You are on page 1of 108

Dado o importante e abondosa que foi a literatura

popular noutros tempos, pareceunos importante que


esta sabedoría, que está centrada nos maiores da nosa
zona, non se perdese.

Mostra disto é este pequeno traballo que o


alumnado do C.P.I. Dr. Daniel Monje, coordinado
polo Equipo de Normalización Lingüística, recolleu
a través da investigación no Concello de Navia de
Suarna.

Tratamos de recompilar todo o relacionado coas


tradicións ó redor dos traballos, festas, maneiras de
pensar, costumes e a mesma vida. Así collemos
contos, lendas, refráns, adiviñas, ditos, alcumes,...

Este material foi recolleito tal e como nolo


transmitiron os nosos maiores, e , deste xeito, con-
serva os trazos e peculiaridades propios dun territo-
rio e dunha época, sen»intervencións normativas»
pola nosa parte.

Os nosos devanceiros apoiáronse nesta bagaxe


cultural para enriquecer as diferentes facetas da vida,
e nós tan só pretendemos facer un labor de conser-
vación e respecto das nosas tradicións.

Equipo de NormalizaciónLingüística
Agradecementos:

* Ó alumnado do C.P.I Dr. Daniel Monje de Navia de


Suarna, Lugo.

* Ós seus maiores.

* Ós seus pais/nais.

* Ó profesorado.

* Ó Excelentísimo Concello de Navia de Suarna.

* A Caixa Galicia

* José Tomás Díaz Teijo (deseño da portada)

* E a todos os que van a dedicar parte do seu tempo a


lelo e reflexionar sobre o noso pasado para poder
mellorar o noso futuro
Crenzas e Costumes

Con peras, viño bebas,non sea tanto que naden as peras.

¡Quen ten filla solteira, non diga da allea!

¡Si non durara máis a ruiña veciña que neve marciña!

A boa ama non pode estarse na cama.

A cabalo regalado non lle mires o dente

A cabra viciosa dá co corno no cu.

A castaña a primeira, a noz a postreira

A castaña que está no camiño é do veciño.

A mal tempo boa cara.

A onde foras, fai o que viras.

A quen lle has dar a cea,non lle negues a merenda .

A quen madruga Dios lle axuda.

A todo porquiño lle chega o seu San Martiño.

A verza a crecer e a porcelana a cocer.

A vida na aldea déalla Dios a quen a desexa.

Aceite o de arriba, viño o do medio e mel o do fondo

3
Acórdate nora que serás sogra.

Albariño é caiño, son os reis do viño.

Algo lle falta ó viño que non ten a agulla do caíño.

Ama gorda, pouco leite.

Ano de cereixas, ano de queixas.

As castañas polo San Martiño, teñen sede e queren viño

Auga corredía, todo o mal desvía.

Auga de maio, pan todo o ano

Ben cantas, Marta, despois de farta.

Ben coidado o colmear, por abril debe enxamiar.

Ben vai a vella na burra cando é súa.

Bicos de cocho, non chegan ó ceo.

Billete cambiado,billete gastado.

Boas son as miñas veciñas pero, fáltanme catro galiñas.

Burro grande ,ande ou non ande

Cada día que pasa de Xaneiro,cada allo que perde o alleiro

Cada maestriño ten o seu libriño.

4
Cal enxoito, cal mollado, ara en abril e non terás que pedir
prestado

Cando as barbas do teu veciño vexas pelar,pon as túas a


remollar

Cando non chove en Febreiro,non hai bo prado nin bo


palleiro.

Cando non hai pan nin bola,reñen tolo e tola.

Cando o cuco vén pola ribeira ,mel e manteiga, e cando vén


pola montaña,pan e palla.

Cando o millo vai louro, o peixe branco está de ouro.

Cando o río sona, auga leva.

Cando o río volva arriba,os carballos dean uvas ,serán bos os


homes das barbas rubias

Cando o trigo está no celeiro, é do dono ou de quen ten


diñeiro.

Cando Pedro non quere ler, non hai que lle facer

Cando te casaches, mal negocio arranxaches.

Cando vén unha,non vén soa.

Carballo no chan,todos á leña.

Carne que tes que rozar, non a debes maltratar.

5
Cásate, e teremos muller.

Castañas e viño fan a ledicia do San Martiño.

Castañas, viño novo e chourizos, no mes dos Santos son


vicios.

Coa vara que midas, serás medido.

Con pan e viño, facemos o camiño.

Desde que vén o cuco,vén o pan ó suco.

Deus deunos dúas orellas e unha boca,para falar menos e


escoitar máis.

Deus nos teña de man, nos saque de inverno e nos meta no


verán.

Días de moito, vísperas de nada

Dime con quen andas e direiche quen es.

Dios dá o pan a quen non ten dentes.

Do vello, o consello.

Dos corenta para arriba,non molles a barriga

En febreiro, cada porreto ó seu regueiro.

En maio raposo criado e lobo emplumado

Entre casados, fanse as paces, deitados.

6
Enxame de xuño, é coma un puño

Facendo e desfacendo,vai Maruxiña aprendendo.

Fai ben e non mires a quen.

Fáltalle antes o fillo ó padre, cá auga ó aire.

Fillo eres, pai serás,segundo as fagas así as atoparás.

Fillo sen dor, nai sen amor.

Home tramposo e muller mentireira,sácaos da miña beira.

Hórreo no camiño, alegra ó peregrino.

Labrador barullán, non colle viño nin pan.

Labrador luneiro,nin boa meda nin bo palleiro.

Labrador sen carro, can sen amo, curro sen valado e nena sen
amor, sonche a cousa peor.

Líanse as pitas, mañá chove

Maceira na horta,rapaces á porta.

Maio sen trebóns é coma home sen collóns.

Máis sabe o demo por vello que por demo

Máis vale maña que forza.

Máis vale o ruín coñecido que o bo por coñecer.

7
Máis vale paxaro en man que centos voando.

Máis vale selo pano cás tixeiras

Máis vale tarde que nunca.

Máis vale volta de chave que consello de frade.

Mellor é calar que con burros falar.

Mordedura de alacrán, bebe viño, come pan, que mañá te


enterrarán.

Muller,viño e tabaco,poñen o home, fraco.

Na igrexa rezar, na praza calar e na casa falar ata escachar.

No hórreo de pedra o millo medra

No Setembro e máis no outono,bebe o viño vello e deixa o


novo.

Non hai mellor xordo que o que non quere oír.

Non digas para que non che digan.

Non é ben listo, o que lle chama burro a outro.

Non hai atallo sen traballo,nin rodeo sen paseo.

Non hai mal que por ben non veña.

Non hai mal que sempre dure, nin ben que nunca se acabe.

8
Non pidas peras ó olmo

Non te fíes do ceu estrelado, nin do amigo reconciliado.

Non teñas por oficio, o que o rico ten por vicio.

Nunca faltou un pendango para unha pendanga.

O cabo ca de ir á guerra, no no aborta a egua

O can que máis ladra, non morde.

O cortizo e o coello, no monte vello.

O corvo nace na pena, e tira pra ela.

O home non chora hasta ter as tripas fóra.

O labrego quere o sol na porta e a chuvia na horta.

O lume ó pé da estopa ,vén o demo e sopra.

O marido na cama, fume na casa.

O martes,nin o teu cocho mates nin o teu fillo cases.

O martes,nin te cases nin te embarques.

O moito ter, o moito valer e o moito poder, botan o home a


perder.

O mozo atrevido, é da moza o máis querido.

O neno argalleiro, a súa nai ponlle o cu como un braseiro.

9
O pan con ollos, o queixo sen ollos e, o viño que salten os
ollos.

Ó pasar o sol, pouco día queda.

O que canta na cama e xipra na mesa, pouco xuízo ten na


cabeza.

O que de novo non traballa, de vello dorme na palla.

O que en agosto empreña, en maio pare.

O que en xullo non trilla,en agosto non agabilla.

O que fala da vida allea é que non ten a súa chea.

O que lonxe vai casar, trampa leva ou vai buscar.

O que moito enfaixa, pouco ata

O que non as fai,non as teme.

O que non come por haber comido non é enfermedade de


peligro

O que non chora, non mama.

O que non fuma nin bebe viño, o demo llo leva por outro
camiño.

O que non mata,engorda.

O que non ten fillos,o demo lle trae sobriños.

10
O que oe e cala,fai a burla de quen fala.

O que podas facer hoxe, non o deixes para mañá

O que queira bo entrecosto, que o cebe no mes de agosto.

O que queira pasar o tempo que bote os nabos sen esterco.

O que ri o último, ri mellor.

O que se levanta tarde, nin oe misa nin come carne.

O que se limpa o cu cunha pedra, rasca o cu e deixa a merda.

O que ten burro e o vende,ben se entende.

O que un sembra, outro colleita.

O vinagre e o limón,medio ciruxanos son.

O viño Deus non é,pero milagres fai.

Ollos que non ven,corazón que non sente.

Onde hai fillo, nin parentes nin amigos.

Onde vas Vicente,onde vai a xente.

Oración de burro, non chega ó ceo

Os cachos tiran pras olas.

Os enemigos do home son tres: sogra, cuñada e muller.

11
Ou nas uñas ou nos pés, has de semellar a quen es

Ovella que berra,bocado que perde.

Pan de panadeira e viño de taberna,nin farta nin goberna.

Pano podre,non garda puntada.

Perro fraco, todo son pulgas.

Pódeme quen seipa e átame quen queira – díxolle a viña ó


labrego.

Polo mal veciño,non desfagas o teu niño.

Por moito trigo,non é mal ano.

Pouca terra ben aboada, vale por moita mal traballada.

Poucas castañas en novembro,neve en decembro.

Quen da nove e quita dez, lle vai todo ó revés.

Quen mal fala, a súa boca dexoba

Quen me dera ser a min o que pensa que é el/a

Quen moito apreta, pouco abarca.

Quen xaxúa polo San Xoán, ou é tolo ou non ten pan.

Río revolto, ganancia de pescadores.

Santo na praza, demo na casa.

12
Se bebes para olvidar, paga antes de empezar.

Se na vendimia chove, non ten contento o home.

Se queres chegar a vello, garda aceite no pellejo

Se queres ter allo fino, bótao por San Martiño.

Se tes moito frío, métete no río.

Segue os bos consellos dos sabios e vellos

Sembrar cosecha en leira allea,non é para te-la casa chea.

Sogra, avogado e doutor canto máis lonxe millor

Sol de vernes, non chega ó domingo, e se chega é seguro

Sol madrugador,estudiante danzarín e a mula que fala o


tatín,son tres cousas que teñen mal fin.

Ten coidado de gañar,que tempo che queda para gastar.

Un ano moitas peras e outro ganas delas.

Vaca de moitos,cómena os lobos.

Vale máis fume da miña casiña, que lume da veciña.

Vale máis paxaro en man, que centos voando.

Vale máis previr que curar

Vida por vida, primeiro a miña.

13
A muller
A cabra que tira ó monte, non ten cabreiro que a aguante,e a
muller que sae mala nin reñirlle nin pegarlle.

A filla mala, diñeiro e casala

A galiña ben galeada, a moza ben aloumiñada.

A moza trouleira, súa nai á beira.

A muller co bo marido, crece como o ovo batido.

A muller da ribeira mexa na cama e non hai quen a queira.

A muller de bo marido, sempre parece solteira.

A muller do mariñeiro,cando hai peixe ten diñeiro.

A muller e a besta, a ninguén se presta.

A muller e a galiña, tríncalle o pescozo e verás como queda


mansiña.

A muller e a ovella, con día na cortella.

A muller e a perdiz pola boca se maldice.

A muller e a sardiña están ben na cociña

A muller e a sartén, na cociña están ben.

A muller é coma o melón, se é boa non hai cousa mellor, se é


mala non hai peor.

14
A muller é muller cando lle apunta a teta.

A muller e o vento cambian ó momento

A muller e o viño, sacan o home do tino.

A muller limpa e composta o seu home quita doutra porta.

A muller que asubía,e a galiña que canta coma o capón, á miña


casa non.

A túa muller todo lle tes que facer saber.

Ama jaranera ten a casa de calquer manera

Amor o da nai que outros mellores non hai.

Cando as cousas andan ó revés, a muller empreña de outro e


os fillos parécense a un.

Cando na casa engorda a moza, mal anda a cousa.

Costureira sen dedal, cose pouco e mal.

Dios te agarde de dianteira de viúva e de traseira de mula

Mellor é a moza de criar que de casar.

Moza con vello casada, como vella hai que tratala.

Moza que a moitos fai cara, non deixa de ser trampa.

Muller primeriza,primeiro se lle coñece no peito que na


barriga.

15
Muller que mexa de pé nunca boa é.

Non compres mula coxa pensando que vai sanar, nin cases
con puta pensando que vai enmendar.

Non se sabe o que pode enseñar a muller ó bailar e o burro ó


ornear

O forno e a muller, pola boca se quentan.

Pera madura non ten agarda, muller treitena axiña se pasa.

Quen ten muller e a perde non sabe o que gana.

16
O Home
Home mullereiro, consigo acaba e co diñeiro

Home pequeno, fol de veneno

Home refraneiro,home de pouco diñeiro.

17
O Tempo
A flor de febreiro, non vai ó fruteiro.

A xeada de San Xoán,quita o viño e non dá pan

Abril augas mil

Abril concluído, inverno ido

Abril e maio son a chave do ano

Auga de xaneiro, esterco e carneiro.

Auga tronada, nuns sitios moita e noutros nada.

Cando o paxaro anda apurado, baixa a neve ó fondo do


carballo.

Ceo de lás, senón chove hoxe, choverá mañá

En abril augas mil, caben todas nun barril.

En abril nubeciñas a chorar e campiños a medrar

En Agosto, secan os montes e en Setembro, as fontes.

En Outubro,deus nos libre dunha mala nube.

En xaneiro reuma, en marzo catarro e, en maio, outra vez


sano.

En xaneiro, bufanda, capa e sombreiro.

18
En xaneiro, sete lobos ó carreiro.

Marzo escarabanoso e abril chuvioso.

Marzo marceiro, tan pronto sol como aguaceiro.

Marzo marzán pola mañá cara de risa e pola tarde cara de can.

Marzo marzolas, treboadas e raiolas.

Marzo ventoso e abril chuvioso, fan o ano florido e fermoso.

Marzo, entra o sol en cada garzo.

Neve febreiriña, tarde vén e logo camiña.

Neve na serra, abundancia na vega.

Non hai Xaneiro sen xeada,nin tulla sen palleiro.

Non ten que chover en marzo máis do que molle o rabo dun
gato.

Norte oscuro, vendaval seguro

O viño de abril, enche xarra e barril.

Polvo de abril e lama de agosto, poñen ó home de mal rostro.

Posta de sol colorada, do norte virá a ventada

Relampa no porto, auga no horto.

Se cantan as ras en marzo, mal maio temos.

19
Se o abril vén mollado, no maio canta o río e baila o prado.

Se xea o día de San Brais ,sesenta xeadas máis.

Setembro, ou leva as pontes ou seca as fontes.

Xaneiro marceiro, mal marzo temos.

Xeada enriba da lama, de seguido a choiva faille a cama.

Xulín sega o foucín, agosto queima o rostro, septiembre pau


que retembre.

20
O tempo cronolóxico

Altas ou baixas,en abril son as pascuas.

Ata o corenta de maio non te quites o saio.

Cando en marzo canta a ra, en abril e maio calará.

As castañas polo San martiño, teñen sede e queren viño.

Día de San Xoán sécalle a raíz ó pan; día de San Pedro seca
polo medio e día de Santiago, seca do fuciño, ó rabo.

En Decembro,quen non mata o porquiño non ten lacón,nin


touciño.

En maio o millo sementado, cal enxoito, cal mollado.

En maio, todo espigado.

En marzo , espigarzo.

En S. Xoán,calquera gaña o pan.

En Santa Lucía mengua a noite e medra o día

Entre marzo e abril, sae o cuco do cubil, se non sae, è que non
vén ou que non quere vir.

Febreiro febras dá, si non as deu, xa non as dará.

Grano de marzo, non vai ó cabazo.

21
Lúa nova de febreiro, o primeiro martes día de entroido.

No mes de San Xoán, máis viño que pan.

O viño de maio, pouco e malo.

Polo San Martiño o touciño sabe a viño.

Polo San Martiño,mata o porquiño e proba o viño.

Polo San Xoán, máis queixo que pan.

Se pra túa casa é o madeiro, córtao en xaneiro.

22
Oficios

Arrieiro dunha besta, cesteiro dunha cesta e pescador dunha


cana, perden máis que gañan.

Avogado durmiñón ,sen diñeiro no caixón.

Ó ferreiro da maldición,ó ter ferro fáltalle o carbón.

23
Cantigas
A castaña no cañizo

fixo pum e reventou

caeu do castín en baixo

¡ai! que golpiño levou.

Namoreime da castaña

namoreime do ourizo

namoreime de ti nena

porque tés o pelo rizo.

Non as quero, non as quero

castañas do teu magosto

non as quero, non as quero

que cheiran a chamusco.

Zona de Navia

24
Santo que estás no cainzo

tira castañas abaixo

tira desas máis grandiñas

que polas pequenas non me baixo.

Estamos no tempo de troupele, troupele

estamos no tempo de estroupelar,

estamos no tempo de de tasca-lo liño

estamos no tempo do liño tascar.

Este pandeiro que eu toco

éche de coiro de ovella

onte berraba no monte

hoxe toca que rabea.

Eu do queixo non me queixo

co queixo ben che me sabe

quéixome de quen non vende

que non mo vende de balde

25
- O que nin canta nin baila

¿a que vai a pola vila?

mira-lo que pasa

para contar ó outro día..

zona de Navia

Santa Lucía de Freixís

pídoche con alegría

péchame os ollos pola noite

e ábremos polo día

Vaite con Deus meu Pepe

que de liño vas bon,

ovella non comiche

e tampouco castrón.

Todo o que padeciche

26
cho pagará María

co repartimento

da ovella da morriña.

zona de Navia

Acábanse as vendimas

e veñen as esfoliadas

para comer coas mozas

catro castañas asadas

Do outro lado do río

ten meu pai un castiñeiro

da castañas en agosto

e patacas en xaneiro

Una vella dixo a outra

polo furado da porta

vella se queres castañas

entra pola outra porta

Zona de Navia

27
Si vas a castañas a ribón

virás aburrido,

comerás castañas asadas

e leite fervido.

Zona Ribón

ARRABEA POLA PINEIRA

Arrabea pola pineira

arrabea por peneirar

arrabea por ter amores

arrabea por te casare.

Fuches a Villagarcía

fuches e non viches nada

fuches a villagarcía

unha mañá de xeada.

28
Arrabea pola pineira

arrabea por peneirar

arrabea por ter amores

arrabea por te casare.

Parroquia de Rao

AS MOZAS DE VILAQUINTE

As mozas de Vilaquinte

son unhas lindas muchachas. ¡aupa!

Só tein un defecto ¡aupa!

Que son un pouco borrachas.

La, ra,la,la,la

Se son borrachas que sexan

a naide lle importa nada,

elas pagan o que beben ¡aupa!,

la, ra, la, la,la,la.

Ó sábado de borracheira,

o domingo de constumbre, ¡aupa!

29
Lla si a van tirando a casa pola fiestra, la, ra, la, la, la.

O luns pola mañá, ó traballo naide acude,

anque os seus pais non poidan,

eles están na cama,

Ua si a van tirando ,¡aupa!

A casa pola fiestra, la, ra, la, la,la.

Parroquia de Vilaquinte

CANCIÓN DE BALOUTA

Valen máis las caras guapas

de las mozas de Balouta

que las mozas forasteiras

vestidas de buena ropa.

Arriba Pico de Surcio

abaixo Pena Marela

máis arriba está Balouta

Dios nos libre de tal terra.

30
Este pandeiro que toco
érache de pel de corzo

tócano en Pelliceira

e resona en Arandoxo.

Este pandeiro que eu toco

é de coiro de cacique

non teñas medo que raxe

por moito que repenique.

Este pandeiro que eu toco

éche de coiro de ovella

onte berraba no monte

hoxe toca que rezumbea

Parroquia de Rao

Unha vella de Estoupelo

foi a feira a Paradela

foi vender o xato pinto

fillo da vaca marela.

31
A miña me ha de valere

non quero un home pequeño (bis)

que me parece na cama

un vasoiro pra varrere.


Póboa de Navia

Houbo xente, houbo xente

a gaita na romería

o bailador de muñeira

tomouno con gallardía.

As rapaciñas de Iglesiafeita

vide bailar ó son do pandeiro

que xa retumba o tamborileiro

e a nosa festa vai comezar.

A festa acabouse

vámonos xa pro lugare

que maña é día solto

e temos que traballare.


Parroquia de Rao

32
O LARANXEIRO

Eilí arriba en Vilanova

hai un gran laranxeiro,

todo cuberto de flores,

fun avalalo e todo me cubriu de flores,

ris con ras, cataplás

eu teño un pirulí tras, tras.

Pasei por Villarantón

Por Villarantón cantando

nenas de Villarantón

quedan na fonte lavando

Póboa de Navia

O FERREIRO VAI FÓRA

O ferreiro vai fóra

a ferreira tamén

mira Pepe e a ferreira tamén

33
vanche facer un cravo (bis)

hánchelles sair ben

mira Pepe,

háchelles sair ben, mira Pepe

Póboa de Navia

VIVIR EN VILAQUINTE

Vivir en Vilaquinte moi bonito é,

andar de baranda e durmir de pé,

andar de baranda e durmir de pé.

Eilí arriba no castelo

hai un gran muín

entre Valentina do Ferreiro

e Xosé do tío Diego

Parroquia de Vilaquinte

34
MORENIÑA

Chamácheme moreniña

á vista de tanta xente

ahora vaime quedare

moreniña para sempre.

Non sei que ten a morena

non sei que a morena ten

non sei que ten a morena

que todos lle queren ben

que todos lle queren ben

non sei que ten a morena

non sei que a morena ten.

Chamácheme pera fofa

eu a tí mazá podrida

a pera fofa se come

e a mazá se tira

35
Chamácheme moreniña

á vista de tanta xente

ahora vaime quedare

moreniña para sempre.

Parroquia de Rao

Yo la vi y ella me miraba

y en la mano llevaba una jarra.

No la llevaba con vino

que la llevaba con agua

para regar los claveles

que tenía en la ventana.

Yo la vi y ella me miraba

y en la mano llevaba una jarra.

Póboa de Navia

36
MANOLO YA NO ES MANOLO

Manolo ya no es Manolo,

Manolo no es quien era,

Manolo es el mejor mozo,

que pasea la ribera.

Manolo ya no es Manolo,

Manolo no es quien era,

Manolo es el mejor mozo,

que pasea la ribera.

Manolo se va a los toros,

y le dice a su mamá,

necesito 20 duros,

y me los tienes que dar.

20 duros no te doy,

25 te daré,

pero es preciso Manolo,

que olvides esa mujer.

37
Esa mujer,

no la olvido,

aunque me den 2000 duros,

quiero yo más a mi novia,

más que a dinero ninguno.

Póboa de Navia

MANOLO MÍO

Manolo mío,

tu bien lo sabes,

que desde niña,

te dí mi amor.

Tú me mirabas,

y me abrazabas,

en las ventanas,

del corredor.

38
Manolo mío,

a mi me han dicho,

que por tres meses,

te vas de aquí.

Esos tres meses,

serán tres siglos,

Manolo mío,

lleváme a mi.

Llevarte a ti,

no puede ser,

a los tres meses,

te escribiré.

La primera carta,

cayó en mis manos,

y la segunda en el corazón,

y la tercera cayó en la arena,

donde Manolo se enamoró.

39
Allá arriba, hay un cadáver,

que no se sabe de quien será,

seguramente es de Manolo,

que se ha muerto,

en la soledad.

Póboa de Navia e parroquia de Rao

Viva Rumboiro, Rumboiro viva

viva Rumboiro pola noite e polo día

dicen os do outro lado

que cantan millor ca nós

cantan a punta dun corno

que millor cantamos nós

Viva Rumboiro Rumboiro viva

viva Rumboiro pola noite e polo día

Póboa de Navia e parroquia de Rao

Non te cases cun ferreiro

Kiquirikí que te queiman

40
as muxicas cacaracá

cásate cun carpinteiro

Kikirikí que fai as huchas

bonitas cacaracá

Non te cases cun ferreiro

Kikirikí que da moito

que lavare cacaracá

casate cun mariñeiro Kikiriquí

que ven lavado do mare

cacaracá
Parroquia de Rao

Os gaiteiriños da Proba

mala centella chos gafe

non queren toca-la gaita

sen que lles den chocolate

Ven, vén, vén xarro do viño

vén, vén, vén rica empanada

41
vén vén vén muller honrada

vén a mis brazos mujer.

A muller que queira gozar

non se debe casar

con ningún vello

que se non despois de cenar

pódelle dar malos consellos

Ven, vén, vén xarro do viño

vén, vén, vén rica empanada

vén vén vén muller honrada

vén a mis brazos mujer.

Quixen porque te quixen

quérote porque te quero

hasme querer miña rola

heite querer churrusqueiro

42
Ven, vén, vén xarro do viño

vén, vén, vén rica empanada

vén vén vén muller honrada

vén a mis brazos mujer.

Póboa de Navia

Veilavaí ,veilavaí

a rapaza polo río

sin comer e sin beber

toda cheíña de frío

toda cheíña de frío

toda chea de dolor

velavaí velavaí

polo río de Rao

Parroquia de Rao

La casa del señor cura,

nunca la ví como ahora,

43
ventana sobre ventana,

y el corredor a la moda,

sale a bailar buena moza,

menéate resalada,

que la sal del mundo tienes,

y no te menéas nada,

porque no te dá la gana,

morenita resalada.

Póboa de Navia e parroquia de Rao

Unha vella fixo as papas

o pote botounas fóra

fai un ano que foi eso (bis)

ainda hoy a vella chora.

Hai la, la,lá, hai, la, la,lá

O cura foi ó muíño

e caeu da ponte enbaixo

acudídelle vecíns (bis)

44
que vai polo río abaixo

Hai la, la,lá, hai, la, la,lá

O cura de Vigo é xastre

o de Marín mariñeiro

o de Ourense afiador

e o de Lugo zapateiro

Hai la, la,lá, hai, la, la,lá

O cura desta parroquia

ten a sotana furada

que lla roeron os ratos

pensando que era empanada

O cura e maila criada

ordearon de cocer

tiñan a leña no monte

a fariña por moer

Hai la, la,lá, hai, la, la,lá

45
O cura iba pro muiño

co fardelo na cabeza

resbaláronlle os chaprelos

e caeu de cu na presa

Hai la, la,lá, hai, la, la,lá

Póboa de Navia e parroquia de Rao

Ahí vienen los de la boda

ahí vienen los bodantes

ahí vienen los de boda

que son mozos arrogantes.

Ahí vienen los de la boda

todos vestidos de negro

no siendo la señora novia

que viene de terciopelo.

La madrina es una rosa

el padrino es un clavel,

46
la novia un espejo

y el novio se mira en él.

Al señor padrino le digo

y al señor novio le encargo

que detengan su caballo

los vamos acompañando.

De quien es este caballo

de las herraduras dobles

es del señor padrino

principal de los señores.

El padrino de esta boda

es un padrino muy honrado

que para las cantadoras

trae el regalo preparado.

Nosotras no somos interesadas,

que a brindar a cinco duros

ya estamos aconstumbradas.

47
Despídete buena niñas

de la casa de tus padres

que es la última vez

que de ella soltera sales.

Aprecia galana la niña

bien la puede apreciar

que llevas la mejor chica

que había en este lugar

que otros vinieron primero

y no se la quisieron dar.

Si no haces buena vida a esta

otra no vengas buscar.

Entra buena niña entra

a la casa de tus suegros

entra buena niña entra

que aquí bien puedes entrar

que has cogido el mejor chico

que había en este lugar.

48
Convide patrón convide

que bien puede convidar

que lleva la mejor chica

de aquel lugar.

Murias de Rao

CANTIGA DE NAVIA

Navia, país de ledicia

Navia, terra de ilusión

Navia lévote gardada

dentro do meu corazón

Eu teño unha novia en Navia

que me rouba o corazón

e como ela é de Navia

de Navia eu quero ser.

Din que Navia é moi feo

porque non ten balcóns

49
pero ten unhas rapazas

que rouban o corazón.

Como a xente de Navia

Non hai xente mellor

Sempre de troula e ledos

Sempre de bo humor

Para cantar viva Lugo

para bailar Fonsagrada

e para as rapazas bonitas

viva Navia de Suarna.

Pero a troula de Navia

deixou de existir

porque unha muralla de auga

xa comeza a ruxir

50
SAN ANTONIO DE AMARANTE

Eu non vou, non vou

eu non vou alá

o demo do cura

que me quererá (bis)

San Antonio de Amarante

casamenteiro das nenas

porque non casas as vellas

que mal che fixeron elas

Eu non vou, non vou

eu non vou alá

o demo do cura

que me quererá (bis)

Parroquia de Rao

51
O ROSCO

El rosco está bueno

es de buena harina

non dejen sin parte

¡ay! a la madrina

El rosco está bueno

vino de Segovia

a perna do medio

para a señora novia

El rosco está bueno

tiene calentura

no dejen sin parte

¡ay! al señor cura

Subila e baixala

baixala e subila

¡ay! al señor cura

Parroquia de Rao

52
CHURRUSQUEIRA

Heiche de dar o boi blanco

fillo da vaca marela

dareiche a filla máis nova

meu ben, pra que te cases con ela

Dios cho pague, pague

Churrusqueira

téñocho que agradecere

cando vou, vou o teu muíño

sempre me deixas moere

Miña Santa Margarita (bis)

miña Margarita Santa

coa auguiña da túa fonte

meu ben, reguei a miña garganta.

Heiche de dar o boi blanco

fillo da vaca marela

53
dareiche a filla máis nova

meu ben, pra que te cases con ela

Recollida en Rao

MARUXIÑA

Ten cuidado Maruxiña

cando te vaias á cama

que non vaia ir o demo

e che faga unha trasnada.

Téñoche un can de palleiro

que de noite anda ceibado

e que lle roe as canelas

ó trasgo millor plantado

Maruxiña me dixeron

tiñas na hucha un burato,

ten cuidado que nel

nonche vaia entrar o rato

54
O furadiño da hucha

téñocho ben tapadiño

non teñas medo que nel

me vaia entrar o ratiño

Por moi tapado co teñas

Maruxiña ten ben conta

que hai ratos murmuradores

que atravesan toda a roupa.

Nin máis palique

nin máis falar

que os nosos sendos

chegamos xa.

Adios, adios hasta mañá.

Parroquia de Rao e Póboa de Navia

55
A MULA QUE TIÑA FONTE

A mula que tiña Fonte

morreu de 32 anos

morreu no medio da corte

detrás dos mesmos escanos

Levantóuse Manuel

¿que tes muliña, que tes?

Voi onde ó Capador

a ver se che dá un remedio

para que te poñas mellor.

O Capador xa lle dixo:

-a mula estache acabada

repartídea cos parientes.

Saliu o tío Balbino

cunha voz moi aflixida

primeiro son os veciños

56
que llos teño polo pobo

que son moitos meus amigos

Vamos para a casa de Sepe

co pescozo e a cabeza

que para a reuma de Ricardo

é unha gran fortaleza

E Baldomero de Roxo

como un home formal

darémoslle algo da mula

a columna vertebral.

A patrona de Ciprián

pídelle a Dios con ternura

dádeme as catro canelas

sen quitar as ferraduras

Saliu a nora dicindo

con moito salero e pustín

57
a vostede abóndalle dúas e

as outras dúas para min.

Chegouche Pepe de Fora

o que par de disgraciadas

non vivo máis con vosoutras

se vos dades de patadas

Vamos onde Casanova

que hai unha legua que andar

darémoslle algo da mula

un lacón e máis a lengua.

Esa Conchita de Hermita

goberna moi ben a casa

se quereis que ben goberne

hai que deixarlle a grasa.

Liñares

58
Alto pino, alto pino

ó ceo chega á rama

a rama que ó ceo chega

debe ser ben plantada

Sube alto, sube alto

e ó alto dun corredor

e por ver como se peinan

as fillas dun labrador

E o corazón dunha pulga

quen o soubera guisar

daba de parva e de almorzo

e a merenda pa merendar

Cantan os galos é día

érguete meu amor e

como me hei de erguir queridiña

como me hei de ir e deixarte.

59
Ó lugariño de Murias

moito lle corren as veiras

moito viva que nel honra

que son as nenas solteiras

Ós altos subíame

por ver si a columbraba

no he visto más que polvo

do coche que xa chegaba

As nenas de Celanova

dicen que non beben viño

pero debaixo do mantelo

levan o xarro escondido

Arriba pico de Surcio

abaixo Pena Marela

máis arriba está Balouta

Deus nos libre desa terra

60
En Faquis non hai nenas

en Coro son pequenas

dando a volta por Murias

caravillas pas cancelas

Por cantar cuatro cantares

á porta do cuartel

déronme cuatro pesetas

as nenas do coronel

Eu non quero mal a naide

malicia non a teño

eu quero cobrar o meu

e pagar a quen lle debo

Meu marido é culladeiro

fai tres á semana

vende a docena a cuarto

mira que xornal se gana

61
Non te cases cun ferreiro

que te queiman as muxicas

cásate cun carpinteiro

que fai as casa bonitas

Non canto polo ben que canto

nin pola gracia que teño

canto por disimular

esta peniña que eu teño

Eu cantar cantábeche ben

graciña tiña pouca

e perdina no lavadoiro

cando fun lavar a roupa

Asturias leva a gala

do bon viño e augardente

e das mozas bonitas

62
e dos mozos rebeldes

Daquel lado non hai rosas

que secaron nas roseiras

deste lado si que as hai

vivan as nenas solteiras

Murias de Rao

Heime de casar cun vello

heime de fartar de rir

heille de facer a cama

onde non poida subire.

Heime de casar este ano

aunque sea cun raposo

heille cortar o rabo

para que sea millor mozo

Arcón, Son

63
Cantigas de reis

A Belén camina

la virgen María

a San José lleva

en su compañía.

Estrella los guie (bis)

que allí ha de estar.

Angelitos somos

del cielo venimos

si me dan licencia

los reyes dicimos.

Estos reyes buscan

al rey Celestial

Estrella los guia (bis)

que allí ha de estar.

64
Señora María

como ama de casa

súbase ó fumeiro

e baixe sen tasa.

Cantámosche os reyes

guedelos de cabra

cantámosche os reyes

non nos deche nada.


Parroquia de Son
Cantámosche os reis

e o quiquiriquí

se non nos dás nada

cagámosche eiquí.
Mera

Estes nobles somos

los que aquí llegamos

si nos da licencia

los reyes cantamos

65
Licencia pedimos

para empezar.

Estrella nos guíe (bis)

que allí han de estar

Por montes y sierras

y varios caminos

hasta que lleguemos

al Santo lugar

Estrella nos guíe (bis)

que allí han de estar

Es descortesía y desobediencia

a puerda de un noble

cantar sin licencia

Licencia pedimos

para empezar

estrella nos guíe (bis)

66
que allí han de estar.

Señora ama de casa

como ama honrada

suba o cainzo y

corte sin tasa

Licencia pedimos

para empezar

licencia pedimos

para terminar

Cantámosche os reyes

guedellos de castrón

cantámosche os reyes

e non nos deche o lacón.

Quintá de Cancelada

67
Oigan y escuchen todos esta nueva tonada

alegre y hay buen gusto esta es la catalana.

A Belén una niña camina apresurada

hermosa en cuanto un viejo la acompaña.

Caminan poco a poco llegaron a una casa

llamaron a la puerta con humildad sobrada.

Contestaron allá dentro quién destas horas llama

Contesta José entonces una niña preñada

hermosa en cuanto bella un viejo la acompaña

Contesta el tirano con ásperas palabras

si traen dinero entren, sino, aquí no hay posada.

Cállese santo viejo no se aflija por nada

que más remedio tiene el que va en mis entrañas.

Aquella misma noche cogieron la montaña

siendo la nieve mucha y ella padecer tanto

Llegaron a un portal entre unas pobres pajas

aquel hermoso niño que de frío temblaba.

Un buey y una mula los que servían de guardia

el buey con sus alientes al niño calentaba.

68
No se quien diera aviso a tres reyes que andaban

por visitar al niño mil leguas caminaban

Recollida en Mera

En la ciudad de Sevilla, donde un labrador vivía

que de nombre se llamba Juan de Dios y de María.

Un día viniendo de arar como los demás venía

venía rezando el rosario grande devoción traía.

Vio venir un pobre viejo lleno de llagas y heridas

le dijo ponme a caballo hasta entrar en Sevilla.

El labrador se apeara a caballo lo subía

y a su casa lo llevaba con gran placer y alegría.

Le dieron de cenar de lo que en su casa había

y todos ellos comían pero el hombre no comía.

Le prepararon la cama de la mejor que tenían y

a esto de la medianoche el labrador no dormía

que estaba considerando las cuentas que a Dios daría.

cogió la vela en la mano por ver lo que el pobre hacía

69
y vio que era Jesucristo la cruz de llagas tenía

y por no manchar la ropa bajo la cama dormía.

Alto alto labrador, guárdate para otra vida

que en el cielo encontrarás una silla prevenida.

Otra para tu mujer porque está en tu compañía

y otra para los tus hijos aunque no la merecían.

Por el puente celestial se pasea una doncella

vestida de azul y blanco relumbra más que una estrella.

Pregunta Dios a los suyos que doncellita es aquella

María Señor María, María de gracia llena

la que parió en el portal el niño de la belleza.

Ya salen las procesiones, ya salen los estandartes

ya sale el rey celestial en los brazos de su madre

Recollida en Mera

Es descortesía y obediencia

llegar a una puerta cantar sin licencia.

70
Si nos dan licencia para encomenzar

antes de las doce a Belen llegar.

A Belén camina la Virgen María

y a San José lleva en su compañía.

Compañía más noble no la pudo hallar

antes de las doce a Belén llegar.

A donde camina quisiera saber

un hombre de noche con una mujer.

O la lleva hurtada o magina mar

antes de las doce a Belén llegar.

Yo no la hurtaré ni la llevo hurtada

que de esta señora no les toca nada.

Quien me la dio me la podía dar

estrella nos guíe que allí ha de estar.

Esta niña a un viejo mal se puede dar

antes de las doce a Belén llegar.

Contesta la niña como es tan discreta

Dios nos ha juntado y estoy muy contenta.

Por otro ninguno lo he de cambiar

71
estrella nos guíe que allí ha de estar.

Llegan a Belén a un portal sagrado

aunque Belén pobre y no derrotado.

Acuéstate esposo que vienes cansado

por mi no tengas ansia ni cuidado

Cuando llegue la hora yo te he de avisar

estrella nos guía que allí ha de estar.

Levántate esposo y amante querido

que llegó la hora de nacer el niño.

Qué dicen que está en este portal

ANTES de las doce a Belén llegar.

Recollida en Mera

72
Panxoliñas

Madre en la puerta,

hay un niño, más hermoso,

que el sol bello.

Viene el pobrecito en cueros,

y dice que frío tiene,

pues dile que entre se calentará.

Porque en este pueblo,

no hay caridad,

ni nunca la hubo,

nunca la habrá.

Entra el niño a la cocina,

y mientras se calentaba,

le pregunta a la patrona,

en que pueblo el reinaba.

73
El niño responde,

yo soy de Belén,

mi madre del cielo,

mi padre también.

Hazle la cama patrona,

a este niño con primor.

Póboa de Navia

74
Lendas

Ían enterrar un home medio morto a Donís. No camiño


atoparon a un home e díxolles: ¿Onde ides? – a enterrar a ese
home folgazán que ta medio morto de fame.

O outro home díxolles: Se é por iso eu doulle trigo.

A persoa que estaba medio morta de fame dixo: ¿ ta moido?


E dixo o outro home: - Non, hai que moelo.

Entón dí o outro home tumbándose: - ¡ Seguide co enterro!

Vilaquinte

O POZO DO INFERNO

Na aldea de Vilaquinte, situada no val do Ser. Por alí pasaba


o río Ser. Nunha parte do río había un lugar onde había moita
profundidade e bastante corrente. Un día tranquilo, ía un home
e o seu ganado de vacas e ovellas. El empezou a andar pola

75
orilla e esvarou el, unha ovella e unha vaca e caeron no pozo.
De aí en adiante chamáronlle “ O pozo do inferno”

Vilaquinte

O POZO DO INFERNO

No río Ser que pasa por Vilaquinte caeu un can no Pozo


do Inferno que é moi, moi fondo. Cando todos os da aldea
pensaban que este can non ía aparecer máis, ó cabo dunha
semana sentírono ouvear debaixo de Chaodevilarín.
Sorprendidos por este feito puxéronse todas as persoas a
averiguar como este can podía ter chegado tan lonxe e sen
afogarse. Descubriron que entre o pozo do inferno é a aldea
de Cahaodevilarín había unha cova moi longa.

Vilaquinte

No pobo de Vilaquinte cando falta unha res, acudíase ó


tío Xosé de Méndez. E iste home a través dun rezo a San

76
Antón veía a res alí onde tuvera no monte. Decía, o res ta ven
ou ta mal. Todos quedaban prendados daqueles dotes do señor
Xosé de Méndez porque sempre acertaba.

Vilaquinte

NAI DE IRMÁNS XEMELGAS

Dise que as nais de xemelgas teñen poderes curativos para


sanar lesións nas articulacións e nos ósos.

Para iso o enfermo tense que deitar no chan e a nai dos


xemelgos tenlle que pasar por riba da extremidade 10 veces
dicindo:

“cúrame esta abertura, este xiado,

este esnogado, este estocado

polo meu ximilgín, ximilgado

e polo Espíritu Santo”

77
O PICO DOS TRES BISPOS

Conta a lenda que no alto dunha montaña do concello de


Cervantes,xa no límite con León, hai unha pena en forma de
pico. Alí reuníanse pra merendar os bispos dos territorios de
Galicia, Asturias e León. Por eso ese monte é o chamado
Pico dos Tres Bispos.

Vilaquinte

UN MORTO MATOU A CATRO VIVOS

Na concello de Cervantes hai unha vila coñecida como


Os Olmos. Os habitantes deste lugar tiñan que ir enterrar os
mortos a Vilaquinte. O único camiño que existía para chegar
alí era un sendeiro moi estreito chamado o sendeiro da
Franxueira, apto exclusivamente para as cabras.Había que
percorrer unha distancia de 4km.. Non era doado carrexar o
morto por aquel camiño.

78
Un día levaban a enterrar un home entre catro persoas, a
unha falloulle un pé, a consecuencia desto caeron el e as outras
tres e morreron todos.

NOTA:

Sobre esta lenda escribiu a profesora e autora Ana Villar


Janeiro un libro titulado “Morrer en Vilaquinte”.

Vilaquinte

Contan que nunha casa do pobo de meus avós, Vallo, fai


moito tempo había unha casa moi rica, ían en carrozas de
ouro á misa. Enterraron un tesouro debaixo desa casa. Dicían
que tiñan moitas fincas e moitas pertenzas.

Dise que por debaixo do río Navia había un túnel que


chegaba ata o castelo.

79
A MULLER CORZA

En Doiras, pequena localidade do concello de Cervantes


nos Ancares lucenses consérvase un castelo construído encima
dunha rocha. Neste castelo vivía unha bela princesa. Un día,
sen saber como, a princasa desapareceu. Despois de moito
tempo de búsqueda os seus pais e o seu irmán dérona por
morta.

Pasaron os anos e durante unha cacería, seu irmán deu


morte a unha fermosísima corza branca que parecía feita de
neve. Como o animal pesaba moito, cortoulle unha man como
trofeo e voltou ó castelo. O abrirlle o zurrón encontrouse
cunha man finísima que goteaba sangue quente e que levaba
nun dedo o anel da princesa.

Presa do desasego o príncipe voltou ó lugar onde deixara


a corza e o que alí viu foi o cadáver da súa irmá a que lle
faltaba a man que lle cortara.

Doiras

80
LENDA DE BARCIA

NA Pena do Corvo (Barcia) había un furado debaixo dunha


uriceira. Dicían que alí había unha cociña de ouro. Ó chegar
alí tiñas que dar unha pucha ou un pañuelo e dicir “toma a
miña pobreza e dáme a túa riqueza”. Abríase e levábante a
outro furado e dábanche un puñado de moedas.

Só era para os de Barcia. As aldeas veciñas tiñan celos. Un


día armáronse con chapos e fouzos pra coller a cociña e levala
eles. Os de Barcia enteráronse e escondéronse para meterlles
un susto. Cando empezaron a cavar, os de Barcia berraron:
“covardes baixai que hai carne fresca”. Eles asustáronse,
tiraron as ferramentas e marcharos. Os de Barcia saliron do
escondite e levaron as ferramentas pra eles.

Barcia

81
Contos
A RAPOSA, A GALIÑA E O CAN

-Había unha vez uha galiña que vivía feliz cos seus pitiños
nunha casa de campo, con outros animais.Entre eles había un
can que era amigo de tódolos animais da casa.

Pero a súa ledicia viuse ameazada por unha raposa.Un día no


que a galiña ensinaba ós seus pitiños a buscar lombrigas no
chan aparece a raposa de repente e dille:

-Veño a comer ós teus pitiños.

A galiña, chea de angustia e sabendo a súa desventaxa fronte


á raposa dille:

-¿Non se dá conta, amiga raposa, que os meus pitiños son


moi pequenos e teñen moi pouco que comer?será mellor que
espere uns días máis.

-Está ben-replicou a raposa-cando pasen dúas semanas


volverei.

A galiña contoulle o seu problema ó can e pediulle axuda.

82
-Non te preocupes-dixo o can-, cando volva xa lle daremos
o seu merecido.

A galiña e o can prepararon un plan para que a raposa non


volvese a molestar.

A galiña ensinoulle ó can o lugar onde estaba o niño no que


gardaba ós seus pitiños.

Pasadas as dúas semanas, chegou a raposa ó galiñeiro.Como


non viu á galiña cos seus pitiños decidiu ir buscalos ó niño.
Non sabía moi ben onde estaba, ía uliscando pasiño a paso,
cando estaba chegando dicía:

-Pitos serán pero olen a can.

Entón sae o can do niño e corre detrás da raposa.

Esta ía dicindo:¡Arriba zancas, arriba trancas que neste


mundo todo son trampas

Tan grande foi o susto que se levou que nunca máis


apareceu polo galiñeiro.

83
O GALO E O ZORRO

O zorro andaba buscando galiñas no galiñeiro. Conseguiu


coller o galo e marchou con el na boca. O galo ía repetindo
constantemente:

-Xea, xea, xea.....

Cando o zorro se cansou abriu a boca para decir:

-Se xea que xee.

Aproveitou ese momento o galo para escapar e encaramarse


no máis alto dun amieiro.

O zorro debaixo , intentaba serrar o tronco coa súa cola e


repetía:

-Serra o meu rabo se queres comer galo.

Como o rabo non serraba dixo o zorro:

-Se o meu rabo fose de aceiro xa serraría o amieiro.

O zorro tivo que marchar e deixar o galo tranquilo.

84
A CEGOÑA E A RAPOSA

A cegoñae a raposa eran comadres. Un día a raposa invitou a


cegoña a merendar á súa casa. Como a cegoña tiña un pico
moi longo, a raposa aproveitou a ocasión para burlarse dela.
Preparou papas para comer e púxoas encima dun penedo para
enfrialas.Entón a raposa chamou a súa comadre e díxolle:

-¡come!

A cegoña por culpa do seu pico, non puido comer bocado.A


raposa en cambio papou as dúas racións.

Para vengarse, a cegoña invitou a raposa a unha voda no ceo.


Como a raposa non sabe voar, a cegoña díxolle que a levaría
no seu lombo.

Ó pasar por encima da pedra que servira de mesa a vez


anterior, a cegoña deixou caer a raposa.Mentres caía decía:

-Aparta pedra que te rebento!!!

O ver que a ía rebentar dixo:

-Se salgo desta e non morro non irei máis a máis vodas ó
ceo.

85
E como é de supoñer caeu encima da pedra e
reventou.

O LOBO E O RAPOSO

O lobo e o raposo eran amigos. Un día dícelle o lobo ó


raposo:

-Imos buscar comida.

Entre os dous mataron un xato e enterrárono deixándolle o


rabo fóra pra atopalo máis sinxelamente. Acordaron comelo
en compañía pouco a pouco.

O raposo, astuto el, díxolle ó lobo que era necesario deixalo


repousar uns días antes de comelo.

Pero ó raposo entroulle unha fame terrible e foise a un lado


para facerlle crer que o chamaba o seu compadre.

-¿Qué queres compadre?¿Dis que vaia bautizar ó teu


primeiro fillo? - Vou home vou.

86
Foise ó lugar onde estaba enterrada a comida. Comeu o que
quiso. Botou unha sesta e voltou xunto ó lobo.

-¿Cómo lle puxeches ó teu afillado?- preguntou o lobo.

-Empezadote- respondeu o raposo.

Ó día seguinte o lobo propuxo ó raposo ir a probar ó xato,


pero o raposo respondeu coa mesma cantinela.

Marchou bautizar ó seu segundo afillado. Comeu canto


puido e voltou xunto ó lobo. Éste preguntoulle:

-¿Cómo chamaches a este afillado?

-Medianote- respondeu o raposo.

Ó outro día volveu repetirse a historia. O raposo foi bautizar


ó seu terceiro afillado e ó volver coa barriga ben chea
tumbouse á sombra.

-¿Cómo chamaches ó teu terceiro afillado?-preguntou o


lobo.

-Acabadote lle puxen-contestou o raposo.

Pasados os días de repouso da carne foron os dous amigos


comer o xato. O raposo díxolle ó lobo que tirase do rabo para

87
desenterrar ó animal. Así o fixo o lobo e loxicamente
quedouse co rabo na man.

Comezaron a discutir. Que si fuches ti, que eu non. Ti


fuches....

Entón o raposo propúxolle ó lobo botar unha sesta e ó que


lle suara a barriga, ése sería o culpable. O raposo esperou a
que o lobo se quedara durmido e tiroulle auga na barriga.
Cando o lobo espertou e viu a súa barriga mollada díxolle ó
raposo:

-Comer comín, pero non me din conta.

A RAPOSA

Érase unha vez un home que estaba traballando, e chegou o


lobo e díxolle:

-labrador, vouche comer os bois.

O home respondeulle:

-comerás, home comerás, pero deixame acabar o traballo.

88
O lobo quedouse ó carón do carro, e adormeceu, entón
chegou a raposa e díxolle:

-labrador, ¿qué tés o carón do carro?

- Un tronco-contestou o home.

-Cárgao no carro-mandou a raposa.

O labrador obedeceu.

-Átao coa corda-dixo a raposa.

O labrador atouno moi forte. A raposa dixo agora:

-¿Qué me has dar de pago?

-Unha pita con pitos-ofreceulle o labrador.

Chegaron a casa, pero o home en vez de botar unha pita


botou unha cuza con cadeliñas pequenas dentro dun saco e
deullo a raposa. Ela exclamou:

-¡pitos serán, pero óleme a can!

A raposa abriu o saco, saíu a cadela e botou detrás da raposa,


cando a raposa deu escapado da cadela, parouse e descansou,
mentres dicía:

89
-¡Ai meus olliños, como viades, ai miñas perniñas como
corriades, e daquela di o rabo:

-¿E logo eu?

E ela contesta:

¡Ai barrabás, ti tirabas para detrás!

A BOLBORETIÑA

Bolboretiña que era moi presumida, ía tódolos domingos á


misa.

Sempre ía cantando.

La-la-la-lariña, imos á miña casiña.

Polo camiño encontrou un burro que lle di:

-Bolboretiña, ¡Que guapa vas!

-Fago moi ben porque ti non mo dás- respondeu


bolboretiña.

-¿Quereste casar conmigo?-preguntou o burro.

-¿E como farás polas noites?-dixo bolboretiña.

-¡¡Hi-hah!!¡¡Hi-hah!!....-falou o burro.

90
Seguiu camiñando e atopou un can.Ó vela o can dixo:

-Linda bolboreta, ¡que guapa estás!

-Fago moi ben requetebén, porque ti non mo dás.-


respondeu a bolboretiña.

-¿Casaríaste conmigo?-dixo o can.

-¿Como farás pola noite?-preguntou a bolboretiña.

-¡¡guau,guau!! asustarasme-dixo bolboretiña.

Despediuse o can.Ó pouco tempo encontrouse un grilo que


lle di:

-Bolboretiña¡Que requetebonita estás!

-Fago moi ben porque ti non mo dás-contestou bolboretiña.

-¿Queres casarte conmigo?-preguntou o grilo.

-¿Cómo farás pola noite?-dixo bolboretiña.

-¡¡gri gri!!¡¡gri gri!!-contestou o grilo.

-De ninguna maneira me casarei contigo.-contestou a


boboretiña.

Por último encontrouse cun rato que lle di:

91
-Bolboretiña linda, ¡que guapa estás!

-Fago ben porque ti non mo dás.-respondeu a bolboretiña.

-¿Quereste casar conmigo?-preguntou o rato.

-¿E como farás pola noite?-quixo saber a bolboretiña.

-Dormir e calar.-dixo o rato.

A bolboretiña casouse co rato.Viviron felices ata que un


día...

NOTA: Contoume dous finais para esta historia

(final primeiro)

Un domingo que a bolboretiña ía á misa, o rato quedouse a


cuidar o guiso. Bolboretiña advertiulle que non se achegase
porque podía queimarse. Ao notar o olorciño a cebola do
guiso, o ratiño destapou a ola, e quixo probalo.Ó inclinarse
demasiado caeu dentro e coceuse.

Ó cegar bolboretiña chamou.como non contesta vai mirar á


ola e alí o atopa.

A bolboretiña di entre sollozos:

-¡Ai ratiño pola golosiña da cebola caeu á ola!

92
(segundo final)

Unha noite que se foron a durmir dixo o ratiño.

-Bolboretiña teño ganas de ouriñar.

-Debaixo da cama está o ouriñal.-contestou ela.

Baixou a ouriñare. Como tardaba en regresar a boloretiña


chamouno insistentemente.

Respondeu o gato da seguiente maneira:

-O teu ratiño no meu buteliño está.

OS DOUS RATOS

Había dous ratos. Un nunha casa de ricos e outro nunha


casa vella chamada “Caseta do Souto”. Na casa do rico tamén
había un gato que lle chamaban “O Alcalde” pero era vello.
Entonces un día o rato da Caseta do Souto cruzouse co rato
da casa rica. O rato da casa rica díxolle ó da Caseta que fora a
vivir con el porque se vivía mellor. Entón o rato da caseta
díxolle que lle tiña medo Ó Alcalde e el díxolle que non fai
nada mira... paso por diante del e non me fai nada. Entón o

93
gato levantou unha orella, despois outra, pegou un salto e
comeu ó rato. O rato da caseta dixo “Vale máis tar na Caseta
do Souto que gordo no cu do outro”

O REPARTO

Morréralle unha vaca a un vecín e levárona á caboza.


Reuníronse moitos animais para comela. Entre eles estaba un
oso e un lobo. O oso deulle un mordisco ó lobo e, este díxolle:
-ti creste moi valente, pero cun home non podes.

O oso respostou:-xa o veremos.

Marcharon en busca dun home. Chegou donde un neno e


díxolle- ¿ti es home?. O neno repostoulle – hei de selo.

Seguiu andando e encontrou un ancián. Preguntoulle -¿ti es


home?. El respostoulle _non, eu funo.

Seguiu camiño e atopou un home cun chapo na man e


fíxolle a mesma pregunta - ¿ti es home? – si sono ¿que pasa?.
O oso díxolle, temos que facer unha pelea pero con iso que tes
na man, non. O home aceptou coa condición de que o deixase
invitar a un cigarro, colleu a escopeta, que tiña ó mesmo carón

94
del, e díxolle: -Imos ver se che dou lume co mechero. O oso
achegouse e o home pegoulle un tiro. El marchou sangrando.
Ó chegar xunto o lobo, este preguntoulle - ¿que tal che foi co
home?

- ¡Uf! – Non me fales que ainda non empezamos a pelea,


deume un cigarro e unha fungada co mechero que por pouco
non me mata.

95
Adiviñas
♦ É unha vila pequena que está na comarca dos Ancares.
Ten río, ponte e castelo. ¿De que vila falamos?
Navia
♦ Una cara e, dúas mans pegadas a parede ¿sabes quen é?
O reloxo
♦ Branco foi o meu nacemento, colorada a miña nenez, e
agora que vou pra vella son máis negra cada vez.
A amora
♦ ¿Que cousa é que cabe nun puño e non cabe nun hórreo?.
A vara de varexar.
♦ ¿Que será unha cousa cousiña que, cando vai para o
monte, vai calada, e ó chegar ó monte berra?
A brosa
♦ Unha vella co seu dente, chama toda a xente
A campa
♦ Branca coma neve, negra coma o pez, fala sen ter lingua e
anda sen ter pés.
A carta
♦ Non ten pernas e anda, non ten boca e fala.
A carta
♦ Papel sobre papel, papel de violén, non atinarás este ano
nin pro ano que vén senón que cho diga alguén.
A cebola

96
♦ Figura redondeada, corpo colorado, tripas, óso e brazos de
pau.
A cereixa
♦ Piquen que non piquen, eu hei de picar, que son filla do
demo e algunha costela hei herdar.
A cobra
♦ Cando vai para o monte, vai retorta e cando vén para casa
vén estirada. ¿que é?
A corda
♦ Que será unha cousa cousiña cousa que, cando está na
casa, está encollido e cando ta no monte, estendese.
A corda
♦ Unha señora moi aseñorada chea de remendos sen unha
puntada
A galiña
♦ Son un paíño moi dereitiño enriba da fronte teño un
mosquito.
Oi
♦ Son unha loca amarrada que só sirvo para ensalada .
A leituga
♦ Sempre cuberta, sempre mollada.
A lingua
♦ Unha cousiña cousa pola que nunca chove e sempre está
mollada.
A lingua

97
♦ Nun cuarto moi escuro catro pernas vin estar, non eran
carne humana, nin tampouco de animal.

A noz
♦ Son o último no ceo, en Dios ocupo o terceiro lugar.
Sempre me atopo en navío e nunca estou na mar.

O
♦ É longa como unha soga e ten dentes como unha loba.
A silva.
♦ Toda a xente a pode ver mais ninguén a pode vender ou
tocar.
A sombra
♦ Catro danzantes, dous apuntantes, catro menguantes e un
dálle, dálle
A vaca
♦ ¿Que ave durme debaixo da cama?.
A vacenilla.
¿Que cousa cousiña é que ten na punta o nariz?

Oz
♦ No alto vive, no alto tá, a tecedora alí estará.

Araña
♦ Picos adiante, ollos atrás, de burro tixeiras e atinarás
As tixeiras

98
♦ Auga vai pola rúa abaixo; caen e rompen un dente .
Augardente
♦ Auga me chamo de nome, ardente é o meu corazón; o que
non atine é un gran burricón
Augardente
♦ Teño unha capa que parece un cobertor e dá moito calor

Cabrito
♦ Pon col, cara o revés e o meu nome, tes
Caracol
♦ Verde no campo, roxo na casa e negro na praza
Carbón
♦ Altos pais, capeludas mais, fillos acrisoles, adiviña se podes
Castaña
♦ En agosto arder, en setembro beber
Castaña
♦ ¿De que hai que encher un pucheiro para que pese menos
que baleiro?.
De buratos.
♦ Pelo por fóra e pelo por dentro e unha cuarta de carne
metida dentro.
Guante
♦ Primeiro nacín branca e despois verde me quedei e cando
dourada tornei, fixeches un zumo de min
Laranxa

99
♦ ¿ Que cousa cousiña é? Que pro monte vai enrollado e
pra casa ben estirada.
Luria
♦ Do tamaño dunha abella enche a casa ata a tella.
Luz
♦ Verde no monte, seca na casa, encarnada na brasa.
Leña
♦ Adiviña adiviña ¿Cal é o bicho sen óso e sen espiña?
Miñoca
♦ Se somos naviegos e comemos: androlla, grelos e máis
lacóns ¿De que vila somos?
Navia
♦ ¿Que é unha cousa que anda e anda e o fin, dá co dono?
O can
♦ Albarda de ferro, tea de liño atiza que atiza cun
farragulliño.
O candil de gas
♦ Teño un duro cascarón, pulpa branca e líquido doce no
meu interior
O coco
♦ Redondo, redondo como o vaso fondo o vaso non é,
¿adiviña que é?
O dedal
♦ ¿Que cousa couseliña que canto máis lle quitan máis
grande é?
O furado

100
♦ Alto alteiro, gran cabaleiro, gorra de grana e espola de
aceiro.
O galo
♦ Alto estou, picos teño, veñen as mozas, e non me
defendo.
O ourizo
♦ Alto me vexo no meu lugarexo, por unha risada perdín a
niñada .
o ourizo
Que será unha cousa cousiña que ve á morte vir e non pode
fuxir
O ourizo
♦ Alto me vexo, no meu caparexo, nunha risada, quedeime
sen nada.
O ourizo.
♦ Casiña branca sen porta e sen tranca ¿que é?
O ovo
♦ De entre dúas penas feroces sae un home dando voces,
nin o vés nin o verás, pero na fala o coñecerás.

O peido
♦ ¿Que cousa couseliña é que, cando o nomeas, desaparece?
O silencio
♦ Chámome rei e non teño reino, chámome rubio e non
teño pelo .
O sol

101
♦ Que será unha cousa que cando vai cara o monte mira pra
casa e cando vai pra casa mira pro monte
Os cornos da cabra
♦ Dous bois marelos, nunha corte de ferro.
Os ovos fritos na tixola
♦ Vive nas montañas dúas sílabas ten e polos dous lados se
le
Oso
♦ Alto estou, capricho teño, se veñen os mouros, non me
defendo
Ourizo
♦ Alto me vexo no meu cacarexo detrás vexo vir e non podo
fuxir
Ourizo
♦ Por unha risa perdín a miña amada
Ourizo
♦ Cousiña branca sen porta e sen tranca ¿Que é?
Ovo
♦ ¿Que cousa é que se pode partir e non se pode escachar?
Pelo
♦ Branca por dentro, verde por fóra se queres que cho diga
espera.
Pera
♦ Fala sen boca e anda sen pés, dache a ti na cara e non o ves

Vento

102
Alcumes

Abrente........................... Caiados ou coxos


Acebedo ........................... Comen o caldo acedo
Aldobren ........................ Lebratos
Arcón .............................. Rabicos
Balsa ............................... Barriga falsa
Barcela ........................... Largatos e tixeiras
Barcia ............................. cabras
Porque uns tratantes de gando viñan comprando
cabras e compraron en Barcia. Entón os tratantes
foron a comer a Riodebangos e mentres eles comían
as cabras escapárónlles e foron a comer os hortos
do pobo e os viciños dicían “foron as cabras de
Barcia” e xa lles quedou ese mote.

Busto .............................. Lobos


Cabanela ........................ Largatos
Casas do Río .................. Papeiros
Castañedo ...................... Castañeiros, castañas
Castelo............................ Largatos
Chaodevilarín ................. Axeados
Porque xea moito no inverno

103
Coea ............................... Porretos, porretegos.
Porque plantaban moitos porretos e vendíano nas
feiras
Corneantes ..................... Burros de antes
Corneas .......................... Navajeros.
Porque os novos cando ían ás festas sempre se
metían en liortas e sacábanlles a navalla a todos
Coto ................................ Gatos
Curuxedo ....................... Turcos
Donís .............................. Lapa fabas
Embernallúas ................. Comen as verzas cruas
Enbernallas .................... Rabeludos, cais da
cordiña
Figueira .......................... Cuzas, cais
Folgueira de Aigas......Aigas ou bizolos, cereixas
Folgueiras ...................... Rápanlle o rabo ás ovellas
Fonsagrada .................... Fonte sen auga
Freixeiro ......................... Lebres
Freixis ............................ Cordeleiros
Galegos .......................... Tabelas
Lagua ............................. Caquimbo
Lamas............................. Tixeiras
Liñares ........................... Arados de ferro

104
Marcelín ......................... Corzos
Mazaira .......................... Pineireiros
Méixamo ........................ Tozudos
Mera ............................... Poleos
Moia ............................... Guímaros
Porque viven nunha zona moi costa e son moi
áxiles e traballadores
Molmeán ........................ Peras e pan
Porque nese pobo hai moitas peras e tamén
cababan moito as siaras e botaban moito pan.
Mosteirín ........................ Cubanos
Mosteiro ......................... Canaveiras, sapaqueiras
Murias do Camín ........... Corvos
Muñís ............................. Cais da cordiña
Navallos ......................... Axeados
Navia .............................. Cais, cuzas
Porque antaño comíanse moitas conservas e os
cais viñan todos a lamber as latas.
Tamén se di que os das aldeas ían a Navia. Os de
Navia saían esperalos ás aforas e insultábanos e
empezaron a dicir que os da Póboa eran como
cais.
O Vilar ............................ Os cais a ladrar e as cuzas
a axudar.
Padornelo ....................... Cabritos

105
Paradela ......................... Pineireiros
Penamil .......................... Guímaros
Penedo ........................... Cabras
Porque lles gusta moito saltar as paredes
Pin .................................. Parrulos
Queizán .......................... Barrigas peladas
Quintá de Cancelada... .. Latas
Quintá de Moia ......... .... Axeados
Rao ................................. Levan a merda na mao,
para ir a Rao hai que levar
a comida na man
Ribeira............................ Barriga baleira
Ribón ............................. Axeados
Riodebangos .................. Bestias do toxo, cabalos
da serra
Robledo .......................... Pucheiros
Salvador .......................... Capois
Savane ............................ Cuzos
Sena ................................ Guímaros
Seoane ............................ Capois
Signada .......................... Van ó hórreo e non
atopan nada

106
Silvouta ........................... Pineireiros
Porque lles vate moito o aire
Son ................................... Tixeiriñas, texiras.
Porque cando se poñían a falar daban moitos
cortes uns ós outros
Tabillón............................ Cais da cordiña
Valdeferreiros .................. Cagan nos caldeiros,
saltan cancileiros, abreos
e mócaros
Vallo ................................. Cuquelos.
Porque imitan moi ben ó cuco
Ventosa ............................ Pineireiros
Vilagarcía ........................ Gatos
Vilameixide ..................... Migas, gatos
Vilaquinte ........................ Largatos.
Porque é un pobo que lle da moito o sol e ten
moitas lastras de pedra
Vilar de Moia....... Largatos, esgónzaros
Vilarantón ........................ Axeados.
Porque no inverno non lles entra o sol no pobo e
quedaba a xeada dun día para outro
Vilarpandín...................... ....Sardiñas
Porque antes os tratantes cambiábanlles sardiñas
por cousas da casa (ovos, cebolas,...)

107
Vilaver .............................. Garfelos.
Porque eran todos pequenos
Vilaverde .......................... Raposas
Porque abondan moito as chamadas raposas
salvaxes
Vilarguende ..................... Cucos
Virigo ............................... Comen o gato hasta o
Viligo. Ós da xarra
Xunqueira ........................ Espantallos

108

You might also like