You are on page 1of 12

GU Sinaturas

Sinaturas electrónicas
Instruccións para a consulta de sinaturas
Elaborado por AMTEGA
CONTROL DE VERSIÓNS E DISTRIBUCIÓN
SUREX_GU_consultaSinaturas_AFM.o
NOME DO DOCUMENTO: VERSIÓN: 1.1
dt
COD. DO DOCUMENTO: SUREX_GU_consultaSinaturas_AFM
ELABORADO POR: AMTEGA DATA: 12/11/2019
VALIDADO POR: DATA:
APROBADO POR: DATA:

REXISTRO DE CAMBIOS

Versión Causa da nova versión Data de aprobación

1.0 Versión inicial 21/10/2019


1.1 Identificación sinaturas incluídas vs separadas 12/11/2019

LISTA DE DISTRIBUCIÓN (opcional)


Nome Número de copia Área/Centro/Localización

CLÁUSULA DE CONFIDENCIALIDADE
Este documento é propiedade da Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia). Deberá empregar este material
exclusivamente para os servizos que foron acordados coa Amtega e que requiren necesariamente da súa utilización. Está prohibida
a reprodución parcial ou total, por calquera medio ou método, dos contidos deste documento para calquera outro uso non acordado
coa Amtega.

SUREX_GU_consultaSinaturas_AFM Páxina 2 de 12
MO_v.05.03
Índice
1. Introdución................................................................................................................................................. 4
1.1. Consulta de sinaturas incluídas no mesmo ficheiro............................................................................5
1.2. Consulta de sinaturas separadas noutro ficheiro................................................................................6
1.2.1. Descarga da sinatura.................................................................................................................... 7
1.2.2. Consulta de sinaturas con AutoFirma........................................................................................... 8
1.2.2.1. Exemplo 1: Sinatura válida........................................................................................ 9
1.2.2.2. Exemplo 2: Sinatura non validable..........................................................................10
1.2.3. Consulta de sinaturas con VALIDe.............................................................................................. 11

SUREX_GU_consultaSinaturas_AFM Páxina 3 de 12
MO_v.05.03
1. Introdución
O obxetivo deste documento é describir dun modo sinxelo cómo consultar a información da sinatura
dun documento electrónico existente nas aplicacións AIRES ou REXEL.
Os documentos electrónicos con destino ás unidades xestoras poden ter varias orixes:
● Documentos presentados nunha oficina de atención á cidadanía e rexistro.
● Documentos presentados na Sede electrónica polo cidadán.
● Documentos presentados noutras administracións e remitidos vía SIR.

E segundo a súa orixe as sinaturas electrónicas poderán ter varios formatos:


● Documentos coa sinatura incluida no mesmo ficheiro:
▪ O documento e a súa sinatura van no mesmo ficheiro.
▪ Exemplos:
◦ Os documentos presentados nas oficinas de atención e rexistro.
◦ A solicitude e o xustificante dunha presentación da Sede electrónica.
● Documentos coa sinatura separada noutro ficheiro:
▪ O documento e a súa sinatura veñen en ficheiros separados.
▪ Exemplos:
◦ A documentación complementaria á solicitude dunha presentación da Sede electrónica.
◦ Documentos recibidos a través do SIR.

Nos seguintes apartados descríbese como consultar en AIRES ou REXEL a información asociada ás
sinaturas dos documentos electrónicos atentendo a se a sinatura está incluída no mesmo ficheiro ou se
ven nun ficheiro separado.

SUREX_GU_consultaSinaturas_AFM Páxina 4 de 12
MO_v.05.03
1.1. Consulta de sinaturas incluídas no mesmo ficheiro
Para consultar a información sobre as sinaturas nos documentos que a levan “incrustada” no mesmo
ficheiro, descargarase o ficheiro desde a opción “Ver” ou “Firma” e poderase visualizar a información
específica no panel de firma do Adobe Reader:

Premendo no botón do panel de firma accederase aos datos de sinatura:

Para máis detalle despregaranse os datos da sinatura:

SUREX_GU_consultaSinaturas_AFM Páxina 5 de 12
MO_v.05.03
1.2. Consulta de sinaturas separadas noutro ficheiro
Para consultar a información sobre as sinaturas que veñen separadas do documento, existen diversas
aplicacións e páxinas web que proporcionan ferramentas axeitadas:
● Aplicación AutoFirma: https://firmaelectronica.gob.es/Home/Descargas.html
● Páxina web VALIDe: https://valide.redsara.es/valide/?

Cando consultamos a sinatura dun documento nas aplicacións AIRES ou REXEL, temos dúas opcións:

● Abrir a sinatura (o ficheiro) automaticamente mediante Windows se éste recoñece o formato.


● Descargar a sinatura (o ficheiro) a unha carpeta local e, posteriormente, abrilo con AutoFirma ou
desde a páxina web de VALIDe.

SUREX_GU_consultaSinaturas_AFM Páxina 6 de 12
MO_v.05.03
1.2.1. Descarga da sinatura
Para descargar a sinatura a unha carpeta local, temos dúas opcións:
● Gardar: descarga na carpeta de descargas xenérica.

● Gardar como: descarga nunha carpeta a elección do usuario.

SUREX_GU_consultaSinaturas_AFM Páxina 7 de 12
MO_v.05.03
1.2.2. Consulta de sinaturas con AutoFirma
Se temos instalada a aplicación AutoFirma no noso equipo, poderemos empregar dita aplicación para
consultar a información das sinaturas dos documentos:
1. Executamos a aplicación AutoFirma.
2. Seleccionamos a opción do menú: Archivo -> Ver firma.

3. Seleccionamos a carpeta onde se descargou a sinatura (o ficheiro).


4. Seleccionamos en tipos de arquivos: Todos os ficheiros.

5. Seleccionamos a sinatura (o ficheiro) a consultar.


6. Pulsamos o botón Abrir e poderemos consultar a sinatura.

SUREX_GU_consultaSinaturas_AFM Páxina 8 de 12
MO_v.05.03
1.2.2.1. Exemplo 1: Sinatura válida
Consulta dunha sinatura válida:

SUREX_GU_consultaSinaturas_AFM Páxina 9 de 12
MO_v.05.03
1.2.2.2. Exemplo 2: Sinatura non validable
Consulta dunha sinatura para a que non se dispón de toda a información necesaria para a súa validación:

SUREX_GU_consultaSinaturas_AFM Páxina 10 de 12
MO_v.05.03
1.2.3. Consulta de sinaturas con VALIDe
Sempre poderemos empregar a páxina web de VALIDe para consultar as sinaturas dos documentos:
1. Abriremos un navegador calquera: Internet Explorer, Firefox, Chrome, Edge, Opera, ...
2. Navegamos á ruta de VALIDe: https://valide.redsara.es/valide/?
3. Seleccionamos a opción de “Visualizar Firma”

SUREX_GU_consultaSinaturas_AFM Páxina 11 de 12
MO_v.05.03
4. Cubrimos os datos
4.1. Seleccionamos a sinatura (o ficheiro) da carpeta na que a gardamos previamente.
4.2. Introducimos o código de seguridade correspondente (será distinto en cada intento).

4.3. Pulsamos o botón de “Validar” e obteremos o resultado.

SUREX_GU_consultaSinaturas_AFM Páxina 12 de 12
MO_v.05.03

You might also like