NOTICIAS DEI
MAR
INTERNACIONAL
Por:Daniel Pérez
NOTICIA
O 11 de marzo, o pescador peruano de 61 anos
foi rescatado tras sobrevivir 95 días a deriva
no Océano Pacífico. Despois de que un
temporal desviase a súa embarcación o 7 de
decembro de 2024, Napa mantívose con vida
consumindo auga de choiva, insectos, aves e
unha tortuga. Foi atopado por pescadores
ecuatorianos a máis de 1.000 km da costa de
Ecuador, en estado grave pero consciente.
Tras recibir atención médica, foi dado de alta
o 15 de marzo e regresou ao Perú para
reunirse coa súa familia.
NOTICIA
O 18 de marzo, un pesqueiro galego afundiu a mil
millas da costa de Chile debido a un incendio no
motor durante un temporal. Salvamento Marítimo de
Chile coordinou a operación, na que un barco
portugués rescatou aos 19 tripulantes, que se
atopaban en boas condicións nas balsas salvavidas. O
'Pico Tresmares' é un palangreiro de superficie con
base en Celeiro, Lugo.
NOTICIA
O 18 de marzo, un pesqueiro galego
afundiu a mil millas da costa de Chile
debido a un incendio no motor durante
un temporal. Salvamento Marítimo de
Chile coordinou a operación, na que un
barco portugués rescatou aos 19
tripulantes, que se atopaban en boas
condicións nas balsas salvavidas. O 'Pico
Tresmares' é un palangreiro de
superficie con base en Celeiro, Lugo.
NOTICIA
A NASA alertou recentemente
sobre un incremento inesperado
no ritmo de subida do nivel do mar
global en 2024, que aumentou a
0,59 cm por ano, superando a
previsión de 0,43 cm. Este
fenómeno débese principalmente
á expansión térmica da auga
mariña debido ao aquecimento dos
océanos.