You are on page 1of 14

CÁLCULO I

Iván Area Carracedo


Curso 2023–2024.
TEMA 1

Preliminares

1. Notación
Durante este curso utilizaremos distintos símbolos para representar conceptos, ope-
racións ou regras. Comezamos cun breve repaso aos máis frecuentes.

1.1. Conxuntos. Entenderemos por conxunto unha colección de obxectos conside-


rada como un propio obxecto. Os obxectos que forman parte do conxunto reciben o
nome de elementos do conxunto. En xeral, denotaremos os elementos dun conxunto por
letras minúsculas, e os conxuntos con letras maiúsculas. Un xeito de describir un con-
xunto é colocar entre chaves os seus elementos. Deste xeito, o conxunto 𝐴 que ten como
elementos os números 1, 2, 3, denótase

(1) 𝐴 = {1, 2, 3}.

Outro exemplo podería ser o conxunto 𝐵 formado polos números 1, 2, 3, 4, que deno-
taremos

(2) 𝐵 = {1, 2, 3, 4}.

En teoría de conxuntos defínense as seguintes operacións básicas (na última columna


o exemplo está feito considerando os conxuntos 𝐴 e 𝐵 definidos por (1) e (2)):

Operación Notación Lectura Exemplo


Pertenza 𝑥∈𝐴 𝑥 pertence a 𝐴 1∈𝐴
Non pertenza 𝑥∉𝐴 𝑥 non pertence a 𝐴 4∉𝐴
Inclusión 𝐴⊂𝐵 𝐴 está contido en 𝐵 𝐴⊂𝐵
Inclusión 𝐵⊃𝐴 𝐵 contén a 𝐴 𝐵⊃𝐴
𝐴 está contido ou
Inclusión 𝐴⊆𝐵 𝐴⊆𝐵
é igual igual a 𝐵
𝐵 contén
Inclusión 𝐵⊇𝐴 𝐵⊇𝐴
ou é igual a 𝐴
Unión 𝐴∪𝐵 Unión de 𝐴 con 𝐵 𝐴 ∪ 𝐵 = {1, 2, 3, 4}
Intersección
Intersección 𝐴∩𝐵 𝐴 ∩ 𝐵 = {1, 2, 3}
de 𝐴 con 𝐵
Produto cartesiano 𝐴×𝐵
Produto cartesiano 𝐴×𝐵
de 𝐴 por 𝐵 = {(𝑎, 𝑏) | 𝑎 ∈ 𝐴, 𝑏 ∈ 𝐵}
1
2 1. PRELIMINARES

Ademais das operacións básicas anteriores, tamén empregaremos a diferenza de con-


xuntos e o complementario dun conxunto en outro.
A diferenza de 𝐴 menos 𝐵 (ou entre 𝐴 e 𝐵) é outro conxunto 𝐴 𝐵 (ás veces tamén
se emprega a notación 𝐴 − 𝐵) cuxos elementos son todos os elementos de 𝐴 que non son
elementos de 𝐵:

(3) 𝐴 𝐵 = {𝑥 ∈ 𝐴 ∶ 𝑥 ∉ 𝐵}.

Por exemplo, para os conxuntos 𝐴 e 𝐵 definidos en (1) e (2):

𝐴 𝐵 = ∅, 𝐵 𝐴 = {4}.

Por último, definiremos o concepto de complementario dun conxunto nun conxunto


dado. Para isto, supoñamos que temos un conxunto 𝐶, e sexa 𝐷 un subconxunto de 𝐶,
é dicir, 𝐷 ⊂ 𝐶. Definimos o complementario de 𝐷 en 𝐶, que denotaremos 𝐷𝑐 , como o
conxunto formado polos elementos de 𝐶 que non están en 𝐷:

𝐷𝑐 = {𝑥 ∈ 𝐶 ∶ 𝑥 ∉ 𝐷},

é dicir, 𝐷𝑐 = 𝐶 𝐷. Por exemplo, se consideramos o conxunto dos números reais maiores


ou iguais que cero (no seguinte tema faremos un repaso aos distintos conxuntos numéri-
cos):

(4) 𝐷 = {𝑥 ∈ R ∶ 𝑥 ≥ 0} ⊂ 𝐶 = R,

o complementario do dito conxunto en R é:

(5) 𝐷𝑐 = {𝑥 ∈ R ∶ 𝑥 ∉ 𝐷} = {𝑥 ∈ R ∶ 𝑥 < 0}.

1.2. Símbolos. Na escrita das matemáticas é frecuente a utilización de certos sím-


bolos. Na seguinte táboa aparecen algúns deles:
2. POTENCIAS E PROPIEDADES 3

Símbolo Notación Lectura Exemplo


Igualdade 𝑥=𝑦 𝑥 é igual a 𝑦 2=2
Menor que 𝑥<𝑦 𝑥 é menor que 𝑦 1<2
Menor ou igual 𝑥≤𝑦 𝑥 é menor ou igual que 𝑦 1≤1
Maior que 𝑥>𝑦 𝑥 é maior que 𝑦 2>1
Maior ou igual 𝑥≥𝑦 𝑥 é maior ou igual que 𝑦 2≥2
Aproximado 𝑥≈𝑦 𝑥 é aproximadamente 𝑦 1.0001 ≈ 1
Equivalente 𝑥≡𝑦 𝑥 é equivalente a 𝑦 1 ≡ 22
Cuantificador
∀𝑥 Para todo 𝑥 ∀𝜖 > 0
universal
Cuantificador
∃𝑥 Existe polo menos un 𝑥 ∃𝑁 ∈ N
existencial
Cuantificador
existencial ∃!𝑥 Existe un único 𝑥 ∃!𝑥 ∈ 𝐴
con unicidade
Tal que 𝑥|𝑦 (𝑥 t.q. 𝑦) 𝑥, tal que 𝑦 ∃𝑁 ∈ N | ∀𝑛 ≥ 𝑁
[𝑎 ≤ 𝑏]
Implicación 𝑝⇒𝑞 𝑝 implica 𝑞
⇒ [𝑎 + 1 ≤ 𝑏 + 1]
Dobre
𝑝⇔𝑞 𝑝 se e só se 𝑞 𝑎
≤1⇔𝑎≤2
implicación 2

Por exemplo, a definición de que o límite da sucesión de números reais {𝑥𝑛 }𝑛∈N é
ℓ ∈ R pode ser escrita do seguinte xeito:
∀𝜖 > 0 ∃𝑁 ∈ N | ∀𝑛 ≥ 𝑁 |𝑥𝑛 − ℓ| ≤ 𝜖,
que debemos ler:
Para toda cantidade positiva epsilon, existe un número natural 𝑁, tal que para todo
número natural 𝑛 maior ou igual que 𝑁, o valor absoluto da diferenza de 𝑥𝑛 e ℓ é menor
ou igual que epsilon.

2. Potencias e propiedades
Dado un número real 𝑎 ∈ R{0} e un número natural 𝑛 ∈ N∪{0} definimos a potencia
𝑛-ésima de 𝑎 como o número resultante de multiplicar 𝑎 𝑛 veces consigo mesmo:
(6) 𝑎𝑛 = 𝑎⏟
⋅ … ⋅ 𝑎.
𝑛 veces

Resulta evidente que 𝑎 = 𝑎; ademais, por convenio, 𝑎0 = 1. Por exemplo:


1

(−3)2 = (−3) ⋅ (−3) = 9, (−3)3 = (−3) ⋅ (−3) ⋅ (−3) = −27, 33 = 3 ⋅ 3 ⋅ 3 = 27.


Dado un número real 𝑎 ∈ R {0} e un número 𝑛 ∈ N∪{0} definimos a potencia inversa
𝑛-ésima de 𝑎 como o inverso para a multiplicación do número resultante de multiplicar
4 1. PRELIMINARES

𝑎 𝑛 veces consigo mesmo, é dicir

1
(7) 𝑎−𝑛 = .
𝑎𝑛
Por exemplo:

1 1 1 1 1 1
3−2 = = , (−3)−3 = = , 3−3 = = .
32 9 (−3)3 −27 33 27

En xeral,

𝑎 −𝑛 𝑏 𝑛 𝑏𝑛
(8) ( ) = ( ) = 𝑛, ∀𝑎, 𝑏 ∈ R, 𝑎, 𝑏 ≠ 0, ∀𝑛 ∈ N.
𝑏 𝑎 𝑎
𝑛
Dado un número real 𝑎 ∈ R e un número racional 𝑝 = ∈ Q, definimos 𝑎𝑛/𝑚 do
𝑚
seguinte xeito:

(9) 𝑎𝑛/𝑚 = 𝑚
𝑎𝑛 .

Por exemplo:
√ √ √ √
(−3)3/2 = √(−3)3 = −27 ∉ R, (−3)4/2 = √(−3)4 =
5
34/5 =
5
34 = 81, 81,
5 −2/3 3 2/3 3 3
2
( ) = ( ) = √ 2.
3 5 5

Dado un número real 𝑎 ∈ R e un número 𝑟 ∈ R, definimos 𝑎𝑟 do seguinte xeito:

(10) 𝑎𝑟 = lim 𝑎𝑟𝑛 ,


𝑛→∞

onde {𝑟𝑛 }𝑛∈N ⊂ Q (números racionais) é tal que:

(11) lim 𝑟𝑛 = 𝑟.
𝑛→∞

A existencia da sucesión {𝑟𝑛 }𝑛∈N está garantida por unha propiedade do conxunto
dos números racionais Q que está fóra dos obxectivos da materia.
Destacamos as seguintes propiedades das potencias. Dados 𝑎, 𝑏, 𝑛, 𝑚 elementos de
R temos que:
(12)
𝑎𝑛 𝑎 𝑛 𝑎𝑛
𝑎𝑛 ⋅ 𝑎𝑚 = 𝑎𝑛+𝑚 , = 𝑎 𝑛−𝑚
, (𝑎 𝑛 𝑚
) = 𝑎 𝑛⋅𝑚
, (𝑎 ⋅ 𝑏)𝑛
= 𝑎 𝑛
⋅ 𝑏 𝑛
, ( ) = 𝑛.
𝑎𝑚 𝑏 𝑏
Por exemplo:
4
35 4 1 13

− 12
= 3 5 + 2 = 3 10 .
3
3. LOGARITMOS E AS SÚAS FUNCIÓNS INVERSAS. 5

3. Logaritmos e as súas funcións inversas.


Sexa 𝑏 un número real positivo distinto de 1, é dicir 𝑏 > 0 e 𝑏 ≠ 1. Dado un número
real positivo 𝑥 > 0 (argumento), a función logaritmo en base 𝑏 asigna a 𝑥 o exponente
𝛼 ∈ R (ou potencia) á que temos que elevar 𝑏 para obter o dito argumento 𝑥. É a función
inversa de 𝑥 = 𝑏𝛼 , que denotaremos

𝛼 = log𝑏 (𝑥).

Con outras palabras,

(13) log𝑏 (𝑥) = 𝛼 ⇔ 𝑥 = 𝑏𝛼 .

É dicir, o logaritmo en base 𝑏 de 𝑥 é igual a 𝛼 se 𝑏 elevado a 𝛼 é 𝑥.


Por exemplo log10 (100) = 2 xa que

(14) 2 = log10 (100) ⇔ 102 = 100.

Chamaremos logaritmo neperiano de 𝑥 > 0 que denotaremos por log(𝑥) ou por ln(𝑥)
ao logaritmo en base 𝑒 de 𝑥.
As propiedades máis importantes dos logaritmos son as seguintes:
1. O logaritmo da súa base é 1; log𝑏 (𝑏) = 1 xa que 𝑏1 = 𝑏.
2. O logaritmo de 1 é cero (independentemente da base); log𝑏 (1) = 0 xa que 𝑏0 = 1
para calquera número real.
3. Se 𝑏 > 1 e 0 < 𝑎 < 1 o logaritmo de 𝑎 é un número negativo.
4. Se 0 < 𝑏 < 1 e 0 < 𝑎 < 1 o logaritmo de 𝑎 é un número positivo.
5. log𝑏 (𝑐 ⋅ 𝑑) = log𝑏 (𝑐) + log𝑏 (𝑑) para calquera base 𝑏 e para calquera par de números
reais positivos 𝑐 e 𝑑.
𝑐
6. log𝑏 ( ) = log𝑏 (𝑐) − log𝑏 (𝑑) para calquera base 𝑏 e para calquera par de números
𝑑
reais positivos 𝑐 e 𝑑.
7. log𝑏 (𝑎𝑥 ) = 𝑥 log𝑏 (𝑎) para calquera base 𝑏 e para calquera número real positivo 𝑎.
√ log𝑏 (𝑎)
8. log𝑏 ( 𝑥 𝑎) = para calquera base 𝑏 e calquera número real 𝑥 positivo.
𝑥
Por último, son frecuentes os logaritmos en base 𝑒 (logaritmo neperiano), en base 10
(logaritmo decimal), e base 2 (logaritmo binario). A escolla dun determinado número
como base para os logaritmos non é crucial, xa que todos son proporcionais entre eles.
A seguinte fórmula é útil para realizar os cambios de base:
log𝑘 (𝑥)
(15) log𝑏 (𝑥) = ∀𝑥, 𝑏, 𝑘 > 0, con 𝑏, 𝑘 ≠ 1.
log𝑘 (𝑏)
Como caso particular da expresión anterior temos, se considerarmos 𝑘 = 𝑥 (sempre
que 𝑘 ≠ 1):
1
(16) log𝑏 (𝑥) = .
log𝑥 (𝑏)
6 1. PRELIMINARES

Podemos ver o comportamento gráfico da función logaritmo log𝑎 (𝑥), asi como da súa
inversa 𝑎𝑥 , nas bases 𝑎 = 1/10, 1/𝑒, 1/2, 2, 𝑒 e 10.

Gráfica 1. Gráficas de funcións logarítmicas para distintas bases.

Gráfica 2. Gráficas de funcións exponenciais para distintos valores da base.


4. TRIGONOMETRÍA 7

4. Trigonometría
A trigonometría como rama das matemáticas realiza o seu estudo na relación entre
os lados e ángulos dun triángulo rectángulo. Para o seu desenvolvemento defínense
distintas funcións que actualmente sobrepasan a súa finalidade orixinal, e son elementos
matemáticos estudados en si mesmos, e con aplicacións nos campos máis diversos.
4.1. Razóns trigonométricas directas. Consideremos o seguinte triángulo rec-
tángulo:

B
c
a
A Α
O b C

Definimos:
• Seno. O seno (abreviado como sen) é a razón entre o cateto opuesto sobre a
hipotenusa,
𝐵𝐶 𝑎
(17) sen(𝛼) = = .
𝐴𝐵 𝑐
• Coseno. O coseno (abreviado como cos) é a razón entre o cateto adxacente sobre
x hipotenusa,
𝐴𝐶 𝑏
(18) cos(𝛼) = = .
𝐴𝐵 𝑐
• Tanxente. A tanxente (abreviado como tan) é razón entre o cateto oposto sobre
o cateto adxacente,
𝐵𝐶 𝑎
(19) tan(𝛼) = = .
𝐴𝐶 𝑏
8 1. PRELIMINARES

F Α G

D
B

A Α
O C E

4.2. Razóns trigonométricas recíprocas.


• Cosecante. A cosecante (abreviado como csc) é a razón recíproca de seno, ou o
seu inverso multiplicativo:
1 𝑐
(20) csc(𝛼) = = .
sen(𝛼) 𝑎
No esquema anterior a súa representación xeométrica é:
(21) csc(𝛼) = 𝐴𝐺.
• Secante. A secante (abreviado como sec) é razón recíproca de coseno, ou o seu
inverso multiplicativo:
1 𝑐
(22) sec(𝛼) = = .
cos(𝛼) 𝑏
Noesquema anterior a súa representación xeométrica é:
(23) sec(𝛼) = 𝐴𝐷.
• Cotanxente. A cotanxente: (abreviado como cot) é razón recíproca da tanxente,
ou o seu inverso multiplicativo:
1 𝑏
(24) cot(𝛼) = = .
tan(𝛼) 𝑎
No esquema anterior a súa representación xeométrica é:
(25) cot(𝛼) = 𝐺𝐹.
4. TRIGONOMETRÍA 9

4.3. Razóns trigonométricas inversas. En trigonometría, cando expresamos o


ángulo en radiáns (dado que un radián é o arco de circunferencia de lonxitude igual ao
radio), denominamos arco a calquera cantidade expresada en radiáns; por iso denomi-
namos co prefixo ”arco” as funcións inversas.
• Arco seno. É a función inversa do seno:

(26) 𝑦 = sen(𝑥) ⇔ 𝑥 = arcsen(𝑦).

• Arco coseno. É a función inversa do coseno:

(27) 𝑦 = cos(𝑥) ⇔ 𝑥 = arccos(𝑦).

• Arco tanxente. É a función inversa da tanxente:

(28) 𝑦 = tan(𝑥) ⇔ 𝑥 = arctan(𝑦).

Convén ter en conta que as funcións arco seno, arco coseno e arco tanxente son as
funcións inversas das funcións seno, coseno e tanxente; pero non debemos confundir, por
exemplo, arcsen(𝑥) con 1/ sen(𝑥) como podemos ver nos seguintes exemplos numéricos:

• Por unha banda, sabemos que sen(𝜋/4) = 2/2 polo que arcsen(√(2)/2) = 𝜋/4;

ademais, 1/ sen(𝜋/4) = 2.
• Posto que a función sen(𝑥) toma os seus valores entre −1 e 1 entón non existe a
súa inversa no punto 5𝜋/2, arcsen(5𝜋/2); ademais, 1/ sen(5𝜋/2) = 1.

4.4. Identidades trigonométricas. Entenderemos que unha identidade é unha


igualdade que se verifica para todos os valores permisíbeis da variable. Temos as seguintes
identidades fundamentais:
• Recíprocas

(29) sen(𝛼) ⋅ csc(𝛼) = 1,


(30) cos(𝛼) ⋅ sec(𝛼) = 1,
(31) tan(𝛼) ⋅ cot(𝛼) = 1.

• De división
sen(𝛼)
(32) tan(𝛼) = .
cos(𝛼)
• Polo teorema de Pitágoras

(33) sen2 (𝛼) + cos2 (𝛼) = 1,


(34) tan2 (𝛼) + 1 = sec2 (𝛼),
(35) 1 + cot2 (𝛼) = csc2 (𝛼).
10 1. PRELIMINARES

• Suma e diferenza de dous ángulos

(36) sen(𝛼 + 𝛽) = sen(𝛼) cos(𝛽) + cos(𝛼) sen(𝛽),


(37) sen(𝛼 − 𝛽) = sen(𝛼) cos(𝛽) − cos(𝛼) sen(𝛽),
(38) cos(𝛼 + 𝛽) = cos(𝛼) cos(𝛽) − sen(𝛼) sen(𝛽),
(39) cos(𝛼 − 𝛽) = cos(𝛼) cos(𝛽) + sen(𝛼) sen(𝛽),
tan(𝛼) + tan(𝛽)
(40) tan(𝛼 + 𝛽) = ,
1 − tan(𝛼) tan(𝛽)
tan(𝛼) − tan(𝛽)
(41) tan(𝛼 − 𝛽) = .
1 + tan(𝛼) tan(𝛽)

• Suma e diferenza do seno e coseno de dous ángulos

𝛼+𝛽 𝛼−𝛽
(42) sen(𝛼) + sen(𝛽) = 2 sen ( ) cos ( ),
2 2
𝛼−𝛽 𝛼+𝛽
(43) sen(𝛼) − sen(𝛽) = 2 sen ( ) cos ( ),
2 2
𝛼+𝛽 𝛼−𝛽
(44) cos(𝛼) + cos(𝛽) = 2 cos ( ) cos ( ),
2 2
𝛼+𝛽 𝛼−𝛽
(45) cos(𝛼) − cos(𝛽) = −2 sen ( ) sen ( ).
2 2
(46)

• Produto do seno e coseno de dous ángulos

cos(𝛼 + 𝛽) + cos(𝛼 − 𝛽)
(47) cos(𝛼) cos(𝛽) = ,
2
cos(𝛼 − 𝛽) − cos(𝛼 + 𝛽)
(48) sen(𝛼) sen(𝛽) = ,
2
sen(𝛼 + 𝛽) + sen(𝛼 − 𝛽)
(49) sen(𝛼) cos(𝛽) = ,
2
sen(𝛼 + 𝛽) − sen(𝛼 − 𝛽)
(50) cos(𝛼) sen(𝛽) = .
2

• Ángulo dobre

(51) sen(2𝛼) = 2 sen(𝛼) cos(𝛼),


(52) cos(2𝛼) = cos2 (𝛼) − sen2 (𝛼),
2 tan(𝛼)
(53) tan(2𝛼) = .
1 − tan2 (𝛼)
4. TRIGONOMETRÍA 11

• Ángulo metade
𝛼 1 − cos(𝛼)
(54) sen ( ) = √ ,
2 2
𝛼 1 + cos(𝛼)
(55) cos ( ) = √ ,
2 2
𝛼 1 − cos(𝛼)
(56) tan ( ) = √ .
2 1 + cos(𝛼)
Nota 1.1. Moitas das identidades trigonométricas son moi simples de deducir desde
a fórmula de Euler
𝑒𝑖𝛼 = cos 𝛼 + 𝑖 sen 𝛼 (𝑖2 = −1),
e as propiedades das funcións exponenciais. Por exemplo, xa que
𝑒𝑖𝛼 = cos 𝛼 + 𝑖 sen 𝛼,
𝑒𝑖𝛽 = cos 𝛽 + 𝑖 sen 𝛽,
ao multiplicarmos resulta por unha banda
𝑒𝑖𝛼 𝑒𝑖𝛽 = 𝑒𝑖(𝛼+𝛽) = cos(𝛼 + 𝛽) + 𝑖 sen(𝛼 + 𝛽),
e pola outra
(cos 𝛼 + 𝑖 sen 𝛼)(cos 𝛽 + 𝑖 sen 𝛽) = cos 𝛼 cos 𝛽 − sen 𝛼 sen 𝛽 + 𝑖(cos 𝛼 sen 𝛽 + sen 𝛼 cos 𝛽).
Ao igualarmos p.ex. as partes reais obtemos
cos(𝛼 + 𝛽) = cos 𝛼 cos 𝛽 − sen 𝛼 sen 𝛽.
12 1. PRELIMINARES

You might also like