You are on page 1of 2

O Día das Letras Galegas celébrase o 17 de maio

en homenaxe á data de publicación do primeiro libro


en galego de Rosalía de Castro: Cantares
Gallegos (17 de maio de1863).

Rosalía de Castro foi a primeira


homenaxeada cen anos máis tarde, en
1963.

So catro mulleres foron recoñecidas na historia no


día das Letras Galegas: Francisca Herrera Garrido
(1987), María Mariño (2007), María Victoria Moreno
(2018) e Xela Arias (2021).

Só houbo unha homenaxe conxunta na súa


historia. Foi en 1998 e dedicóuselles aos poetas
medievais Martín Codax, Xohán de Cangas e
Mendinho.

Dende 1991, 28 anos despois da súa institución,


o Día das Letras Galegas é festivo oficial en
Galicia.
O Portal das Palabras, unha iniciativa da Real
Academia Galega e a Fundación Barrié, elixe cada
ano por votación popular a Palabra do Ano. No 2022
foi “Comadres”, mentres que no 2021 se escolleu
“Tanxugueiras, no 2020 “nós” e no 2019 gañou
“sentidiño”.

A sede da RAG atópase na Coruña, na que foi


residencia familiar de Emilia Pardo Bazán, e
precisamente alí atópase a súa Casa Museo.

Para resultar elixido/a, a Real Academia Galega ten en conta dous


requisitos:

1. Ser autor/a dunha obra relevante en galego.


2. Que teñan pasado 10 anos entre a súa morte e a designación para
ese día.

Non todos os autores homenaxeados naceron en Galicia. Un par de exemplos son os


casos do rei Alfonso X o Sabio, que naceu en Toledo, pero escribía en galego-
portugués.Outro caso moi significativo é o de María Vitoria Moreno, que naceu en Valencia
de Alcántara, Cáceres, pero que en 1963 se trasladou a vivir a Pontevedra. Ou frei Martín
Sarmiento, que era de Vilafranca do Bierzo.

You might also like