You are on page 1of 1

Vigo, 18 de outubro de 23

Á atención das familias de Educación Infantil, 2º, 4º e 6º de Educación Primaria e de 2º


Bacharelato

ASUNTO: Orlas escolares

Benqueridas familias:

O venres, 3 de novembro levaremos a cabo unha sesión fotográ ca co obxectivo


de ofrecervos as orlas deste curso, 23-24. Posteriormente, recibiredes o resultado,
que poderedes adquirir de maneira voluntaria.
Será o laboratorio Huella digital o que realice as fotografías, cumprindo coa lei
orgánica de protección de datos en todos os seus aspectos. Hoxe mesmo
recibiredes na casa un documento da propia empresa na que se vos solicita o
permiso para levar a cabo dita sesión.

Os lotes de Educación Infantil e Primaria consisten nunha foto de toda a clase,


retratos en branco e negro e cor sepia, fotos de carnet, de carteira e de felicitación,
cun prezo de 30 euros.

2º Bacharelato, pola súa banda, levará un lote composto por unha foto grande da
orla conxunta (30×40), unha foto clase, retratos en branco e negro, cor e sepia,
fotos de carnet, de carteira e de felicitación; o prezo é de 35 euros.

Con respecto á vestimenta, o alumnado de EI e EP deberá vir vestido co chándal do


colexio e o de 2º de bacharelato deberá traer unha camisa branca.

Agardando que sexa do voso agrado, recibide un cordial saúdo,

Paula Gozalo e Susana Piñeiro


Xefas de estudos

RÚA VENEZUELA, 7 | VIGO | 36203 | WWW.SALESIANOSVIGO.ES


fi

You might also like