You are on page 1of 3

REPASO PREPARACIÓN 1º PARCIAL III TRIMESTRE

1. Le o seguinte texto con atención e despois contesta:


Os actos vandálicos na casa de Silke non tiveron no instituto a repercusión que eu agardaba.
Os meus compañeiros e compañeiras estaban demasiado atarefados pensando na festa do entroido
que se ía celebrar aquela mesma fin de semana. Decateime entón de que os días correran máis
veloces do que eu esperaba, de que as cousas comezaban a precipitarse dun xeito difícil de controlar.
Sentíame máis perdida que nunca.
Daniela quedou na casa durante toda aquela semana e os seus pais mandaron unha nota
avisando de que estaba enferma. Así que, cando tocaba o timbre que anunciaba o comezo do recreo,
eu liscaba correndo á biblioteca e refuxíabame alí, temendo encontrarme con Xulia e Lara.
Aterrorizábame o feito de ter que falar con elas. En cambio, Silke parecía comportarse con total
naturalidade, aínda que a súa mirada se endurecía cada vez que se cruzaba con elas.
A constante presenza de Iago parecía consolar a Silke. Desde o día da pintada o meu irmán e
ela fixéranse inseparables. Daba a sensación de que crearan un mundo propio do que os demais
estabamos excluídos. Xa non falaban con ninguén máis. A Iago agraváraselle a lesión o día da
pintada, así que sentaban nun dos bancos próximos á pista de fútbol e comentaban o partido dos
compañeiros. Se o balón escapaba, Silke recollíao co pé, daba uns cantos toques e despois lanzábao
de volta cara á pista. A xente mirábaos con certo desdén, pero eles permanecían alleos a todo.
Porén, cando Silke non estaba con Iago, os rapaces e rapazas amosábanse máis crueis.
Seguían insultándoa e chamándoa por aquel noxento alcume. A Xulia e a Lara apenas se lles vía o
pelo: durante as clases permanecían silenciosas e tranquilas e nos recreos desaparecían. Realmente
eran moi intelixentes. Porén, pareceran trasladarlle o seu papel a Vítor, que cada vez que se cruzaba
con Silke nos corredores, cando pensaba que ninguén podía escoitalos, murmuráballe cousas como:
-Ei, quentabraguetas, esta noite vémonos na miña casa?
Andrea Maceiras, O que sei do silencio.
a) Indica cal é o tema do texto.
b) Resúmeo brevemente.
c) Define as seguintes palabras do texto (en negriña): repercusión, precipitarse, liscar, pintada,
toques, desdén.
d) Segmenta as palabras subliñadas no texto e indica se son simples, compostas, derivadas ou
parasintéticas.
e) Aporta ti agora un exemplo de cada unha destas palabras (simple, composta, derivada e
parasintética).

2. Indica se se trata dunha sigla, dun acrónimo ou dun neoloxismo (se pode ser máis dunha cousa,
indícao tamén):
NASA facebook OMS choripán
módem láser pyme champú
3. Indica a que bloque lingüístico pertence cada un dos textos seguintes e por que o sabes (que
palabras ou fenómenos dialectais cho indican). Lembra comentar os fenómenos dun en un e indicar
de onde son característicos antes de chegar á conclusión final.

- Cando era pequecho iamos sempre coas vacas a iso das nove da mañá. Ise si que era un
traballo duro...A miña nai erguíanos cedo porque o primeiro era o primeiro e logo tiñamos
que ir á escola. Saía e ceibaba os cas e tu sabes como se poñían, malia centella os collera...
- Si, xa aló polo mil novecentos trinta e dous foise a Madrí, grandes comisiois, fíxose mutos
traballos, asta que se chegou a conseguir pra unha estación. Pero, naquel mediano tempo,
nós confiados, igual eu cor demais, eu claro, eu era máis joven pero bueno, os outros
viejos como lle tiñan malicia confiados pois.
- Pola mañán, aí ás catro da mañán lovantan; entonses, leva sete ou uito horas en levantar o
aparello todo, que son vintetantos palanghres que hai que larghare, ou trinta, e cada
palanghre leva sento sincuenta ou, sento, ou dousentos ansuelos.

4. Escolle UNHA destas opcións para practicar a parte de literatura:

OPCIÓN A

AO REVERSO DA NOITE
Loceiros degolados Estrelas inconscentes
desángranse de ouro no Mar mecanizan o ouseso tictac

De par de nós A auga toda dos oucéanos


a Lúa ensumeuse nunha bágoa
fai ronseles infecundos
E o pano branco do novo día
Mentras sonea a mareta enxugará os ollos do ceo.
vai folleando no libro das velas
Manuel Antonio, De catro a catro
Irredentos velamios eshaustos
resiñados a pendurar da cruz

a) Explica a que época e corrente pertence este autor? Que características propias desa
corrente aparecen no texto? Aporta exemplos do texto.
b) Indica cal é o tema do texto e resúmeo brevemente. Pono en relación coa obra á que pertence e
os temas máis relevantes nesta. Exemplifica.
c) Que características propias deste autor encontras no texto? Sinálaas e coméntaas facendo
referencia ao texto e aportando exemplos do mesmo. Fíxate especialmente nas imaxes e nos símbolos.
OPCIÓN B.

As ratas.

Na Galiza, ise vello pobo,


carballo carcomido de raios e bestigos,
loita, dende fai séculos,
o home cas ratas.
Coma nos castelos abandoados,
onde xa caíron traves e brasós,
escóitanse queixumes de gonzos ferruxentos.
Dende fai séculos loitan en Galiza
os homes cas ratas.
Vencendo sempre as ratas.
Ate que toda ela fique,
coma ises castelos roiñentos
e os mosteiros sin altares
nin lembranzas de ritos,
sendo soio rondada de morcegos
e pantasmas.
Coberta de edra, de Iabel.
Morándoa soio as ratas.
Somente as ratas.
Seoane, Luís (1959) As cicatrices.

a) Explica a que época pertence este autor? Como inflúe isto na obra do autor e neste poema.
Aporta exemplos do texto.
b) Indica cal é o tema do texto e resúmeo brevemente. Pono en relación coa obra do autor e os
temas máis relevantes deste. Exemplifica.
c) Que características propias deste autor encontras no texto? Sinálaas e coméntaas facendo
referencia ao texto e aportando exemplos do mesmo.

You might also like