You are on page 1of 15

DPTO.

DE MATEMÁTICAS
IES MONTE NEME
2023/24

Matemáticas de 2◦ de ESO

Unidade 1. Números enteiros.

Índice

1. Primeiras propiedades, valor absoluto e oposto dun número enteiro


1.1. Valor absoluto dun número enteiro . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
1.2. Oposto dun número enteiro . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
1.3. A recta enteira e a orde en Z . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

2. Operacións combinadas con números enteiros


2.1. Suma e resta de números enteiros . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
2.2. Multiplicación e división de números enteiros . . . . . . . . . . . . .
2.3. Xerarquía de operacións con números enteiros . . . . . . . . . . . . .

3. Divisibilidade
3.1. Múltiplos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
3.2. Divisores . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
3.3. Primos e compostos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
3.4. Factorización dun número enteiro . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
3.5. Mínimo común múltiplo e máximo común divisor . . . . . . . . . . .
Matemáticas 2◦ ESO Números enteiros

Introdución

Neste tema imos repasar as propiedades dos números enteiros. Lembra que estes
son números da forma −5, −29, 0, 4, 251...
O conxunto de todos os números enteiros denótase por Z. É dicir,

Z = {... , −3, −2, −1, 0, 1, 2, 3, ... }.


Lembra que os subconxunto dos números enteiros non negativos denomínase con-
xunto de números naturais e represéntase por N.

Z N
... , −3, −2, −1, 0, 1, 2, 3, ...

Exercicio 1. Cantos números naturais hai? E enteiros?

Nesta unidade repasaremos os conceptos de valor absoluto e oposto dun número; as


operacións combinadas con números enteiros; revisaremos o que son números primos
e compostos recordando tamén a noción de múltiplo e divisor dun número; así como
a descomposición factorial dun número enteiro para poder calcular o máximo común
divisor e o mínimo común múltiplo de dous ou máis números.

1. Primeiras propiedades, valor absoluto e oposto dun número enteiro

Os números enteiros conforman un conxunto pechado para a suma e a resta. Isto


quere dicir que se sumamos e restamos dous números enteiros o resultado vai ser
sempre enteiro.
Exercicio 2. É o conxunto de números naturais pechado para a suma? E para a resta?
Os números enteiros que teñen o signo “-” por diante reciben o nome de negativos,
os que admiten o signo “+” reciben o nome de positivos e o único número que non
ten signo é o cero (“0”).
Todo número enteiro deberá ser exclusivamente negativo, positivo ou cero.
Exercicio 3. Que números conforman o conxunto de números enteiros non negativos?
Coincide co de números positivos?

2
Matemáticas 2◦ ESO Números enteiros

1.1. Valor absoluto dun número enteiro

Valor absoluto
O valor absoluto dun número enteiro é o número que resulta de sacarlle o signo.
Representamos o valor absoluto dun número a por |a|.

Exemplo. Os valores absolutos de −4, −1, 0, 7 e 11 son:

| − 4| = 4 | − 1| = 1 |0| = 0 |7| = 7 |11| = 11

Exercicio 4. (a) Cantos números teñen como valor absoluto 7?


(b) Cantos números teñen como valor absoluto -7?
(c) Son todos os números non negativos o valor absoluto de dous números enteiros
distintos?

O valor absoluto dun número indica a distancia dese número ao cero.


En xeral, para calcular a distancia entre dous números basta calcular o valor
absoluto da súa diferenza. Así, a distancia entre a e b é |b − a|.

Exemplo. Os números a menos de 3 unidades de 1 son os que están dentro da circun-


ferencia de raio 3 con centro no 1 da recta numérica. Estes son -1, 0, 1, 2, 3.

··· −5 −4 −3 −2 −1 0
×1 2 3 4 5 ···

En termos do valor absoluto estes números son os a tal que |a − 1| < 3.


Consello. Para lembrarte de que a distancia é a diferenza en valor absoluto entre dous
números pensa que o valor absoluto lese “a distancia desde” e que o signo menos se
le “ata”. Por exemplo, |4 − (−4)| leríase, a distancia desde 4 ata -4.
Exercicio 5. Que números están a menos de 5 unidades do -2? Exprésaos en termos
do valor absoluto e di cales son.

3
Matemáticas 2◦ ESO Números enteiros

1.2. Oposto dun número enteiro

Oposto
O oposto dun número enteiro é número que resulta ao cambiar o seu signo se é
distinto de cero ou deixalo como está en caso contrario.
Representamos o oposto dun número a por op(a).

Exemplo. Os opostos de −4, −1, 0, 7 e 11 son:

op(−4) = 4 op(−1) = 1 op(0) = 0 op(7) = −7 op(11) = −11

Exercicio 6. É o mesmo calcular o oposto do valor absoluto dun número que o valor
absoluto do oposto de dito número?

Exemplo. Calquera número e o seu oposto están á mesma distancia do cero, xa que
o seu valor absoluto sempre é o mesmo. Isto é, |a| = |op(a)| para calquera número
enteiro a.

Sempre se pode asegurar que op(a) = −a tendo en conta que −(−1) = 1.


É conveniente ter o anterior en conta para traballar con expresións onde se cal-
cule o oposto de letras e números mesturados.

Exemplo. Para calcular canto vale a para que se cumpra que op(a − 4) = 3, comeza-
mos por eliminar o oposto cambiando todo o que hai dentro dos parénteses de signo.
Así obtemos que −a + 4 = 3, polo tanto −a = 3 − 4 e deste xeito vemos que a = 1.
Exercicio 7. Se calculamos o oposto do oposto dun número, que número obtemos?
Pon un exemplo para velo claro.
Exercicio 8. Indica se son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións para a < 0.

(a) a < op(a) (c) |a| ≥ op(a) (e) op(a) ≤ a


(b) |a| ≤ a (d) |a| = a (f) op(a) > |a|

Exercicio 9. Indica, se é posible, que números cumpren cada unha das seguintes con-
dicións:

(a) |a| < 4 (c) |c| = −1 (e) |op(e) − 2| ≤ 1


(b) |b − 5| ≤ 2 (d) |d + 2| < | − 3 + 1| (f) |2 · f | < 5

4
Matemáticas 2◦ ESO Números enteiros

1.3. A recta enteira e a orde en Z

Orde dos números enteiros


Os números enteiros poden colocarse nunha recta como a seguinte:

··· −5 −4 −3 −2 −1 0 1 2 3 4 5 ···

Un número enteiro a será menor ca un b se a está á esquerda de b. En tal caso


denótase a < b.
Dicir que a é menor ca b equivale a dicir que b é maior ca a e denótase por b > a.

Exercicio 10. Ordena os seguintes números de menor a maior e represéntaos na recta:


5, -3, -8, 0, 1, -1.

Exemplo. Podemos afirmar que:


−4 < −2, xa que −4 está á esquerda de −2 na recta.
−50 < 1, xa que −50 está á esquerda de 1 na recta.
calquera número negativo é menor ca 0 e ca calquera número positivo.
o cero é menor ca calquera número positivo.
Exercicio 11. Escribe as afirmacións do exemplo anterior en termos de “maior que”
(é dicir, con “>”).
Exercicio 12. Se a < −3, pode ser a < 0?
Exercicio 13. Se a non é menor ca b, podemos afirmar que b < a?
Exercicio 14. Que números a cumpren que |a − 3| < 5?

Exercicios do boletín
Xa podes facer os exercicios do boletín 1.1.

5
Matemáticas 2◦ ESO Números enteiros

2. Operacións combinadas con números enteiros

Nesta sección imos lembrar como se fan operacións combinadas con números en-
teiros, mais para iso primeiramente imos lembrar como se suman (ou restan) e como
se multiplican e dividen.

2.1. Suma e resta de números enteiros

Suma de enteiros
Para sumar dous números enteiros distinguimos dous casos:
Se teñen o mesmo signo, súmanse os seus valores absolutos e ao resultado pón-
selle o signo dos de partida. Por exemplo:

(+3) + (+5) = +8; (−5) + (−6) = −11;


(+4) + (+15) = +19; (−3) + (−10) = −13.

Se teñen distinto signo, réstanse os valores absolutos e ponse o signo do maior


en valor absoluto. Por exemplo:

(+3) + (−5) = −2; (+6) + (−5) = +1;


(−4) + (+15) = +11; (−10) + (+3) = −7.

Exercicio 15. Realiza as seguintes operacións:

(a) (+34) + (+51) = (c) (−57) + (−23) =


(b) (+41) + (−15) = (d) (−32) + (+17) =

Resta de enteiros
Para restar dous números enteiros súmaselle ao primeiro o oposto do segundo.
Por exemplo:

(+3) − (+5) = 3 + (−5) = −2; (−5) − (−6) = (−5) + (+6) = 1;


(+4) − (+15) = 4 + (−15) = −11; (−3) − (−10) = (−3) + (+10) = 7.

Exercicio 16. Realiza as seguintes operacións:

(a) (+34) − (+51) = (c) (−57) − (−23) =


(b) (+41) − (−15) = (d) (−32) − (+17) =

6
Matemáticas 2◦ ESO Números enteiros

Propiedades aritméticas da suma


Se a, b e c son números enteiros, cúmprese sempre que:
(i) (a + b) + c = a + (b + c) = a + b + c (asociativa)
(ii) a + b = b + a (conmutativa)

Cando sumamos ou restamos varios números enteiros, primeiro convén simplificar


signos e logo xuntar positivos e negativos entre si (usando a propiedade conmutativa).
Exemplo. 3 + (−6) − (+2) − (−5) + (−3) − 7 + (−1) pode expresarse como a suma
3+(−6)+(−2)+5+(−3)+(−7)+(−1). Agora reordenando e agrupando obtemos:

(3 + 5) − (6 + 2 + 3 + 7 + 1) = 8 − 19 = −11.
Exercicio 17. Calcula:
(a) 10 − 2 + 14 − 25 − 3 =
(b) −13 + 12 − 10 − 6 − 2 =
(c) 7 + 4 − (−6) − (+12) − (+2) =
(d) −4 − (−5) + (−3) + (−20) − (+2) − 5 + 16 =

2.2. Multiplicación e división de números enteiros

Multiplicación e división de enteiros


O resultado dunha multiplicación ou división entre dous números enteiros é o
valor obtido ao multiplicar ou dividir o valor absoluto dos números co signo
correspondente ás seguintes regras:

(+) · (+) → (+): Máis por/entre máis é máis. Ex. (+5) · (+6) = +30
(+) · (−) → (−): Máis por/entre menos é menos. Ex. (+3) · (−4) = −12
(−) · (+) → (−): Menos por/entre máis é menos. Ex. (−12) : (+3) = −4
(−) · (−) → (+): Menos por/entre menos é máis. Ex. (−30) : (−5) = +6

Exercicio 18. Calcula:


(a) (−2) · (+6) = (b) (−4) · (−7) = (c) 24 : (−6) = (d) (−72) : (−24) =

Cando temos un produto con varios factores, o signo será positivo se hai un
número par de números negativos e negativo en caso contrario. Por exemplo:

(−3) · (+5) · (−2) = 30 (−2) · (−15) : (−10) = −3


7
Matemáticas 2◦ ESO Números enteiros

Lembra que calquera número negativo pode expresarse como o produto de (−1)
polo seu valor absoluto. Por exemplo, −5 = (−1) · 5.

Propiedades aritméticas do produto


Se a, b e c son números enteiros, cúmprese sempre que:
(i) (a · b) · c = a · (b · c) = a · b · c (asociativa)
(ii) a · b = b · a (conmutativa)

Exercicio 19. Calcula:

(a) 9 · (−4) : (−6) · (+2) : (+4) =


(b) (−4) · (−5) · (−3) : (−20) · (+2) =

Propiedade distributiva do produto respecto da suma/resta


Se a, b e c son números enteiros, cúmprese sempre que:
• a · (b + c) = a · b + a · c (distributiva respecto da suma)
• a · (b − c) = a · b − a · c (distributiva respecto da resta)

Exemplo. Empregando a propiedade conmutativa do produto, é fácil ver que a distri-


butiva tamén pode aplicarse pola dereita, é dicir, (a + b) · c = a · c + b · c.

Chamamos sacar factor común ao que facemos cando reagrupamos o factor


repetido nas igualdades anteriores, é dicir, cando facemos o proceso inverso a
empregar a propiedade distributiva.

Exercicio 20. Comproba que se cumpre a propiedade distributiva calculando ambos


membros das igualdades seguintes:

(a) 4 · (1 + (−3)) = 4 · 1 + 4 · (−3)


(b) 2 · (3 + 7) = 2 · 3 + 2 · 7
(c) (2 − (−5)) · (−3) = 2 · (−3) − (−5) · (−3)
(d) ((−6) − (−2)) · (−2) = (−6) · (−2) − (−2) · (−2)

Exercicio 21. Saca factor común nas seguintes expresións:

(a) 5 · (−3) − 5 · 2 (c) (−2) · (−4) − (−5) · (−4) + 3 · (−4)


(b) 7 + (−8) · 7 (d) (−2) · (−4) − 2 · 7 − (−2) · (−6)

8
Matemáticas 2◦ ESO Números enteiros

2.3. Xerarquía de operacións con números enteiros

A prioridade coa que se operan os números enteiros respecta a seguinte orde:

1. Operacións dentro de corchetes e parénteses.


2. Multiplicacións e divisións na orde que aparecen,
3. Sumas e restas na orde que aparecen.

Neste apartado é clave saber distinguir os sumandos que quedan cando realizamos
os pasos 1 e 2. Por exemplo, en

3 · 5+2 · 5−2 · (5 − 2 · 3)

temos tres sumandos distintos (cada un dunha cor). Se realizamos as operacións indi-
cadas nos pasos 1 e 2 chegamos a que:

3 · 5+2 · 5−2 · (5 − 2 · 3) = 15 + 10 + 2 = 27.


| {z }
5−6=−1

Fíxate que consideramos o signo de cada sumando parte del.


Exercicio 22. Calcula:

(a) (−3) · (−2) + (−5) · 3 = (c) 3 + 2 · (−4) − (−2) + 2 · 5 − (−5) =


(b) (−4) · 2 + 4 · (−3) = (d) −28 : (−7) + (−72) : 8 =

(e) [(−25) : (−5) + 8] · (−2) − [7 : (−1) + 12 − (−2)] =


(f) 4 · [2 − 5 · (2 − 8) : (−2)] + (−10) : (−2) =

Exercicios do boletín
Xa podes facer os exercicios do boletín 1.2.

9
Matemáticas 2◦ ESO Números enteiros

3. Divisibilidade

Nesta sección imos estudar a divisibilidade en números enteiros. Centrarémonos


nos conceptos de múltiplos e divisores.

3.1. Múltiplos

Múltiplos enteiros
a dise múltiplo de b se existe un número enteiro c de forma que a = b · c.
Denotamos os múltiplos de a por ȧ.

Consecuencias.
I . O cero é múltiplo de todos os números enteiros.

II . Ningún número distinto de cero é múltiplo de cero, é dicir 0̇ = {0}.

Exemplo. Os múltiplos de 2 son os números pares, é dicir, 2̇ = {0, ±2, ±4, ...}.

··· −6 −5 −4 −3 −2 −1 0 1 2 3 4 5 6 ···

Exemplo. Todo número enteiro rematado en 0 ou 5 é un múltiplo de 5 (e de -5).


Exercicio 23. Cantos múltiplos ten un número enteiro?
Exercicio 24. Pode haber máis dun múltiplo de 4 entre 202 e 205?

··· 201 202 203 204 205 206 ···

Exercicio 25. Calcula un múltiplo de 7 entre: (a) 150 e 160; (b) 1025 e 1035.
Exercicio 26. Dados dous números distintos de cero, é sempre posible encontrar un
múltiplo común a ambos? En caso afirmativo, cantos múltiplos comúns terán?
Exercicio 27. Encontra en cada caso un múltiplo positivo común aos números:

(a) 2 e 3 (c) 2 e 10 (e) 2, 3, 5, 7


(b) 3 e 7 (d) 2, 5, 7 (f) 2, 3, 5, 6

Exercicio 28. Completa:

(a) ˙ = {0, ±3, ±6, ± , ... } (b) ˙ = { ,± , ±10, ± , ±20}

10
Matemáticas 2◦ ESO Números enteiros

3.2. Divisores

Divisores enteiros
a dise divisor de b se existe un número enteiro c de forma que b : a = c.
Denotamos os divisores de a por div(a).

A definición anterior equivale a dicir que a é divisor de b se a división b : a é exacta.

a é múltiplo de b ⇐⇒ b é divisor de a ⇐⇒ a é divisible por b

Consecuencias.
I . 1 e -1 son divisores de todos os números enteiros.

II . Os únicos dous divisores de 1 e -1 son eles mesmos.

III . O cero non é divisor de ningún número.


Exemplo. 2 e -2 son divisores de calquera número par (0, 2, −2, 4, −4...).
Exemplo. Todo enteiro distinto de cero ten o dobre de divisores enteiros ca naturais.
• Os divisores naturais de 12 son 1, 2, 3, 4, 6, 12.
• Os divisores enteiros de 12 son ±1, ±2, ±3, ±4, ±6, ±12.
Exercicio 29. Cal é o maior divisor dun número enteiro? E o menor?
Exercicio 30. Se a é divisor de b e b é divisor de c, podemos afirmar que a é divisor
de c? Razoa a resposta.

Para encontrar todos os divisores dun número a seguimos os pasos:


1º. Comezamos dividindo a entre os números enteiros positivos por orde crecen-
te (1, 2, 3,...).
2º. Se a división do paso anterior é exacta, entón tanto o divisor como o cociente,
así como os seus opostos son divisores de a.
3º. Continuamos o proceso ata que o cociente dunha das divisións anteriores
sexa menor ca o divisor.

Exemplo. Os divisores enteiros de 24:


• 24:1=24 −→ ±1 e ±24 son divisores. • 24:4=6 −→ ±4 e ±6 son divisores.
• 24:2=12 −→ ±2 e ±12 son divisores. • 24:5 non dá exacto.
• 24:3=8 −→ ±3 e ±8 son divisores. • 24:6=4 −→ cociente menor ca divisor.
Exercicio 31. Calcula todos os divisores naturais e enteiros de 20, 23, 24 e 25.
 
Exercicio 32. Completa: div = {± , ±7} div = {±1, ± , ±9}
11
Matemáticas 2◦ ESO Números enteiros

3.3. Primos e compostos

Números primos e compostos


Dicimos que un número é primo se é positivo e ten exactamente dous divisores
naturais. Se un número ten máis de dous divisores naturais dise composto.

Consecuencias.
I . Se un número é primo os seus divisores naturais son 1 e el mesmo.

II . 1 non é primo nin composto.

Exemplo. Os primeiros dez primos son: 2, 3, 5, 7, 11, 13, 17, 19, 23, 29.
Exercicio 33. Indica xustificadamente se son primos ou compostos os números se-
guintes: 6, 25, 31, 37, 51, 53.
Exemplo. A criba de Eratóstenes é un proceso que nos permite encontrar todos os
números primos menores que un certo número dado. Podes ver un exemplo aquí.
Para o 30, imos descartando os múltiplos dos primos 2, 3 e 5 (porque 52 < 30 < 62 ).
Os restantes números serán primos.

3.4. Factorización dun número enteiro

Un criterio de divisibilidade é unha regra ou conxunto delas que nos permite deci-
dir se un número dado é divisible por outro.
Divisible por Criterio Exemplo
2 a súa última cifra é par 0, 24, 30,...
3 a suma das súas cifras é múltiplo de 3 9, 15, 279,...
4 as súas últimas dúas cifras son múltiplo de 4 8, 16, 1020,...
5 a súa última cifra é 0 ou 5 10, 25, 165,...
9 a suma das súas cifras é múltiplo de 9 18, 54, 108,...
10 a súa última cifra é 0 10, 50, 1020,...

Exemplo. Existen máis criterios ca os anteriores, se ben en xeral son máis complica-
dos. Por exemplo, para o 11 o criterio a seguir é que “a diferenza entre a suma das
súas cifras en lugares pares e a suma das súas cifras en lugares impares é múltiplo de
11”. Así, o 33, 132 ou 4125 son divisibles por 11.
Exercicio 34. Indica se 8514 é divisible por 2, 3, 5, 9 ou 11.
Exercicio 35. Indica posibles valores para as letras A e B de xeito que o número de
catro cifras 1A5B sexa ao tempo divisible por 2, por 3 e por 11.
12
Matemáticas 2◦ ESO Números enteiros

Os criterios de divisibilidade son especialmente útiles para a descomposición en


factores primos dun número.

Factorización dun número enteiro


Factorizar ou descompoñer en factores primos un número (positivo) consiste
en expresalo como produto de números primos. Exemplo: 40 = 2·2·2·5 = 23 ·5.

Se queremos factorizar un número negativo, basta calcular a factorización para o


seu oposto e multiplicar por (−1). Por exemplo, −20 = (−1) · 22 · 5.
Consello. Cando teñas que descompoñer un número pequeno, en xeral é útil pensar
en como se pode expresar na táboa de multiplicar dalgún número entre 2 e 9. Por
exemplo, 56 = 7 · 8, polo que a súa descomposición é 56 = 23 · 7.
Exercicio 36. Descompón os seguintes números en factores primos: 14, 24, 72, 132.
Exemplo. Se a = 62 · 203 entón a = (2 · 3)2 · (22 · 5)3 = 22 · 32 · 26 · 53 = 28 · 32 · 53 .

A cantidade de divisores naturais dun número é igual ao produto dos expo-


ñentes que aparecen na súa descomposición aumentados nunha unidade.
Exemplo. 88 = 23 · 11, logo os expoñentes aumentados nunha unidade resultan
3 + 1 = 4 e 1 + 1 = 2 (fíxate que 11 = 111 ), logo 88 ten 4 · 2 = 8 divisores.

Exercicio 37. Comproba que 88 ten oito divisores.


Exercicio 38. Calcula o número de divisores que ten: 18, 27, 350 e 637. Logo indica
explicitamente cales son.
Exemplo. Sabendo que a descomposición de 105 = 3 · 5 · 7, a descomposición de
1050 = 10 · 105 = (2 · 5) · (3 · 5 · 7) = 2 · 3 · 52 · 7.

3.5. Mínimo común múltiplo e máximo común divisor

Mínimo común múltiplo


O mínimo común múltiplo de dous ou máis números é o menor múltiplo posi-
tivo común a todos eles. Denotámolo por m. c. m.

Consecuencias.
I . Sempre existe o mínimo común múltiplo.

II . O m. c. m. é sempre menor ou igual que o produto dos números considerados.

III . Todo múltiplo común a varios números é múltiplo do m. c. m.


Exercicio 39. Pon un exemplo onde se vexa que todo múltiplo común a varios núme-
ros é múltiplo do m. c. m.
13
Matemáticas 2◦ ESO Números enteiros

O m. c. m. de varios números é o produto dos factores comúns e non comúns


elevados aos maiores expoñentes das súas descomposicións factoriais.
Exemplo. Para 50 = 2 · 52 e 120 = 23 · 3 · 5, m. c. m.(50, 120) = 23 · 3 · 52 = 600.

Exercicio 40. Calcula:

(a) m. c. m.(12, 24) (b) m. c. m.(15, 20) (c) m. c. m.(16, 24) (d) m. c. m.(12, 18, 54)

Exercicio 41. Encontra dous valores para a de forma que m. c. m.(a, 8) = 40.

Máximo común divisor


O máximo común divisor de dous ou máis números é o maior divisor positivo
común a todos eles. Denotámolo por m. c. d.

Consecuencias.
I . Sempre existe o máximo común divisor.

II . O m. c. d. é sempre maior ou igual ca 1.

III . Todo divisor común a varios números é divisor do seu m. c. d.

Exercicio 42. Pon un exemplo onde se vexa que todo divisor común a varios números
é divisor do m. c. d. deles.

O m. c. d. de varios números é o produto dos factores comúns elevados aos me-


nores expoñentes das súas descomposicións factoriais.
Exemplo. Para 50 = 2 · 52 e 120 = 23 · 3 · 5, m. c. d.(50, 120) = 2 · 5 = 10.

Exercicio 43. Calcula:

(a) m. c. d.(12, 24) = (c) m. c. d.(16, 24) =


(b) m. c. d.(15, 20) = (d) m. c. d.(12, 18, 54) =

Exercicio 44. Encontra dous valores para a de forma que m. c. d.(a, 40) = 8.

Sempre se cumpre que para dous números enteiros positivos a e b:

a · b = m. c. d.(a, b) · m. c. m.(a, b).


Por exemplo, 8 · 12 = m. c. d.(8, 12) · m. c. m.(8, 12) = 4 · 24 = 96.
| {z } | {z }
4 24

Exercicio 45. Calcula 20 · 25 usando o procedemento do exemplo anterior.


14
Matemáticas 2◦ ESO Números enteiros

Cando o m. c. d. de dous números é 1 dise que os números son coprimos ou


primos entre si. Por exemplo, 8 e 9 son coprimos.

Exercicio 46. Sabendo que m. c. d.(a, b) = 1, canto vale m. c. m.(a, b)?

Sacar máximo factor común posible significa extraer o m. c. d. dos sumandos.


Exemplo. Extae máximo factor común de 24 + (−4) · 15 − 62 .
Descompoñemos en factores primos e simplificamos signos en cada sumando:

23 · 3 − 22 · 3 · 5 − 22 · 32

Agora vemos que podemos extraer 22 · 3 de cada sumando, logo

24 + (−4) · 15 − 62 = 22 · 3 · (2 − 5 − 3).

Exercicio 47. Saca o máximo factor común nas seguintes expresións (sen calcular):

(a) 15 − 25 (c) 62 · 12 − 24 · (−2) + 33 · (−36)


(b) 28 + (−8) · 7 (d) 302 · 121 + 135 · 113 + (−55) · 662

O m. c. m. emprégase especialmente en problemas de coincidencias.

Exemplo. Cada canto tempo coinciden un panadeiro que pasa cada semana,
unha carteira que pasa cada 3 días e un varredor que pasa un día si e un non se
acaban de pasar hoxe á vez?

O m. c. d. emprégase especialmente en problemas de reparticións.

Exemplo. Unha máquina produce 200 pezas de metal e outra produce 124 de
madeira da mesma forma e tamaño durante un día. Se se queren empaquetar
o maior número de pezas posibles cada día, cantas haberá que meter en cada
paquete se non se queren mesturar as de madeira coas de metal?

Exercicio 48. Cada canto coinciden tres liñas de bus circulares se unha tarda 20 mi-
nutos, outra 24 e outra 36 sabendo que saen xuntas da primeira parada?
Exercicio 49. Temos 400 madalenas normais, 240 de chocolate e 60 de fariña de
arroz. Se se queren repartir en caixas do mesmo tamaño sen que sobre ningunha e sen
mesturar os tipos de madalena, cantas posibilidades temos?

Exercicios do boletín
Xa podes facer os exercicios do boletín 1.3.

15

You might also like