You are on page 1of 115

Ciclo superior de Automatización e Robótica Industrial

Sistemas eléctricos, pneumáticos e hidráulicos

UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I


Recoñecer, debuxar e montar sistemas eléctricos.

Obxectivos:
1. Recoñece dispositivos electromecánicos, identificando a súa funcionalidade e determinando as súas
características técnicas.
2. Debuxa esbozos e esquemas de sistemas de control eléctrico con cables, solucionando aplicacións de
automatización e seleccionando os elementos que os compoñen.
3. Monta circuítos de automatismos eléctricos con cables, interpretando esquemas e facilitando o mantemento.

Contidos:
1. Recoñecemento de dispositivos electromecánicos
2. Debuxo de esbozos e esquemas de sistemas de control eléctrico con cables.
3. Montaxe de circuítos de automatismos eléctricos con cables.
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

INTRODUCIÓN ÁS TECNOLOXÍAS DE AUTOMATIZACIÓN

Nun sistema automatizado sempre atoparemos unha fonte de enerxía (eléctrica, pneumática, hidráulica), uns mecanismos
de mando – que empregaremos para ordenar o ciclo a realizar – e uns mecanismos de traballo que finalmente executarán
o programado previamente.

Tipos de tecnoloxía:
• Automatización eléctrica. A potencia para o proceso é aportada por enerxía eléctrica a través do circuíto eléctrico.
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

• Automatización pneumática. A potencia para o proceso é aportada por presión de aire, a través dun circuíto
pneumático.
• Automatización hidráulica. A potencia para o proceso é aportada por presión dun fluído, a través dun circuíto
hidráulico.

Automatización eléctrica.
Un automatismo eléctrico é un sistema de control (xeralmente de maquinaria) que permite a automatización de tarefas
sen a intervención dun operario nunha determinada máquina dentro dun proceso de fabricación.

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

2
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Automatización pneumática.
No control do circuíto pneumático pódense utilizar válvulas pneumáticas ou ben electroválvulas con circuítos de control
eléctricos (electropneumática).
A pneumática ten o seu campo de aplicación en dispositivos que requiran elevada velocidade, e onde non se requira un bo
control da velocidade, tales coma a manipulación de pezas con movementos lineais de mecanismos.
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Automatización hidráulica.

A hidráulica é a tecnoloxía que emprega un líquido (xeralmente aceites especiais), como modo de transmisión da enerxía
Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

necesaria para mover e facer funcionar mecanismos. O control do circuíto hidráulico adoita ser un circuíto de control
eléctrico.
A hidráulica ten a sua aplicación en procesos onde se requira de grandes esforzos e non sexa primordial a velocidade de
resposta. Tamén son apropiados onde se requira un bo control de velocidade ou de regulación de presión.

3
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

1. RECOÑECEMENTO DE DISPOSITIVOS ELECTROMECÁNICOS

Os dispositivos electromecánicos son aqueles que combinan partes eléctricas e partes mecánicas para conformar o seu
mecanismo; mediante estes disolutivos pódense controlar outros sistemas, xa que grazas a eles pódense activar e
desactivar, xa sexa manualmente ou automaticamente.
Exemplos destes dispositivos son os motores eléctricos e os dispositivos mecánicos movidos por estes, así como os relés
e as diversas clases de interruptores de selección eléctricas.
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Nas aplicacións relacionadas coa automatización e o control de procesos vinculadas coa electricidade en máquinas,
dispositivos eléctricos e instalacións, existen distintos tipos de accionamentos que permiten a xestión por medio do que
se denomina lóxica de contactos.
O automatismo de dispositivos eléctricos é esencial en calquera tipo de proceso onde se deba controlar motores, ou
máquinas en xeral, xa sexa para manobras ou protección. Para poder levar a cabo o control remoto (a distancia) de
calquera máquina é indispensable ademais do sistema de xestión, o sistema de potencia que o manobre.

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Aplicacións automáticas con sistemas secuencias eléctricos con cables.


Definición de automatismo eléctrico: conxunto de máquinas dirixidas por un sistema de control único que permite realizar
sen a actuación do home unha serie de operacións.
O automatismo xeralmente estará aplicado a procesos industrias para
conseguir:
• Simplificar o traballo que realiza o home para que este poida pasar a
realizara traballos de control e mantemento.
• Cambiar con fiabilidade o proceso de fabricación no caso de ser
necesario.
• Mellorar a calidade dos produtos aumentando a súa produción, xa que
co automatismo evitamos a fatiga que poida ter o humano.
• Mellorar a seguridade das persoas xa que evitamos que o home realice
tarefas perigosas ou complexas.

4
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Estrutura dun automatismo.


Calquera sistema automático pode descompoñerse en dúas
partes fundamentais:
• Parte de control, na que se elaboran as ordes necesarias
para a execución do proceso, dependendo dos sinais ou
informacións que se perciban do mesmo.
• Parte de potencia, onde se efectúan as operacións
mediante motores ou outro tipo de actuadores de acordo
ás ordes que proporciona a parte de control.
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Parte de control Parte de potencia

→ → →
Entradas Proceso de datos Saídas Máquina

Pulsadores Relés Contactores Motores


Captadores Temporizadores Relés Actuadores pneumáticos
Contadores Electroválvulas Actuadores hidráulicos

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

5
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Distribución eléctrica.
As instalacións eléctricas de baixa tensión clasifícanse segundo as tensións nominais que se lle asignen:

Corrente alterna Corrente continua


(Valor eficaz) (Valor medio)
Moi baixa tensión Un ≤ 50 V Un ≤ 75 V
Tensión usual 50 < Un ≤ 500 V 75 < Un ≤ 750 V
Tensión especial 500 < Un ≤ 1000 V 750 < Un ≤ 1500 V
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Os circuítos de alimentación clasifícanse polo tipo de corrente:

Tipos de corrente

Corrente continua Sempre circula nun só sentido


Monofásica
Cambia o seu sentido de circulación Alimentación Fase – Neutro
Corrente alterna (AC)
periodicamente Trifásica
Alimentación con tres fases

Corrente continua.
Denomínase corrente continua ou directa (DC en inglés, de Direct Current) á corrente producida por xeradores que
manteñen nos seus terminais o mesmo tipo de potencial (+) e (-) polo que, ao conectalos nun circuíto, a corrente flúe nun
mesmo sentido.

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

O uso de CC limítase a aparatos de audio, vídeo, máquinas portátiles, etc. Unha das vantaxes é que se pode almacenar e
transportar mediante baterías ou acumuladores.

6
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Identificación dos condutores DC

Condutor Cor Identificador


Positivo Vermello L+ +24V +
Negativo Negro L-

Unha fonte de alimentación electrónica transforma a corrente alterna en corrente continua e regula ou cambia a tensión de
saída a uns valores determinados. Por exemplo, unha fonte de alimentación pode conectarse na entrada a 230V en
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

corrente alterna, e transformala en corrente continua de 24V á saída.



Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

7
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Liñas de distribución en corrente alterna


A corrente alterna (CA) é un tipo de corrente eléctrica na que o sentido de fluxo de electróns varía a intervalos regulares ou
en ciclos. En Europa e na maior parte do mundo é de 50 ciclos por segundo (o que se expresa coma 50 Hz). A corrente
estándar empregada en Estados Unidos é de 60 ciclos por segundo (60 Hz).
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Corrente alterna (AC)

É o valor de crista que acada a corrente alterna. Pode ser positivo ou negativo.
Valor máximo Vmax
Tamén é coñecido coma valor de pico (Vp)
É o valor que toma a corrente nun momento determinado. Exprésase coa
Valo instantáneo vi fórmula vi = Vmax · sen (ωt).

Onde ωt é o ángulo no que desexamos obter o valor instantáneo.


Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

É o valor de corrente continua polo que debemos substituír a corrente alterna


para que produza o mesmo efecto. Calcúlase coa fórmula Vef = Vmax / √2
Valor eficaz Vef ou rms
É o valor que miden os aparatos de medida en CA.
Para a corrente da rede é de 230 V.
É o tempo que tarda en producirse un ciclo completo da corrente.
Período T
Corresponde con 360º. Para a corrente de rede é de 20 ms.
É o número de ciclos completos que se producen nun segundo. Calcúlase coa
Frecuencia F fórmula F = 1 / T.
Para a corrente de rede é de 50 Hz.

Algunhas vantaxes da corrente alterna fronte á corrente continua son:


• Cada ciclo o valor da tensión pasa por cero, e isto facilita a desconexión dos aparatos.
• Permite aumentar ou diminuír a voltaxe por medio de transformadores.
• Transpórtase a grandes distancias con pouca perda de enerxía.
• É posible convertela en corrente continua con facilidade.
Liña monofásica de CA a 2 fíos de 230 V. Limítanse a pequenas aplicacións. Este tipo de subministro partirá dun sistema
trifásico onde, simplemente, hai que distribuír entre unha fase (L) e o neutro (N).

8
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Liña trifásica de CA a 4 fíos de 230 / 400 V. As fases denomínanse L1, L2 e L3, ou ben R, S T, e ó neutro como N. A tensión
entre calquera das fases é de 400 V, e a tensión entre calquera das fases e neutro é de 230 V.
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

PE indica condutor de protección ou terra; este condutor é obrigatorio distribuílo a partires dunha toma de terra que se
colocará na propia instalación, co obxecto de enviar a terra as correntes de defecto que poidan aparecer, p odendo así ser
Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

detectadas por un dispositivo de protección (diferencial), que corta a subministración cando isto ocorre. As correntes de
defecto circulan a terra debido á conexión do neutro a terra que se fai nas redes de distribución pública; isto coñécese
como rede de distribución TT.
Identificar os condutores é necesario para non equivocar a súa función. Ás veces a identificación é por cor, outras por
numeración e noutras ocasións realízaa o propio instalador.
Código de cores dos cables eléctricos ata 5 condutores para corrente alterna (UNE 21089+ e ITC-BT-19):

Os cables multipolares poden ou non incluír condutor de protección. O signo de multiplicación (X maiúsculo) empregarase
en ausencia dun condutor illado amarelo / verde. Pola contra, a letra G utilizarase coma signo de multiplicación cando o
cable teña o condutor de protección amarelo / verde:

9
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Circuítos de potencia e de control


Un esquema eléctrico é unha representación gráfica dunha instalación eléctrica ou parte dela na que quedan definidos
cada un dos compoñentes da instalación. A información que aportan estes esquemas depende do tipo de esquema
representado. Para instalacións industriais poderemos atopar e usar dous tipos de esquemas ou circuítos:
• Circuíto de potencia
• Circuíto de control ou mando.

Circuíto de potencia
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Os circuítos de potencia son aqueles elementos que fan, dalgún xeito, o traballo duro, posto que son os encargados de
executar as ordes ditaminadas polo circuíto de mando.
Este tipo de circuíto caracterízase, sobre todo, por traballar a tensións de 230 / 400 V ou superiores, e en corrente alterna
principalmente.
Os circuítos de potencia represéntanse nos esquemas de potencia, onde se inclúen unha serie de elementos. Entre os
máis representativos atópanse:
• Fusibles
• Interruptores tripolares
• Contactores
• Relés térmicos
• Motores

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

10
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Circuíto de control ou mando


No circuíto de mando represéntase a lóxica cableada do automatismo e nel incluiranse os equipamentos que por un lado
reciben a información dos distintos elementos de captación.
Os mandos manuais deben proporcionar un control sobre a maquinaria que se desexa controlar, pero sempre tendo en
conta que o primordial é manter a seguridade dos operarios que a controlan.
Coma os circuítos de mando realmente son un manexo dos circuítos de potencia pero a distancia, esta circunstancia
evitará que os operarios que controlan un proceso teñan que efectuar desprazamentos innecesarios.
O circuíto de control analiza a información do proceso e posteriormente dará as ordes pertinentes da acción que se deba
realizar no circuíto.
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

A característica do circuíto de mando é a alimentación á que está sometido, podendo ir dende os 230 Vac ata as baixas
tensión ou tensións de seguridade 24 Vdc, sobre todo como seguridade para os operadores dos equipamentos.
Os circuítos de mando represéntanse nos esquemas de mando, onde se poden incluír gran cantidade de elementos. Entre
os máis representativos teremos:
• Fusibles
• Proteccións térmicas
• Botóns de marcha e paro
• Relés
• Temporizadores
• Sinalizacións
• Sensores

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

11
Ciclo superior de Automatización e robótica industrial – Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

12
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Lóxica cableada
A lóxica cableada é unha forma de realizar controis, na que o tratamento de datos (botóns, finais de carreira, sensores,
presóstatos, etc.) efectúase en conxunto con contactores ou relés auxiliares, frecuentemente asociados a temporizadores
e contadores.
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

A través da conexión dos contactos dos diferentes elementos involucrados, execútanse secuencias de activación,
desactivación e temporizacións dos diferentes elementos que permiten realizar o manexo da maquinaria (contactores,
válvulas, actuadores, calefactores, motores, etc.). O uso de relés auxiliares fai posible incrementar a cantidade de
contactos dispoñibles para realizar a lóxica, o cal habitualmente é necesario, ademais de servir de interface ao manexar
diferentes niveis de voltaxe (24 V a 230 V).
Lóxica programable

A lóxica programable permite utilizar unidades electrónicas para o tratamento de datos. O funcionamento deste tipo de
Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

equipamentos non está definido por un esquema, coma no caso da lóxica cableada, senón por un programa cargado na
memoria da unidade de tratamento.

Na actualidade existen numerosos modelos de autómatas programables: dende os “relés intelixentes” que se adaptan ás
máquinas e instalacións simples cun número reducido de portos de entrada / saída, ata os autómatas multifunción,
capaces de xestionar varios milleiros de portos de entrada / saída e dedicados ao accionamento de procesos complexos.
Dado o avance acadado pola electrónica, os novos PLC son capaces de realizar funcións de control complexas, tales
como manexo de funcións trigonométricas, manexo de redes de variadores de frecuencia a través dos PLC máis sinxelos
e comunicacións Ethernet que permiten incorporar estes equipamentos tanto a redes industrias como corporativas.
Os “relés intelixentes”
Estes avances tamén deron paso a unha nova gama de “relés intelixentes”, denominados “Micro PLC”, ou “Controladores
programables”, que aportan a posibilidade de realizar a programación das secuencias directamente sobre o seu teclado,
visualizando a xeración do programa nun display incorporado, con gran facilidade. Teñen ademais a posibilidade de

13
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

depurar o programa ao permitir ver as secuencias xeradas cos distintos estados das súas entradas, saídas e variables
propias (modo monitoreo).

A selección e axuste de, por exemplo,


un temporizador, realízase facilmente
dado o detalle despregado, que inclúe
gráficas das funcións dispoñibles de
realizar, así como dos parámetros
requiridos para xerar a súa función.
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

A gran difusión dos relés intelixentes,


dada a súa simplicidade de
programación e instalación, que
redunda en menores tempos de
instalación e custes, permitiron aumentar o grao de control en todo tipo de maquinarias na industria, en instalacións
eléctricas (control de iluminación, calefacción), control de temperatura en invernadoiros, así como en sistemas de control
de sistemas cotiás, tales coma escaleiras mecánicas, protóns automáticos, dispensadores de bebidas, letreiros
publicitarios, etc.
Todos estes sistemas caracterízanse por manexar baixos niveis de entradas / saídas que varían dende 10 ata 40, con
incorporación de 2 a 15 temporizadores, e ás veces control de variables analóxicas para o manexo, por exemplo, de
presións de liñas de augas, niveis de estanque, etc.

Tipo Familia tecnolóxica Subfamilia específica

Relés elecrromagnéticos
Eléctrica Electropneumática
Lóxica cableada

Electrohidráulica
Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Electrónica Electrónica estática

Sistemas Microcomputadores
informáticos Minicomputadores
Lóxica programada Electrónica
Mcrosistemas
Autómatas programables (PLC)

Comparativa entre lóxica cableada e programable

Característica Cableada Programable

Flexibilidade de adaptación ao proceso Baixa Alta


Hardware estándar para distintas aplicacións Non Si
Posibilidade de ampliación Baixas Altas
Interconexións e cableado exterior Moito Pouco
Tempo de desenvolvemento do proxecto Longo Curto
Posibilidades de modificación Difícil Fácil
Mantemento Difícil Fácil
Ferramentas para proba Non Si
Stocks de mantemento Medios Baixos
Modificacións sen parar o proceso Non Si
Custe para pequenas series Alto Baixo
Estruturación en bloques independentes Difícil Fácil

14
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Dispositivos dos sistemas automáticos de control eléctrico con cables


Clasificación dos dispositivos automáticos de control eléctrico con cables

Dispositivos de manobra manuais Requiren ser accionados por un operador


Dispositivos de manobra automáticos Non requiren a acción dun operador
Dispositivos de sinalización Sinalizan os procesos automáticos
Dispositivos de protección Destinados a protexer o sistema
Dispositivos de detección Detectan a posición ou un determinado material
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Clasificación dos dispositivos de manobra


Pode ser un dispositivo de entrada, para o cal non debe manobrar grandes potencias, e a súa función está dedicada a xerar
un estado de información cara ao automatismo.

Dispositivos de manobra manuais

Interruptor: son dispositivos empregados para abrir e pechar


circuítos, requirindo en cada unha destas operacións a acción
directa dun operador.

Botón: dispositivos que se diferencian dos interruptores porque


actúan en apertura ou peche só se actúa sobre eles algunha forza
exterior, recuperando a súa posición inicial ou de repouso tan

pronto como cesa a mencionada forza.


Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Selector: son dispositivos de manobra que permiten seleccionar


mecanicamente unha posición entre varias dispoñibles;
empréganse para seleccionar modos de operación en máquinas.

Interruptor de potencia: deben interromper unha corrente coa


capacidade de eliminar rapidamente o arco de interrupción. Ten
que ter poder de corte.

Seccionador: son dispositivos de manobra sen poder de corte, e


só deben ser accionados cando están sen carga (en baleiro) ou
con pequena carga. Úsanse para illar toda ou parte da instalación
eléctrica no caso de reparacións ou mantemento.

15
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Dispositivos de manobra automáticos


Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Clasificación dos dispositivos de sinalización

16
Ciclo superior de Automatización e robótica industrial – Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Clasificación dos dispositivos de protección

17
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I
Ciclo superior de Automatización e robótica industrial – Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Clasificación dos dispositivos de detección

18
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Relé
O relé é un dispositivo electromecánico, que funciona como un interruptor controlado por un circuíto eléctrico no que se
acciona, por medio dunha bobina e un electroimán, un xogo de un ou varios contactos que permiten abrir ou pechar outros
circuítos independentes.
Consta de dous circuítos diferentes: un circuíto electromagnético (electroimán) e un circuíto de contactos. Na seguinte
figura amósase a súa constitución e a súa simboloxía.
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

O seu funcionamento baséase no fenómeno electromagnético. Cando a corrente atravesa a bobina, produce un campo
magnético que magnetiza un núcleo de ferro doce (ferrita). Este atrae a armadura que forza aos contactos a tocarse.

Cando a corrente se desconecta, volven separarse.


Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Parte electromagnética
Corrente de excitación: intensidade que circula pola bobina, necesaria para activar o relé.
Tensión nominal: tensión de traballo para a cal o relé se activa.
Tensión de traballo: marxe entre a tensión mínima e máxima, garantindo o funcionamento correcto do dispositivo.
Consumo nominal da bobina: potencia que consume a bobina cando o relé está excitado coa tensión nominal a 20ºC.

19
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Contactos ou parte mecánica


Tensión de conexión: tensión entre contactos antes de pechar ou despois de abrir.
Intensidade de conexión: intensidade máxima que un relé pode conectar ou desconectar.
Intensidade máxima de traballo intensidade máxima que pode circular polos contactos.

Denominación dos contactos

Dúas primeiras siglas Dúas últimas siglas


Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

SP Single Pole ST Simple throw ou contacto simple


DP Double Pole DT Double throw ou contacto conmutado
3P Tres polos
4P Catro polos

Denominación da bobina

A1 – A2
Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Numeración dos contactos

Primeiro díxito: posición do contacto Segundo díxito: tipo de contacto


Contactos normalmente pechados Contactos normalmente abertos Contactos conmutados
NC NO CO
.1-.2 .3-.4 .1-.2 NC
.1-.4 NO

Exemplos:

SPST SPDT 4PDT

20
Ciclo superior de Automatización e robótica industrial – Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

21
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Distintos tipos de relés

Relé para circuíto impreso


Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Relé enchufable zócolo parafuso

Relé enchufable zócolo push in

Relé carril DIN



Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Relé carril DIN con bloque auxiliar

Relé n estado sólido push in (SSR)

Relé en estado sólido de potencia (SSR)

22
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Activación dun relé a 24 Vdc


Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Realimentación dun relé paro prioritario



Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Temporizador
Un temporizador ou relé temporizador é un aparato co que podemos regular a conexión ou desconexión dun circuíto
eléctrico despois de que pase un tempo programado.
Diferénciase do relé en que os contactos do temporizador non cambian de posición instantaneamente. Segundo a función
de tempo que realizan pódense clasificar os temporizadores en:
• Temporizadores á conexión
• Temporizadores á desconexión
• Temporizadores conexión desconexión
• Temporizadores intermitentes
Temporizador á conexión
Cando o temporizador recibe tensión, e pasa un tempo ata que conmuta os contactos, denomínase temporizador á
conexión.

O contacto de saída conecta despois dun certo retardo a partires do instante de conexión dos bornes da súa bobina á
rede. O tempo de retardo é axustable mediante un potenciómetro ou regulador frontal do aparato.

23
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Temporizador á desconexión
Cando o temporizador deixa de recibir tensión, e ao cabo dun tempo conmuta os contactos, denomínase Temporizador á
Desconexión.
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

O contacto de saída conecta instantaneamente ao aplicar a tensión de alimentación nos bornes da bobina. Ao quedar sen
alimentación, o relé permanece conectado durante o tempo axustado, desconectándose ao final de dito tempo.

Temporizadores á Conexión Desconexión


Este temporizador realiza as dúas funcións de tempo anteriores.

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Temporizador intermitente
A súa función é a de conmutar a saída de forma indefinida mentres se alimente o temporizador. Os tempos de conexión e
desconexión poden ser fixos ou regulables por separado

24
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Tipos de temporizadores

Temporizadores térmicos

Os temporizadores térmicos son os que actúan polo


quecemento dunha lámina bimetálica; o tempo vén
determinado polo curvado da lámina.
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Temporizadores pneumáticos

O funcionamento do temporizador pneumático está


baseado na acción dun fol que se comprime ao ser
accionado polo electroimán do relé.
Ao tender o fol a ocupar a súa posición de repouso faino
lentamente, xa que o aire ten que entrar por un pequeno
orificio; ao variar de tamaño este orificio cambia o tempo de
recuperación do fol e, polo tanto, a temporización.

Temporizadores de motor síncrono


Son os temporizadores que actúan por medio dun


Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

mecanismo de reloxería accionado por un pequeno motor,


con embrague electromagnético. Ao cabo de certo tempo
de funcionamento entra en acción o embrague e prodúcese
a apertura ou peche do circuíto.

Temporizadores electrónicos

O principio básico deste tipo de temporización é a carga ou


descarga dun condensador mediante unha resistencia. Polo
xeral empréganse condensadores electrolíticos.

Temporizadores electrónicos dixitais

Están baseados en contar unha base de tempo con


circuítos electrónicos dixitais. Adoitan dispor de pantallas
de visualización e poden realizar distintas funcións de
tempo (multifunción).

25
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Simboloxía

Temporizador á conexión Símbolo

Alimentación

Contacto NC
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Contacto NO

Contacto conmutado

Temporizador á desconexión Símbolo

Alimentación

Contacto NC

Contacto NO

Contacto conmutado
Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Temporizador á conexión – desconexión Símbolo

Alimentación

Contacto NC

Contacto NO

Contacto conmutado

Temporizador intermitente Símbolo

Alimentación

Contacto NC

Contacto NO

Contacto conmutado

26
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Simboloxía
Temporizador enchufable
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Bloque de contactos temporizados

Temporizador Festo

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

27
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Contactor
O contactor é un aparato mecánico de conexión e desconexión eléctrica, capas de establecer, soportar e interromper
correntes en condicións normais do circuíto, incluso as de sobrecarga.
Constitución
O contactor é un mecanismo electromagnético e, por tanto, terá:
• Un circuíto eléctrico
• Un circuíto magnético para o seu accionamentos
• Soporte, sobre o que se fixan os órganos do contactor
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

• Electroimán, formado por un circuíto magnético e unha bobina


• Contactos principais o de traballo; son os encargados de permitir ou non a corrente no circuíto de forza
(xeralmente son do tipo NO, inda que tamén poden atoparse do tipo NC).
• Contactos auxiliares, encargados de realizar as funcións de sinalización, encravamento, autoalimentación, etc. Os
seus contactos pertencen ao circuíto de mando, e poden ser NO ou NC.

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Contactos principais Contactos auxiliares Bobina

28
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Funcionamento
Cando se alimenta a bobina do electroimán, o contactor conecta ou desconecta unha serie de contactos formados
internamente por láminas (polos) que poden soportar grandes correntes.
A parte móbil do electroimán que move os contactos móbiles dos polos e dos contactos auxiliares ou, en determinados
casos, o dispositivo de mando destes últimos, desprázase:
• Por rotación, pivotando sobre un eixo
• Por translación, deslizándose paralelamente ás partes fixas
• Por movemento cominado dos dous
No momento no que a bobina deixa de ser alimentada, o contactor ábrese baixo os efectos:
• Dos resortes de presión dos polos
• Do resorte de retorno da armadura móbil
• Para determinados aparatos, da gravidade (a parte móbil tende naturalmente a voler á súa posición de orixe.

29
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Características
• É robusto e fiable, porque non encerra ningún mecanismo delicado
• Adáptase fácil e rapidamente á tensión de alimentación do circuíto de mando (rede ou fonte independente)
• Asegura durante unha interrupción momentánea de corrente, a seguridade do persoal contra os arranques
intempestivos (mediante un mando por botóns de impulsión).
• Facilita a repartición dos postos de parada de emerxencia e os encravamentos impedindo a posta en marcha da
máquina se non son tomadas tódalas precaucións.
• Protexe ao receptor contra as caídas de tensións importantes (apertura instantánea por baixo dunha tensión
mínima)
• Préstase á concepción de equipos de automatismos simples ou complexos.

30
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Aplicacións
• Interromper correntes importantes mediante un auxiliar de mando percorrido por unha intensidade pequena.
• Asegurar tanto o funcionamento intermitente coma continuo.
• Efectuar un mando manual ou automático a distancia coa axuda de fíos de pequena sección, o que significa unha
redución importante dos cables de potencia utilizados.
• Posibilidade de multiplicar os postos de mando e de situalos preto do operador.
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

31
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Partes dun contactor

Bobina

Consiste nun aramio de cobre esmaltado cunhas


características moi especiais, enrolado cun gran número
de espiras e de sección moi delgada, para producir un
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

campo magnético.

Núcleo

A súa función é concentrar e aumentar o fluxo magnético


co fin de atraer á armadura eficientemente. O pequeno
entreferro entre a armadura e o núcleo créase co fin de
eliminar os magnetismos remanentes. Cando circula unha
corrente alterna pola bobina é de supoñer que cando a
corrente pasa polo valor cero, o núcleo sepárase da
armadura, posto que o fluxo tamén é cero, pero como isto
sucede 100 veces nun segundo (cando a frecuencia é de
50 Hz), en realidade non hai unha verdadeira separación.
Porén, isto xera vibracións e un zumbido, ademais do
aumento da corrente de mantemento. As bobinas que
operan con corrente alterna posúen unhas espiras de

sombra, que producen un fluxo magnético desfasado co


principal, de xeito que se obtén un fluxo continua similar
Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

ao producido por unha corrente continua.

Contactos principais ou de potencia

Son os encargados de permitir ou interromper o paso da


corrente no circuíto principal, é dicir que actúa sobre a
corrente que flúe da fonte cara á carga.
É recomendable verificar a separación destes que
permiten que as partes fixas e móbiles se xunten antes de
que o circuíto magnético peche completamente; esta
distancia denomínase cota de presión

Contactos auxiliares ou de mando

Estes contactos auxiliares atópanse dimensionados para


correntes moi pequenas, porque estes actúan sobre a
corrente que alimenta a bobina do contactor ou sobre
elementos de sinalización.
Contacto normalmente aberto (NO), chamado tamén
contacto instantáneo de peche.
Contacto normalmente pechado (NC), chamado tamén
contacto instantáneo de apertura.

32
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Simboloxía
Elemento Símbolo
Bobina

Contactos de forza
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Contacto de manobra (NC)

Contacto de manobra (NO)

Contacto temporizado á conexión (NC)

Contacto temporizado á conexión (NO)

Contacto temporizado á desconexión (NC)



Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Contacto temporizado á desconexión (NO)

Contactor é un elemento de conmutación para a parte de potencia (forza): KMx


Relé auxiliar é un elemento de conmutación para a parte de mando (manobra): KAx

Distintos tipos de contactores


Unipolar

Bipolar

33
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Tripolar

Tetrapolar
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Tripolar NO – NC

Tripolar NO – NC + Bloque 2 NO-2NC



Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Tripolar NO – NC + Bloque TNO-TNC

Tripolar NO – NC (AC-DC baixo consumo)

34
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Categoría de emprego
APLICACIÓNS EN CORRENTE ALTERNA
CARACTERÍSTICAS DE SERVIZO APLICACIÓNS E CARACTERÍSTICAS
Cargas non indutivas ou debilmente indutivas.
AC1
Fornos de resistencias.
Arranque de motores con rotor bobinado.
AC2
Inversión de marcha.
Arranque de motores con rotor en curtocircuíto.
AC3
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Corte a motor lanzado.


Arranque de motores con rotor en curtocircuíto.
AC4 Inversión de marcha.
Marcha a intermitencias.
APLICACIÓNS EN CORRENTE CONTINUA
CARACTERÍSTICAS DE SERVIZO APLICACIÓNS E CARACTERÍSTICAS
Cargas non indutivas ou debilmente indutivas.
DC1
Fornos de resistencias.
Motores shunt.
DC2
Corte a motor lanzado.
Motores shunt.
DC3 Inversión de marcha.
Marcha a impulsos.
Motores serie.
DC4
Corte a motor lanzado.

Motores serie.
DC5 Inversión de marcha
Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Marcha a impulsos.

Contactores de estado sólido

35
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Fusibles
Os fusibles son dispositivos que teñen a finalidade de cortar sobreintensidades non admisibles, e curtocircuítos.
Están formados por uns fíos ou láminas de cobre ou chumbo (elemento de fusión), recubertos de recheo e protexidos por
cápsulas illantes de vidro, plástico ou cerámica.
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

O fusible actúa cando a corrente que o atravesa supera un valor dado, dentro duns límites de tempo. Esta sobrecarga

funde o elemento de fusión, abrindo o circuíto e cortando a corrente. O material de recheo absorbe a enerxía ou arco que
Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

causa a fusión, e disipa a calor xerada.

Características

Tensión nominal Valor máximo de tensión.


Intensidade nominal Valor da corrente do fusible que é capaz de soportar sen fundirse nin quentarse.
Valor máximo de corrente que un fusible é capaz de interromper. Ten que ser igual ou maior que
Poder de corte
a intensidade de curtocircuíto.
Tipo de fusible Forma construtiva.
Talla Tamaño do fusible.

36
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Tipos de fusibles
Cristal

Medidas Intensidade
5 x 20 mm 0,1 a 16 A
6 x 32 mm 0,1 a 20 A
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Cilíndricos

Talla Medidas Intensidade


CI00 8 x 32 mm 0,5 a 20 A
CI0 10 x 38 mm 0,5 a 32 A
CI1 14 x 51 mm 1 a 50 A
CI2 22 x 58 mm 1 a 125 A

Rosca tipo D ou Diazed



Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Talla Rosca Intensidade


DI E16 2 a 25 A
DII E27 2 a 25 A
DIII E33 35 a 63 A
DIV R1 1/4 80 a 100 A

Coitela NH

Talla Ancho Intensidade


000 21 mm 10 a 100 A
00 30 mm 10 a 160 A
1 30-50 mm 50 a 250 A
2 50-58 mm 50 a 400 A
3 58-68 mm 200 a 630 A
4 102 mm 500 a 1000 A
4A 102 mm 500 a 1250 A

37
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Clase de servizo

Primeira letra – Función


Categoría “g” Fusibles de uso xeral
Categoría “a” Fusibles de acompañamento
Segunda letra – Obxecto a protexer
Obxecto “G” Cables e condutores (IEC)
Obxecto “L” Cables e condutores (segundo DIN VDE)
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Obxecto “M” Aparatos de conexión motores


Obxewcto “R” Semicondutores
Obxecto “B” Instalacións de minería
Obxecto “Tr” Transformadores

gG/gL É un cartucho limitador da corrente empregado fundamentalmente na protección de circuítos sen puntas de
corrente importantes, tales como circuítos de alumeado, calefacción, etc.
aM Fusibles de acompañamento de motor, é dicir, para protección de motores contra curtocircuítos. Por tanto
deberá protexerse o motor contra sobrecargas cun dispositivo como pode ser o relé térmico.
gR Semicondutores.

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Indicador de fusión
Rosa 2A Amarelo 25 A
Marrón 4A Negro 32, 35, 40 A
Verde 6A Branco 50 A
Vermello 10 A Cobre 63 A
Negro 13 A Praza 63 A
Gris 16 A Púrpura 100 A
Azul 20 A

38
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Curva de resposta
Os fusibles teñen unha curva de resposta que representa a característica do fusible nun diagrama cartesiano no que
representamos no eixo X a intensidade en A, e no eixo Y o tempo de fusión en segundo. En realidade a curva de resposta
está formada por dúas curvas: de tempos mínimos de resposta (curva punteada ou de prearco) e de tempos máximos
(curva dereita ou de arco).
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Onde:

• Intensidade nominal IN: intensidade máxima que pode pasar polo fusible en réxime permanente.
• Intensidade de non fusión en tempo convencional Inf: intensidade de sobrecarga, lixeiramente superior á
intensidade nominal, que pode pasar polo fusible sen problemas durante o tempo convencional (este tempo
depende da IN do fusible, e pode ser de 1 h para fusibles de menos de 63 A, 2 h para fusibles entre 63 A e 160 A, e
de 3 h para fusibles entre 160 e 400 A).
• Intensidade de fusión en tempo convencional If: intensidade de sobrecarga importante, á que funde o fusible en
tempo convencional.
• Intensidade de fusión en 5 segundo IF5: é po valo máximo de intensidade que provoca a fusión do fusible en 5 s.
• Intensidade de ruptura – pode de corte do fusible: intensidade que define o poder de corte ou de ruptura do
fusible.

39
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Interruptor automático magnetotérmico


É un aparato empregado para a protección dos circuítos eléctricos, contra curtocircuítos e sobrecargas, en substitución
dos fusibles.
Teñen a vantaxe fronte aos fusibles de que non hai que repoñelos. Cando desconectan o circuíto debido a unha
sobrecarga ou un curtocircuíto, reármanse de novo e seguen funcionando.
O seu funcionamento baséase nun elemento térmico e un elemento magnético.
• Disparo térmico: unha lámina bimetálica que se deforma ao pasar pola mesma unha corrente durante certo
tempo, segundo estea calibrado. Protexe contra sobrecargas.
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

• Disparo magnético: unha bobina cun núcleo que atrae un elemento que abre o circuíto ao pasar pola bobina unha
corrente de valor definido. Protexe contra os curtocircuítos.

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Unipolar Unipolar + N Bipolar Tripolar Tripolar + N

40
Ciclo superior de Automatización e robótica industrial – Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

41
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Características
Tensión nominal Valor máximo de tensión
Intensidade nominal Valor da corrente para traballar sen ser danado
Poder de corte Valor máximo de corrente que pode cortar baixo tensión en kiloamperios (KA)
Número de polos Poden ter un ou varios polos

A desconexión pode ser:


• Manual: mecánica
• Automática: magnética, por curtocircuíto, ou térmica por sobrecarga
A reconexión é manual

42
Ciclo superior de Automatización e robótica industrial – Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Curva de disparo

43
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Selectividade

A selectividade asegura que a apertura do interruptor se produza naquel situado máis próximo ao defecto
Selectividade total
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Selectividade parcial

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Tipos de selectividade
Selectividade amperimétrica. O interruptor que está augas abaixo debe cortar o circuíto ante curtocircuítos, antes de que
o faga o superior.

Selectividade cronométrica. O interruptor que está aguas abaixo debe cortar o circuíto nun tempo inferior ao de augas
arriba para unha mesma sobreintensidade.

44
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Interruptor diferencial

É un elemento de seguridade destinado a protexer ás persoa contra as correntes eléctricas prexudiciais en caso de fallo
dos illamentos.

Ten a capacidade de detectar a diferenza entre a corrente de entrada e saída nun circuíto. Cando esta diferenza supera un
valor determinado (sensibilidade) para o que está calibrado (30 mA, 300 mA, etc.), o dispositivo abre o circuíto,
interrompendo o paso da corrente á instalación que protexe.
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Corrente de fuga
Defectos de illamento nos elementos, xeralmente aparatos eléctricos, debido ao envellecemento, calor, etc.
Persoas que tocan partes metálicas postas a tensión.
Contactos fortuítos de pezas móbiles postas a tensión e terra.
Erros de conexión ao operar unha instalación eléctrica.

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

45
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Funcionamento
Cando as correntes de entrada IF e saída IN non son iguais, os fluxos FF e FN creados por ambas correntes no núcleo
toroidal deixan de ser iguais, e o fluxo diferencial FF – FN crea unha corrente i que activa o electroimán que, á súa vez,
posibilita a apertura dos contactos do interruptor.
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Un botón de proba permite comprobar o correcto funcionamento do dispositivo. Ao pulsar este botón derívase unha
corrente IF a través da resistencia R, o que provoca que IN sexa 0 no toroide, polo que se activa o dispositivo.

46
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Características
Número de polos Poden ser bipolares ou tetrapolares
Tensión nominal Valor de tensión que pode soportar
Intensidade nominal Valor máximo de corrente que pode soportar
Sensibilidade Valor de corrente de defecto a partir da cal debe cortar a corrente

Poder de corte Máxima corrente que o dispositivo pode cortar (valor en kA)
Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Clase de disparo
AC Son os máis comunmente utilizados.
Empréganse para correntes alternas con compoñente continua. Os semicondutores xeran correntes de
A fuga que non son detectadas polos de clase AC.

Son dispositivos retardados á desconexión que se empregan para garantir a selectividade. Cando un
S cirtuíto necesita dispor de dous ID da mesma sensibilidade en serie, o instalado na cabeceira, se é de
clase S, saltará máis tarde.
Empréganse para protexer fronte a correntes de uga alternas e continuas. Axeitados para a protección
B
diferencial de variadores de velocidade, onduladores e cargadores de baterías trifásicos.

47
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Curvas de sensibilidade
A adquisición deste tipo de compoñentes debe considerar dous aspectos: a corrente nominal de traballo e a sensibilidade
nominal de operación. Xeralmente empréganse protectores diferenciais de 30 mA de sensibilidade e 25 A de corrente
nominal de traballo.
Porén, hai unha ampla gama de sensibilidades e correntes nominais para adecualas ás necesidades de cada instalación
en particular. Na seguinte figura amósanse as diferentes curvas de sensibilidade e tipo de actuación (instantáneos e
selectivos) existentes no mercado.
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

A selectividade por falla a terra, realízase empregando interruptores diferenciais. As condicións necesaria para garantir un
nivel axeitado de selectividade son as seguintes:
Seleccionando interruptores con correntes diferenciais nominais diferentes, cunha relación de, cando menos, 3 veces (por
exemplo, interruptores correntes abaixo de 30 mA e correntes arriba de 100 mA).
O tempo de operación do interruptor augas arriba debe ser maior ao tempo total de apertura do interruptor augas abaixo.
Pódense distinguir 2 tipos deferentes de selectividade diferencial:
• Selectividade diferencial horizontal:
realízase con interruptores diferenciais que
protexan unha liña particular. Deste xeito
asegúrase a continuidade de servizo, pero
non a protección augas arriba do circuíto.
• Selectividade diferencial vertical: faise con
interruptores diferenciais colocados en
serie. Neste caso garántese a máxima
protección tamén dos circuítos augas
arriba e dos diferenciais que protexen liñas
particulares.
Para optimizar a coordinación selectiva
cómpre, para este caso, empregar
diferenciais con rango de operación
separados entre si cunha relación de 3,
cando menos, ou aparatos do tipo
selectivo ou retardados.
A norma IEC 364 establece que para asegurar a selectividade entre dous dispositivos diferencias, débense satisfacer entre
os dous as condicións escritas anteriormente.

48
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Relé térmico

Un relé térmico é un dispositivo de protección que detecta as sobreintensidades prolongas nos motores eléctricos.

Os relés térmicos tripolares posúen tres bimetais compostos cada un por dous metais con coeficientes de dilatación moi
diferentes, unidos mediante laminación e rodeadas dun bobinado de quentamento.
Cada bobinado de quentamento está conectado en serie a unha fase do motor. A corrente absorbida polo motor quece os
bobinados, facendo que os bimetais se deformen en maior ou menor grao segundo a intensidade da corrente. A
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

deformación dos bimetais provoca, á súa vez, o movemento xiratorio dunha leva ou dunha árbore unida ao dispositivo de
disparo.

Disparo do relé térmico


Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

O motor tenta chegar ao seu réxime de traballo aumentando a


Sobrecarga do motor por un exceso de traballo
corrente e, polo tanto, quentándose en exceso.
O motor sufre un fallo, por exemplo por deterioro dos rodamentos
Sobrecarga por defecto do motor
do eixo, ou por curvatura do eixo.
O motor tenta compensar a perda dunha fase co aumento de
Fallo dunha fase de alimentación intensidade das outras dúas. Este aumento de corrente produce
un quecemento que pode provocar que o motor se queime.
Excesivo número de arranque e paros nun curto Se non de dá tempo a dispar a calor temporal pódese ir
intervalo de tempo acumulando e provocar o disparo do relé térmico.

49
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Partes dun relé térmico


Bornes de conexión do contactor É a conexión directa á saída do contactor.
Bornes de conexión do motor Son os bornes de saída do relé térmico que se conectan ao motor.
Botón de stop Accionándoo, ábrese o contacto NC, para desactivar a bobina do contactor,
parando o motor.
Selector de rearme Permite seleccionar entre un rearme manual ou automático.
Función de proba Permite probar o correcto funcionamento, provocando o disparo do relé térmico.
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Contactos auxiliares Contacto auxiliara NC. Contacto normalmente pechado. Desactiva o contactor
parando o motor.
Contacto auxiliar NO. Contacto normalmente aberto. Activa a sinalización que
indica o disparo do relé térmico.
Dial de axuste de corrente Dial xiratorio para o axuste da corrente. Permite a calibración do disparo do relé
térmico.

• Reglaxe. Os relés regúlanse cun dial que modifica o percorrido angular que efectúa o extremo da bilámina de
compensación para liberarse do dispositivo de suxeición que mantén o relé en posición armada.
A roda graduada en amperios permite regular o relé con moita precisión. A corrente límite de disparo está
comprendida entre 1,05 e 1,20 veces o valor indicado.
• Clases de disparo. Os relés térmicos empréganse para protexer os motores das sobrecargas, pero durante a fase
de arranque deben permitir que pase a sobrecarga temporal qeu provoca o pico de corrente, e activarse
unicamente se este pico (é dicir, a duración do arranque) resulta excesivamente longo.
A duración do arranque normal do motor é distinta para cada aplicación; pode ser de tan só uns segundos

(arranque en baleiro, baixo par resistente da máquina arrastrada, etc.) ou de varias decenas de segundos
Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

(máquina arrastrada con moita inercia), polo que é necesario contar


con relés adaptados á duración de arranque.
• Tipos de disparo para os relés de protección térmica:
◦ Relés de clase 10: válidos para tódalas aplicacións correntes
cunha duración de arranque inferior a 10 segundos.
◦ Relés de clase 20: admiten arranques de ata 20 segundos de
duración.
◦ Relés de clase 30: Para arranque cun máximo de 30 segundos de
duración.

Relés térmicos electrónicos


Nestes dispositivos a corrente de cada fase é medida a través de transformadores de intensidade de corrente integrados.
Un circuíto baseado en microprocesador encárgase de medir e transformar este sinal analóxico ata finalmente disparar o
relé en caso de sobrecarga do motor.

50
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Contactos auxiliares relé térmico.


NC – Desactivación do contactor
NO – Sinalización do disparo
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Asociación cun contactor, circuíto de potencia.


Cada bobinado de quecemento debe intercalarse nunha
fase ou polaridade do receptor protexido.

Asociación cun contactor, circuíto de control.


O contacto de apertura do relé debe conectarse en serie

dentro do circuíto da bobina do contactor que controla a


posta baixo tensión do receptor.
Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Asociación cun dispositivo de protección contra


curtocircuítos.
Os relés térmicos non só non protexen contra
curtocircuítos, senón qu requiran unha protección contra os
mesmos, polo que é necesario asociarlles un disxuntor ou
fusibles.

51
Ciclo superior de Automatización e robótica industrial – Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Selección gardamotor contactor relé térmico

52
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Disxuntor
Protexe ao motor contra curtocircuítos (disparo magnético) e sobrecargas (disparo térmico). Utilízase como substituto de
fusibles e relés térmicos.
O disxuntor gardamotor é un sistema de protección para motores eléctricos que combina as vantaxes dun interruptor
automático magnetotérmico coas vantaxes do relé térmico.
Constan de dous circuítos de disparo: circuíto de disparo magnético e circuíto de disparo térmico.
• Circuíto de disparo magnético: está formado por unha bobina de desconexión magnética. Cando se produce un
curtocircuíto, o aumento da corrente crea un campo magnético que provoca a desconexión do disxuntor. O
tempo de desconexión pode ser da orde de milisegundos.
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

• Circuíto de disparo térmico: posúe unha lámina bimetálica formada por dous metais con diferentes coeficientes
de dilatación por cada unha das fases. Cando circula unha sobrecarga superior á corrente nominal do dispositivo,
a lámina quécese e defórmase provocando a apertura do circuíto. O tempo de desconexión pode ser de
segundos, minutos ou incluso horas.

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Partes dun disxuntor gardamotor

Bornes de alimentación eléctrica É a conexión coa rede eléctrica que alimenta ao motor.
Bornes de conexión de contactor É a conexión directa co contactor. A maioría dos
fabricantes teñen unha peza de conexión entre os dous.
Dial de axuste de corrente Dial xiratorio para o axuste da corrente. Permite a
calibración do disparo do disxuntor por sobrecarga
(térmico).
Función de proba Permite probar o correcto funcionamento provocando o
disparo do disxuntor.
Contactos auxiliares Utilízanse para desconectar o circuíto de mando unha vez
que salta o disxuntor e para operacións de sinalización.
Poden ser para montaxe frontal ou lateral.

53
Ciclo superior de Automatización e robótica industrial – Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Selección gardamotor disxuntor contactor

54
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Final de carreira
Os interruptores de final de carreira, tamén chamados interruptores de posición, son interruptores que detectan a posición
dun elemento móbil mediante accionamento mecánico.
Estes interruptores úsanse ordinariamente para desconectar, límites de carreiras, o avance de bancadas en máquinas ou
ferramentas como fresadoras, así como limitar o avance dos porta-ferramentas nos tornos, en montacargas, ascensores,
robots, etc.
Para poder accionar eses interruptores requírese contacto físico entre a parte da máquina e a panca do interruptor coa
forza suficiente para operar.
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Comercialmente existe unha gran cantidade de tipos e tamaños, dependendo da forza de operación, o xeito de montar e as
limitacións de acordo á súa aplicación.

Vantaxes Desvantaxes

• Operacións fiables • Producen rebote mecánico ao conmutar


• Operacións visibles • Ao existir contacto físico, prodúcese desgaste
• Fáciles de instalar • Son de resposta lenta
• Contactos libres de potencial • Son ruidosos
• Voluminosos
• Vida limitada

55
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Tipos de accionamento
Pistón Pistón roscado M12 Pistón con roldana Pistón con roldana M18
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Panca con roldana Panca con roldana Panca con roldana Roldana axustable

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Roldana dobre Escamoteable F. C. Seguridade F. C. Micro

Variña resorte Variña axustable Variña axustable Variña xiratoria

56
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Final de carreira inalámbrico


Os interruptores de final de carreira están equipados cun xerador de dínamo que converte a enerxía mecánica producida
polo movemento do actuador en enerxía eléctrica. A continuación, envíase unha mensaxe de radio codificada, por un só
pulso, a un ou varios receptores. Cada transmisor ten un código de identificación único, o que permite unha óptima xestión
de cada un deles.
Características e vantaxes:
• Pódese cambiar a orientación do interruptor de final de carreira
• Funcionamento sen batería
Redución do cableado e fácil configuración
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos


• Conexión en tempo real, fiable
• Rango de alcance de ata 100 m; alcance típico de ata 25 m en contornas industriais.

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

57
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Detector indutivo
Os detectores de proximidade indutivos detectan, sen contacto, a presenza ou movemento de obxectos metálicos.
Cando o obxecto metálico entra no campo de acción do sensor, este actívase como un interruptor producindo un sinal
eléctrico que pode utilizarse para a conmutación de electroválvulas, contadores, tarxetas de interface ou controladores
programables.
Funcionamento
Os detectores de proximidade indutivos xeralmente están constan de 4 elementos principais:
• Unha bobina de núcleo de ferrita
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

• Un oscilador de radiofrecuencia
• Unha unidade de avaliación ou de disparo
• Unha etapa de saída ou conmutador

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

O oscilador crea un campo electromagnético de radiofrecuencia que é formado e definido pola bobina de núcleo de ferrita,
concentrando o campo sensorial cara á dirección axial do detector de proximidade. Esta zona é a superficie activa do
detector.
Cando un obxecto metálico é colocado dentro deste campo, este absorbe parte da enerxía xerada polo oscilador en forma
de correntes que aparecen na superficie do obxecto. Deste xeito o obxecto metálico comporase coma o bobinado
secundario dun transformador.

58
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Conexión de detectores

Dous fíos Corrente continua


Corrente alterna
Tres fíos Corrente continua PNP
NPN
Corrente alterna
Programable PNP+NPN, NO/NC
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Catro fíos Corrente continua PNP


NPN
PNP+NPN, NO
PNP+NPN, NC

Detector a dous fíos


Conéctanse en serie coa carga. Existen dúas versións: os de corrente continua non polarizados e os de alimentación
alterna.
Detector indutivo a dous fíos NO Detector indutivo a dous fíos NC

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Desaconséllase a posta en paralelo de detectores de 2 fíos


entre si.

59
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Detector a tres fíos


Os detectores a tres fíos aliméntanse con corrente continua. Dispoñen de tres fíos: 2 para alimentación e un para a
transmisión do sinal de saída.
Existen dous tipos: PNP (saída positiva) e NPN (saída negativa)
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Detector indutivo a tres fíos NO Detector indutivo a tres fíos NC



Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Diferenza entre detector NPN e PNP


A diferenza entre ambos está marcada polo deseño do seu circuíto interno e o tipo de transmisor empregado.

60
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Detector a tres fíos PNP

PNP. Na ilustración amósase a etapa de saída dun detector tipo subministración de corrente. Cando o transistor PNP se
satura, flúe corrente do transistor cara á carga.
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Conexión serie Conexión paralelo

61
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Detector a tres fíos NPN


NPN. Nun detector de tipo drenado de corrente, úsase un transistor NPN. Cando se satura o transistor, flúe a corrente da
carga cara ao transistor.
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Conexión serie Conexión paralelo



Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

62
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Detector a 4 fíos PNP, NPN

Detector a 4 fíos NO, NC


Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Blindaxe
Os detectores de proximidade teñen bobinas enroladas nun núcleo de ferrita. Estas poden ser blindadas ou non blindadas.
Os detectores non blindados xeralmente teñen unha maior distancia de detección que os detectores blindados.

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Características de resposta
Os detectores de proximidade responden a un obxecto só cando están dentro dunha área definida enfronte da cara de
detección do interruptor. O punto no cal o interruptor de proximidade recoñece un obxecto entrante é o punto de
operación,. O punto no que un obxecto saíndo fai que o dispositivo conmute de novo ao seu estado normal coñécese
como punto de desactivación. A área entre estes dous puntos coñécese coma zona de histérese.

63
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Detector capacitivo
Os detectores de proximidade capacitivos detectan, sen contacto, a presenza ou movementos de obxectos non metálicos.
Os detectores de proximidade capacitivos son similares aos indutivos. A principal diferenza entre os dous tipos é que os
detectores capacitivos producen un campo electrostático no canto dun campo electromagnético.
Os interruptores de proximidade capacitivos detectan obxectos metálicos coma os indutivos, pero ademais teñen a
capacidade de detectar materiais non metálicos, coma papel, vidro, líquidos e tecidos.
Funcionamento
Consta dunha sonda situada na parte posterior da cara do sensor, onde hai unha placa condensadora. Ao aplicar corrente
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

ao sensor, xérase un campo electrostático que reacciona aos cambios da capacitancia causados pola presenza dun
obxecto. Cando o obxecto se atopa fóra do campo electrostático, o oscilador permanece inactivo; pero cando o obxecto se
aproxima, establécese un acoplamento capacitivo entre este e a sonda capacitiva. Cando a capacitancia acada un límite
especificado, o oscilador actívase, o que dispara o circuíto de prendido e apagado.

Características
Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Detectan obxectos metálicos e non metálicos, así como líquidos e sólidos


Son de estado sólido e teñen unha longa vida útil
Dispoñen de moitas configuracións de montaxe
Distancia de detección cura, que varía en función do material detectado
Son sensibles a factores ambientais

Constante dieléctrica
Para cada sensor capacitivo especifícanse os obxectivos estándar. O obxectivo estándar defínese normalmente coma un
metal ou auga. Os sensores capacitivos dependen da constante dieléctrica do obxectivo. Canto máis grande sexa a
constante dieléctrica dun material é máis doado de detectar. A gráfica amosa relación das constantes dieléctricas dun
obxectivo e a habilidade do sensor de detectar o material baseado na distancia nominal de sensado (Sr).

Exemplo de uso da constante dieléctrica: Se un sensor capacitivo ten unha distancia de sensado nominal de 10 mm e o
obxectivo é alcohol, a distancia efectiva de sensado é aproximadamente o 85% da distancia nominal (ou sexa, 8,5mm).

64
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Táboa de constantes dieléctricas. A táboa amosa as constantes dieléctricas (abreviadas coma DC) de varios materiais:
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Detectores de proximidade capacitivos blindados


Os detectores blindados pódense montar a pano, sen que afecten
adversamente ás súas características de detección. Débese ter coidade de
asegurarse que este tipo de detectores sexa usado en ambientes secos. O
líquido na superficie pode facer que o detector dispare en falso.

Símbolos
Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Detector a 2 fíos NA

Detector a 2 fíos NC

Detector a 3 fíos NA

Detector a 3 fíos NC

65
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Detector de ultrasóns
Emite un pulso ultrasónico e usa o eco reflectido polo obxecto para calcular a distancia.
O sensor ten un disco piezoeléctrico montado na súa superficie, o cal produce ondas de son de alta frecuencia. Cando os
pulsos transmitidos pegan cun obxecto reflector do son, prodúcese un eco. A duración do pulso reflectido é avaliado no
transdutor. Cando o obxectivo entra dentro do rango de operación preestablecido, a saída do interruptor cambia de estado.
Cando o obxectivo sae fóra do rango preestablecido, a saída regresa ao seu estado orixinal.
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Pulso emitido: o pulso emitido é un “burst” curto de enerxía ultrasónica de gran amplitude. O pulso de eco é tipicamente de
amplitude máis baixa. O intervalo de tempo entre o sinal transmitido e o seu eco é directamente proporcional á distancia
entre o obxecto e o sensor.

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Zona cega: directamente enfronte do sensor hai unha zona cega. Dependendo do sensor, a zona cega é de 6 a 80 cm
enfronte do sensor. Un obxecto colocado na zona cega produce unha saída inestable.

66
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

O rango de operación pode axustarse en termos do seu ancho e posición dentro do rango de sensado. O límite superior
pode ser axustado en tódolos sensores. O límite inferior só se pode axustar en certos tipos. Os obxectos colocados máis
aló do límite superior non producen ningún cambio na saída do sensor.
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Símbolos

Detector a 3 fíos NA
Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Detector a 3 fíos NC

67
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Detector fotoeléctrico
Son elementos que, mediante a emisión e recepción dun feixe de luz (xeralmente infravermella), detectan calquera
elemento que provoque a interrupción de dito feixe. Segundo os modelos de detectores e os requisitos da aplicación, a
emisión realízase con:

• Luz infravermella (uso máis habitual)


• Ultravioletas (materiais luminescentes)
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

• Luz visible vermella


• Luz visible verde (lectores de códigos)
• Láser vermello (focalización reducida

Sistema de barreira
O emisor e o receptor sitúanse en dúas caixas separadas. Permite alcances de ata 250 metros. O feixe emítase en
infravermellos ou láser. Detecta todo tipo de obxectos, agás os que son transparentes, e con gran precisión. Cómpre
aliñar coidadosamente o emisor e o receptor.

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Sistema réflex
O emisor e o receptor están situados nunha mesma caixa. En ausencia dun obxecto, o reflector devolve ao receptor o
feixe infravermello que emite o emisor. O reflector consta dunha cantidade elevada de triedros trirrectánculos de reflexión
total que devolve todo o raio luminoso. A detección prodúcese cando o obxecto bloquea o feixe entre o emisor e o
reflector.

68
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Sistema de proximidade
O emisor e o receptor están situados nunha mesma caixa. O feixe luminoso é luz infravermella que se proxectará cara ao
receptor cando un obxecto reflector intercepta o feixe. O alcance é menor que nun sistema réflex, e depende da cor do
obxecto e do seu poder de reflectir a luz. Adoitan ir equipados cun potenciómetro de regulación de sensibilidade.
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Sistema de fibra óptica


A luz transpórtase dende o punto de detección ata o amplificador a través de fibras ópticas que, grazas ao seu tamaño,
poden integrarse nos emprazamentos máis pequenos. Son capaces de captar elementos moi pequenos (da orde de
milímetros). Poden usarse fibras de plástico ou de vidro.

69
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Detector magnético
O detector magnético foi deseñado para detectar a posición dun imán. O imán pode estar instalado, por exemplo, nun
cilindro pneumático ou hidráulico.
Poden ser de dous tipos: detectores tipo reed e detectores de estado sólido.
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Símbolos

Detector a 2 fíos NO

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Detector a 2 fíos NC

Detector a 3 fíos NO

Detector a 3 fíos NC

70
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Presostato
Son dispositivos que serven para abrir e pechar un circuíto eléctrico nun valor de presión previamente configurado.
En xeral distínguese entre presostatos mecánicos e presostatos electrónicos.
Os presostatos mecánicos converten un movemento mecánico nun sinal eléctrico. A presión transmítese mediante un
accionador sobre un contacto. A contra forza producida pola presión regúlase cun parafuso prisioneiro e corresponde ao
valor de presión que abre ou pecha o circuíto eléctrico.
• Non require enerxía auxiliar
• Poden conmutar corrente alterna e corrente continua
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

• Integración eléctrica sen tarxetas de entrada analóxicas


• Conmutación de correntes de voltaxe alta sen relé adicional
• Solución económica para funcións redundantes de seguridade
• Configuración sinxela dos puntos de interrupción

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Os presostatos mecánicos serven basicamente para aplicacións sinxela e económicas para funcións de seguridade con
pouca frecuencia (por exemplo, na monitorización de bombas). Son óptimos se o proceso non require unha alta exactitude
ou varios miles de conmutacións.

Os presostatos electrónicos, pola contra, non requiren ningún desprazamento mecánico para xerar a alarma. A presión
actúa sobre un sensor resistivo que xera un sinal que se converte nun sinal eléctrico normalizado mediante un
microcontrolador. Este sistema permite a configuración mediante módulo ou un software específico. O usuario pode
adaptar os puntos de interrupción, histérese, etc., de acordo coa súa aplicación. Esta flexibilidade é a gran vantaxe dos
presostatos electrónicos en comparación coas variantes mecánicas.
• Libre configuración dos puntos de conmutación, histérese, etc.
• Configuración sen someter o instrumento a presión
• Mantemento e instalación sinxelos
• Innumerables ciclos de manobra
• Deseño sen compoñentes en movemento propensos a desgaste
• Alta fiabilidade, estabilidade a longo prazo
• Alta resistencia contra choques mecánicos e vibracións
• Elevada repetibilidade.

Os presostatos electrónicos son moi axeitados para aplicacións de maior exactitude (por exemplo,
en máquinas ferramentas). Moitas versións ofrecen ademais un display para a lectura da presión.
Cada vez vai sendo máis habitual a tendencia de unir arias funcionalidades nun só instrumento para
asumir tarefas de seguridade, de monitorización de parámetros de proceso e ademais permitir unha
lectura local. As vantaxes en redución de custes e redución de interfaces de medición son evidentes
e favorecen a penetración destes modelos na industria.

71
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Vacuostato
Son dispositivos que serven para abrir e pechar un circuíto eléctrico nun valor de baleiro previamente configurado.
Ao igual que os presostatos, os vacuostatos poden ser mecánicos ou electrónicos, xa que se basean no mesmo sistema
pero con baleiro, con valores inferiores á presión atmosférica.
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Termóstato
O termóstato é un instrumento que detecta a temperatura dun fluído, aire ou gas e actúa de acordo a requirimentos
específicos.
En xeral, o termóstato é unha ferramenta útil para detectar e axustar a temperatura da habitación na que o mesmo se
atopa. Os termóstatos, de feito, pódense instalar en calquera lugar pechado, ou dentro de electrodomésticos e maquinaria
industrial de diversos tipos.
Tecnicamente, os termóstatos están xeralmente compostos por un simple interruptor de prendido / apagado que se activa
cando un sensor interno detecta un cambio de temperatura (diferencia de temperatura).
Hai diferentes tipos de termóstatos no mercado, deseñados para adaptarse ás necesidades dos usuarios; o seu
funcionamento é moi variable dependendo dos compoñentes internos e a tecnoloxía empregada na fase de construción.
Os termóstatos de tipo xeral poden dividirse en dous grandes grupos: os termóstatos mecánicos e os termóstatos
eléctricos ou electrónicos.

Os mecánicos poden ser bimetálicos, de gas pechado, ou de parafina.


Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Os electrónicos son cada vez máis habituais, debido ás súas vantaxes:


• Poden estar libres de partes móbiles e contactos que sofren deterioro
• Pódense configurar tanto para a temperatura cma o tempo mínimo entre activacións
• Pódense integrar facilmente nun sistema con máis funcións (programadores horarios, etc.)
• Cun controlador PID poden facer unha xestión máis intelixente.

72
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

2. DEBUXO DE ESBOZOS E ESQUEMAS DE SISTEMAS DE CONTROL ELÉCTRICO CON


CABLES.

Os esquemas eléctricos réxense por unha serie de normas, co obxectivo de tódolos elementos que interveñen nun plano
sexan realizados e interpretados do mesmo xeito, sen que dea lugar a confusións e interpretacións incorrectas.

Organismos de normalización
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

DIN Instituto Alemán de Normalización


ISO Organización Internacional para a Normalización
UNE Una Norma Española, foron creadas por AENOR, que é a Asociación Española de Normalización
ANSI Instituto Nacional Americano de Normalización

As normas establécense nunha serie de comités. Os comités son áreas de expertos en campos concretos.

Comités de normalización
CIE Comité Electrotécnico Internacional
CENELEC Comité Europeo da Normalización Electrotécnica
IEEE Instituto de enxeñeiros eléctricos e electrónicos (de orixe estadounidense)

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Comparativa de normas
Símbolo UNE-EN 60.617 ANSI

Contacto normalmente aberto NO

Contacto normalmente pechado NC

Bobina

73
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Sistemas de alimentación eléctrica dos circuítos de control secuencial con cables: en corrente alterna
(trifásicos, bifásicos, monofásicos e con transformador de mando), en corrente continua, etc.
Alimentación trifásica
Sen neutro Con neutro
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Alimentación monofásica

74
Ciclo superior de Automatización e robótica industrial – Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Con fonte de alimentación


Alimentación con transformador de mando

75
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Simboloxía eléctrica normalizada

Denomínase simboloxía normalizada o conxunto dos signos recoñecidos polas normas internacionais que se usan para
representar un circuíto eléctrico ou electrónico.
A simboloxía permítenos identificar os diferentes elementos eléctricos, as súas características e a súa forma de conexión
para realizar as funcións que se lles encomendou.
Todo símbolo componse principalmente dunha serie de partes:
• Contactos. Dependendo do tipo de elemento, símbolo contará cunha serie de contactos principais e con outros
auxiliares.
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

• Numeración. Estes contactos eléctricos debe ir numerados.


• Identificador. Identifica o aparato e a función.

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Identificador
Primeira letra Identifica o tipo de aparato
Segunda letra Identifica a función asociada ao aparato
Número Identificador do número de aparato

76
Ciclo superior de Automatización e robótica industrial – Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

77
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Marcado de bornes
De acordo coa última recomendación CIE-IEC o marcado dos bornes farase con orientación vertical, aliñado cos
condutores de alimentación dos aparatos. As referencias que se indican son as que deben figurar na placa de
características ou nos bornes do aparato, de xeito que a cada aparato se lle asignan unhas referencias numéricas ou
alfanuméricas propias.
Recomendación CIE-IEC Representación tradicional
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Marcado de contactos principais


Os contactos principais desígnanse cunha cifra de 1 a 8 en función do tipo de contacto. O borne numerado con número
impar será a entrada e o número par indica a saída.
Unipolar Bipolar Tripolar Tetrapolar

Marcado de contactos auxiliares


Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

A primeira cifra indica o número de orde do contacto no aparato, con díxitos do 0 ao 9. Resérvase o número 9 para os relés
térmicos.
A segunda cifra corresponde á función do contacto.
Marcado de bornes Símbolo Tipo de contacto Función

.1
NC Contacto de apertura
.2

.3
NO Contacto de peche
.4

.1
.2 Conmutado Contacto conmutado
.4

.5 Especial
NC
.6 Contacto de apertura temporizado

78
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

.7 Especial
NO
.8 Contacto de peche temporizado

.5
Especial
.6 Conmutado
Contacto conmutado temporizado
.8
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

95
NC Contacto de apertura de relé térmico
96

97
NA Contacto de peche de relé térmico
98

95
96 Conmutado Contacto conmutado de relé térmico
98

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Marcado das bobinas de mando


Desígnanse cunha letra (A ou B) seguida dun número de borne

Representación de esquemas de circuítos de automatismos eléctricos: esquemas de potencia e de mando


Os esquemas eléctricos son a representación gráfica dunha instalación eléctrica na que quedan perfectamente indicados
os elementos eléctricos que a integran e a relación entre todos eles.
• Esquemas de forza ou potencia
Represéntase o circuíto de alimentación dos actuadores. Aparecerán os contactos principais dos seguintes
elementos:
◦ Dispositivos de protección (disxuntores, relés, etc.)
◦ Dispositivos de conexión e desconexión (interruptores, contactores, etc.)
◦ Actuadores (motores, liñas, etc.)
• Esquemas de mando
É unha representación lóxica dos elementos que compoñen o automatismo que goberna a instalación. Nel
representaremos os seguintes elementos:
◦ Bobinas dos elementos de mando e protección (contactores, relés, etc.)
◦ Contactos auxiliares dos aparatos
◦ Elementos de diálogo home – máquina (botóns, finais de carreira, etc.)
◦ Dispositivos de sinalización (lámpadas, sirenas, etc.)

79
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Numeración de condutores
Á hora de realizar a montaxe e mantemento dunha instalación de automatismos eléctricos, cómpre poder identificar
correctamente e de xeito rápido os diferentes condutores que o compoñen.
Existen varias técnicas de realizar esta numeración. A máis sinxela consiste en asignar un número a cada condutor.
Numeración correlativa de tódolos condutores Marcado do borne Marcado do borne
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Numeración de mangueiras
Unha mangueira é un conxunto de cables eléctricos que gardan una relación entre todos eles; por exemplo, levar

alimentación eléctrica a un motor. Este conxunto de cables, xeralmente, van fisicamente baixo unha mesma cuberta
Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

protectora, inda que pode darse o caso de ir unidos baixo algún elemento de fixación coma bridas ou espirais de fixación.
O marcado para a identificación dunha mangueira realízase sobre a propia mangueira, pero á súa vez tamén hai que
identificar cada un dos cables que a compoñen.

80
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Referencias cruzadas
As referencias cruzadas é un método de localización de
elementos dentro dun esquema ou conxunto de
esquemas eléctricos.
Un símbolo eléctrico pódese compoñer de varias partes, e
cada unha desas partes pódese colocar en diferentes
lugares do plano. Por exemplo, un contactor componse
duns contactos de forza (que se colocarán no esquema
de forza) e de varios contactos auxiliares (que se
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

colocarán segundo as necesidades, separados polo plano


de manobra).
Para poder localizar todas estas partes, recórrese ás referencias cruzadas. Denomínanse así porque cada parte indica
onde está situada a outra.

Esquema de borneiro
Un borneiro ou regreteiro é un elemento de unión entre os elementos internos do cadro e os elementos externos. Existen
dispositivos (botóns, pilotos de sinalización, motores, etc.) que non van situados na placa de montaxe do cadro eléctrico.
Polo tanto, é necesario establecer o punto de unión.
Fisicamente un borneiro é un conxunto de bornes ou terminais de conexión. A conexión do cableado pode ser con aperte a
parafuso ou a presión.
O esquema do borneiro ou regreteiro é unha forma gráfica na que se amosa como deben ser as conexións dos elementos
externos co cadro eléctrico. Estes esquemas facilitan a correcta montaxe, xa que son moi visuais. Proporciónase
información sobre: a cantidade de borneiros (X1, X2, ...), o número de borne, os destinos do cableado tanto dentro coma
fóra do cadro.

REGRETEIRO -X1 FORZA


Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Número de cable Destino 1. Interior do cadro Número de borne Destino 2. Exterior do cadro Número de cable
1 Q1:1 X1 L1:1 1
2 Q1:3 X2 L2:1 1
3 Q1:5 X3 L3:1 1
4 F1:1 X4 L:2 2
5 F1:3 X5 N:2 2
6 PE X6 PE 2
12 KM1:2/KM2:2 X7 U1 3
13 KM1:4/KM2:4 X8 V1 3
14 KM1:6/KM2:6 X9 W1 3
6 PE X10 PE 3
REGRETEIRO -X2 MANDO
Número de cable Destino 1. Interior do cadro Número de borne Destino 2. Exterior do cadro Número de cable
17 Q1:14 X11 S1:11 17
18 KM1:12/KM2:13 X12 S1:12/S2:13/S3:13 18
19 KM2:21 X13 S2:14 19
21 KM2:21 X14 S3:14 21
20 KM2:22/KM1:A1 X15 H1:X1 20
21 KM1:22/KM1:A1 X16 H1:X1 20
23 Q1:12 X17 H3:X3 23
16 KM1:A2/KM2:A2 X18 H1:X2/H2:X2/H3:X2 16

81
Ciclo superior de Automatización e robótica industrial – Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

82
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Software de deseño eléctrico: CADe_SIMU


Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

CADe_SIMU é un programa de CAD electrotécnico, desenvolto por Juan Luis Villanueva (profesor do departamento de
electricidade do Instituto Politécnico de Vigo), que permite inserir os distintos símbolos organizados en librerías e trazar un
esquema eléctrico dun xeito fácil e rápido para posteriormente realizar a simulación.
O programa en modo simulación visualiza o estado de cada compoñente eléctrico cando está activado, ao igual que
resalta os condutores eléctricos sometidos ao paso dunha corrente eléctrica.
Para realizar unha simulación terán que seguirse os seguintes pasos:
Realizar o esquema inserindo os compoñentes eléctricos.

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Os distintos compoñentes sempre terán que se conectar a través do distinto cableado; non se poden conectar os distintos
compoñentes de forma directa sen cableado.

83
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Cores do cableado

Nun circuíto eléctrico tense que partir sempre dunha alimentación, que pode ser de corrente continua ou corrente alterna.
A librería de alimentacións permite seleccionar unha gran variedade de símbolos de alimentación.
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Durante a simulación realízase unha comprobación da existencia tanto de curtocircuítos e de conexións a masa. De
producirse un destes erros, a simulación para e advírtenos coa correspondente mensaxe.

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Nun esquema, os distintos símbolos dun mesmo compoñente teñen que ter o mesmo nome, e non se pode repetir con
símbolos doutros compoñentes.

84
Ciclo superior de Automatización e robótica industrial – Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

85
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Representación de secuencias e diagramas funcionais: GRAFCET (SFC), diagramas de


tempo, diagramas espazo - fase

GRAFCET
O diagrama funcional GRAFCET (gráfico de orde etapa-transición) é un medio de descrición das especificacións dun
automatismo.
GRAFCET
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Diagrama de tempo
Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

O espazo percorrido represéntase en función do tempo. Neste diagrama o tempo represéntase a escala e cada fase terá a
duración que lle corresponda.
Diagrama de tempo

Diagrama espazo – fase


Neste diagrama queda representada a operación a realizar por un elemento de traballo; é dicir en función das respectivas
fases (cando unha fase é un cambio de estao ou cada elemento de traballo).
Cando par aun mesmo mando existen varios elementos de traballo, quedarán representados un debaixo do outro.
GRAFCET

86
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Deseño de circuítos de automatismo de control secuencial por métodos sistemáticos.


Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Memorias acumulativas

ETAPA 0. Posición de repouso. Tódolos relés desactivados.

87
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

ETAPA 1. Cando se preme S1, actívase o relé KA1 e loce a sinalización H1.
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

ETAPA 2. Cando o relé KA1 Está activado e prememos S2, actívase o relé KA2 e loce a sinalización H2.

88
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

ETAPA 3. Co relé KA2 activado e premendo S3, actívase o relé KA3 e loce a sinalización H3.
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

ETAPA 0. Cando o relé KA3 está activado e prememos S4, actívase o relé KA4 e desactiva tódolos relés
Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

89
Ciclo superior de Automatización e robótica industrial – Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

GRAFCET
ETAPA 0. Posición de repouso. Relé ETAPA 0 activado.

90
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

ETAPA 1. Cando se preme S1, actívase o relé KA1 e loce a sinalización H1.
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

91
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

ETAPA 2. Cando o relé KA1 está activado e prememos S2, actívase o relé KA2 e loce a sinalización H2.
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

92
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

ETAPA 3. Cando o relé KA2 está activado e prememos S3, actívase o relé KA3 e loce a sinalización H3.
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

93
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

ETAPA 0. Cando o relé KA3 está activado e prememos S4, actívase o relé KA4 e actívase a ETAPA 0.
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

94
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

3. MONTAXE DE CIRCUÍTOS DE AUTOMATISMOS CON CABLES

Técnicas de montaxe e posta en envolvente de circuítos de automatismos eléctricos. Dispositivos de protección eléctrica:
contra curtocircuítos e sobrecargas, contra sobretensións, contra contactos indirectos.
Módulo adestrador zócolo
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

95
Ciclo superior de Automatización e robótica industrial – Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Adestrador Festo
Módulo adestrador relés

96
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I
Ciclo superior de Automatización e robótica industrial – Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Práctica 1
Conexión de botón e piloto
Iniciación aos sistemas eléctricos.

97
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I
Ciclo superior de Automatización e robótica industrial – Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Práctica 2
Conexión de botón e pilotos en paralelo

98
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I
Ciclo superior de Automatización e robótica industrial – Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Práctica 3
Conexión de dous botóns e tres pilotos en paralelo

99
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I
Ciclo superior de Automatización e robótica industrial – Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Práctica 4
Conexión de dous botóns e pilotos independentes

100
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Funcións básicas con relés


Práctica 5
Activación dun relé
Durante o tempo que se active o botón S1, o relé KA1 permanece activado. O relé KA1 activa un piloto de sinalización H1.
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

101
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Práctica 6
Función memoria. Paro prioritario
O relé KA1 actívase co botón de marcha S2 e desactívase co botón de paro S1. De accionarse simultaneamente,
prevalece S1. Paro prioritario
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

102
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Práctica 7
Función memoria. Marcha prioritaria.
O relé KA1 actívase co botón de marcha S2 e desactívase co botón de paro S1. De accionarse simultaneamente,
prevalece S2. Marcha prioritaria.
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

103
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Práctica 8
Función memoria. Selector Impulso - Memoria
Cando está desactivado o selector S3, ao activar o botón de marcha S2, o relé KA1 non queda realimentado. Ao activar o
selector S3 e activar o botón de marcha S2, o relé KA1 queda realimentado. O relé KA1 desactívase co botón de paro S1
ou ben desactivando o selector S3.
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

104
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Práctica 9
Activación de dous relés.
O relé KA1 actívase co botón de marcha S2. Para que se poida activar o relé KA2 ten que estar activado o relé KA1 e
activarse o botón de marcha S3. O botón de paro S1 desactiva os dous relés.
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

105
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Aplicación de circuítos secuenciais con cables de control eléctrico para a posta en marcha e o control de
máquinas eléctricas.
Secuencia e GRAFCET
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Memorias acumulativas

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

GRAFCET

106
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Aplicación de circuítos de seguridade técnica. Dispositivos e módulos de seguridade:


botóns de emerxencia, interruptores de posición de seguridade, barreiras e bordes
sensibles, pedais, contactores, relés de seguridade e mando bimanual.

No deseño dun bo automatismo para este tipo de instalacións, hai que ter presente que é importante combinar dous
factores:
A seguridade das persoas que operan as máquinas.
A correcta dispoñibilidade da instalación.
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

O proceso correcto consiste en identificar as zonas perigosas das máquinas (partes móbiles), e dispor dun acceso
protexido e controlado.
Existen numerosos dispositivos de protección que poden ser utilizados no deseño de automatismos para o control de
máquinas. Todos eles dispoñen de un ou varios contactos NO ou NC que se empregan para deseñar axeitadamente o
automatismo que controla o funcionamento da máquina.

Botóns de emerxencia
Deben permitir a parada da máquina cando se orixine unha
situación de perigo tanto para o operario como para propia
máquina, o máis axiña posible. É un elemento electromecánico,
tipo botón, que se localiza en sitios estratéxicos da máquina para
acceder a el canto antes.
Dispón dunha cámara de contactos e un sistema de
accionamento tipo botón (de cor vermella) con encravamento mecánico, que non permite o rearme do circuíto ata que a
seta se desencrava manualmente.

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

O uso dos dispositivos de parada de emerxencia (por exemplo, dunha seta), pode facerse de diferentes xeitos:
Para desconexión xeral dos circuítos de mando. Neste caso o elemento de seguridade conéctase en serie no circuíto de
mando, antes dos contactos do relé térmico..
Se é necesario sinalizar o accionamento da aparamenta de seguridade, pódese engadir un contacto NO que active o
dispositivo de sinalización acústica (asubío, timbre, etc.) ou luminosa (lámpada).
Cando se alimentan dispositivos electrónicos de control, como PLC ou relés programables, a seta corta unha ou dúas das
fases que os alimentan.

107
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Interruptores de posición de seguridade


Os interruptores de seguridade utilízanse como dispositivos de encravamento que impiden o funcionamento da máquina
en determinadas condicións. Xeralmente van asociados a un resgardo, porta ou reixa. O dispositivo detecta a posición
deste resgardo, e impide a posta en marcha da máquina ata que o resgardo non se atopa na posición de pechado. Se,
estando funcionando a máquina, o resgardo queda aberto, a máquina tamén para. Hai de diversos tipos:

Finais de carreira. Estes compórtanse coma simples botóns, que


accionan a máquina, pero non dispoñen de elementos de
seguridade. Porén, pódense utilizar para garantir que un elemento
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

móbil non se poida activar se non se atopa nunha posición


determinada. Por exemplo, que unha máquina non poida poñerse
en marcha se un elemento de resgardo (unha porta) non se
pechou previamente.

Interruptor de seguridade de actuador separado. Constan de dous elementos: o corpo do interruptor e a caravilla do
actuador. Cando a caravilla entra no corpo do interruptor, abre ou pecha os contactos eléctricos.
Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Interruptores de posición con retención. Evitan a apertura dunha porta ou resgardo mentres haxa un movemento perigoso
da máquina. Habilitan a máquina ou o proceso só co dispositivo de protección pechado e retido, e bloquéana cando o
dispositivo de protección está aberto. O bloqueo conséguese mediante un resorte ou mediante un electroimán.

108
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Interruptor de seguridade por bisagra. Ten un actuador en forma de eixe, que actúa coma bisagra en resgardos, portas ou
tapas xiratorias. Garanten a seguridade do operario, detendo inmediatamente os movementos perigosos cando a bisagra
ou o eixe rotativo acadan un ángulo de 5º.
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Interruptor de seguridade sen contacto. Están formados por dous elementos que se recoñecen entre eles sen necesidade
de contacto. Pódense codificar e teñen unha gran dificultade de burlado. Son moi útiles para calquera tipo de resgardos, xa
que a súa instalación é moi sinxela e teñen unha gran tolerancia de aliñación.
Empréganse en aplicacións nas que a normativa esixe unha categoría de seguridade alta, cando se xera moita sucidade ou
se hai que cumprir normativas de hixiene moi rigorosas. Empréganse tamén en aplicacións que formulan problemas para
un guiado preciso de portas, que someten ás portas das máquinas a fortes vibracións e que requiren tolerancias de
arranque altas.

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Barreiras. Consisten en colocar barreiras de luz infravermella ao redor dunha máquina perigosa. Cando a persoa
interrompe co seu paso algún dos raios, a máquina ten que deterse.
Barreira fotoeléctrica. Dispositivo con función de detección que se realiza mediante un elemento optoelectrónico emisor e
outro receptor, dispostos de tal xeito que forman un feixe de radiación óptica e detectan a interrupción desta dentro do
dispositivo, cando un obxecto opaco aparece na zona de detección especificada.

109
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Cortina fotoeléctrica. Dispositivo que detecta mediante elementos optoelectrónicos emisores e receptores, dispostos de
tal xeito que forman unha cortina de radiacións ópticas e que detectan a interrupción destas dentro do dispositivo cando
un obxecto opaco aparece na zona de detección.
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Láser ou escáner de seguridade. Detecta o acceso de persoas a determinadas áreas perigosas. O principio de
funcionamento tamén é mediante feixes de raios infravermellos, pero só constan do emisor. Teñen ángulos de detección
de ata 270º. Algúns modelos poden ser utilizados en aplicacións móbiles.

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Bordes sensibles. Utilízanse para controlar todo tipo de elementos móbiles, detectando en todo momento o seu contacto
con calquera obxecto ou persoa, e detendo nese caso o movemento. Dispoñen de dúas zonas condutoras ao longo de
toda a súa lonxitude e, ao facer presión sobre a superficie, únense ambas provocando o peche do contacto. Fabrícanse en
formas diferentes, dependendo do seu uso (exteriores, interiores, curvos, etc.) e deséñanse para distintas forzas de
accionamento.

110
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Alfombras sensibles. As alfombras sensibles son interruptores eléctricos de área sensibles á presión. Mediante estes
dispositivos pódense detectar a presenza de persoal non autorizado en áreas de traballo perigosas.
Pedais de seguridade. Os interruptores de pedal utilízanse para a orde de marcha ou paro de gran número de máquinas
industriais con diferentes modos de funcionamento. Adoitan ir equipados con capó de protección para evitar arranques
intempestivos.
Contactores de seguridade. Os contactores de seguridade dispoñen de contactos con acoplamento mecánico, de xeito
que sexa totalmente imposible manter pechados simultaneamente os contactos NC e os contactos de potencia, inda que
existise un fallo nestes últimos que imposibilitase a súa apertura (soldadura dos contactos, por exemplo). Se non fose así,
inda que os contactos de potencia non se abrisen, ao desactivar a bobina, os contactos NC pecharían, pero a unión
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

mecánica imposibilita esta acción.

Grazas a isto conséguese manter a máquina parada en caso dun fallo ou deterioro do contactor. Se o circuíto de forza
presente problemas, os contactos de mando non cambian de posición e non permite o funcionamento do circuíto de
mando.

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Un circuíto redundante é aquel no que se duplican determinados


elementos (contactos, contactores, bobinas, etc.) de xeito que,
se un deles falla, o outro encárgase de realizar a operación de
seguridade que se lle asignara.
Na seguridade para o arranque de motores é habitual o uso de dous contactores conectados en serie no circuíto de
potencia. Se un deles falla (por exemplo, por soldadura de un dos seus polos), o outro debe desconectar a máquina para
evitar que sega en funcionamento. Neste tipo de circuítos sempre é aconsellable o uso de contactores de seguridade, que
dispoñan de contactos acoplados mecanicamente.

111
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Módulos de seguridade
Son dispositivos que se empregan para controlar os
distintos elementos de seguridade integrados no
automatismo para o mando dunha determinada
máquina (sensores e actuadores). Existen módulos
de seguridade moi diversos, pero todos teñen unha
serie de funcións comúns:
• Detección de fallos: avaliación continua do
correcto estado dos sensores (interruptores,
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

barreiras fotoeléctricas, etc.), actuadores


(contactores), así como do seu cableado.
• Avaliación das situacións de emerxencia: paro de emerxencia, sensores activados, etc.
• Vixilancia da actuación axeitada dos dispositivos de conexión en caso de perigo (contactores que desconectan a
alimentación, por exemplo)
• Proporcionar unha desconexión segura.

Os distintos fabricantes presentan características deste tipo de módulos bastante diversas:


• Módulos de control de seguridade estándar
• Módulos de control de seguridade con saídas temporizadas ou retardadas
• Módulos de seguridade con saídas de relé
• Módulos de seguridade con saídas electrónicas
• Módulos de control de mando a dúas mans
• Módulos de expansión de saídas convencionais, para incrementar o número de saídas dispoñible

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Unha vez presentada a situación de perigo, e desconectada a fonte de alimentación, existe a posibilidade dun rearme
manual ou ben automático polo propio módulo.

Supervisión dun paro de emerxencia con 1 contacto NC

112
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Supervisión dun paro de emerxencia con 2 contactos NC



Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Módulo de seguridade parada emerxencia

113
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Mando bimanual.
Utilízanse para garantir que o operario se atopa lonxe da área de perigo ao realizar movementos perigosos (por exemplo,
percorrido descendente en aplicacións de prensa). Serven de protección principalmente ao operario da máquina.
Pódese proporcionar protección complementaria para o persoal con outras medidas, coma a colocación de barreiras
inmateriais.
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

114
UD1: SISTEMAS ELÉCTRICOS I

Niveis de seguridade técnica. Regulamentación e normativa.


Debido ao aumento de complexidade nos procesos actuais, cada vez é máis frecuente que os sistemas de automatización
se encarguen tamén de realizar tarefas relevantes para a seguridade. Por tanto, resulta de máxima importancia que
tódolos dispositivos implicados nestas tarefas non sufran fallos, xa que en caso contrario podería producirse un accidente.
Denomínase Seguridade Funcional ao correcto funcionamento destes dispositivos.
Existen varias normas de ámbito mundial, entre elas a IEC 61508 e a IEC 61511, que desenvolven o concepto de Sistema
Instrumentado de Seguridade (SIS), entendendo oma tal o conxunto de sensores, unidades de procesamento de
seguridade, e actuadores.
A función dun SIS é levar o proceso a un estado seguro (parada total ou parcial) ante determinadas condicións inseguras.
Sistemas Eléctricos, Pneumáticos e Hidráulicos

Niveis de seguridade SIL (Safety Integriy Level). Defínese entón o Nivel de Integridade da seguridade ou nivel SIL para un
determinado SIS, como a probabilidade de que falle o sistema ante unha necesidade de parada, ou inversamente, a
dispoñibilidade do equipo de seguridade cando sexa requirida a súa acción.
A maior nivel SIL menor probabilidade de fallo e maior dispoñibilidade do equipo. A elección dun maior ou menor nivel SIL,
loxicamente, irá en función da gravidade dos risos presentes no proceso do que se trate. A norma indica distintos métodos
para determinar este nivel.

Modo de demanda baixo e alto


Modo de demanda
Nivel Modo demanda de Fallo máximo Fallo máximo
Descrición Norma SIL de operación
SIL operación PFD (1) aceptado de SIS aceptado de SIS
continua – elevada
Consecuencia moi importante para a
Un fallo perigoso Un fallo perigoso en
4 comunidade que implica unha >=10^-5 – 10^-4 >=10^-9 – 10^-8
en 10.000 anos 100.000.000 horas
redución do risco de 10.000 a 100.000
Consecuencia moi importante para a
comunidade e os empregados que Un fallo perigoso Un fallo perigoso en

3 >=10^-4 – 10^-3 >=10^-8 – 10^-7


implica unha redución do risco de en 1.000 anos 10.000.000 horas
1.000 a 10.000
Ciclo superior de Automatización e robótica industrial

Protección importante da instalación,


a produción e os empregados que Un fallo perigoso Un fallo perigoso en
2 >=10^-3 – 10^-2 >=10^-7 – 10^-6
implica unha redución do risco de 100 en 100 anos 1.000.000 horas
a 1.000
Protección baixa da instalación e a
Un fallo perigoso Un fallo perigoso en
1 produción que implica unha redución >=10^-2 – 10^-1 >=10^-6 – 10^-5
en 10 anos 100.000 horas
do risco de 10 a 100

(1). PFD: Probability of Failure on Demand

115

You might also like