You are on page 1of 5

Creación de documentos mediante LATEX

Tecnoloxı́as da Información e da Comunicación

Índice
1. Descrición do traballo 2
1.1. Obxectivo . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 2
1.2. Especificacións do documento . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 2

2. Normas de entrega 4
2.1. Criterios de avaliación . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 4

Referencias 5
Creación de documentos mediante LATEX TIC

1. Descrición do traballo
1.1. Obxectivo
Nesta actividade, cada alumno/a deberá ser capaz de crear un documento
en LATEX [1, 2] empregando a ferramenta online Overleaf [3]. A extensión do
documento deberá ser de 5 a 10 páxinas e o contido será de temática libre.

1.2. Especificacións do documento


O documento en LATEX deberá conter as seguintes partes:

1. Portada

Tı́tulo do documento.
Subtı́tulo co nome da materia.
Autor/a do documento.
Email do autor/a.
Data xerada automaticamente mediante LATEX no mesmo idioma
que os contidos do documento.
2. Seccións
Polo menos dúas seccións e dúas subseccións.
As seccións deberán ter dúas versións: unha para o ı́ndice de con-
tidos e outra para que se mostre no documento.
3. Texto formatado
O documento deberá conter algo en letra grosa, algo subliñado e
algo en itálica.

4. Enumeracións e listas
Polo menos unha enumeración e unha lista.
Polo menos unha delas conterá á súa vez unha sublista ou enume-
ración.

5. Figuras e táboas

Polo menos dúas figuras e unha táboa flotantes.


Polo menos unha delas ao final dunha páxina e outra na posición
actual en relación ao texto.
Polo menos unha das figuras deberá conter dúas imaxes.
Polo menos unha das figuras deberá axustarse ao 80 % do ancho
da páxina.
Creación de documentos mediante LATEX TIC

Todas as figuras e as táboas deberán conter unha caption (lenda)


xerada de xeito automático.

6. Referencias cruzadas

Polo menos unha referencia cruzada a unha sección, a unha sub-


sección, a unha figura, a unha subfigura e a unha táboa.
Tódalas referencias deberán ser automáticas, numeradas mediante
LATEX.

7. Notas ao pé de páxina


Polo menos unha nota ao pé de páxina.
8. Bibliografı́a

O documento deberá conter, polo menos, tres referencias bibliográfi-


cas.
As referencias deberán ser creadas mediante o entorno thebiblio-
graphy en LATEX.
Alternativamente as referencias poderán ser creadas mediante o uso
de Bibtex no ficheiro bibliography.bib [4].
9. Encabezado e pé de páxina
Todas as páxinas, excepto a primeira, deberán conter un encabeza-
do de páxina aliñado á esquerda co texto: Actividade TIC:
LATEX xerado de xeito automático.
Todas as páxinas, excepto a primeira, deberán conter un pé de páxi-
na centrado que conteña o número de páxina xerado de xeito au-
tomático.
10. Táboa de contidos

O documento deberá incluir unha táboa de contidos xerada de


xeito automático mediante LATEX.
Esta táboa de contidos estará nunha páxina independente despois da
portada, incluindo as seccións e subseccións do documento.
O tı́tulo da táboa de contidos deberá de estar no mesmo idioma que
o contido do documento.
Creación de documentos mediante LATEX TIC

2. Normas de entrega
Para a correcta entrega do traballo deberán cumprise os seguintes requisitos
mı́nimos:

O traballo deberá ser entregado dentro do prazo estipulado no Campus


Virtual da materia.
Salvo causa xustificada, o traballo deberá ser entregado nos medios
habilitados para tal fin (Campus Virtual).
O traballo deberá ser realizado de xeito individual. Si se detectan traba-
llos iguais ou moi similares, os seus autores terán cualificación de suspenso.
A entrega consistirá nun único ficheiro comprimido co nome de usua-
rio do estudante.
• Por exemplo, l.ramos.zip

Ademais do código fonte, xerarase un enlace para compartir o proxecto


en modo lectura que será incluido no campo de texto habilitado na tarefa
do Campus Virtual.

2.1. Criterios de avaliación


A cualificación do traballo será calculada segundo as ponderacións dispostas
na Táboa 1 conforme aos puntos indicados na Sección 1.2. Nesta táboa figuran
as cualificacións máximas por apartado.

Nº Nome Valor
1 Portada 1
2 Seccións 0.75
3 Texto formatado 0.5
4 Enumeracións e listas 0.75
5 Táboas e figuras 2.5
6 Referencias cruzadas 1
7 Notas ao pé de páxina 0.5
8 Bibliografı́a 1
9 Encabezado e pé de páxina 1
10 Índices 1
Total: 10

Cadro 1: Puntuacións establecidas para cada apartado da práctica


Creación de documentos mediante LATEX TIC

Referencias
[1] Unwalla, M. LATEX: an introduction, Volume 1. Spring, 2018.
[2] Goossens, M. and Mittelbach, F. and Samarin, A. The LATEX companion,
Volume 1. Addison-Wesley Reading, 1994.
[3] Overleaf, Online LaTeX Editor. Visitada: 23 de febreiro do 2023
https://www.overleaf.com/learn/latex/Tutorials
[4] “Creating and Managing Bibliographies with BibTeX on Overleaf.” - Over-
leaf, Online LaTeX Editor.Visitada: 23 de febreiro do 2023
https://www.overleaf.com/blog/532-creating-and-managing-bibli
ographies-with-bibtex-on-overleaf

You might also like