You are on page 1of 1

1.

FORMATO DUN GUIÓN AUDIOVISUAL

Refírese aos elementos contidos nun documento, así coma ao


estilo que usa un formato estándar segundo as industrias
audiovisuais.

• Tipo de letra (fonte): Courier New (ou similar), 12pt.


• Páxinas numeradas na esquina superior dereita, seguidas
de punto.
• A primeira páxina (título) non se numera.
• Textos aliñados á esquerda.
• Interlineado simple.
• Marxes de 2,5 cm. arriba e abaixo.
• Marxes de 3,5 - 4 cm. a esquerda e dereita, para
encabezados de escena e descripción.
• Marxe de 7 cm. á esquerda e 6 á dereita para os bloques
de diálogo.
• Marxe de 10 cm. á esquerda e 3,3 cm. á dereita para
encabezamento de diálogo.
• Marxe de 8,6 cm. a esquerda e 7,9 cm á dereita para
acotacións de diálogo (entre parénteses, moi curtos).
• Entre elementos (encabezados de escena, párafos de
descripción da acción e párrafos de diálogo) déixase
unha liña en branco.
• Entre escenas déixanse dúas liñas en branco.
• Nome de personaxe presente na escena e personaxe que
fala: en MAIÚSCULAS.
• A primeira vez que aparece o nome do personaxe, poñemos
a idade entre paréntesis.
• Tempo verbal: presente de indicativo.
• Non facer indicacións de cámara.
• Non dicir “vemos” ou “se ve”. Describimos directamente.

ELEMENTOS PRINCIPAIS

1. Encabezamento da escena: INT./EXT. + localización


concreta+ HORA DO DÍA (DÍA/NOITE/ATARDECER, etc.)
2. Descripción. Pode ser:
• descripción de personaxe (en maiúsculas sempre, coa
idade entre parénteses a primeira vez que o vemos, e
unha descripción xeral),
• descripción breve do escenario ou
• descripción da acción.
3. Personaxe que fala: en maiúsculas.
4. Acotación: entre parénteses, para dar algúnha pista moi
curta á actriz sobre como interpretar.
5. Diálogo: vai debaixo do personaxe que fala, pero cunha
tabulación máis lonxe da marxe da folla.

You might also like