You are on page 1of 2

ACTA DA ASEMBLEA DO 19/09/2023

Asisten 17 persoas e desculpan María Creo e Carolina.

1. Lectura e aprobación da acta anterior:


Dáse lectura á acta anterior e apróbase por unanimidade.

2. Valoración do traballo realizado:


a. Festa fin de curso
i. Por cuestións de tempo e organización non se puido organiza-la festa o
pasado curso.
ii. Artai comenta que tralo grande esforzo da folga era pouco viábel organiza-la
festa nesas datas.
b. Día da Patria
i. Valórase positivamente a participación na mesma: achegouse moita xente a
nós.
ii. Artai comenta que sobrou xente para face-las quendas e en xeral valora moi
positivamente a organización.

3. Creación da Responsabilidade Institucional:


Explícase a necesidade de crearmos esta responsabilidade, entre outros motivos para liberar
traballo da Responsabilidade de Zona.
Artai explica que ao haber eleccións ao claustro, esta responsabilidade é de máis relevancia.

4. Traballo a realizar:
a. Caso Luciano Méndez
i. Explícase a situación deste profesor: xa fora suspendido por un período de
dous meses no 2016, e no 2019 foi expulsado de novo durante tres anos.
Neste curso escolar Luciano volve ás aulas. Por todo isto, mañá, mércores 20
ás 16:30h haberá unha concentración na súa repulsa na Facultade de
Económicas.
ii. Prográmanse pasa-aulas mañá mércores á mañá para informar da
concentración:
1. Historia: Lucas, Laura e Iago
2. Filoloxía: Iago e Xiana
3. Química: Ana e Lucas
iii. Iria comenta que se reuniu co decano da Facultade de Económicas e que lle
comentou que dende a USC se tomaron tódalas medidas necesarias, mais
que agora non teñen man para impedir que volvese, comparándoo cunha
condena penal. Iria amosoulles a nosa postura contraria á incorporación
deste profesor ás aulas. Informounos que podiamos presiona-la USC para
que informe dos protocolos a seguir por parte do estudantado contra estas
actuacións por parte do profesorado.
iv. Artai comenta que estas decisións cumpriría tomalas en asemblea de zona.
Tamén comenta que o chamou o xerente explicándolle que Luciano ten un
trastorno psicolóxico e que repensémo-las nosas actuacións. Tamén
comenta que sería ben facer unha asemblea aberta na Facultade de
económicas unha vez pasada a concentración.
v. Laura comenta que hoxe foi pega-los carteis na Facultade de económicas e
bateu con Luciano no momento. Puxéronlle pexas para poñelos mais
finalmente conseguiu colocalos coa axuda do conserxe noutro lugar.
vi. Iria comenta que na primeira aula deste curso, Luciano se reafirmou na súa
postura.

b. Campaña Inicio de Curso


i. Repartos e pasa-aulas informando o estudantado sobre que representamos.
Habería que facelos a partir da semana do 25 ata a Festa de Inicio de curso.
A organización levarase a cabo polo grupo de WhatsApp nesta vindeira
semana.
ii. Artai comenta que cómpre facelos polas aulas de 1º e 2º curso.

c. Festa Inicio de Curso (11 de outubro)


i. A organización levarase a cabo dende a zona de Compostela. Farase un
cartel e levarase música.
ii. Terá lugar no Cantón de San Bieito (Praza do Avante).

d. Propostas
i. Iria propon xunta-la Festa de Inicio de Curso coa campña do 12 de outubro.

5. Varios:
- Coméntase que a próxima asemblea poderá facerse no novo local.
- Xiana pregunta como funciona Erguer a nivel organizativo e Artai fai un breve resumo do
mesmo.
- Iago propon facer pasa-aulas só unha vez comentándomos “todo” (concentración e
Festa da inicio de curso) afin de non semellarmos pesados.
- Marta propon facer pasa-aulas o día das asembleas para anima-la xente a participar nas
mesmas.
- Iria propon facer atractivo o discurso dos pasa-aulas.
- Laura propon facerlle fotos ao merchandasing para subilo ás redes e mais facer novos
deseños de adhesivos.

You might also like