You are on page 1of 1

Comunicación conxunta das Consellerías de

Sanidade e Educación sobre a recomendación


do uso de máscaras nos patios dos centros
educativos - 18/03/2022

O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola


covid-19, vén de acordar na súa xuntanza de onte, deixar de recomendar o uso das
máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade.
O grupo de expertos adoptou esta decisión tras avaliar a situación
epidemiolóxica de Galicia así como a grande porcentaxe de poboación
pediátrica e xuvenil vacinada. Neste senso, Galicia é a primeira comunidade
en porcentaxe de poboación infantil vacinada cun 73,5% dos nenos con
alomenos unha dose, o que significa 21 puntos por riba da media do Sistema
Nacional de Saúde. Así mesmo, o 41,1% dos menores de 12 anos contan coa
pauta completa, 13 puntos por riba da media de España.
Moitas grazas pola súa colaboración,

1 de 1

You might also like