You are on page 1of 1

AGO101

É madrugar moito para cociñar, poñer xa todo ó lume, porque queda todo cocendo na cociña de
leña, entón tarda mogollón. I normalmente, como siempre, andan súper aceleradas i
nerviosas, pois xa ás sete ou ás oito da mañá está a cociña tirando i as potas por alí encima.
Adema[i]s, son potas ghrandonas, ghrandonas e lévalle muto tempo ferver i cocer, non?,
polo tamaño.
Má[i]s ou menos sobre as nove ou así, reúnense os homes que van mata-lo marrao. E entón
veñen a casa i comen o roscón cunha pouquiña aguardente ou lévano onde van matar pa
entrar en calor. I má[i]s ou menos sobre as dez, según como despunte o sol, [...] matan o
marrao, non? Hai un matachín no pobo, normalmente é o mismo señor no pobo que vai a
varias mortallas i mátano. I cada un ten unha función, non? Agarralo algúis. Hai outro, o
matachín, que abre o marrao e sácalle as tripas i vai separando xa as partes do marrao, non?
Pasan muta risa siempre ca vergalleira, non? Sabes o que é? O conduzto que comunica o pito do
marrao. Os homes tamén teñen, pero non me acordo como se chama, non sabes? I-entón
pasan un mogollón de risas siempre vacilando: "I-ahora a ver que faceis ca vergalleira.
Dicídelle ás mulleres que a boten ós roxois, que a má[i]s dun lle fará falta". Non se porque é
un choio así como un tendón, un conduzto, i-entón é duro. Eso non vale pa nada, pero a
diario teñen muto vacile cas vergalleiras.

You might also like