You are on page 1of 13

FLEXOGRAFÍA

1 HISTORIA

Os primeiros intentos para construír unha máquina flexográfica datan de 1890. Eses
primeiros intentos fracasaron debido sobre todo á calidade das tintas. A primeira máquina
flexográfica data de 1905 e foi construída polo francés Holweg. Era unha máquina derivada das
tipográficas da época. A única diferenza era que o molde tipográfico foi substituída por un
molde de goma natural. A flexografía introduciuse a grande escala en EEUU na década dos 20.

Rematada a I Guerra Mundial varios fabricantes alemáns interesáronse por este sistema
de impresión e desenvolveron as máquinas de imprimir flexo. En EEUU esas primeiras
máquinas importáronse de Alemaña onde este sistema de impresión se coñecía como impresión
a través de clichés de caucho. O primeiro nome co que se coñeceu a flexografía foi o de proceso
á anilina. Coñecíase con ese nome porque as tintas estaban feitas a base de colorantes desa
familia. Durante os anos 40 imprimíronse moitas embalaxes mediante este sistema pero
apareceron os primeiros problemas derivados dese termo (anilina). Era debido a que o termo
equivalía a alcatrán e é unha substancia tóxica. Por este motivo os consumidores comezaron a
rexeitar esta impresión nas embalaxes de produtos alimenticios. As administracións
consideraban o sistema inadecuado. Isto levou a que en 1951 se convocase un concurso para
atopar outro nome. Chegouse ao nome de flexografía .
A primeira definición válida que se lle deu á flexografía foi: método de impresión tipográfica
rotativo que emprega pranchas de caucho e tintas fluídas de secado rápido. Posteriormente en
1980 cambiouse a definición chegando á seguinte: método de impresión rotativo directo que
usa pranchas resilientes (capaces de recuperar a súa forma orixinal despois de exercer presión
nel) coa imaxe en relevo, axustables a cilindros portapranchas e entintadas por un rolo ou por un
rolo provisto dunha racleta ou coitela que traslada tintas fluídas a calquera soporte.

As tintas: As primeiras eran de anilina, derivadas do alcatrán, pero daban problemas, eran
parcialmente diluibles en auga po lo que sangraban coa humidade. Ademais tiñan pouca
solidez á luz.
Outro problema é que o grabado do cliché se facía en plano e non se tiña en conta a elongación
que se daría na imaxe ó enrolar o cliché no cilindro.

Celofán: Comezou a fabricarse a partir de 1930 e foi moi utilizado ata 1940-1950. Tiña
problemas para imprimirse en tipografía e en offset polo que se experimentou para imprimilo
mediante flexografía.
Os principais problemas para imprimir o celofán eran as tintas; tiñan que ter unha boa
adherencia, o secado tiña que ser por evaporación y ademais tivéronse que mellorar os
colorantes para aumentar o contraste nas imaxes xa que o celofán é transparente. As tintas foron
evolucionando e solventando estes problemas, aparecen tintas metálicas, outras con maior poder
cubrinte pero no secado seguían sendo lentas, o que limitaba a velocidade. Para solucionar isto
introducíronse fornos de secado, o que permitiu incrementar a velocidade.
Outra evolución data de 1946, cando se comeza a utilizar o cilindro Anilox, ata ese momento o
cilindro que daba a tinta ó cliché era un cilindro revestido de caucho pero a partir de ese
momento substituíuse por un cilindro metálico con toda a súa superficie recuberta de celdillas,
que son las encargadas de reter a tinta que pasará a á forma impresora.
A segunda gran revolución da flexografía chegou co polietileno (película plástica, flexible), que
aparece entre 1950 y 1960 y foi o substituto do celofán en cuanto a utilización.
Vantaxes do polietileno sobre o celofán:
- Ten mellor resistencia, tanto mecánica como química.
- É un material termosoldable (solda por calor).
Inconvenientes:
- sensibilidade á calor e á tensión da máquina
2 ELEMENTOS BÁSICOS

1. rolo do tinteiro
2. rolo anilox
3. cilindro portapranchas
4
8 3 4. cilindro impresor
5. tinteiro
6. papel ou soporte
2 7. túnel ou cámara de secado

6
5

As tintas aquí empregadas son fluídas e de secado rápido. A tinta é tomada polo rolo do
tinteiro que transfire a tinta ao rolo que se denomina anilox. Ese rolo transmite a tinta ao cliché
que está montado no cilindro portapranchas. A tinta tomada polo cliché é transmitida ó
papel facendo presión contra o cilindro impresor. Unha vez impreso o papel pasará por un túnel
ou cámara de secado.

Rolo de tinteiro: é un rolo de aceiro revestido de caucho dun grosor de


aproximadamente 1,5 cms. O tipo e dureza do caucho dependerá da clase de tinta a utilizar. O
segundo rolo é o anilox e é o grupo dador de tinta.

Rolo anilox: é un rolo de aceiro gravado de tal forma que presenta na súa superficie
unha serie de alvéolos ou cedillas destinados a conter a tinta que será transferida ao cliché.
Segundo a cantidade e profundidade das cedillas transferirase máis ou menos tinta á superficie
do cliché. Ás veces leva unha racleta ou coitela que elimina o exceso de tinta.

Temos básicamente tres tipos de cilindro anilox:


- Anilox de aceiro inoxidable e cromado. Grávase con fresa e despois recúbrese con cromo
- Anilox de aceiro inoxidable e cerámica. Grávase con fresa e despois é atomizado con finos pós
de cerámica.
- Anilox cerámico gravado por láser. Rolo de aceiro recuberto de cerámica e logo gravado
mediante láser.

Un rolo anilox selecciónase definindo:

• A súa lineatura.( Nº de celdilla/cm). Como norma de referencia será lineatura de


tramado multiplicada por 4).
• O ángulo que forman as celdillas, normalmente 30º, 45º o 60º.
• A xeometría e profundidade de las mismas. Temos varias formas da celdilla:

HEXAGONAL PIRAMIDAL TRIELICOIDAL CUADRANGULAR

HEXAGONAL. A cela Hexagonal ten ángulos máis abertos, con boa entrega de tinta e
a posibilidade de ser cromo prateada ou recuberta de cerámica de forma eficiente.

PIRAMIDAL. A cela Piramidal é unha pirámide invertida, que remata nun extremo de
5 micróns ou menos.

TRIELICOIDAL. A cela Trielicoidal é unha liña ininterrumpida inscrita nun ángulo


recto de 45 grados con respecto ó eixe do rodillo, principalmente usado en aplicacións
de recubrimentos de fluídos viscosos.

CUADRANGULAR . La cela Cuadrangular ten a forma dunha pirámide truncada


invertida co fondo cortado. Coa melloría de outras características e mais versatilidade, o
uso desta cela medrou co emprego dos sistemas de coitelas dosificadoras.

• El volumen de tinta que aporta por unidad de superficie impresa.

Cilindro portapranchas: é de aceiro e leva unhas liñas lonxitudinais e transversais que


serven de guía para o posicionamento e montaxe do cliché.

Cilindro impresor: é de aceiro cromado e actúa como soporte do material a imprimir.

Principais aplicacións de flexografía

Etiquetas: nos anos 50 aparecen os autoadhesivos. A flexografía supón a mellor opción


porque se imprimía en bobina non en pregos e as tintas adaptáronse moi ben aos materiais sen
poro. Ofrece a posibilidade de facer manipulados en liña como o acuñado.
Envase flexible
Bolsas de plástico
Envoltorios: vantaxe sobre offset é que o debuxo sairá continuo sobre papel de regalo
Estoxos
3 PECULIARIDADES NA PREIMPRESIÓN FLEXO

▪ A película: as películas flexo son negativas. Iso implica que os polímeros son
fotodestructibles. Deixarán pasar luz polas áreas de non imaxe. A lineatura utilizada
debe estar acorde coas pranchas. Tradicionalmente en flexografía non se podían usar
lineaturas superiores a 60. Actualmente xa se traballaba con lineaturas de 80 a mesmo
120. Un tema a ter en conta é a ganancia de punto. Ao ser unha superficie branda a que
imprime, a ganancia de punto é alta. Sobre todo nas zonas de altas luces (zonas de
densidade baixa con puntos de impresión pequenos e de áreas de impresión grandes). A
maior ganancia de punto en flexografía dáse na zona de altas luces. Os fotólitos para
flexografía teñen que ter unha densidade óptica mínima de 4 nas zonas brancas (tamén
chamadas zonas opacas), e un máximo de 0, 06 nas zonas imaxe (zonas transparentes).

▪ Adaptación das películas para compensar a distancia unidimensional das


pranchas: as pranchas de flexografía polo motivo de ser flexibles e de ter certo espesor
implican que a súa superficie exterior sufrirá un alongamento no momento de montalas
no cilindro polo que na preparación da prancha haberá que compensar ese defecto
mediante unha redución do fotólito. As pranchas de polímero con base de poliéster terán
sempre o seu alongamento superficial superior que as pranchas de caucho que carecen
desta base de poliéster. As pranchas gravadas por láser sobre unha superficie cilíndrica
non necesitan ningún tipo de distancia da película debido a que o alongamento da
prancha se produce previamente á exposición.

Espesor de prancha Factor C (mm)


0, 75 3, 99 C = constante (depende del
1, 7 9, 89 espesor de la plancha)
2, 03 11, 97 D = desarrollo del cilindro
2, 29 13, 56 ( π x diámetro)
2, 54 15, 16
Disto deducimos que a un maior
2, 72 16, 28
espesor maior factor C e polo
2, 84 17, 08
tanto maior redución
3, 18 19, 15
3, 94 23, 94
4, 75 29, 05
6, 35 39, 10

4 . FORMA IMPRESORA FLEXOGRÁFICA

A forma impresora flexográfica é branda, en relevo e está fabricada en caucho ou


fotopolímero. A resiliencia desta forma impresora posibilita a impresión sobre unha ampla
variedade de soportes, tanto de superficie lisa como de superficie irregular.
As partes que compoñen un cliché flexográfico son:
- Soporte- Lámina de metal ou poliéster que lle da estabilidade diimensional.
- Fotopolímero ou caucho
- Talón– Base endurecida
- Relevo- Altura do punto unha vez procesado o cliché
Figura 7: El cliché flexo se obtiene al procesar la
plancha flexo

Todas as pranchas flexográficas están feitas de caucho ou de fotopolímero. As primeiras


pranchas eran de caucho ata que no ano 1973 DuPont introduciu os polímeros fotosensibles.

As pranchas poden ter un espesor variable:


-As pranchas finas teñen un espesor que oscila entre 0.65 e 1.15 mm e úsanse para impresións
de etiquetas en banda estreita ( as mellores empresas destes sectores traballan xa con espesores
de só 0.4 mm)
- As pranchas de entre 1.7 e 3.1 mm úsanse na maioría dos segmentos, agás no cartón ondulado.
- As pranchas de maior grosor, entre 3.7 e 6.2 mm son aínda comúns na impresión de cartón
ondulado.

Canto máis irregular e/ou poroso sexa o soporte máis brando debe ser o material da prancha.
As pranchas de 25 a 35º Shore A de dureza empréganse para imprimir sobre cartón ondulado.
O normal é utilizar pranchas con unha dureza de 55 a 60º Shore A, e pranchas aínda máis duras
cando se imprimen soportes lisos e duros para poder obter resolucións de imaxe altas.

4.1. Proceso de preparación de pranchas de caucho


Pártese dunha película negativa que se expón sobre a capa sensible da prancha patrón metálica
ou de fotopolímero duro. A partir desta prancha patrón obtemos na prensa de moldeado ou
vulcanizado unha matriz de resina plástica térmica e de material de celulosa. O seguinte paso
consiste en obter a forma impresora na prensa de vulcanizado mediante goma que se coloca
sobre a matriz e se convirte en caucho mediante o proceso de vulcanizado.

4.2. Proceso de preparación de pranchas de fotopolímero


O procesado dunha prancha flexo ten unha mestura de insolado e gravado segundo as seguintes
fases:
- Exposición dorsal
- Exposición frontal (principal)
- Grabado
- Secado
- Exposición final/luz xermicida

Exposición dorsal.
É unha exposición previa, denominada de talonaxe. Realizáse sen negativo a través da base do
fotopolímero; polo dorso.
Serve para crear o talón; base sobre la que vai profundizar o relevo.

Exposición frontal.
É a exposición principal. Realízase co negativo, sobre a cara superior da emulsión. Serve para
crear a imaxe; a zona exposta polimeriza e a zona non exposta permanece soluble.

Gravado.
É unha operación posterior distinta á insolación. Serve para crear o relevo, eliminando a parte
non polimerizada da emulsión.
Realízase con un método conxunto de lavado e cepillado. É un proceso diferente para pranchas
á auga e ó solvente.

Aclarado.
É a fase que segue á gravación. Unha vez gravado o cliché, lávase con auga corrente, para
eliminar restos de emulsión e restos do producto gravador.

Secado.
O secado é asistido e prodúcese mediante chorros de aire quente. Serve para eliminar o líquido
revelador do corpo do interior da prancha; a plancha recupera a súa forma durante o secado.

Exposición final e xermicida


É unha insolación dobre posterior ó secado. A exposición final e xermicida son exposicións
simultáneas.
A exposición final serve para endurecer as zonas base dos puntos e a exposición xermicida
serve para quitar a pegaxosidade; é un curado da prancha.

4.3. Pranchas de polímero líquido

Neste tipo de pranchas os compoñentes veñen de forma separada. A base ou soporte é unha folla
de poliéster.Un lado leva unha superficie mate para o anclaxe firme da resina de polímero. O
polímero é unha resina líquida do aspecto do mel. Hai unha fina folla de plástico para a
cobertura que evita que a resina entre en contacto coas películas negativas durante a exposición.
O operador coloca as películas negativas coa emulsión hacia arriba. Sobre os negativos colócase
unha folla moi fina de cobertura.No cristal superior da máquina colócase unha folla de soporte.
A continuación aplícase resina manualmente entre os dous cristais da máquina manualmente ou
automaticamente mediante un dispositivo con presión. O espesor da prancha ven determinado
pola separación entre os dous cristais.Despois lévanse a cabo as exposicións.Primeiro a lámpara
para a exposición posterior determina o talón e despois a lámpara inferior realiza a exposición
da imaxe a través de películas negativas determinando a estructura da imaxe e as paredes que a
soportan.
A principal vantaxe deste tipo de pranchas é que a resina non endurecida polo efecto da luz
pódese recuperar unha vez rematado o procesado do cliché e reutilizala para a fabricación
posterior doutro cliché.

4.4. Pranchas dixitais


Existen basicamente catro tipos de pranchas flexo dixitais, co obxectivo común de eliminar a
fase de película, redundando nunha maior productividade e calidade.
- Prancha de caucho gravada mediante láser
Consiste en obter mediante vulcanizado de goma unha prancha de caucho que posteriormente se
rectifica ata obter o espesor final da prancha. A continuación móntase nun cilindro que se fai
xirar diante dun raio láser de CO2. A área non imaxe queimase deixando a imaxe que queda en
relevo e a prancha lista para ser colocada en máquina.
Para obter imaxes continuas empréganse rodillos recubertos de caucho que se procesan do
mesmo xeito.

- Prancha de polímero gravada mediante láser


Consiste no mesmo sistema anterior, pero as pranchas en vez de ser de caucho son de polímero
e por tanto o láser vai eliminar o material polimerizado mediante un queimado das áreas non
imaxe.
- Método híbrido dixital-fotográfico.
Consiste en utilizar o láser para eliminar por ablación unha máscara opaca á luz que trae a
prancha de polímero nas áreas imaxe da mesma.
A prancha de fábrica trae ese recubrimento opaco á luz e para o procesado móntase no tambor
ou cilindro da unidade de exposición e faise xirar ante o láser que por ablación elimina a
máscara nas áreas imaxe. A continuación realízase a exposición que vai realizar a
polimerización nas áreas abertas polo láser, do mesmo xeito que se empreñáramos unha película
negativa.

- Método inkjet.
Neste caso a máscara opaca á luz aplícase mediante un sistema de inxección nas áreas non
imaxe da prancha determinando a imaxe en negativo para posteriormente expoñer e procesar a
prancha como calquera prancha convencional de folla.

5. MAQUINA FLEXOGRÁFICA

As máquinas flexográficas son rotativas compostas principalmente por cinco seccións:

- Desbobinador
- Tinteiro
- Corpos impresores
- Fornos de secado
- Dispositivos de rematado

5.1. Desbobinador

Está situado ao principio da máquina. Serve para colocar a bobina a imprimir.

Figura 8: O desbobinador serve para colocar a


bobina a imprimir
Os desbobinadores actuais son non stop (de empalme sobre a marcha) e están formadas por un
empalmador e un control de tensión.

5.2. Tinteiro

O tinteiro de flexografía convencional é sinxelo: un recipiente de tinta, un rolo inmerso e un


rolo entintador tipo Anilox. O anilox é o elemento fundamental de tinguido: determina o volume
de tinta transferida ao soporte

A batería de tinguido actual está formada por:

- Cubeta
- Coitela
- Anilox

5.2.1. Cubeta

A cubeta é un recipiente aberto ou pechado que contén a tinta líquida.


5.2.2. Coitela

A coitela ápoiase sobre o anilox. Ten a misión de eliminar o sobrante de tinta nos alvéolos.

5.3. Anilox

O anilox é o compoñente principal de tinguido. É un cilindro gravado con pequenas celas que
recollen a tinta. Está encargado de dosificar directamente a tinta ao cliché.

Figura 9: O anilox é o elemento fundamental de


tinguido

As celas que compoñen o anilox, ao igual que en ocogravado, reteñen a tinta por absorción e
tensión superficial. En función do seu tamaño e profundidade así aumenta a capacidade de
tinguido.

Os tres parámetros que mellor definen o anilox e a súa capacidade de tinguido son:

- Lineatura
- Volume
- Angulación

Os anilox constrúense en distintos materiais. O aceiro cromado é o material tradicional. O


recubrimento cerámico é a modalidade que se utiliza actualmente.

5.4. Corpo impresor

É o parte fundamental da máquina, onde se transfire a tinta ao soporte. O corpo impresor está
formado por:

- Un cilindro portacliché
- Un cilindro impresor
Figura 10: O corpo impresor é o parte
fundamental da máquina

Cilindro porta clichés

É un cilindro metálico que contén a forma flexible. A forma adhírese ao seu arredor mediante
adhesivos comprensibles.

Cilindro impresor

Cilindro con revestimento de caucho duro. A súa misión é avalar ao soporte no seu contacto co
clixé.

5.5. Forno de secado

O forno de secado ten a misión de facilitar o secado da tinta sobre o soporte. Existen dous tipos
de secadores sobre a prensa: forno de secado e secadores entre estacións.

Figura 11: O forno de secado ten a misión de


facilitar o secado da tinta sobre o soporte

O forno de secado consiste basicamente nun sistema de aire quente, formado por: queimador,
ventilador e extractor de gases.

5.6. Dispositivos de rematado

Os dipositivos de rematado serven para realizar unha serie de manipulados sobre o soporte
impreso. Algúns destes procesos son: acuñado, desmallado, resmado, etc.
Figura 12: Os dipositivos de rematado serven
para realizar unha serie de manipulados sobre o
soporte impreso

Unidade de Acuñado

Realiza o acuñado rotativo, mediante cilindros tradicionais e magnéticos.

Desmallador

Recolle os retallos da banda, unha vez acuñada a mesma.

Resmador

Utilízase, se a presentación do produto impreso é a prego.

6. CLASIFICACIÓN DAS MÁQUINAS

As máquinas flexo son moi variadas no seu deseño e uso. Dispóñense de tres tipos principais de
tecnoloxías de máquina.

- De configuración en torre (stack type)

- De tambor central (Commom impresión)

- De configuración en liña

Tamén hai que mencionar as impresoras de prego para cartóns corrugados como un tipo
específico para un subsector de produción.

6.1. Torre

Trátase dun tipo de máquina de grande aceptación xa que pode utilizarse en calquera clase de
soporte. Normalmente consta de 6 ou 8 corpos impresores. A máquina en torre ten os corpos
impresores situados un enriba doutro sobre unha estrutura de viga vertical. Cada corpo impresor
é independente. A bobina do soporte a imprimir pasa sucesivamente por cada un deles.O nome
de torre derívase da verticalización da máquina.

Os inconvenientes que presenta a utilización deste tipo de máquinas derivan todos eles da
imposibilidade de imprimir films de menos de 1/32 de polgada (0,07 mm). A impresión resulta
deficiente.

A parte disto considérase un tipo de máquina adecuado para imprimir films laminados, papel e
toda clase de soportes flexibles que soporten valores de tensión relativamente altos, Leste tipo
de máquina é moi útil para aplicacións especiais, como recubrimentos ou tinguidos totais,
debido ao feito de que ao ser os seus corpos unidades independentes, é posible traballar cun só
corpo realizando unha determinada aplicación especial, mentres o resto de corpos seguen
traballando normalmente. Tamén pode funcionar ben con aplicacións en liña, laminacions, etc,
6.2. Cilindro común

Na máquina de cilindro común, tamén chamada de tambor central, hai un único cilindro
impresor de grande diámetro montado sobre unha estrutura que ten forma de H. Os cilindros
portaclichés inciden sobre un único cilindro impresor.

A bobina do soporte a imprimir pasa simultaneamente por cada un deles.

Grazas a esta estrutura o rexistro é excelente e dunha gran precisión. Isto é debido a que a
suxeición do soporte a toda a máquina é óptima, ademais de que a distancia entre os diferentes
corpos impresores é fixa e a presión constante.

A máquina de tambor central adoita ter 6 corpos de impresión, aínda que tamén hai de 8 corpos.
É un tipo de rotativa moi utilizada, polo rexistro e a calidade de impresión, na impresión de
soportes moi finos e sensibles que, noutras máquinas, presentarían problemas para manter o
rexistro e a tensión constantes.

Normalmente o cilindro ou tambor central adoita ter entre 150 e 180 cm de diámetro. No seu
interior adoita haber unha dobre parede pola que circula auga a temperatura controlada e baixa
presión co fin de requentar o cilindro para reabsorber a calor dos secadores ou túneles de
secado. Este requentamento dos secadores pode provocar dilatacións no cilindro que aumentan a
presión sobre o material usado como soporte do impreso e xera defectos na impresión. Coa
circulación interna e constante de auga no interior do cilindro conséguese manter constante a
temperatura evitando así os problemas anteriormente mencionados de defectos de impresión
provocados polas diferenzas de presión.

6.3. En liña

A rotativa en liña teñen os corpos impresores independentes, un a continuación doutro e


apoiados no chan sobre un zócalo. Cunha configuración similar á rotativa comercial offset.

A banda pasa sucesivamente por cada corpo impresor, paralela ao chan.

A diferencia doutras máquinas, aquí non hai limitacións no número de corpos impresores a
causa da súa configuración horizontal en liña. Ademais pódese utilizar en traballos que requiran
cilindros moi anchos, xa que o peso non está sostido pola mesma estrutura principal como na
máquina de tambor central.

É a máquina ideal para a impresión de etiquetas, bolsas, estoxos pregables e algunhas


aplicacións especiais.

Ao igual que a máquina de torre, presenta certa dificultade para manter o rexistro cando o
material que se imprime é moi fino. Non obstante, funciona moi ben cando se trata de realizar
aplicacións por ambas as dúas caras do soporte.

Vantaxes e limitacións de cada tipo de máquina

a) En torre
Vantaxes
1. Posibilidade de inverter a bobina de soporte impreso para permitir a impresión por ambas as
dúas caras.
2. Maior accesibilidade e facilidade nas operacións de cambio de traballo.
Limitación
Rexistro e tensión críticos en films moi finos.

b) De tambor central
Vantaxe
Capacidade de manter o rexistro en calquera clase de soporte.
Limitación
Pouco útil para imprimir traballos por ambas as dúas caras do soporte.

c) En liña
Vantaxes
1. Posibilidade de admitir un número elevado de corpos de impresión.
2. Impresión con cilindros grandes e pesados.
3. Posibilidade de imprimir por ambas as dúas caras do soporte.
4. Facilidade para adaptar dispositivos para aplicacións en liña como torres de vernizado, cuños
rotativos, etc.
Limitación
Dificultade de manter o rexistro e a tensión nalgúns soportes.

6.4. Corrugado

As impresoras de corrugado non son de bobina; imprimen prego a prego. Móntanse na propia
industria de produción deste tipo de cartón. Os corpos impresores dispóñense independentes en
liña, normalmente ao final da cadea de produción.

Figura 16: As impresoras de corrugado non son


de bobina; imprimen prego a prego.

7. DEFECTOS DE IMPRESIÓN

7.1. Efecto squash

Máis que un defecto é un efecto inevitable da flexografía, aínda que se reduce coas tintas UV.

O efecto squash é un salpicado arredor do punto impreso que provoca unha coroa circular no
seu perímetro. Débese ao efecto difusor da tinta líquida ao premer sobre o soporte.

7.2. Empastado

É un efecto de mestura dos puntos de trama por crecemento incontrolado do seu tamaño.

A mestura dos puntos prodúcese por varios motivos; exceso de tinta, secado moi rápido ou
trama demasiado fina.

7.3. Xaspeado

É un defecto no recheo dos puntos de trama; saen calvas nos puntos.

Débese a un ensuciamento dos puntos do cliché que deixan de coller tinta. Para evitalo límpase
o mesmo.

You might also like