You are on page 1of 1

PORTADA FERROL COMARCAS TU IDEAL GALICIA ESPAÑA POLÍTICA MU

7º-16º
Lunes | 3 Abril | 2023

Mocidade comprometida coa


música en galego

Cinco grupos de centros educativos da comarca interpretaron as


súas cancións no festival I JORGE MEIS

! ! ! !

REDACCIÓN FERROL 2 DE ABRIL DE 2023, 08:00

Son todos mozos, apaixonados da música e, como


veñen de amosar, comprometidos tamén coa
cultura galega. Cinco grupos de estudantes
doutros tantos centros educativos da comarca
implicáronse este ano no Festival A Mocidade coa
Lingua, impulsado desde hai xa tres décadas
desde a Coordenadora de Equipas de
Normalización Lingüística.

Detrás das súas actuacións do pasado xoves no


Auditorio de Ferrol, houbo horas de traballo para
compoñer os temas orixinais, desenvolver os
ensaios e contribuír así á celebración dunha cita
que ten, entre os seus obxectivos, “sensibilizar á
mocidade na importancia de manter a nosa lingua
como vehículo de expresión cultural”. Cuarto
Cable, do CPI A Xunqueira; A Banda da Ponte, do
IES Carvalho Calero; Bandoviño, do CPI Atios;
Arredemo, do IES de Fene; e Boa Pregunta, do CPR
Tirso de Molina, son os protagonistas desta
reportaxe.
PUBLICIDAD

 
CUARTO CABLE (CPI A XUNQUEIRA)

Cuarto Cable, do CPI A Xunqueira, iniciou este curso a súa andaina co

O festival de Nadal organizado polo centro supuxo


a estrea do grupo Cuarto Cable, integrado por
Xavier Meizoso (guitarra), Eva Sardiña (piano),
Xabier Fernández (voz) –alumnos de terceiro de
ESO– e Mario Salceda (percusión), de 1º de
Bacharelato. Foi Eva quen, tal e como conta,
propuxo aos seus compañeiros tocar na devandita
cita e como a actuación saiu ben, decidiron
continuar. Para A Mocidade coa Lingua, crearon
unha canción orixinal cun poema de Rosalía de
Castro. Aínda que centran sobre todo a súa música
no rock, o seu repertorio inclúe tamén outros
xéneros. A intención da formación, di a pianista, é
continuar con este proxecto.
 
 
BANDOVIÑO (CPI ATIOS)

Os integrantes de Bandoviño teñen intención de continuar co seu


proxecto musical

Cinco estudantes de diferentes cursos dan vida ao


grupo do centro valdoviñés. Son Alba Iglesias
(teclado), Candela López (voz, gaita e
composición), Marta Chans (frauta travesa), Sabela
Castro (vocalista) e Simón Díaz (guitarra acústica).
Aínda que a maioría deles leva tempo cantando,
tocando e formándose en música, este é o
primeiro curso que tocan xuntos. Agrupáronse
para participar en A Mocidade coa Lingua pero
conxeniaron tan ben, que non desbotan manter a
formación para futuras ocasións, salientan desde
o colexio. Ensaiaron na aula de música do centro
maioritariamente no seu tempo libre,
implicándose de cheo en todo o proceso de
composición e de arranxos dos temas que
interpretaron no festival do pasado xoves, que
para eles constituíu unha oportunidade “moi
importante” para dar a coñecer o que fan máis alá
do seu ámbito educativo. Todos son conscientes
ademais da importancia que teñen este tipo de
eventos como canle para achegar a música en
galego á rapazada da comarca.
 

 
A BANDA DA PONTE (IES CARVALHO CALERO)

A Banda da Ponte formouse este curso no IES Carvalho Calero

A xénese desta banda está no bacharelato de


artes escénicas e musicais no que os seus
integrantes coincidiron. Concretamente na
materia de Linguaxe Musical, que lles deu a
oportunidade de tocar en conxunto. O seu
principal obxectivo pasaba por vivir a experiencia
de tocar nun grupo de música “con liberdade
propia e, obviamente, aprender dela, e con isto
animar tamén o instituto nos festivais de samaín,
nadal, entroido...”, explica Anxo Garrote. El é o
percusionista dun grupo do que tamén forman
parte Luz (baixo), Antía (piano), José (Cello), Lucía
(clarinete), Isa (clarinete) e Carla (voz). Teñen entre
16 e 17 anos. Fan principalmente música moderna
(jazz, rock, blues...) pero para a Mocidade coa
Lingua tiveron a idea de mesturar a música
tradicional galega (rumba e muiñeira) con
instrumentos clásicos, tradicionais e modernos.

Destacan a importancia de “ver `orecer a nosa


lingua neste tipo de ámbitos” a través de iniciativas
como A Mocidade coa Lingua. “Por desgraza, non é
algo habitual ver o uso da lingua galega cando
falamos de música, polo menos, ata hai pouco,
pero por iniciativas como esta pensamos que
podemos estar vivindo un ‘Rexurdimento 2.0’”,
considera Garrote.

¿Piel sensible?

Ad By BRAUN Descubre más

 
 
ARREDEMO (IES DE FENE)

Imaxe dos estudantes que dan forma ao grupo Arredemo, do IES de


Fene

A traxectoria do grupo musical Arredemo comeza


en 2008 como “un entretemento”. O que vai
variando cada curso son os seus compoñentes –a
medida que van pasando polo centro–, a maioría
dos cales non teñen coñecementos musicais
previos e aprenden a tocar no pouco tempo que
teñen para os ensaios, fóra do horario lectivo. Este
curso está formado por Alexia (baixo), Antón
(guitarra), Alba (batería) e Sara e María (nas voces).
A novidade este ano foi que ao festival do pasado
xoves levaron un acompañamento de
instrumentos Orf -xilófonos ou instrumentos de
placas- realizados polo alumnado de primeiro de
bacharelato da materia de Linguaxe e práctica
musical.
 
 
BOA PREGUNTA (CPR TIRSO)

Integrantes da formación Boa Pregunta, do colexio Tirso de Molina de


Ferrol

O colexio de Tirso de Molina enfoca cada novo


curso a súa participación no Festival A Mocidade
coa Lingua como unha actividade dentro da aula
de música en colaboración co departamento de
galego. Compoñen as cancións e van engadindo os
instrumentos. A formación, pola que o ano pasado
pasou Coke Couto, un rapaz que xa iniciou a súa
traxectoria musical de pequeno, combina xente
que empeza a tocar con outros que xa teñen
moita experiencia. Lucas, Dora, Alberto, Silvia e
Elena, estudantes de primeiro de bacharelato, son
os compoñentes do grupo deste ano.

Ferrol festival música A Mocidade coa Lingua

Estudantes

TE RECOMENDAMOS

¡ESPAÑA: ESCANDALO BITCOIN!


Esta pareja española se hizo millonaria, los bancos
están aterrorizados

Renegade 4xe Híbrido Nuevo Alfa Romeo Stelvio


Descubre el nuevo Jeep Súbete a bordo del nuevo
Renegade 4xe con ofertas Alfa Romeo Stelvio
exclusivas

LOS SAINZ: NUEVA Línea Ilimitada 8 GB


INVERSIÓN
Voz y datos ilimitados y
La mas reciente inversión 8GB a velocidad 5G por
de la familia SAINZ 6,50€/mes
aterroriza a España

Elegido mejor coche del año


Este es el SUV coreano que ha ganado el premio Coche
del año España 2023

EL SECRETO DE KIKO Electric Freedom Days


MATAMOROS
Descubre el nuevo Jeep
Una nueva forma de ganar Compass 4xe y e-Hybrid
varios miles de euros al día

Viajes Toyota Yaris


Maravillosos:Maldivas
Su naturaleza ágil y
Reserva sin gastos de dinámica te demostrará
cancelación y hasta 400€ que estás ante el mejor
de descuento Yaris

Sé el primero en comentar...

Por favor identifícate o regístrate para comentar


Login con E-mail

Comments by Historiable    Política de privacidad

Te puede interesar

El mercado inmobiliario
inicia el año en Ferrol
manteniendo su estabilidad

La hostelería de Ferrol Vello


denuncia: “Los negocios del
barrio nos sentimos
abandonados”

Chelo Loureiro: “Nin en soños


puiden pensar nunca que ía
estar onde estou”

¿Piel sensible?

¡Descubre como cuidarla!

Descubre más

Ad By BRAUN

¿Quitar el vello púbico?

Ad By BRAUN Descubre más

Lo más visto
El guitarrista coruñés Manuel
Seoane dice adiós a Mago de Oz
REDACCIÓN

Ferrol reurbanizará la plaza de


Galicia por 2,8 millones

Cientos de !eles acudieron a la


bendición de los ramos en la plaza
de Amboage
C.R.C

Narón se situó en febrero como el


área de Galicia con el alquiler más
bajo
J. GUZMÁN

¿Afeitadora como nueva?

Ad By BRAUN Descubre más

El Ideal Gallego

Diario de Arousa

Diario de Bergantiños

dxt campeón

COMUNICADOS

ESQUELAS

Publicidad Contacto Aviso Legal Política de


privacidad
POWERED BY BIGPRESS

You might also like