You are on page 1of 1

IES DE CHAPELA DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS

REPASO DE TRIGONOMETRÍA
Esta ficha servirache para comprobar se tes preparados os temas 3 e 4. Como debes proceder?
Paso 1: Revisa todos os contidos dados en clase, comprobando que comprendes todo. O que non, márcao para
preguntarme cando volvamos. Tamén podes preguntarlle a algunha persoa de clase e así, compartides
coñecementos e aprendedes xuntas.
Paso 2: Fai un esquema .
Paso 3: Volve a facer os exercicios de clase ,sen mirar para ver se che saen.
Paso 4: Cando creas que xa tes preparados os temas, realiza estes exercicios a modo de proba, sen ver os
apuntamentos.
Paso 5: Se tiveches algunha dúbida ou algo que non che saíra sen apuntes, faino agora cos apuntes,pero anótao para
saber que o tes que revisar máis e/ou preguntarme.
Cunha boa organización,as vacacións dan para todo: estudar, descansar e desfrutar da familia e amizades con
sentidiño
Bo Nadal ⛇
EXERCICIOS
1) Os dous lados iguais dun triángulo isósceles miden 15 cm cada un, e o lado desigual mide 24 cm. Acha a altura do
triángulo sobre o lado desigual e a medida dos seus tres ángulos.
2) Sabendo que sen 25° =0,42, calcula (sen usar as teclas trigonométricas da calculadora, é decir, usando as fórmulas
fundamentais e os signos das razóns trigonométricas segundo o cuadrante):
a) sen 115° b) cos 155° c) sen205 d)tan 335°
3)Resolve o seguinte triángulo:

4) Sara e Manolo queren saber a que distancia se atopa un castelo que está na beira oposta dun río. Colócanse a 100
metros de distancia o un do outro e consideran o triángulo en cuxos vértices están cada un dos dous, e o castelo. O
ángulo correspondente ao vértice no que está Sara é de 25° e o ángulo do vértice no que está Manolo é de 140°. A
que distancia se atopa Sara do castelo? E Manolo?
5) Observa o seguinte triángulo e razoa se as igualdades dadas son certas ou non:

6) Se tan  = −0,75 e 3 ,sen calcular o ángulo  , calcula:



2
a) as demáis razóns trigonométricas, usando as fórmulas de trigonometría (non usar calculadora para calcular o
ángulo)
b)sen2𝛼 c) cos (𝛼/2) d) cos(180º+  ) e)tan(180+  ) f)cos(-  )
7. Resolve as seguintes ecuacións trigonométricas:
a)cos 2 𝛼 − 3𝑠ⅇ𝑛2 𝛼 = 0 b) sen 2𝑥 cos 𝑥 = 6 sen3 𝑥
c)2 tan2 𝑥 − 3 tan 𝑥 + 1 = 0 d)cos 𝑥 + cos 3𝑥 = 0

You might also like