FERRESÉS:
Chegou o momento de poñerlle
FERRESÉS: punto e final ao noso programa de
Importaríalles quedar só un pouco máis, para hoxe, un programa diferente, no que
despedir o programa connosco? escoitamos as voces das cantareiras
ás que se lles dedican as Letras
ADOLFINA:
Galegas, no nome de todas as
Que programa?
mulleres que seguen dándolle vida
ROSA: á nosa poesía popular.
Un programa de radio, tía. Mira como teñen
FERRECAR:
todo preparado.
Falas tan ben, Ferreña de Sexto,
EVA: que ata dá mágoa rematar.
Non nos importa nadiña.
FERRESÉS:
MANUELA: Se falo así é porque me aprenderon,
Quedamos encantadas. igual que me aprenderon a cantar.

AS FERREÑAS volven aos seus sitios na FERRESEGUN:


mesa e na técnica. Grazas por vir, señoras das Letras!
AS CANTAREIRAS quedan de pé, mirándoas.
FERREQUÍN pon a sintonía do programa. CANTAREIRAS:
Grazas a vós por nos convidar!
Saen cantando.
CANTAREIRAS:
Levádeo, nenas, levádeo,
o cantar da nosa terra.
Levádeo, nenas, levádeo,
levádeo que ben se leva...

27
FERREPRÍN: AS FERREÑAS:
Xa podemos ir comer? Hoxe non cantamos máis,
esta vai por despedida.
FERRESÉS: Quen quedou ata o final,
Podemos. caia de patas arriba!
FERREPRÍN: Aplausos.
(Aturuxa) Ieeeeeei! Saúdos.
Alegría.
AS FERREÑAS aturuxan

todas e acaban
cunha copla.

28
[Link]

You might also like