You are on page 1of 5

1. A cobra de auga, o pato azulón e a libélula son tres animais.

Se os
clasificamos, cal das seguintes afirmacións é totalmente correcta?

A. A cobra de auga é un réptil, o pato un anfibio e a libélula un insecto.


B. A cobra de auga é un réptil, o pato unha ave e a libélula un insecto.
C. A cobra de auga é un anfibio, o pato unha ave e a libélula un insecto.
D. A cobra de auga é un réptil, o pato unha ave e a libélula un arácnido.

2. Responde V se a frase é verdadeira ou F se é falsa.

a) Algúns animais son ovíparos e outros vivíparos. V


b) Os animais invertebrados teñen esqueleto interno. F

c) Todos os animais vertebrados son vivíparos. F

d) Os órganos dos animais agrúpanse en aparatos ou sistemas. V

3. Do patio do colexio subimos caracois para estudalos. Veremos como fan


equilibrio nunha corda, como comen, como se desprazan dun lugar a
outro... Despois soltarémolos de novo. Cales son as súas características?

A. Herbívoro, ovíparo e invertebrado.


B. Herbívoro, vivíparo e vertebrado.
C. Carnívoro, ovíparo e invertebrado.
D. Omnívoro, ovíparo e vertebrado.

4. Durante máis de tres meses coidamos na clase eirugas da bolboreta da


seda, para ver como se convertían en bolboretas adultas. Todos os días
limpabamos o terrario e poñiamos follas de moreira para alimentalas. Así
puidemos ver as súas seis patas articuladas e a súa cuberta externa dura. A
que grupo de invertebrados pertence a bolboreta da seda?
A. Medusas.
B. Vermes.
C. Insectos.
D. Crustáceos.

5. Relaciona os grupos de vertebrados coas súas características.

a) Teñen pelo, pulmóns e maman. 1) Aves


b) Teñen escamas, branquias e son ovíparos. 2) Mamíferos
c) Teñen o corpo nu e sofren metamorfose. 3) Réptiles
d) Teñen escamas, pulmóns e son ovíparos. 4) Anfibios
e) Teñen plumas, pulmóns e son ovíparos. 5) Peixes

Letra Número
a 2
b 5
c 4
d 3
e 1

6. Clasifica os seguintes vertebrados segundo sexan mamíferos, aves,


anfibios, réptiles ou peixes.

Animal Grupo Animal Grupo


ovella mamífero pomba ave
serpe réptil sardiña peixe
salmón peixe porco mamífero
ra anfibio andoriña ave
lagarta réptil delfín mamífero
cabalo mamífero pavo ave
sapo anfibio aguia ave
7. Cal das seguintes descricións se refire a un gato?

A. É un mamífero, respira por pulmóns e ten a pel cuberta de pelo.


B. É un réptil, respira por pulmóns e ten a pel cuberta de escamas.
C. É unha ave, respira por pulmóns e ten a pel cuberta de plumas.
D. É un mamífero, respira por pulmóns e ten a pel cuberta de plumas.

8. Os animais se alimentan doutros seres vivos. O asno, por exemplo, é un


animal vivíparo e herbívoro, que significa isto?

A. Que nace de ovos e se alimenta de animais e plantas.


B. Que alimenta as súas crías con leite e se alimenta de animais.
C. Que nace do ventre materno e se alimenta de plantas.
D. Que nace de ovos e se alimenta de plantas.

9. Sinala a resposta correcta.

Os elementos dun ecosistema son:

A. O medio físico e os individuos.


B. O medio físico e a comunidade que o habita.
C. O medio físico e a poboación máis abundante.
D. A poboación e a comunidade.

10. Se un ecosistema próximo á túa poboación estivese formado por unha


comunidade de ovellas, aguias, cobras, lebres e animais e plantas da
pradería, que farías para protexelo?

Resposta libre. Por exemplo:


Evitar facer fogueiras, recoller o lixo, recordar que é propiedade de todos e
que o seu coidado depende de nós.
11. Os ecosistemas clasifícanse en dous grupos: ecosistemas acuáticos e
ecosistemas terrestres. Dentro dos ecosistemas acuáticos hainos de auga
doce e de auga salgada. Que lista é a máis completa e real de ecosistemas
terrestres?

A. Bosque, río e pradería.


B. Selva, deserto, bosque, pradería e mar.
C. Deserto, selva, pradería, bosque e ribeira dun río.
D. Océano, deserto, mar, pradería, selva, bosque e ribeira dun río.

12. A semana pasada fixemos unha excursión a un río, un ecosistema de auga


doce da nosa Comunidade, onde puidemos apreciar un montón de
especies de seres vivos. Rodea o animal que se coou na nosa lista porque
non pertence a este ecosistema.

A. Troita.
B. Ra.
C. Oso polar.
D. Pato.

13. Imaxina que fas unha busca en Internet de seres vivos que forman parte de
cadeas alimentarias nun bosque. Sinala o animal que nunca aparecería e
ordena a seguinte cadea alimentaria desde o produtor ata o consumidor
secundario.

pingüín (1)/ cobra (2) / saltón (3) / ra (4) / herba (5)

Intruso: 1
Produtor: 5
Consumidor primario: 3
Consumidor secundario: 4
Consumidor secundario: 2
14. Entre os animais que habitan nun ecosistema establécense diferentes
relacións. Se quixeses ter máis información sobre esas relacións, que
palabras escribirías en cada caso nun buscador de Internet?

a) Cervo e as súas crías: relación, protección, reprodución, alimentación,


cervo, crías.
b) Herba, cebra, león: relación, alimentación, herba, cebra, león.
c) Lobos dunha mesma manda: relación, protección, reprodución,
alimentación, lobos, manada.

You might also like