You are on page 1of 8

UNIDADE 3.

Escaparatismo: o proxecto de implantación

Proxecto de Escaparate de Nadal: "BrillaNadal"

1. Localización e Descrición da Tenda

● Nome da Tenda: "BrillaNadal"


● Localización: Rúa Comercial, Centro da Cidade.
● Descrición da Tenda: Unha tenda de libros e regalos exclusivos, coñecida pola súa
creatividade e promoción da cultura e enfoque único en cada estación do ano.

2. Proxecto

➢ Tipo de Escaparate: Escaparate pechado de fachada xa que caracterízase por dispor


dun fondo na parte posterior que os separa do interior do punto de venda, impedindo a
visualización do establecemento desde o exterior, contan con dúas paredes laterais e
unha lúa de vidro na fachada. Segundo a localización, e un escaparate de fachada;
como o seu nome indica atópase na fachada do establecemento, e un escaparate
exterior que se atopa a pé de rúa. É un escaparate de visibilidade frontal que conta con
pouco fondo polo que se diminúe considerablemente a colocación de produtos no
mesmo.

➢ Elementos Directos
○ Caixas abertas expoñendo o elemento principal que son os libros.
○ Árbore de Nadal: Lateral do escaparate, cunha combinación de adornos e
regalos.
➢ Elementos Indirectos
○ Luces Led
○ Adornos sobre as caixas (Tarros con velas e piñas, renos)
○ Caixas de regalo no fondo
○ Neve
➢ Composición, Creatividade e Psicoloxía
○ Composición progresiva e equilibrada para destacar os produtos clave.
○ Creatividade nos detalles, como elementos personalizados.
○ Uso de cores tradicionais de Nadal para evocar sentimentos positivos.
○ Psicoloxía: Creación dun ambiente que fomente a nostalgia e a alegría
asociadas coas festas de Nadal.

➢ Temperatura
○ Uso de iluminación e fondo cálidos para crear un ambiente acolledor e
agradable.

1
3. Orzamento

➢ Materiais
➢ Adornos e elementos decorativos (Velas, piña, renos…)
➢ Luces LED
➢ Libros
➢ Caixas personalizadas
➢ Neve
➢ Árbore
➢ Tela de saco e papel

➢ Recursos Humanos
➢ Deseñador de Escaparates:
○ Función: Encargado de crear o concepto e deseño visual do escaparate.Contan
cos coñecementos teóricos e técnicos necesarios para o deseño de espazos
comerciais, converténdose nunha profesión cada vez máis demandada. Esta
formación débese completar con coñecementos de xestión empresarial.
○ Honorarios: 4 persoas a 15€/Hora (4h)= 240€
➢ Equipo de Montaxe e Instalación:
○ Función: Responsábeis por levar a cabo a instalación física do escaparate,
incluíndo a colocación de elementos e luces.
○ Honorarios: 4 persoas a 30€/Hora (8h)= 960€
➢ Transportistas:
○ Función: Encargados de transportar os materiais e elementos desde os
proveedores ata a tenda.
○ Honorarios: 1 persoa (variable segundo a distancia).
➢ Equipo de Limpeza:
○ Función: Garantir a limpeza tanto durante como despois da instalación do
escaparate.
○ Honorarios: 2 persoas a 7€/hora (1h diaria):
➢ Mantemento:
○ Función: Realizar verificacións regulares durante a tempada para asegurarse
de que todos os elementos do escaparate están en bo estado.
○ Honorarios: 2 persoas a 10€/hora (10 horas mensuais): 200 € mensuais

➢ Temporalización (Gantt):

2
4. Esbozo e Imaxe do Escaparate

Este proxecto busca non só atraer clientes, senón tamén fomentar a cultura e crear unha
experiencia única que os faga recordar e asociar a tenda coa maxia do Nadal. A combinación
de elementos visuais, creará un ambiente envolvente e emocionante.

3
4
5
6
7
Samuel Benjibar
Laura Fernández
Sara Prieto
Sara González

You might also like