You are on page 1of 1

Á atención das familias do alumnado interesado en participar na Olimpíada

Matemática Galega
Circular informativa sobre a Olimpíada Matemática Galega

Estimadas familias,

O día 20 de xaneiro celébrase na Facultade de Matemáticas da Universidade de


Santiago de Compostela a Olimpíada Matemática Galega. Trátase dunha proba na cal
son propostos problemas pensados para ser resoltos de maneira orixinal a través do
razoamento matemático e lóxico.

Considérase que a participación nesta proba pode ser unha actividade complementaria
enriquecedora para todo o alumnado que estea interesado na materia, así como en
estudos posteriores relacionados co ámbito científico.

A actividade desenvolverase do seguinte xeito:

-Colleremos o tren na estación de Vigo-Urzáiz o venres día 20 as 8:00 da mañá.


Quedaremos na estación ás 7:40. Os billetes de tren corren a cargo da escola.

-Unha vez alí, comeremos nalgún establecemento de Santiago de Compostela. Cada


alumno deberá levar cartos para pagar os gastos da comida.

-Para voltar a Vigo, colleremos o tren na estación de Santiago ás 20:25, o cal chegará á
estación de Vigo-Guixar ás 22:00 da noite.

Rogamos que se autorice a asistencia na actividade. Moitas grazas.

Ante calquera dificultade, podedes contactar comigo.

Atentamente,

Manel Camiña Rodríguez,

Profesor de Matemáticas de Bacharelato.

RÚA VENEZUELA, 7 | VIGO | 36203 | WWW.SALESIANOSVIGO.ES

You might also like