You are on page 1of 4

1.

Identifica dentro de que grupo de factores de risco se encadran as seguintes condicións de traballo, así
como o subgrupo correspondente, dano derivado e técnica que se encargaría de intentar evitar ese
dano:
a. Ruído
b. Traballo a quendas
c. Chave inglesa
d. Radiacións
e. Gases e vapores
f. Escaleiras
g. Vibracións
h. Bacterias
i. Esforzos

2. Indica o tipo de radiación (ionizante ou non ionizante) nos seguintes casos:

a. Radicacións dunha central nuclear

b. Raios ultravioleta

c. Raios X

d. Microondas

e. Láser

3. Dos seguintes niveis, indica cales poden ser prexudiciais para a saúde e, de ser o caso, cal sería o
correcto:

a. 90 dB(A)

b. 135 dB (C)

c. 30 ºC nun traballo sedentario

d. 2,25 m de altura nunha oficina

e. 9 m3 de volume libre por traballador nun lugar de traballo

f. 70 cm de anchura de portas

g. Levantar 30 kg un traballador non adestrado


4. Clasifica os seguintes tipos de lume atendendo ao combustible:

GRAXA: MADEIRA: PAPEL: BUTANO: ALUMINIO:

5. Di que técnica de prevención (técnica de loita) se ocupa dos seguintes casos:

a. Evitar que un administrativo teña dores de costas, pescozo e fatiga visual debido mediante o deseño do
seu posto de traballo

b. Tratar de que un traballador non contraia silicose analizando a súa exposición a po de sílice e establecendo
medidas correctoras

c. Reorganizar o traballo para que un traballador non teña problemas cos compañeiros

d. Evitar a exposición a radiacións dun traballador dunha central nuclear

e. Facer unha campaña de vixilancia da saúde

6. Di se as seguintes medidas son de prevención ou de protección (individual ou colectiva), indicando se


actúan sobre o foco, vía de transmisión ou traballador:

a. Usar células fotoeléctricas nunha máquina e a deteñen no caso de detectar ao traballador

b. Entregar botas de seguridade

c. Substituír unha máquina que produce ruído por outra que non o fai.

d. Colocar redes de seguridade para o risco de caídas

e. Substitución do benceno nos disolventes por outro produto non canceríxeno.

7. Nun posto de traballo detéctanse unha serie de perigos e valórase a súa probabilidade e as súas
consecuencias. Clasifica os riscos segundo o seu nivel e indica que accións se deberan tomar segundo
esta clasificación:
a. Substancias tóxicas perigosas. A probabilidade é media e as consecuencias extremadamente danosas

b. Caídas a distinto nivel. A probabilidade é baixa e as consecuencias lixeiramente danosa

c. Atrapamentos entre obxectos. A probabilidade é alta e as consecuencias lixeiramente danosas

d. Incendios. A probabilidade baixa e consecuencias extremadamente danosas

e. Golpes por obxectos. A probabilidade media e consecuencias danosas


1. Identifica dentro de que grupo de factores de risco se encadran as seguintes condicións de traballo, así
como o subgrupo correspondente, dano derivado e técnica que se encargaría de intentar evitar ese dano:
a) Ruído: CONDICIÓNS MEDIOAMBIENTAIS, AXENTES FÍSICOS, DOENZA PROFESIONAL, HIXIENE
b) Traballo a quendas: FACTORES PSICOSOCIAIS, ORGANIZACIÓN, INSATISFACCIÓN, PSICOSOCIOLOXÍA
c) Chave inglesa: CONDICIÓNS DE SEGURIDADE, EQUIPOS DE TRABALLO, ACCIDENTE DE TRABALLO, SEGURIDADE
d) Radiacións: CONDICIÓNS MEDIOAMBIENTAIS, AXENTES FÍSICOS, DOENZA PROFESIONAL, HIXIENE
e) Gases e vapores: CONDICIÓNS MEDIOAMBIENTAIS, AXENTES QUÍMICOS, DOENZA PROFESIONAL, HIXIENE
f) Escaleiras: CONDICIÓNS DE SEGURIDADE, LUGARES DE TRABALLO, ACCIDENTE DE TRABALLO, SEGURIDADE
g) Vibracións: CONDICIÓNS MEDIOAMBIENTAIS, AXENTES FÍSICOS, DOENZA PROFESIONAL, HIXIENE
h) Bacterias: CONDICIÓNS MEDIOAMBIENTAIS, AXENTES BIOLÓXICOS, DOENZA PROFESIONAL, HIXIENE
i) Esforzos: CARGA DE TRABALLO, CARGA FÍSICA, FATIGA, ERGONOMÍA

2. Indica o tipo de radiación (ionizante ou non ionizante) nos seguintes casos:


a. Radicacións dunha central nuclear IONIZANTE

b. Raios ultravioleta NON IONIZANTE

c. Raios X IONIZANTE

d. Microondas NON IONIZANTE

e. Láser NON IONIZANTE

3. Dos seguintes niveis, indica cales poden ser prexudiciais para a saúde e, de ser o caso, a medida correcta:

a. 90 dB(A): supera o límite de 87 dB (A), polo que non sería correcto

b. 135 dB (C): é correcto ao estar por debaixo do límite (140 dB (C))

c. 30 ºC nun traballo sedentario: supera o máximo do rango (17-27 ºC), polo que sería incorrecto.

d. 2,25 m de altura nunha oficina: Está por debaixo do mínimo para oficinas: 2,5 m. polo que está
mal

e. 9 m3 de volume libre por traballador nun lugar de traballo: está por debaixo do mínimo: 10 m3
polo que sería incorrecto

f. 70 cm de anchura de portas: mal, xa que o mínimo son 80 cm

g. Levantar 30 kg un traballador non adestrado: mal, xa que o máximo son 25 kg

4. Clasifica os seguintes tipos de lume atendendo ao combustible:

GRAXA: B MADEIRA: A PAPEL: A BUTANO: C ALUMINIO: D


5. Di que técnica de prevención (técnica de loita) se ocupa dos seguintes casos:
a) Evitar que un administrativo teña dores de costas, pescozo e fatiga visual debido mediante o
deseño do seu posto de traballo ERGONOMÍA
b) Tratar de que un traballador non contraia silicose analizando a súa exposición a po de sílice e
establecendo medidas correctoras HIXIENE
c) Reorganizar o traballo para que un traballador non teña problemas cos compañeiros
PSICOSOCIOLOXÍA
d) Evitar a exposición a radiacións dun traballador dunha central nuclear HIXIENE

e) Facer unha campaña de vixilancia da saúde MEDICINA LABORAL

6. Di se as seguintes medidas son de prevención ou de protección (individual ou colectiva),


indicando se actúan sobre o foco, vía de transmisión ou traballador:

a) Usar células fotoeléctricas nunha máquina e a deteñen no caso de detectar ao traballador


PROTECCIÓN COLECTIVA – VÍA DE TRANSMISIÓN
b) Entregar botas de seguridade PROTECCIÓN INDIVIDUAL - TRABALLADOR
c) Substituír unha máquina que produce ruído por outra que non o fai. PREVENCIÓN - FOCO
d) Colocar redes de seguridade para o risco de caídas PROTECCIÓN COLECTIVA – VÍA DE
TRANSMISIÓN
e) Substitución do benceno nos disolventes por outro produto non canceríxeno PREVENCIÓN –
FOCO

7. Nun posto de traballo detéctanse unha serie de perigos e valórase a súa probabilidade e
as súas consecuencias. Clasifica os riscos segundo o seu nivel e indica que accións se
deberan tomar segundo esta clasificación:
a) Substancias tóxicas perigosas. A probabilidade é media e as consecuencias extremadamente
danosas IMPORTANTE. Non debe comezarse o traballo ata que se reduza o risco. Poida que
se necesiten recursos económicos considerables para o controlar. Cando o risco
corresponda a un traballo que se estea a realizar, debe remediarse o problema nun tempo
inferior ao dos riscos moderados.
b) Caídas a distinto nivel. A probabilidade é baixa e as consecuencias lixeiramente danosa
TRIVIAL. Non se require acción específica.
c) Atrapamentos entre obxectos. A probabilidade é alta e as consecuencias lixeiramente
danosas MODERADO. Débese reducir o risco determinando os investimentos necesarios e
o tempo en que se realizarán.
d) Incendios. A probabilidade baixa e consecuencias extremadamente danosas MODERADO.
Débese reducir o risco determinando os investimentos necesarios e o tempo en que se
realizarán.
e) Golpes por obxectos. A probabilidade media e consecuencias danosas MODERADO. Débese
reducir o risco determinando os investimentos necesarios e o tempo en que se realizarán.

You might also like