You are on page 1of 1

Elaborádos Metálicos EMESA

Comité de Empresa
comiteemesa@empresagalega.eu

Comunicado de Prensa

A Asemblea de traba/ladores/as de EMESA e o Comité de Empresa queren facer público


o seu malestar e preocupación pola situación da empresa.

Despois de case que dúas semanas de ter anunciada a marcha do Director da Factoría e
sen ter sustituto presentase un novo ERE de suspensión de contratos de 8 meses de
duración coa da sumanse xa 16 meses de regulación sin ter garantías nin espectativas
de solución na situación actual da empresa.

Os incumprimentos manifestos do acordo no primeiro ERE sobre todo no que respecta


as rotacións do persoal , poñen en perigo de perda da prestación de desemprego a un
número importante de traba/ladores.

No transcurso do novo ERE as perdas económicas pasarán a ser bastante graves de


entre un 25 ou un 30 por cento da sua base reguladora.

Esta actitude por parte da empresa parece ter de trasfondo a intención por parte da
mesma de desfacerse de algúns traballadores por cansanzo ou por non poder aturar
dita situación.

Os traballadores e o Comité de Empresa queremos denunciar o abandono que por parte


do Grupo Isolux Corsán se está a facer de EMESA, nun intre en que certas de empresas
do sector de fabricación de estruturas comezan a ter algo de carga de traba/lo, EMESA a
dia de hoxe ten unha carencia moi grande de carga de traba/lo xerando cada vez menos
expectativas de cara a continuidade da factoría.

En Coirós a 2 de xullo de 2010.

Comité de Empresa de EMESA

Comité de Empresa de Elaborádos Metálicos EMESA SL


Poligono Empresarial de Coirós - Parcela 9 - Coirós - A Coruña - CP 15316 Páxina 1

You might also like