You are on page 1of 5

INSTRUCCIÓNS PARA O MANEXO DO MEIGA

ENTRADA NO SISTEMA:

USUARIO: Bibliotecario
CONTRASINAL:

A) CATALOGACIÓN

USUARIO: CONTRASINAL:
1. Pulsar ACCESO DIRECTO A CATALOGACIÓN ou o botón: (lápiz)
2. Pasar o lector óptico polo código de barras do libro (ISBN) en sentido vertical. Pulsar INTRO para
saber se o libro xa está catalogado.

a) Libro xa Catalogado: Pasos a seguir:


- Faise unha nova ficha para o novo exemplar: púlsase o botón COPIAR, compróbase o
nº de rexistro e púlsase GRAVAR.
- Fanse os cambios oportunos: SIGNATURAS (nº exemplar, tomo…) /Nº REXISTRO.

b) Libro non Catalogado: Pasos a seguir:


- Púlsase a frecha que está á dereita do ISBN, para comprobar se está no CATÁLOGO
CENTRAL.
- Se aparece, púlsase a edición que interese e logo INCORPORAR.
-Se non está, cópiase a ISBN e pódense seguir 2 camiños:

1. Buscar na rede a través do MEIGA. Púlsase UTILIDADES, RECURSOS EN


INTERNET, OUTROS CATÁLOGOS NA REDE. Para ir a OPAC MEIGA
(RECURSOS EN INTERNET-CATÁLOGOS MEIGA NA REDE).
Con esta opción temos que abrir unha ventá de cada vez.
2. Buscar na Rede a través de REBECA/BNE/ARIADNA:
. Minimizar o Programa Meiga.
. Abrir unha ventá en INTERNET e buscar REBECA. Debe estar
gardada xa en Favoritos como “Buscar en Rebeca”.
. Marcar ISBN ,título, ou outros datos.
. Selecciónase a edición que coincida coa nosa(comprobar o ISBN).
. Marcar e púlsase DESCARGAR SELECCIONADO.
. Aparece a pregunta DESEXA GARDAR?. Prémese GARDAR
.Aparece unha nova ventá GARDAR COMO carpeta 2709?.Prémese
GARDAR.
. Aparece unha nova ventá IMPORTAR DATOS E FORMATO 2709.
Compróbase o nº de rexistro (táboa) e INCORPORAR.
.Maximizar Programa Meiga
.Tachar o número de rexistro na táboa e apuntar no libro.
. Na ficha de catalogación do libro vanse completando os datos:
-CDU: NON SE DEBE CAMBIAR
-MATERIA: Pódese cambiar ou engadir materia nos botóns
correspondentes. Se está recollida no listado, escóllese a materia,
púlsase CAPTURA, e logo INTRO. Se non está recollida no
listado, escríbese o que se quere en Materia, AGREGAR, e
CAPTURAR. Se se quere modificar o nome da materia,
CORRIXIR. Prémese INTRO E PECHAR.
-Volve saír a ficha do libro e debemos completar os seguintes datos
(despois de cubrir unha sección hai que darlle a INTRO):
SIGNATURA 1: CDU adaptada de cada sección.
SIGNATURA 2: 3 primeiras letras do apelido do autor.
Se o libro é ANÓNIMO OU DE VARIOS AUTORES:
- obras escritas por 2/3 autores: apelido do 1º que figura
na portada ou tratalo como se fose anónimo.
- máis de 3 autores: obra anónima (ANO)
- Entidade como autor: 3 primeiras letras do nome da
entidade).
SIGNATURA 3: 3 primeiras letras (sen artigos nin
preposicións) do título da obra.
O que figura en SIGNATURA 1,2,3 é o que vai aparecer na
ETIQUETA
- Para rematar, púlsase GRAVAR.
-Compróbase que todo está correcto, premendo na última frecha da parte
inferior e aparece a pantalla de catalogación completa do último libro
rexistrado

3. OPAC MEIGA (RECURSOS EN INTERNET, CATÁLOGOS MEIGA NA


REDE (púlsase TRATAR VARIAS BIBLIOTECAS. Escóllense as que se queira
e gárdanse en FAVORITOS). ENTRAR NA BIBLIOTECA ESCOLLIDA (se
non aparece púlsase BUSCAR NA SEGUINTE BIBLIOTECA...). Cando aparece
o libro séguense estes pasos:

- Púlsase a edición que se quere.


- DESCARGAR EN 2709.

Con estas 2 opcións podemos abrir varias ventás ao mesmo tempo.

NOTA: ENGADIR: (sumar datos aos que xa están)


AGREGAR (incorporar á base de datos, un dato que non está
incluido).
CAPTURAR: (arrastrar un dato da base de datos á pantalla de
catalogación).
B) FACER ETIQUETAS

Unha vez catalogado o libro, pasa á CADEA DE MONTAXE (ponse o SELO da biblioteca, colócanse
as ETIQUETAS, para colocalo finalmente no ESTANTE correspondente)
Para sacar as ETIQUETAS (24 de cada vez), seguiranse este pasos:

1. Púlsase CONSULTAS/LISTAXES
2. Púlsase ETIQUETAS DOS LIBROS
3. Púlsase LISTAXE DE ETIQUETAS

- Escribir o 1º e o último nº de rexistro en Dende Rexistro….ata rexistro (se é 1 etiqueta,


repítese o nº de rexistro: dende 1 ata 1).
- Púlsase o formato 3/8

*Permite escoller o nº de etiqueta en que empeza a escribir (COMEZAR A


IMPRESIÓN NA ETIQUETA…)
*Convén indicar a SECCIÓN á que pertence o libro (se existira).

4. Púlsase IMPRIMIR .
- Pódense imprimir IMAXES, pulsando en “Nome da Imaxe”, búscase no arquivo e
imprímese).
- Pódense Imprimir tantas etiquetas como volumes, para as Enciclopedias (levan 1 único
nº de rexistro, polo que teñen 1 soa ficha. O contido dos distintos volumes indícase en
notas de contido. As etiquetas serán todas idénticas xa que o nº de volume vai no libro e
non se debe tapar coa etiqueta).
-Cando temos varios libros iguais, son distintos exemplares e levan distintos números de
rexistro correspondentes a distintas fichas e etiquetas.

 Para saber o nº de exemplares dun libro:


- OPAC: poñemos o ISBN ou outros datos. BUSCAR. As etiquetas saen cada unha
polo seu nº de rexistro.
C) PRÉSTAMO
USUARIO: CONTRASINAL:

1. Púlsase CIRCULACIÓN ou o botón:


2. Escóllese a opción á esquerda: EMPRÉSTIMO/DEVOLUCIÓNS/LISTA DE ESPERA.
A) EMPRÉSTIMOS:
- Escribir o nº de lector/ pasar o código de barras polo lector óptico. Pulsar INTRO.
- Escribir o nº rexistro do libro/pasar o código de barras polo lector óptico ou poñer a
signatura do libro. Pulsar INTRO.
- OPCIÓNS:
- EMPRESTADO (semáforo vermello). Non deixa facer o préstamo.
- DISPOÑILBLE (semáforo verde). Comprobar datas (15 días)
- ACEPTAR
*Se un lector non ten o carné ou non recorda o nº hai que pulsar en LECTORES
(pódese buscar por NOME DE LECTOR na parte inferior da pantalla en BUSCAR)

B) DEVOLUCIÓNS:
- Escribir o nº de rexistro e pulsar INTRO.
- Comprobar datos.
-Púlsade ACEPTAR e xa fai a devolución.
 Para saber que libros están sen devolver fóra de prazo:
-Ir a CONSULTAS/LISTAXES.
-LISTAXES E NOTIFICACIÓN A LECTORES
- LISTAXES
-FILTRO DATOS
-10 POSIBILIDADES (a nº 2: LIBROS POR DEVOLVER FÓRA DE PRAZO)

C) LISTA DE ESPERA:
- Seguir os mesmos pasos que para o PRÉSTAMO.
- Cando indica que o libro está prestado: ACEPTAR.
- ACEPTAR a mensaxe que sae e queda reservado para esa persoa.
- Cando o que ten o libro, vén devolvelo, premer en LISTA DE ESPERA (se non se
preme o programa non avisa).

You might also like