You are on page 1of 2

LITERATURA 5

A POESÍA ENTRE 1936 E 1976: A XERACIÓN DO 36, A PROMOCIÓN DE ENLACE,


A XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS

1. Breve introdución (contexto histórico)


1.1. Sublevación militar de 1936
1.2. Fitos na recuperación literaria (Cómaros verdes, Col. Benito Soto e ed.
Galaxia)
1.3. Heteroxeneidade e continuidade temática
2. A xeración do 36
2.1. Características
2.2. Representantes
2.2.1. A. Iglesia Alvariño
2.2.1.1. Obras (características e títulos): Señardá, Cómaros verdes...
2.2.2. Celso Emilio Ferreiro
2.2.2.1. Títulos: O soño sulagado, Longa noite de pedra...
2.2.2.2. Temática (poeta cívico, intimista e satírico)
2.2.2.3. Estilo e lingua
2.2.3. X. Mª. Álvarez Blázquez
2.2.3.1. Obras (características e títulos): Cancioneiro de Monfero, Canle
segredo...
3. A promoción de enlace
3.1. Características
3.2. Representantes
3.2.1. Antón Tovar
3.2.1.1. Obras (características e títulos): Arredores, Calados
esconxuros...
3.2.2. Luz Pozo Garza
3.2.2.1. Obras (características e títulos): Códice Calixtino, Vida secreta
de Rosalía...
4. A xeración das Festas Minervais
4.1. Características
4.1.1. A Escola da Tebra
4.1.2. O socialrealismo
4.2. Representantes
4.2.1. Manuel María
4.2.1.1. Obras (características e títulos): Muiñeiro de brétemas, Terra
Chá...
4.2.2. Bernardino Graña
4.2.2.1. Obras (características e títulos): Poema do home que quixo vivir,
Profecía do mar, Himno verde...
4.2.3. Uxío Novoneyra
4.2.3.1. Obras (características e títulos): Os eidos, Poemas caligráficos...
4.2.4. Xosé Luís Méndez Ferrín
4.2.4.1. Evolución poética: Escola da Tebra – poesía reivindicativa –
renovación
4.2.4.2. Títulos: Voce na néboa, Con pólvora e magnolias...

(p. 218, 222-233. Lingua galega e literatura, 2 Bac. Edebé-Rodeira)


2º BACHARELATO. CUESTIONARIO SOBRE LITERATURA 5
A poesía entre 1936 e 1976: a xeración do 36, a promoción de enlace, a xeración das
Festas Minervais

1. Quen é o autor dun poemario cuxo título é homónimo dun códice en latín do século
XII? A que xeración pertence?

2. Que poemario ten un título que fai referencia a un dos tres grandes xéneros das
cantigas profanas medievais? Quen foi o seu autor e a que xeración pertence?

3. Con que vangarda galega garda relación a poesía de Aquilino Iglesia Alvariño?

4. Que autor, candidato a premio Nobel, renovou profundamente a poesía galega en


1976? A que xeración pertence e cal é o título da obra que inicia esta renovación?

5. Que poemario, cuxo título inclúe o nome dun mosteiro, se fixo pasar por un
auténtico manuscrito medieval? Quen foi o seu autor e a que xeración pertence?

6. Que xeración agrupa autores que nun principio foron escritores bilingües?

7. Que eran as “Festas Minervais”? Que dúas liñas poéticas seguen os autores desta
xeración?

8. Dous poetas da xeración anterior naceron na provincia de Lugo, quen son? Aos
dous se lles ten dedicado o Día das Letras Galegas, pero a cal deles, autor dun
poemario que leva o nome dunha bisbarra luguesa, se lle dedicou en 2016?

9. Que autor denuncia a destrución do mar e da terra, empregando léxico mariñeiro


nas súas obras? A que xeración pertence?

10. Que figura literaria, baseada na repetición e combinación de fonemas, foi


empregada por Uxío Novoneyra? Que poemario deste autor ten “dúas partes”?

You might also like