You are on page 1of 3

Raúl Castro García 1º bacharelato A

PREGUNTAS LONGAS TEMA METAFÍSICA

1. Cales son as causas do ser segundo Aristóteles (tendes que incluir o modelo de
produción artificial, o exemplo da estatua)
Aristóteles vai decir que existen 4 causas do ser e para explicalas recurre ao
modelo de producción artificial:
 Causa materialfai referencia a aquelo co que está feito algo.
Ex: no caso dunha estatua  o bronce co que se fixo.
 Causa formalfai referencia a figura ou o modelo, é o que nos permite recoñecer
algo como o que é e non como outra cousa. Coincide coa esencia, coa forma.
Ex: no caso da escultura  que teña por exemplo forma humana.
 Causa eficiente ou productora fai referencia a forza que inicia o movemento,
aquelo que fai da materia indeterminada algo determinado.
Ex: no caso da estatua  o artista que a fixo.
 Causa finalfai referencia a finalidade, ao motivo polo cal se iniciou ese
movemento.
Ex: no caso da estatua a finalidade é conmemorar alguna persoa.
1. O movemento en Aristóteles: Ser en acto e ser en potencia, as causas do movemento
Aristóteles vai definir o movemento como o paso do ser en potencia ao ser en
acto.
Neste sentido podemos decir que o cambio sería a actualización da potencia,
noutras palabras o cambio é un chegar ser según o que se é e sen deixar de ser.
Ex: a semente dunha árbore é en acto unha semente e en potencia é unha
árbore.
Cando a semente se actualiza en brote deixa de ser semente,
en acto é brote pero segue a ser en potencia árbore, e así sucesivamente ata que
remata por ser unha árbore en acto que sería o final da súa xenese.
Para Aristóteles todo o que se move e movido por outro e
como natureza e realidade se caracterizan polo cambio e o movemento  a causa
última dese movemento e tamén  a causa de todo o real natural. Como unha
cadea causal infinita de motores imposibilitaría a explicación da realidade, conclue
que:
É necesario que exista un motor que mova sen ser movido por outro,
Un primeiro motor inmóvil  que sexa a explicación última de tódolos cambios.
Este motor inmóbil é necesariamente  inmanente ao mundo, xa que de non ser
así non podería poñer en marcha o movemento.
2. Argumentos de Agostiño de Hipona sobre a existencia de Deus
Agostiño propón diversos argumentos que poñen de manifesto a existencia de
Deus:
 Argumento cosmolóxico: da orde observable no mundo dedúcese a necesidade da
existencia dun Ser Superior Ordenador.
 Argumento baseado no consenso: basease no feito de que a maioría dos pobos
coñecidos manifestan algún tipo de crenza relixiosa.
 Argumento epistemolóxico: o fundamento das Ideas non pode estar nas cousas
creadas que son cambiantes, senón que ha de estar nun ser inmutable e eterno, é decir,
Deus.
 Argumento psicolóxico: baséase no suposto de que o ser humano descobre con
absoluta evidencia a Deus na súa alma, proba segura e firme da súa existencia.

1. Argumento ontolóxico de Anselmo de Canterbury


Segundo este argumento:
 Ata o ignorante ten a noción de Deus como o máis grande que se pode pensar.
 Dende o momento en que a idea de Deus se pensa, é que existe na mente.
 Como é o máis grande quere decir que ten que existir tamén fora da mente,
porque senón Deus non sería o máis grande que poda pensarse.
 Parte da idea de Deus como un ser perfecto, e a existencia real é máis perfecta
que a existencia mental, polo tanto, non pode existir como unha realidade extramental.
 Existe unha única verdade que é a revelada por Deus e que é obxecto da fe.
 A creación do mundo é o resultado dun acto de liberdade, de vontade de Deus e
que o creou a partir da nada.
1. Probas da existencia de Deus de Tomé de Aquino (as chamadas 5 vías coa súa estrutura
común) .
Tomé preséntanos cinco vías ou probas dedutivas da existencia de Deus, as cais
presentan unha estrutura común:
 Un punto de partida: a constatación dun feito observado: o movemento dos
seres, a perfección do mundo.
 O principio aristotélico de causalidade: todo efecto ten que ter unha causa.
 Imposibilidade de que a cadea de causas se estenda ata o infinito.
 O punto de chegada: afirmación da existencia de Deus.
Estas cinco vías son:
1. Vía baseada no movemento:
 Todos os seres se moven
 O que se move ten que estar movido por outro
 Ten que existir un motor que mova sen ser movido  e que sexa a causa última de
todo o movemento: o Motor inmóbil= Deus.
1. Causalidade eficiente:
 Hai cousas que son causa de outra cousa e esa a súa vez por causa de outra.
 Ten que existir unha causa que non sexa causada por ninguna outra: a Causa
incausada= Deus.
1. Continxencia:
 Hai seres que existen e poderían non existir
 Necesitamos un ser absolutamente necesario que sexa a garantía da existencia
dos demais seres:
Ser absolutamente Necesario= Deus.
1. Graos de perfección:
 Existen seres máis ou menos perfectos
 Ten que existir a máxima perfección que nos permita medir a perfección relativa
dos demais seres:
Ser absolutamente Perfecto= Deus.
1. Finalidade ou orde:
 Temos a necesidade dun ser intelixente que dirixa e ordene o cosmos: a
Intelixencia Suprema= Deus.

You might also like