You are on page 1of 2

Al Ficha repaso Lingua Unidade 5

Nome: _________________________________________________________________________________________________________

1.- Separa os elementos que forman estas palabras compostas. Despois, escribe outra que
conteña un deles. Repara no modelo:

Parabrisas: para + brisas. Paracaídas.

Abrecartas: _________+___________. __________________

Maleducado: _________+___________. _________________

Auganeve: _________+___________. __________________

2.- Rodea as contraccións de preposición + artigo:

a) O can pasou a tarde xogando cunha pelota.

b) Remexe ben o cocido cun cullerón.

c) A mediados do mes imos ir de excursión cos veciños.

d) Hoxe pola mañá fomos ao castro de Elviña.

• Di que elementos compoñen as contraccións anteriores.


____________________________________________________________________________________

3.- Le este texto. Despois, rodea os posesivos que aparezan e clasifícaos segundo indiquen un só
posuidor ou varios:

Comparto a miña habitación co meu irmán. Cada un dorme na súa cama, ten o seu armario e as súas
cousas… Pero só hai un ordenador, o noso ordenador, e cando eu estou a facer os meus traballos do
cole, sempre vén el dicindo que o necesita. A nosa nai di que vai poñer un cartel na nosa porta con esta
mensaxe: «Lembrade: Prohibido rifar no voso cuarto».

un só posuidor:________________________________________________________________________

varios posuidores:_____________________________________________________________________

4.- Acentúa as palabras que o necesiten:

Camion – ruido – chave – lacazan – rato – cadeira – secretaria – familia – bambu – lampada – pan –
pesadelo – aurora – roupa – baul.
5.- Volve escribir este texto poñendo os puntos e maiúsculas que cumpran:

querida laura: chegamos á coruña ás 17 45 horas a viaxe desde santiago de compostela resultou moi
entretida no tren en que viaxamos actuou o mago merlín púxose a xogar cuns panos de cores e facía
aparecer obxectos xa che contarei

____________________________________________________________________________________
____________________________________________________________________________________
____________________________________________________________________________________
____________________________________________________________________________________

6.- Completa estas oracións con palabras do vocabulario.

O outro día tomamos o sol na _____________ da miña casa.

Mañá faremos unha ____________ para celebrar o comezo do entroido.

O meu compañeiro e moi ______________, nunca ten ganas de traballar.

Aquel coche corría a unha velocidade _______________.

7.- Rodea os adxectivos e indica o grao no que se atopan.

Aquel edificio é máis vello ca miña casa.__________________________

As rúas daquela vila son estreitas._______________________________

Aquela comida tiña unha pinta moi suculenta:______________________

Ramón é rapidísimo; sempre gaña as carreiras:____________________

8.- Indica se se trata de comunicación verbal oral (VO), verbal escrita (VE) ou non verbal (NV).

_____ Lle conto un conto ao meu irmán. _____ Lle guiño un ollo ao meu amigo.

_____ Contesto unha mensaxe no móbil. _____ Conto unha anécdota á clase.

9. Separa o suxeito do predicado e rodea os núcleos.

Cando fomos ao parque, Carlos e Luis non estaban. Non fagas iso nunca máis.

Ás veces vemos caer moitas landras das árbores A merenda estaba moi rica.

You might also like