You are on page 1of 1

Luís Vaz de Camões

Luís Vaz de Camões (c. 1524-1580), un dos máis grandes poetas portugueses, cuxa obra
principal, Os Lusíadas (1572), se considera o poema épico nacional portugués. Camões, cuxa
vida estivo chea de aventuras, naceu probablemente en Lisboa. Ao parecer estudou na
Universidade de Coimbra. Posteriormente formou parte da corte de Joao III, da que tivo que
exiliarse en 1546, debido a unha aventura amorosa cunha das damas da raíña, Caterina de
Ataíde; probablemente sexa ela a fonte de inspiración dos seus poemas de amor.
Virtualmente un exiliado, Camões emprendeu a carreira militar en 1547 e perdeu un ollo en
Marrocos. En 1550, regresou a Lisboa, onde foi encarcerado por una liorta na rúa, e, unha vez
perdoado en 1553, embarcou para a India. Crese que daquela xa comezara a traballar n'Os
Lusíadas, pero en calquera caso o argumento central do poema é a descuberta da ruta
marítima á India polo explorador portugués Vasco da Gama.
Despois de combater na India, Camões foi destinado a Macau, pero en 1558 acusárono de
extorsión e enviárono de volta á India. Sobreviviu a un naufraxio e regresou a Portugal, vía
Mozambique, en 1570, co manuscrito do seu poema épico intacto. Publicouse dous anos máis
tarde. Malia unha pequena pensión real e os comezos da súa fama mundial, os últimos anos de
Camões transcorreron na escuridade, e morreu na pobreza en Lisboa, o 10 de xuño de 1580.
Os Lusíadas, escrito en dez cantos en oitava rima, inspírase tanto na Eneida, o poema épico de
Virxilio, como en Orlando furioso, do poeta italiano Ludovico Ariosto. Enlazadas coa historia da
viaxe de Vasco da Gama aparecen intensas referencias narrativas e proféticas a outros
acontecementos da historia de Portugal, e tamén a determinadas ideas cristiás e humanistas.
Aínda que a obra enxalza as fazañas dos fillos de Lusus isto é, os lusíadas, ou portugueses,
tamén reflicte a amargura con respecto aos aspectos máis crueis do colonialismo portugués. O
mesmo ton de pesimismo impregna moita da súa lírica e as poucas cartas que nos chegaron.
A fama de Camões tamén se debe aos numerosos poemas seus máis curtos que se publicaron
postumamente: odas e sonetos, elexías e canzoni. Tamén escribiu tres obras de teatro, dúas
delas baseadas en modelos clásicos. O tema principal dasúa poesía é o conflito entre o amor
apaixonado e sensual e o ideal neoplatónico de amor espiritual. É notable a súa perfección e
simplicidade formal, a expresión dun sentimento profundo e a introdución dun novo tema na
literatura portuguesa, a saudade (“nostalxia cargada de soidade”).
Microsoft ® Encarta ® Biblioteca de Consulta 2003.

You might also like