You are on page 1of 1

Comentario literario

O poema data do primeiro terzo do SXX, un período de tempo de gran importancia


literaria , histórica e mesmo política. No referente a literatura por toda Europa
espallábanse as vangardas literarias , movementos artísticos que buscaban a
innovación e a ruptura coa tradición literaria anterior , en Galicia estas correntes
estiveron vinculadas coas ideas galeguistas e nacionalistas.

O texto é un fragmento da obra `` De catro a catro´´ .Neste podemos obervar


diversas características do seu autor , Manuel Antonio.

En primeiro lugar cabe destacar o pesimismo existencial e a visión negativa da


existencia , o cal lle acompañou dende sempre, ex (As nosas soedades veñen de tan
lonxe como as horas d´ o reloxe )

A continuación cómpre destacar as múltiples referencias ao todo o relacionado co


mundo da navegación, ex ( veleiro , sotavento, paquebote , así como a identificación
da existencia coma un viaxe no mar, feito que está presente ao longo do poema.

Por último cobra especial importancia a falta dun esquema métrico regular ou fixo e a
ausencia de rima e ritmo, versolibrismo , non hai regras métricas , característica propia
das vangardas literarias.

Ao ser o poemario do primeiro terzo do SXX , o autor pertence ao grupo das


vangardas, mais este non tiña preferencia por ningunha en especial collendo aspectos
de varias entre as cales destacan o surrealismo , cubismo e creacionismo.

No marco histórico destacan a abolición dos foros por parte dos movementos
agraristas , así como a creación de numerosas asociacións e iniciativas galeguistas
como o Seminario de Estudos Galegos en 1923 ou as iniciativas das Irmandades da Fala
. Deste xeito o primeiro terzo do SXX sería un período de recuperación, normalización
e intento de normativización linguística que non chegaría a completarse por mor da
posterior sublevación e ditadura franquista.No ámbito político cómpre resaltar a
ditadura de Primo de Rivera imposta polo levantamento de 1923.

Outas voces representativas son Álvaro Cunqueiro co ``Poemas do si e non´´ e Luis


Amado Carballo `` Proel´´.

You might also like