You are on page 1of 7

Grao en Filosofía Antropoloxía Filosófica Curso 21/22

Tema 3. Introdución a Hegel.

3.1. Vida de Hegel.

3.1.1. Contexto intelectual.


A ilustración francesa e británica construíuse sobre o ascenso da burguesía, a revolución industrial,
unha nova ciencia e un réxime máis ou menos democrático. A ilustración alemá afrontou unha
conxuntura máis confusa. Alemaña estaba fragmentada en ducados e principados soberanos e semi
feudais, sen o artellamento dun estado moderno.
En Alemaña podemos distinguir dúas ilustracións:
- unha ilustración alemá afrancesada: moderada, benintencionada, liberal (Baumgarten, Mendelssohn,
Nicolai).
- unha ilustración subterránea (Jacobi, Schiller, Herder, Goethe) de ‘Tempestade e impulso’, que é o
inmediato precedente do romanticismo. Goethe di no Werther que a catedral gótica de Estrasburgo é a
representación por excelencia da arte, porque desborda as formas do clasicismo.

1/7
Grao en Filosofía Antropoloxía Filosófica Curso 21/22

3.1.2. Biografía de Hegel.


Georg Wilhelm Friedrich Hegel nace en Stuttgart en 1770 nunha familia protestante. O seu pai Georg
Ludwig Hegel (1733-1799) é funcionario contábel do duque de Wurtemberg. A súa nai Maria
Magdelena Fromm (1741-1783) provén dunha familia cultivada de xuristas e participa na primeira
formación intelectual dos seus fillos antes de morrer prematuramente, cando Hegel ten 13 anos. É o
maior de dous homes e unha irmá. A súa irmá tres anos máis pequena, á que está moi apegado,
Christiane, mestra de lingua francesa en Stuttgart, tralo matrimonio do seu irmán, dise que por ciumes,
acabará internada nun asilo psiquiátrico. Trala morte de Hegel suicídase. O seu irmán tamén máis
pequeno Ludwig perecerá como capitán no exército napoleónico durante a campaña de Russiel.
Hegel fai os seus estudos no instituto da súa cidade natal, onde é un estudante modelo. Dise que sabía
a súa primeira declinación latina con cinco anos e que o seu preceptor deulle a ler unha edición dos
dramas de Shakespeare con oito anos. Á idade de dez anos, o seu pai fíxolle aprender xeometría e
astronomía. As traxedias gregas eran a súa materia favorita, malia que lle interesaban igualmente a
botánica e física.
Hegel mesmo lémbrase de aprender con once anos as definicións do metafísico Christian Wolff así
como as figuras e regras do siloxismo.
A súa formación en Stuttgart é inspirada polos principios da Ilustración e os textos clásicos da
Antigüidade. Hegel manifesta unha maior preferencia polo grego ca polo latín, en especial, por
Sófocles. Redacta numerosas notas de lectura en relación coa literatura, a estética, a fisionomía, as
matemáticas, a física (teoría das cores), a psicoloxía, a pedagoxía, a teoloxía e a filosofía.
A súa nai morre en 1783 dunhas “febres hepáticas” tendo Hegel 13 anos.
Comeza os seus estudos universitarios con dezaoito anos no seminario de Tübingen: estuda filoloxía,
historia, filosofía, física e matemáticas.
Despois, inscríbese na facultade de teoloxía. O esencial do ensino consiste nunha aprendizaxe da
dogmática cristiá, que provoca en Hegel un claro rexeitamento. A súa mala saúde condúceo igualmente
a volver bastante a miúdo a Stuttgart -a uns 45km.- durante este período.
En 1790 Hegel coñece no seminario de Tübingen a Hölderlin e a Schelling, con quen comparte cuarto.
Conversan sobre Platón, Kant e Spinoza. Experimentan unha grande paixón sobre a Grecia antiga e
entusiásmanse coa Revolución francesa, chegando a plantar unha árbore da liberdade nun prado
próximo a Tübingen. Hegel predica as ideas de liberdade e de igualdade. Len xornais franceses, cantan
a Marsellesa. Hegel ten 19 anos.
No diario de Hegel figuran inscricións como “Viva a liberdade!” ou “Viva Jean-Jacques [Rousseau]!”.
Hegel dirá nos seus cursos de Berlín sobre a Filosofía da historia que a Revolución de 1789 foi un
magnífico “erguerse o sol” e que tódolos seres pensantes celebraron xuntos esta época. Unha emoción
2/7
Grao en Filosofía Antropoloxía Filosófica Curso 21/22

sublime dominou aquel tempo, un entusiasmo para o espírito percorreu o mundo coma se unha
reconciliación real co divino tivera chegado.
Dous anos máis tarde, coa chegada do terror, o seu parecer cambia.
En 1793 Hegel ocupa un posto como preceptor en Suíza na familia do capitán Karl Friedrich von
Steiger (1754-1841), membro do Consello soberano de Berna e representante da aristocracia entón no
poder. Hegel está ao cargo da educación de dous mozos de seis e de oito anos. Fai un pouco de servo
da familia, pero quédalle tempo para lecturas e traballos na biblioteca da familia.
Hegel estuda os últimos desenvolvementos que toma a filosofía nas publicacións de Herder, Kant,
Lessing, Fichte, Schiller e Schelling, mais tamén le os economistas británicos (Adam Smith 1723-1790
e David Ricardo 1772-1823). Espera unha revolución en Alemaña e escribe neste sentido a Schelling:
“Creo que ningún signo dos tempos é mellor ca este: a humanidade é representada coma digna de
estima nela mesma; é unha proba que a aura que rodeaba as cabezas dos opresores e dos deuses da
terra desaparece. Os filósofos demostran esta dignidade. Os pobos aprenderán a sentila; e non se
contentarán con esixir os seus dereitos desfeitos no po, senón que os retomarán e se reapropiarán
deles”.
No inverno de 1796 a 1797, Hegel escribe o texto coñecido como O máis antigo programa do sistema
do idealismo alemán probablemente coa colaboración de Schelling e Hölderlin.
Quéixase de non poder atopar a harmonía da bela totalidade grega na civilización europea moderna.
Durante 1797 traballa como preceptor particular na casa dun comerciante de viños de Frankfurt.
Despois da morte do seu pai, en xaneiro 1799, Hegel volve en Stuttgart e dispón dunha herdanza duns
3000 floríns que lle permite certa independencia.
Hegel comeza a súa carreira universitaria como profesor asistente de universidade en Jena en 1801
aínda que sen remuneración. O escrito que presenta para habilitarse como docente leva por título: De
orbitis planetarum.
Nunha carta a Schelling escrita dende Frankfurt en 1800 dille que “así tiven que ir sendo empurrado
cara á ciencia, e o ideal xuvenil tivo que tomar a forma da reflexión converténdose en sistema”
(Escritos de juventud, 433).
Hegel vai construíndo o seu sistema e esfórzase por organizalo de modo orgánico, mais pospón o
momento da súa publicación.
Mais Hegel tamén se interesaba polas ciencias naturais, como demostra que en 1804 fora asesor da
Sociedade Mineralóxica e membro da sociedade de Westfalia para a investigación da natureza, ou
posteriormente, membro honorífico da Sociedade de Física.
En 1805 é nomeado en Jena profesor extraordinario ou honorífico, mais aínda sen salario, e coñece
unha certa angustia financeira. Goethe intervén entón para que lle dean un salario anual.

3/7
Grao en Filosofía Antropoloxía Filosófica Curso 21/22

En 1807 ten un fillo, Ludwig Fischer, concibido coa filla do seu arrendatario, e a quen non considera
lexítimo.
Comeza a dar clases no instituto de Nürnberg e en 1808 convértese en reitor de dito instituto. Quéixase
da falta de medios e de hixiene e ten unha experiencia amarga coa administración.
En 1811 casa con Marie von Tucher, procedente dunha familia aristócrata de Nürnberg.
Entre 1816 e 1818 ensina na universidade de Heidelberg e acepta nela unha cátedra. No seu discurso
inaugural, louba a unidade alemá mediante a formación da Confederación xermánica, que lle fai pensar
que a ciencia pura e o mundo libre racional do espírito estanse a facer reais na vida política e cotiá.
Nesta época hai un intento frustrado por incorporar o seu fillo ilexítimo á familia.
Publica en 1817 a Enciclopedia das ciencias filosóficas como o manual destinado ao ensino do seu
sistema da filosofía.
Dá o seu primeiro curso de « estética » en 1817.
En 1818, gaña unha cátedra de filosofía na universidade de Berlín como consecuencia da morte de
Fichte. Alí dirá que na universidade está o centro de toda educación e de toda ciencia e verdade,
momento esencial na vida do estado.
Debido ás forzas da restauración, a autonomía da universidade é posta en dúbida e a censura
intensifícase. Aos alumnos de esquerdas de Hegel élles prohibido o ensino ou son detidos baixo
sospeita de ser demasiado democráticos.
Hegel publica neste contexto os seus Principios da filosofía do dereito (1820), grande éxito de público,
mais polo que é acusado de conservador: a súa frase “o real é racional e o racional é real” é interpretada
como unha defensa da situación actual das cousas e unha necesidade de atoparlle explicación a tódalas
inxustizas.
A sona de Hegel esténdese imparábel nesta época. Os estudantes veñen de todas as facultades e de
varios países europeos.
En 1821 é decano da Facultade durante un ano.
Durante os seus períodos de vacacións Hegel fai moitas viaxes: Suíza, Países Baixos, Viena, París,
Praga... Hegel interésase particularmente pola arte e sobre todo pola música.
En 1824 diríxelle á policía prusiana un escrito de defensa de Victor Cousin (1792-1867). Cousin era
un profesor de filosofía francés de ideas fortemente liberais, que fai unha estadía de investigación con
Hegel en 1817. En 1821 prohíbeselle o ensino en Francia e en 1824 é detido en Dresde a petición das
autoridades francesas, pero grazas á intervención de Hegel é liberado.
Hegel funda en 1825 a Sociedade para a Crítica Científica, que publica unha revisa anual de
investigación, os Anais para a Crítica Científica, na que se reúnen algúns discípulos fieis, e que se
dedica a facer recensións de publicacións.
4/7
Grao en Filosofía Antropoloxía Filosófica Curso 21/22

En 1829 exerce como reitor da Universidade de Berlín durante dous semestres.


O seu fillo ilexítimo terminará morrendo nas Indias Orientais (Yogykarta, Indonesia) 28 de agosto
1831 1.
Hegel morre o 14 de novembro de 1831, oficialmente de cólera, e é enterrado no cemiterio estatal
Dorotheen de Berlín.

1
Fernández, L. (2006). “Los filósofos y sus vidas, I. El hijo de Hegel”. La caverna de Platón.
http://www.lacavernadeplaton.com/histofilobis/hijohegel0607.htm.

5/7
Grao en Filosofía Antropoloxía Filosófica Curso 21/22

3.1.3. Obra.

O máis antigo programa do sistema do idealismo alemán (1796-97), escrito probablemente coa
colaboración de Schelling e Hölderlin. Trátase dun programa para crear unha filosofía sistemática que
defende a desaparición do estado e culmina na idea da beleza sentida nun sentido platónico. Rodeado
dunha aura politicamente revolucionaria fala dunha síntese entre a verdade e o ben, elementos que a
Ilustración e Kant tiñan mantido separados. A beleza sería a maneira de conseguir tal síntese.
Diferenza dos sistemas de filosofía de Fichte e Schelling (1801). Este texto é unha especie de pago a
Schelling por terlle axudado a conseguir un posto en Jena, no que Hegel afirma que a filosofía de
Schelling é superior á de Fichte.
De orbitis planetarum (1801). Trátase do texto co que Hegel se habilitou para ser docente e aquí Hegel
amósase partidario de Kepler (tres leis de Kepler).
Revista Crítica de Filosofía (1802-03). Era unha revista editada con Schelling de artigos anónimos.
Nesta revista publica cinco ensaios:
Fe e saber.
Referencia do escepticismo á filosofía.
Sobre os modos científicos de tratar sobre o dereito natural.

Remata os seus estudos en Tübingen presentando unha memoria de teoloxía sobre a historia da Igrexa.
Tamén fai un escrito sobre a filosofía da relixión de Kant, onde Hegel critica tanto a dogmática cristiá
como a Ilustración, que "fai máis intelixente pero non mellor". O texto chamado Fragmento de
Tübingen expón a cuestión dunha nova relixión popular que sexa ao mesmo tempo unha relixión
racional.
Fenomenoloxía do espírito (1806/07). Dise que Hegel acaba a súa obra mestra a Fenomenoloxía do
espírito durante a batalla de Jena entre Prusia e Francia. En todo caso, entregouna á imprenta mentres
Napoleón se dirixe a Jena para rematar co Sacro Imperio Romano da Nación Xermánica. A véspera da
batalla, escribe a un amigo sobre a súa admiración por Napoleón :
“Vin o Emperador, esta alma do mundo, saír da cidade para ir en recoñecemento; é efectivamente unha sensación
marabillosa ver un individuo así que, concentrado aquí sobre un punto, sentado sobre un cabalo, esténdese sobre
o mundo e o domina”.
Hegel toma pois partido polos franceses contra os prusianos. Prusia vencerá finalmente durante as
guerras de liberación de 1811-1813, o que Hegel vivirá como un drama.
Trátase dun punto onde nace o estado moderno e Hegel é consciente:

6/7
Grao en Filosofía Antropoloxía Filosófica Curso 21/22

“Señores! Estamos situados nunha época de entidade, nunha fermentación, onde o Espírito fixo un
paso cara adiante, superou a súa forma concreta anterior e adquire unha nova”.
Mantén unha liña política de reformas, de constitución e de tolerancia: o emperador Napoleón parécelle
o fundador da paz en Europa.
A Fenomenoloxía do espírito foi inicialmente pensada como introdución ao seu sistema, mais logo
converteuse nun intento por desenvolver o sistema enteiro que Hegel condena ao final da súa vida
como errado.
A Ciencia da lóxica en tres volumes (1812-1816), verdadeiro tratado de metafísico: “A lóxica é
comprender o sistema da razón pura, o imperio do pensamento puro”.
O primeiro volume en 1812.
O segundo volume en 1813.
O terceiro e último volume en 1816.
A Ciencia da Lóxica levoulle nove anos escribila.

Enciclopedia das ciencias filosóficas (1817), como o manual destinado ao ensino do seu sistema da
filosofía. É unha obra en tres volumes sobre tódolos aspectos do saber: filosofía da historia, a estética
ou filosofía da arte, a filosofía da relixión ou a historia da filosofía. En 1827 publica a segunda edición
aumentada e corrixida da Enciclopedia.

Liñas básicas (ou principios) da filosofía do dereito (1820), que aparecen xusto cando Prusia dá un
xiro reaccionario baixo o influxo de Metternich (1773-1859), ministro de exteriores do imperio
austríaco e inimigo declarado de Napoleón, perseguindo o Partido reformista e facendo perder as
esperanzas na instauración en Prusia dunha asemblea representativa e unha constitución escrita.

Último artigo. “Sobre o proxecto de reforma inglés” (1831), onde fala da reforma do dereito eleitoral
en Inglaterra e Galés e manifesta o seu medo á Revolución de Xullo de 1830 en Francia, onde as clases
populares se revolveron contra o desexo do borbón Carlos X de volver a unha monarquía absoluta,
para finalmente contribuír á chegada ao poder de Luis Felipe I, da casa de Orleans. Foi unha revolta
violenta na que se calcula que houbo uns 1000 mortos.

7/7

You might also like